Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sucesos

Detido un home que rachou cunha machada os cristais dun restaurante en Badalona

28/03/2024 13:22

Un axente fóra de servizo e un garda de seguridade do centro conseguiron reducir ao home que foi trasladado á comisaría local

Etiquetas:  ESTRAGOS

Detido un mozo de 22 anos que matou a coiteladas catro persoas en Illinois

28/03/2024 13:19

Outras cinco persoas quedaron feridas, unha delas de gravidade


Rescatan un condutor do interior dun vehículo tras precipitarse por un barranco

28/03/2024 11:21

O ferido foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo


Un pai e unha meniña reciben asistencia en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

28/03/2024 11:08

Un home e a súa filla menor de idade foron atendidos no lugar dos feitos polo 061 pero non foi preciso o seu traslado a un centro sanitario

Os Bombeiros de Vigo rescatáronos a través da fiestra cunha escaleira


Localizan os corpos de dúas das vítimas do derrubamento da ponte de Baltimore

28/03/2024 10:08

Os corpos apareceron dentro dunha camioneta baixo a auga

Son dous dos oito operarios que estaban a facer labores de reparación na ponte; outros dous foron rescatados con vida e aos outros catro xa se lles dá por mortos

Suspendeuse a busca de máis sobreviventes

O mercante transportaba materiais químicos perigosos


Novo motín nun cárcere do Ecuador do que escapa o narcotraficante 'Fito'

28/03/2024 09:08

O Goberno di que a situación xa está controlada pero durante unhas horas os presos tomaron o control da prisión, con disturbios, e mesmo houbo un incendio

Protestaban polo trato recibido dende que as Forzas Armadas entraron nas prisións para controlar ás bandas criminais


Analizan a caixa negra e interrogan a tripulación do cargueiro que derrubou a ponte en Baltimore

27/03/2024 20:09

As seis vítimas mortais do sinistro son inmigrantes mexicanos e centroamericanos

O impacto económico do bloqueo do porto afectará a economía dos EUA


Morre un traballador nunha explosión dunha empresa de pirotecnia en Cangas de Narcea

27/03/2024 19:11

O home estaba facendo un preparado de pólvora nunha caseta da empresa cando se produciu unha explosión


O Banco de España combate a fraude dos billetes falsos en Santiago con cursos formativos

27/03/2024 16:06

A formación sobre a prevención da fraude céntrase na hostalería e no comercio


Os enxeñeiros cuestionan a falta de protección dos piares da ponte de Baltimore

27/03/2024 14:47

Os expertos apuntan tamén a carencia de remolcadores para o apoio nas manobras portuarias

Publicidade
Publicidade