Contido con Temática .
Cultura

Achan no Convento de Santa Clara de Pontevedra unhas pinturas murais de hai case 500 anos
03/04/2025 11:13
A Deputación de Pontevedra destaca que son "únicas en Galicia" e confirma que conservará estes lenzos, xa que quere que se poidan visitar

"Cantareira" xa está no Paseo das Palabras de Lugo
02/04/2025 14:57
"Cantareira" foi a Palabra do Ano escollida polos galegos e galegas no 2024
Comparte espazo con "sentidiño", "refuxiado" ou "tanxugueiras"

Michu da Rocha: "A amizade é un dos actos de amor primeiro que experimenta o ser humano"
02/04/2025 14:43
'Tempo de entroidar' é o primeiro disco de Michu da Rocha, contén once temas de rock de autor con mirada irónica desde Vigo
Michu da Rocha acompáñase neste traballo coa banda formada por Javier Álvarez, Luisma Taboada e Juan Pacheco
'Tempos de entroidar' preséntase o sábado 5 de abril na Casa das Crechas, 3 de maio en Vigo e 10 de maio no Auriense

Ruth Varela: "A obra segue o principio de colaboración entre mans e a materia e liberdade e espazo"
02/04/2025 14:24
A vivenda-obradoiro ocupa o volume dunha antiga casa de labranza da que se conserva o muro perimetral
A base da eficiencia energética é unha casca de formigón que acumula enerxía que se expande pola fachada trasventilada de madeira
A rehabilitación foi un proceso de despoxamiento e reducción, no que a arquitectura foi unha solución de punto de encontro

500 artistas en 40 eventos: os concertos do Xacobeo en 2025
02/04/2025 14:23
A listaxe non está aínda pechada, pero toda a información dispoñible está xa desde este mércores na web concertosdoxacobeo.gal.

Alberto Ovejero: "Quixen nesta mostra apropiarme do trauma"
02/04/2025 13:43
A 'Estrutura dun zumbido' de Alberto Ovejero no Museo-Fundación Granell ata o 4 de maio
A mostra abarca un proceso longo de reflexión sobre cuestións e temáticas que afectan a súa xeración, como son a diversidade sexual, o xénero ou a saúde mental
Ovejero afonda no surrealismo e o simbólico, entrelazando os límites da anatomía e a introspección emocional

Jason Derulo actuará o 8 de agosto no auditorio de Castrelos de Vigo
02/04/2025 13:34
O artista estadounidense, de raíces haitianas, chegará a Vigo coa súa xira 'Be the first to hear about'

Ledicia Costas suma o premio El Barco de Vapor de literatura infantil coa obra 'Feriópolis'
02/04/2025 12:45
A entrega oficial do galardón, que ten a maior dotación do mundo de fala hispana na súa categoría, realizarase o próximo 24 de abril nunha gala en Madrid.
"Escribín esta historia para que poidan divertirse diferentes xeracións. Iso ten que ver bastante con atopar un lugar feliz. A nostalxia é inevitable, pero oxalá a alegría gañe sempre a partida", afirma Ledicia Costas

Morre Val Kilmer, o inesquecible Jim Morrison de 'The Doors'
02/04/2025 08:39
Deuse a coñecer con Top Gun e Willow e converteuse nunha superestrela tras interpretar a Batman e mais a Jim Morrison en The Doors
O actor estadounidense, diagnosticado de cancro de gorxa hai dez anos, faleceu dunha pneumonía aos 65 anos

A Xunta conta con ter en novembro a proposta para renovar o Plan de Normalización da Lingua
01/04/2025 19:34
O conselleiro de Cultura destacou o "carácter social" con se enfoca o proceso de renovación

Carlos Negro achéganos dúas reflexións sobre a identidade galega a través da literatura
01/04/2025 15:10
Reedítase 'Arredor de Castelao', de Pilar G. Negro: unha visión dun artista global que nos achega autoestima como pobo
'Ben mantidos', de Xavier Castro, é un ensaio no que reafirma que "somos o que comemos"

Amaya González Reyes: "Quixen amosar a 'maraña' a partir de algo moi limpo, como é o debuxo técnico"
01/04/2025 15:07
A artista explora a relación entre a técnica e a imperfección e reflexiona sobre a clasificación e fraxilidade dos conceptos
'Técnica(mente) im(perfecta), ata o 4 de maio na Galería Trinta, Santiago de Compostela

Julia Laport: "Busco transcender en escena e que o público me acompañe"
01/04/2025 14:52
'Para que non me deixes aquí soa' estréase este sábado no Rosalía de Castro
Participan Laura Iturralde na iluminación e Martín Gonçalves na creación e interpretación
Haberá unha actividade de mediación este xoves no Centro Ágora coa intervención de Julia Laport

Vértebras, Diego Flaneur e a colaboración de Filloas e Verter GZ, nas músicas de Marta Gómez
31/03/2025 14:22
Un verso de Uxío Novoneira inspira ao rapeiro Diego Flaneur para o título do disco 'Nebra pecha'
Vértebras introdúcense no techno con ICOR, facendo referencias a mitoloxía grega e o cancioneiro popular galego
Verter GZ e Filloas cántanlle as inconveniencias da vida adulta dende un parque de bolas

31/03/2025 13:55
'Gonzalo Torrente Ballester. A travesía dun creador' recrea o autor desde as cidades en que viviu
A exposición pode verse ata o 30 de abril no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol
A mostra, que reúne 130 pezas e un documental asinado polo se fillo, amplía a parte relativa a Ferrol

Josefa Rey: "A arqueoloxía experimental permite estudar os obxectos en vivo"
31/03/2025 13:43
O documental 'Anatomía dun forno' participou no pasado Festival de Cine Arqueolóxico de Florencia
É un traballo audiovisual antropolóxico dirixido e producido por Illa Bufarda
O forno de Castromao, descuberto en Celanova e conservado no Museo Arqueolóxico de Ourense, é o protagonista da peza

O edificio Redeiras da UVigo, seleccionado na Bienal de Arquitectura de Venecia
30/03/2025 21:14
A rehabilitación é obra do estudo de arquitectura Abalo Alonso, de Santiago
A Bienal celébrase entre o 10 de maio e o 23 de novembro
.png)
Richard Chamberlain, estrela da serie 'O paxaro espiño', morre aos 90 anos
30/03/2025 18:31
Naceu o 31 de marzo de 1935 nos Ánxeles
O seu maior éxito televisivo conseguiuno coa interpretación que realizou, en 1983, do padre Ralph de Bricassart na serie O paxaro espiño

30/03/2025 11:30
A Real Academia Galega de Belas Artes dedica a Isaac Díaz Pardo o Día das Artes Galegas
O 1 de abril, Día das Artes Galegas, Xosé Díaz lerá no acto institucional a laudatio a seu pai
O Día das Artes Galegas celebrarase o martes 1 de abril no Teatro Principal de Santiago ás 19h

Cupeiro enche dúas veces a igrexa de San Francisco, en Viveiro
29/03/2025 21:43
En maio estará de xira por Galicia presentando Loira, o seu cuarto disco, un traballo que conta "pequenas historias"

Los Eternos: "É un disco de volver ás raíces de música americana, galega, irlandesa..."
28/03/2025 14:50
O 29 de marzo preséntase en directo 'San Antonio' no Xarmolo Novo e o 26 de abril, no Auditorio de Cedeira
Guadi Galego, Oscar Avendaño e outros músicos colaboran neste novo disco, o primeiro en galego de Los Eternos
O disco homenaxea a Arantza Navarrete letrista e parte esencial tras os escenarios de Los Eternos

Vydia Shah: "Canto entendes unha canción doutra cultura comprendes a xente moito mellor"
28/03/2025 14:42
'Outras trece cancións bonitas', de Germán Díaz e Benxamín Otero, baséase nunha selección de melodías de orixes diversas
Vydia Shah veu ata Lugo a gravar o disco e dar unha conferencia sobre as pioneiras da música na India
O disco promóvese como unha viaxe musical entre tradición, modernidade e beleza

A artista Noelia Aragundi embelece unha granxa de Paradela cun novo mural
28/03/2025 14:02
Na mesma explotación leiteira xa traballara Diego As, cunha obra de arte urbana de gran formato

27/03/2025 14:04
A Sinfónica de Galicia estrea 'Cántico', a nova cantata do compositor galego Fernando Buide mañá no Pazo da Ópera da Coruña
Participan o coro da Sinfónica, a soprano Raquel Lojendio nunha peza baseada nos poemas de José Ángel Valente e Ernesto Cardenal
O director José Trigueros tamén guía no mesmo programa 'As ofrendas esquecidas' de Oliver Messien e 'As iluminacións' de Benjamin Britten

Jesús Silva: "'Sorda' introduce novos referentes no cinema para toda toda unha comunidade"
27/03/2025 13:53
'Sorda' conta a historia dunha muller xorda, que vai ter un bebé coa súa parella, que é oínte, e como iso condiciona a súa experiencia maternal
'La furia' describe a viaxe emocional dunha rapaza tras ser violada e tamén as reaccións da súa contorna
Nas carteleiras tamén 'Por todo lo alto', unha comedia do director francés Emmanuel Courcol

27/03/2025 13:50
'Fábrica de fume' é unha coprodución do CDG-Federación Galega de Teatro Afeccionado dentro do programa europeo Phone
A peza afonda no concepto de arte e industria, explorando as temáticas que xorden ao centrar a atención nas persoas que traballan no ámbito fabril
'Fábrica de fume', este domingo no Salón Teatro do CDG en sesión matinal e gratuíta

26/03/2025 13:12
Os traballos no Monte Cido revelan datos clave sobre a romanización da Serra do Courel e a súa importancia histórica
Novos achédegos nas escavacións do dolmen de Casa dos Mouros, en Candeán (Vigo), un dos mellores conservados e de maiores dimensións de Galicia

Paula Quintas: "Cada día o corpo e o equilibrio é diferente, na danza nunca hai final"
26/03/2025 13:07
'Aurora boreal' reflexiona sobre o efémero e a durabilidade das cousas a través do xeo
Participan na dirección Rut Balbís, na música Macarena Montesinos e Nacho Muñoz, e nas visuais Carla Andrade
Estréase no Primavera en Danza de Carballo o día 28 de marzo

26/03/2025 12:53
Segundo o arquitecto costarriqueño as cidades crecen máis rápido do que podemos pensar
Este referente da arquitectura social deu unha charla no Colexio de Arquitectos da Coruña
No seu estudo Entre Nos Central Atelier de San José de Costarrica propoñen solucións como 'Cueva de luz', un proxecto participativo, resultado de integrar distintas disciplinas

Entrega dos Premios San Clemente 2025, valorados por un xurado de estudantes de institutos europeos
25/03/2025 21:09
O escritor galego Antón Riveiro Coello, o chileno Alejandro Zambra e a británica Maggie O'Farrell, foron premiados nesta edición

Falece o académico, historiador, escritor e tradutor Xoán Bernárdez Vilar
25/03/2025 16:47
Desenvolveu unha carreira como autor de novelas e ensaios sobre diversos temas históricos que mereceron numerosos galardóns como 'Vento do Norte, vento do Sul' (1985) e 'No ano do Cometa' (1986), gañador do Premio Xerais

Iria Sobrado: "Marta Alonso Tejada ensínanos que as vidas reais non son infinitas"
25/03/2025 13:57
Dance join é a nova produción da compañía de Marta Alonso Tejada
É unha proposta dinámica que borra os límites entre artistas e espectadores
A obra hibrida danza, humor e música, propoñendo unha visión lúdica e autocrítica do mundo escénico

Blanca Riestra: "Estamos completamente rodeados do elemento líquido que conversa con nós e chama"
25/03/2025 13:40
O mar é o protagonista absoluto de As augas interiores, de Blanca Riestra, editado por Xerais
Unha escritora en crise embárcase na expedición de rescate dun barco naufragado en Terra Nova
Blanca Riestra pecha con As augas interiores a triloxía atlántica tras Tritón e Aquí comeza o mar

25/03/2025 13:28
Xerais acaba de publicar o terceiro volume en galego de Heartstopper con Neé Barros como responsable da tradución, coa asesoría de Éric Dopazo
A historia de amor entre Charlie e Nick atrapou milleiros de adolescentes nun universo LGBTIAQ+ acolledor e amable
Alice Oseman non quere perder a esencia da serie: os días 1, 11 e 21 de cada mes publica viñetas na internet accesibles para todo o mundo

Mediarea: "A nosa maneira de achegarnos ao tradicional é compoñer dende o respecto"
24/03/2025 16:05
Mediarea nace como un grupo de gaiteiros no contexto do entroido tradicional do Hío. Agora publican o seu segundo disco.
'Suroeste' foi o primeiro sinxelo de 'Fillos da virasón', un dos dous traballos que Mediarea lanzará neste ano
Próximos concertos: o venres 28, na Pousada da Galiza Imaxinaria, Boiro; o 20 de abril, en A Confraría Cultural, Vilanova de Arousa

O novo de Faia e Lisdexia e Ortiga en Compostela, nas músicas do 'Zigzag'
24/03/2025 15:47
Faia publica en abril Alvela, un disco que reivindica a importancia do corpo e do contacto íntimo
Lisdexia presentan 'Escravos do baile', unha canción sobre o hedonismo da noite
Ortiga esgota entradas en Compostela para presentar en directo 'Obra social'

24/03/2025 14:51
O baterista de jazz Hilario Rodeiro regresa a Santiago para promocionar o seu último disco, 'Pausa'
O disco está inspirado no jazz dos 60 e do norte de Europa con moita presenza da improvisación libre
Mais aló do jazz, Rodeiro explora e compón música incidental e electrónica, onde emprega o alias de Anosmic

Freixanes: "Toda a sociedade ten que estar implicada no uso e transmisión do galego”
24/03/2025 10:36
O presidente saínte da Real Academia Galega asegura que "o idioma é de todos" e "está moito mais vivo do que ás veces dicimos"
Víctor Freixanes despídese da RAG despois de oito anos á fronte da institución: "Eu sentinme moi cómodo, moi recoñecido e moi agradecido ao traballo e colaboración de todos os compañeiros"

Eva Mejuto: "Alédanos moito que moitos veñan ao Salón para ler en familia"
23/03/2025 11:36
Ata o 6 de abril celébrase en Pontevedra o Salón do Libro Infantil e Xuvenil
Máis de 300 actividades para toda a familia nun salón que pode visitarse á carta
Esta XXVI edición dedícase ao cine e ten a Francia por país convidado

Descobren no Arquivo Diocesano de Santiago 35.000 negativos inéditos
22/03/2025 13:01
Foron feitos por un cura e constitúen un retrato incomparable da vida en Galicia nos anos 70