Contido con Temática Cultura .

Contido con Temática Cultura .

Cultura

Libro dedicado por Ánxel Fole, que adoitaba visitar o avó do dono da colección

Un lucense atesoura na súa casa preto de 5.000 libros dedicados polos seus autores

21/03/2025 20:33

Podería ser a maior colección do mundo de exemplares asinados para unha soa persoa, polo que opta a obter o récord Guinness

Categorías:  Galicia   Cultura   Letras
Etiquetas:  LITERATURA

María Álvarez Landesa: "Tentamos reter a infancia como un espazo seguro ante unha persoa que vai marchando"

21/03/2025 14:47

No poemario 'Os pozos elegantes das clavículas', editado por Alvarellos, a autora rende homenaxe á súa nai  

O libro inclúe un código QR onde escoitar a autora recitando algúns dos poemas sobre as bases musicais de Paco Dicenta

Categorías:  Galicia   Cultura   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

Adeus a Anna Turbau

21/03/2025 14:46

Pioneira do fotoxornalismo, instalouse en Santiago en 1975 retratando unha Galicia allea ao discurso oficial para as revistas Primera Plana e Interviú

O CCG é depositario do arquivo galego de Anna Turbau para a súa custodia e difusión

O documental 'A mirada de Anna' está dispoñible na plataforma Agalega.gal

Etiquetas:  ZIGZAG

Cibrán Sierra: "O cuarteto de corda é un xénero que non sucumbíu aínda á cultura da velocidade"

21/03/2025 14:33

Un verán, hai case 22 anos, tocaron por primeira vez no mosteiro de San Clodio, no Ribeiro, levando o nome do violinista pontevedrés por bandeira

'Átomos' é o seu último disco, que trata sobre o poder da condensación e da eficiencia dos compositores Haydn, Beethoven, Bela Bartok e Kurtag

O Cuarteto Quiroga, o 26 de abril en Lugo, no Círculo das Artes
 

Categorías:  Cultura   Música
Etiquetas:  ZIGZAG

Jesús Silva: "'Salvaxe, salvaxe' logra liberar a ollada audiovisual da perspectiva antropocéntrica"

20/03/2025 14:35

Salvaxe salvaxe, de Emilio Fonseca, obriga a deternos en elementos que soen pasar desapercibidos para a perspectiva humana

Adeus, Berta, dirixida por Fernando Tato é a historia de dúas irmás que prepara o salto a longa

Etiquetas:  ZIGZAG

Cris de Caldas, contadora de historias

Cris de Caldas: "A miña avoa contábame sobre a morte, agora hai máis protección para os nenos"

20/03/2025 14:32

Sete Falares, o Colectivo Narración Oral Galega (NOGA) e o Festival Atlántica celebran xuntos o Día Internacional da Narración Oral

O colectivo dos narradores orais galegos reclama o recoñecemento desta arte ancestral e dignificación do oficio

Ata o 31 de marzo: 30 espectáculos e 20 narradores despregan contos por escolas, auditorios ou festivais de todo o país

Etiquetas:  ZIGZAG

A odisea íntima de Tromsø, a primeira montaxe da compañía Morreoconto

20/03/2025 14:22

Poesía, humor e melancolía vogan xuntas no texto de Rafa Martínez, que tamén dirixe a obra xunto con Esther Latorre

O obxectivo é que o público atope a emoción a través das súas propias perdas

Mañá estrean na Casa da Cultura de Ames coas entradas esgotadas, e xa en abril en Santiago, Vimianzo e Lugo 


Falece a fotógrafa barcelonesa Anna Turbau aos 76 anos de idade

19/03/2025 18:23

Instalouse uns anos en Santiago e documentou dende aquí as mobilizacións sociais e políticas de finais do franquismo

Documentou  as mobilizacións sociais de finais do franquismo, desde o conflito pola construción da AP-9, as manifestacións de traballadores dos estaleiros de Vigo ou a traxedia do afundimento do Marbel

'A mirada de Anna', o documental que recolle o traballo da fotógrafa catalá en Galicia

Categorías:  Galicia   Cultura

Ruth Varela: "A arquitecta incorporou no proceso as capas de memoria que gardaban os veciños"

19/03/2025 15:30

En Cerdedo-Cotobade recuperouse a paisaxe e o patrimonio na contorna do Lérez pondo en valor elementos patrimoniais, como a fábrica de luz, e etnográficos como muíños, fonte e bañeiras

A obra foi posible grazas ao primeiro Pacto pola Paisaxe, asinado en Galicia entre as institucións e diferentes asociacions vecinais

A orixe dos baños é probablemente celta e a reconstrución fíxose segundo os debuxos dun funcionario do século XIX

Etiquetas:  ZIGZAG

Emilio Fonseca: "Os novos mitos sobre o lobo teñen que ver co negacionismo científico"

19/03/2025 15:20

Nun tempo de catástrofe ecolóxica, este ensaio fílmico interroga os límites entre o doméstico e o indómito, entre o puro e o híbrido

'Salvaxe, salvaxe' busca resignificar as imaxes de natureza e cuestionar a relación entre humanos e non humanos

O filme gañou Premio de Mellor Documental no Festival de Málaga, o de Mellor Documetal no Play-Doc e Mellor Dirección no festival de Ourense 

Etiquetas:  ZIGZAG

Marta Alonso Tejada: "A peza é unha metáfora da velocidade na que vivimos, que non respecta o tempo real das cousas"

19/03/2025 15:03

'Dance Join', un espectáculo interactivo que se estrea en Ames e que irá de xira por Cádiz e Lugo

É unha peza que solta a fantasía para facer bailar o público e saír do noso espazo habitual

A danza, o humor e a mestura de linguaxes escénicas achéganse ao teatro e ao circo


Conxelar o tempo a través da fotografía

19/03/2025 14:21

Un grupo de escolares galegos puideron poñer a proba os seus coñecementos en fotografía aplicando técnicas propias de artistas referentes no campo da moda, como é o caso de Irving Penn

Un programa educativo xira arredor da exposición que promove a Fundación Marta Ortega na Coruña para fomentar a visión artística nas aulas


Carlos Negro: "Traducións que nos poñen os pés na terra, os ollos nas estrelas e abren o corazón"

18/03/2025 15:00

Xeórxicas, de Virxilio, é unha afirmación da moral do mundo romano

Orbital, de Samantha Harvey, combina o grandioso do universo coa vida efémera dos humanos

Carta ao pai, de Franz Kafka, publicado postumamente, é unha crónica do desamparo mutuo 

Categorías:  Galicia   Cultura   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

Clara Pino: "Dámoslles voz a mulleres ilustres, pero non ás que realizan os traballos máis duros"

18/03/2025 14:53

As trobadoreas silenciadas, editado por Editorial Elvira, está ilustrado pola artista Ángeles Garrido

O poemario é unha homenaxe ás traballadoras que teceron a historia coa súa loita e esforzo: marisadoras, leiteiras, cigarreiras ou labregas

Clara Pino manifesta no libro o seu compromiso co feminismo a través do labor das mulleres traballadoras silenciadas

Categorías:  Galicia   Cultura   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

Manuel Lariño: "Do traballo co algoritmo non me interesa a imaxe final senón o proceso que podo usar para creala"

18/03/2025 13:52

 Lariño é o primeiro galego presente en Artblocks, a recoñecida galería de Texas especializada en arte dixital

As pezas inspíranse na paisaxe galega, e o autor transmítenos a súa sensibilidade a través da tecnoloxía

Natureza dixital: marea, choiva e algoritmos, de Manuel Lariño, no Espazo Peculiar de Oleiros ata o día 22


A pausa, de Ana Moreiras, unha das novidades deste Día do Cómic

Día do Cómic: aumentan os lectores e hai máis autoras e personaxes femininas

17/03/2025 21:08

O fundador da Libraría Kómic e autor de Gloria, Pío Barreiro, explica que o arco de idade do cómic se abriu moitísimo igual que o tipo de público


O regreso de Mondra, Los Eternos e Najla Shami nas músicas do 'Zigzag'

17/03/2025 13:52

Teño caldo quente, o Mondra máis provocador regresa da man do Hevi

Najla Shami asina xunto á artista ucraína xordana Galyna Pryklonskaya un tema de amor ao pobo palestino

Los Eternos publican San Antonio, un disco sobre o amor e as perdas inspirado no mar de Cedeira

Categorías:  Galicia   Cultura   Música
Etiquetas:  ZIGZAG

Paula Mayor: "Quixen afondar en todos os matices de Rosalía, como persoa e como narradora"

17/03/2025 13:48

Rosalía oculta, de Paula Mayor, (Ed. Galaxia) gañou o Premio Castelao de Banda Deseñada 2023

A autora documentouse durante anos para tentar descubrir, nesta novela, a muller real que hai detrás da imaxe de Rosalía

Nos nove capitulos da novela, a autora escolle, de xeito fragmentario, momentos puntuais da vida de Rosalía para compoñer o relato

Categorías:  Galicia   Cultura   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

Octavio Beares: "Castelao comezou facendo viñetas de contraste e despois interiorizou a linguaxe da tira cómica"

17/03/2025 13:30

O humorismo gráfico na prensa periódica foi un altofalante excepcional para Castelao, sobre todo nas súas Cousas da vida, publicados a partir de 1924 

Octavio Beares investigou a historia do cómic en Galicia e atopou secuencias de debuxos feitas por Castelao en varias publicacións

 

Categorías:  Galicia   Cultura   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

Carlos Rego: "Sospeito que Bibiano atopou no traballo como promotor, ser por fin profesional da música"

16/03/2025 11:30

Carlos Rego recupera a figura musical de Bibiano, engulida pola faceta de promotor de concertos, na biografía 'Bibiano. Cambiar para ser un mesmo'

O tempo da canción protesta en Voces Ceibes segue a ser o máis lembrado de Bibiano

Cultivou tamén o pop, foi peza da Movida Viguesa e trunfou como produtor de concertos  nos 90
 

Categorías:  Galicia   Cultura   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

Foto dos premiados nos XXIII Premios Mestre Mateo (EFE / Brais Lorenzo)

A serie 'Rapa' resulta a gran triunfadora dos XXIII Premios Mestre Mateo, con 11 galardóns

15/03/2025 21:15

Lucía Veiga lograr un Mestre Mateo por terceiro ano consecutivo: mellor actriz de elenco por As Neves

A longametraxe As Neves, participada pola TVG, foi outra das triunfadoras da noite do audiovisual galego

Juan Fuentes, mellor comunicador polo programa da TVG Quen anda aí?


A longametraxe 'As Neves', participada pola TVG, é unha das producións con maior número de candidaturas

A TVG conta con 54 candidaturas nos Premios Mestre Mateo, que se entregan este sábado

15/03/2025 12:10

A serie Rapa e a película As Neves, participada pola Televisión de Galicia, encabezan as candidaturas

A cerimonia poderá seguirse en directo pola TVG (22:00); estará conducida por Teté Delgado e contará coa banda sonora de Baiuca


Victor Freixanes deixa de ser o presidente da RAG e asume o cargo de forma interina a secretaria Margarita Ledo

15/03/2025 11:38

As candidaturas á presidencia da organización poden presentarse ata 48 horas do pleno extraordinario para a elección, ainda sen data


Manuel Bouzas recolle o Premio Princesa de Girona de Artes 2025 en Almería/Marián León/Europa Press

O arquitecto pontevedrés Manuel Bouzas alzouse co Premio Princesa de Girona Arte 2025

14/03/2025 18:03

Foi distinguido por unha traxectoria na que combina o deseño, a ecoloxía e a sustentabilidade na arquitectura contemporánea

Etiquetas:  ARQUITECTURA

Unha novela de amor viaxa ata A Coruña de 1854, ano da epidemia de cólera

14/03/2025 15:46

Naqueles días morría tanta xente que prohibiron que as campás tocasen a morto

 

Categorías:  Galicia   Cultura   Letras
Etiquetas:  CÓLERA

Uxía: "Co tempo a voz madura, e o xeito de estar na música tamén"

14/03/2025 14:58

A xira de Uxía 'Será por flores' arrinca o domingo en Compostela e percorrerá Galicia en 2025

A cantora galega celebra o seu 40 aniversario na música

Pablo Novoa é o director musical da xira, na que tamén colaboran Guadi Galego, Uxía Pedreira, Budiño, Quin Farinha ou Tanxugueiras

Categorías:  Galicia   Cultura   Música
Etiquetas:  ZIGZAG

Iria Sobrado: "Furia Sotelo converte o palco nun espazo íntimo no que tamén ti formas parte"

14/03/2025 14:53

‘Sobre o extravío ou a arte de perderse’ é unha declaración de intencións sobre dereito a perderse, a encontrarse ou a re-construír

Un retrato dun momento vital que Nuria Sotelo plasma a través dun só de danza dirixido por Ana Vallés

A peza formou parte das Residencias Paraíso 2024 no Pazo da Cultura de Narón

Etiquetas:  ZIGZAG

Violeta Janeiro e Mariña Carrasco, comisarias de 'Érguete. A pegada das nais. Un berro que cambiou a sociedade'

Comisarias da mostra 'Érguete': "Non afondamos no narcotráfico, senón na maternidade radical das nais de Érguete"

14/03/2025 14:49

En 1985 un grupo de nais fundaban a Asociación Érguete para levar á esféra pública e política os problemas da drogodenpencia dos seus fillos

Ademais de materiais gráficos, obxectos e documentación da Asoc. Érguete, a mostra inclúe obras de artistas contemporáneas

'Érguete. A pegada das nais. Un berro que cambiou a sociedade' no Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Marco, ata o 8 de xuño 

Etiquetas:  ZIGZAG

Jesús Silva: "As pezas galegas na MICE falan de espazos en proceso de desaparición"

13/03/2025 14:44

Resonancias, de Diana Gonçalves, e Aurora, de Area Erina, Memoria de Soutelo, de Xoán Bregua e Corre o vento, de Paula Fuentes e Guillermo Cabrera compiten na MICE que se desenvolve en Compostela

Finalistas como mellor filme nos Mestre Mateo: +Cuñados, As neves, Honeymoon e Xustiza artificial, e como mellor documental: Aurora, Prefiro condenarme, Salvaxe, salvaxe e Filmei paxaros voando

 

Etiquetas:  ZIGZAG

Encarna Alonso, a 'script' do cinema galego

13/03/2025 14:36

En 1987 comezou no audiovisual cun papel en Lendas, do seu compañeiro Carlos Amil, a primeira serie da TVG

Xa como script, o seu primeiro filme foi Sempre Xonxa, de Chano Piñeiro

Con 20 filmes ás súas costas, converteuse nunha figura imprescindible do audiovisual galego e tamén como profesora na Escola de Imaxe e Son da Coruña

Etiquetas:  ZIGZAG

Grande Amore: "Non podemos seguir sendo xuvenís e desenfadados, xa non toca ir para o puretismo"

13/03/2025 14:31

En III, publicado por Ernie Records. Nuno Pico. Clara Redondo e María Grep capturan a distorsión dos seus directos

No disco conseguen son sucio, unha masa compacta de batería, voces, sintetizadores e guitarras que se achegan ao puro ruído

Próximos concertos en Galicia: 14 e 15 de marzo no Torgal Ourense,  15 na Sala Jagger de Lugo, 1 e 2 de maio na Mardi Gras, A Coruña

Categorías:  Galicia   Cultura   Música
Etiquetas:  ZIGZAG

Mario César Vila: "As necrópoles asociadas ás calzadas romanas tiñan unha importante función ritual"

12/03/2025 15:12

A gran necrópole romana de Lugo está situada baixo a estación de autobús e na súa maior parte non está escavada

Os primeiros achados documentados remóntanse a 1917, cando se acondicionaba a zona para convertela en campo da feira

O Consello da Cultura Galega organiza dunha xornada sobre patrimonio cultural nos espazos portuarios de Galicia en Vigo

Etiquetas:  ZIGZAG

Verónica Estay: "A creación artística é consubstancial á posmemoria, para encher os baleiros a través da imaxinacion"

12/03/2025 15:09

'O concepto de posmemoria e a súa presenza na cultura visual' abriu as xornadas Memoria democrática, feminista, laboral do CGAC

A noción de posmemoria describe as relacións da xeración posterior co trauma persoal, colectivo e cultural da xeración anterior

Ademais de 'La resaca de la memoria', sobre a historia familiar, é autora da autobiografía do represor Ándrés Valenzuela, Papudo

Etiquetas:  ZIGZAG

Fernando Blanco: "A esencia da produción humana é abstracta"

12/03/2025 14:56

A mostra de Fernando Blanco 'Paisaxe, conciencia, fábrica' revela a súa alma artística tras 50 anos na arquitectura

Segundo o artista "Na arte máis comprometida coa vida é onde hai maior baleiro de cultura" 

A mostra está aberta na Fundación Luís Seoane da Coruña ata o 13 de abril

Etiquetas:  ZIGZAG

Cun faladoiro entre amigos comezou o Liceo un 3 de marzo de 1850

O Liceo de Ourense fai 175 anos sendo un referente social e cultural na cidade

10/03/2025 21:12

A actual directiva que preside Xavier Casares, o irmán de Carlos Casares, está a organizar un completo programa para celebrar o seu aniversario 

No 2024 acolleu máis de 400 actividades culturais: música, teatro, presentacións de libros, poesía ou exposicións

Polo Liceo ourensán pasaron todos os nomes da Xeración Nós 

 

Categorías:  Galicia   Cultura
Etiquetas:  LICEO   OURENSE

Presentación da programación das Letras Galegas 2025/ Adrián Irago / Europa Press

A RAG presenta un proxecto para promocionar o galego entre o público infantil en Cerceda

10/03/2025 17:29

Este ano homenaxéanse as cantareiras de Cerceda Adolfina e Rosa Casás Rama, a pandeireteira de Muxía Eva Castiñeira e as Pandeireteiras de Mens 

Categorías:  Galicia   Letras
Etiquetas:  RAG

Os directores do festival Imaxinaria: Matilde Rodríguez e Alberto Vázquez

Matilde Rodríguez: "A animación é un medio de libertade creativa total, e iso nótase tamén nas temáticas"

10/03/2025 14:49

Na Sección Oficial compiten un total de 43 curtametraxes, 11 estreas en España e 20 estreas en Galicia máis un programa paralelo

Joanna Quinn, con máis de 90 premios nos festivais máis prestixiosos do mundo, é a madriña desta terceira edición do Festival Imaxinaria

Boris Labbé, Coke Riobó e Joana Quinn participarán con chalas maxistrais sobre os seus procesos creativos

Etiquetas:  ZIGZAG

Ana Estévez, directora da MICE, e Julio Vilariño, programador

Julio Vilariño: "Humor e etnografía parece que non van parellos, pero atopamos moitos exemplos nesta MICE"

10/03/2025 14:46

A 20ª edición da MICE pon foco non documental 'O home e o carro', e na reflexión arredor da etnografía e o humor

A sesións Trazas percorre o cinema dos 50 que representa a simplificación e idealización da “civilización” fronte ao “salvaxe”

O filme gañador da Biznaga de Prata ao Mellor Documental do Festival de Málaga, 'Salvaxe, salvaxe' preestréase na MICE

Etiquetas:  ZIGZAG

O artista californiano Alfonso Solorzano, debuxante do Urban Sketchers en Vigo, debuxa unha paisaxe desde o interior do Museo do Mar.

Os Ilustradores do Urban Sketchers de Vigo conmemoran o día do naturalismo en Galicia

09/03/2025 17:17

Museo do Mar de Vigo celebra este día, creado para achegarse á natureza, coa mirada dun grupo de ilustradores posta na fauna, flora e paisaxe deste pedazo de mar no sur de Galicia

Imbuído polo espírito científico, tantas veces ignorado, o padre Martín Sarmiento, nado neste día, xa se preocupaba no século XVIII do impacto da pesca no censo dos atúns ou as sardiñas


María Xosé Porteiro: "Hai unha regresión do feminismo polos ataques do patricarcado, tras o 2018 asustamos"

09/03/2025 11:30

'As benfaladas' é o novo ensaio de María Xosé Porteiro sobre feminismo

Porteiro revisa neste ensaio a presenza da voz das mulleres no espazo público

A progresión da presenza da muller no xornalismo, a escena, e a literatura e as súas pioneiras, forman parte do libro
 

Categorías:  Galicia   Cultura   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG
Publicidade
Publicidade