Contido con Temática Cultura .

Contido con Temática Cultura .

Cultura

Músicos de corenta países participan no IX Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo

20/04/2025 21:30

O concurso celébrase no Conservatorio Superior de Música de Vigo ata o vindeiro martes

Participan máis de 80 músicos, que terán a oportunidade de tocar no piano de cola Shigeru Kawai, un instrumento feito nun taller do Xapón alcumado "o excelente" que adoran moitos pianistas clásicos


Samar Abu Elouf/The New York Times

A imaxe dun neno de 9 anos mutilado por un ataque israelí en Gaza gaña o World Press Photo

17/04/2025 11:07

A fotógrafa palestina Samar Abu Elouf tomou a fotografía en Qatar, onde permanece refuxiada


Falece Jean Marsh, a inesquecible actriz de 'Arriba e abaixo' e gañadora dun Emmy

14/04/2025 10:19

A causa do seu falecemento foron complicacións relacionadas coa demencia que padecía, segundo declarou o cineasta Michael Lindsay-Hogg, amigo da falecida, como informa The New York Times


Morre o escritor Mario Vargas Llosa aos 89 anos de idade

14/04/2025 02:48

O gañador do Premio Nobel de Literatura faleceu na capital do Perú "rodeado da súa familia e en paz", segundo informaron os seus fillos

No comunicado que fixeron público destacan que "deixa atrás unha obra que o sobrevivirá" e avanzan que non haberá cerimonias públicas polo falecemento

'Travesuras da nena mala', basaeda na novela homónima de Vargas Llosa, dispoñible en Agalega.gal


Vicente Feijoo: "Os veciños coñecen os microtopónimos, pero non as historias que se agochan tras eles"

13/04/2025 11:30

'Galicia nomeada' supera medio millón de xeorreferencias e os 4.000 colaboradores; na súa web podemos ver os topónimos ou achegar novos 

A aplicación recolleu en 5 anos case 88.000 microtopónimos de regos, penedos, terras...; o caso galego é dunha riqueza toponímica única en toda Europa

Etiquetas:  ZIGZAG

Viveiro, punto de encontro de tatuadores

12/04/2025 14:20

Uns 70 tatuadores participan na segunda edición do Viveiro Tattoo Expo que sitúa A Mariña como un referente no mundo da tatuaxe


O que non sabemos de Castelao, as anécdotas máis persoais da súa vida

12/04/2025 13:30

Que Castelao non foi un rianxeiro máis xa o sabiamos. Pero oístes falar algunha vez da canción
Categorías:  Galicia   Cultura
Etiquetas:  CASTELAO

Iria Sobrado: "Nos premios María Casares as compañías emerxentes e as históricas están á par"

11/04/2025 15:28

A gala dos XXIX Premios de Teatro María Casares homenaxeou aos oficios teatrais, dándolle protagonismo ás compañías de furgoneta

'Iribarne', de ButacaZero, foi a gran vencedora con nove dos doce galardóns aos que aspiraba

Os actores máis novos foron recoñecidos cos premios de interpretación

Etiquetas:  ZIGZAG

Tan DuB: "A viaxe a Marrocos foi fundamental para que todos os ingredientes da nosa música se fiaran"

11/04/2025 15:23

Tan DuB é a fusión de la música tradicional do norte de Marrocos con xéneros como o reggae, o drum&bass ou a electrónica

No disco, producido por Escusalla Sonora, colaboran High Paw e Catuxa Salom. As ilustracións son de Xabier Vegara 

No disco, as guitarras mestúranse coas novas tecnoloxías, percusións e con instrumentos marroquís como el hajhouj e as krakebs

Categorías:  Galicia   Cultura   Música
Etiquetas:  ZIGZAG

Mónica Maneiro: "Os debuxos dos anos 50 de Labra sorprenden pola súa actualidade e vixencia"

10/04/2025 15:05

A segunda exposición do ciclo 'Correspondencias' ofrece novas posibilidades de explorar a obra do coruñés José María de Labra 

55 debuxos e maquetas do artista dialogan con obras de artistas como Pablo Barreiro, Almudena Fernández Fariña, Carlos Maciá ou Tatiana Medal entre outros

'Correspondencias: José María de Labra' pódese ver no Centro Social Abanca de Santiago e mañá celébrase un seminario sobre a súa figura no Museo de Pontevedra

Etiquetas:  ZIGZAG

Adrien Bordone: "O filme trata dun tabú dentro das familias e falar do desarraigamento ten unha parte terapéutica"

10/04/2025 14:49

"Os meus amigos españois" gañou o premio ao mellor documental na pasada edición do Festival Internacional de cine de Ourense e pasou estes días en distintas cidades de Galicia 

É un documental que conta a dolorosa experiencia de abandonar o hábitat onde te criaches para regresar á patria dos teus pais 

Categorías:  Cultura   Audiovisual

Jesús Silva: "'Sirat', para Oliver Laxe, é o seu filme máis accesible e radical"

10/04/2025 14:33

'Sirat', de Oliver Laxe, e 'Romería', de Carla Simón, competirán pola Palma de Ouro en Cannes

Na carteleira desta semana escolmamos 'Muy lejos' e 'La niña de la cabra', da colleita do Festival de Málaga

Etiquetas:  ZIGZAG

Oliver Laxe e Carla Simón competirán pola Palma de Ouro do Festival de Cannes

10/04/2025 11:57

O cineasta de orixe galega presenta 'Sirat', un filme protagonizado por Sergi López e Bruno Núñez; e Simón concorre con 'Romería', rodada en Vigo e participada pola CRTVG

Supón o regreso das producións españolas a Cannes seis anos despois de que Banderas recollera o premio a mellor actor por 'Dolor y Gloria'


Anita Mateu desvela o novo proxecto da TVG para espallar o galego entre os neofalantes

10/04/2025 10:56

A popular ‘influencer’ cubana e residente en Galicia asumiu o reto proposto pola Corporación de falar galego en 100 días, prazo que se cumpre xustamente o Día das Letras Galegas

‘Bótalle azucre’ supera xa os 2 millóns de visualizacións nas redes sociais e conta a experiencia dunha persoa estranxeira que aprende galego desde cero 

Mateu desvelou este xoves o proxecto no estudio do magazine ‘O termómetro’ da TVG e do ‘Galicia por diante’ da Radio Galega


Os responsables da RAG e os directores da serie na presentación no Museo do Pobo Galego

A RAG estrea a serie documental 'Se canto é porque quero', dedicada ás cantareiras

09/04/2025 15:48

Son tres capítulos que xa se poden ver en academia.gal e na canle de Youtube da RAG

Cada episodio está dedicado a unha das figuras en que a Academia personifica a Día das Letras Galegas deste ano 

Resaltan tamén o labor das recollidas e a viveza da tradición e a innovación das cantareiras na actualidade 


Atenea García e Vero Rilo: "Este espectáculo é como estar reunidas e ir contando o que nos vén a boca"

09/04/2025 14:02

O espectáculo 'Bailen as vellas, os contos das cereixas' é unha proposta de narración oral para público adulto que reivindica a literatura, a música e a poesía de transmisión oral 

Atenea García e Vero Rilo trasladan ao escenario o legado e a voz das que non calaron, das que cantaron e bailaron

'Bailen as vellas, os contos das cereixas', sábado 12 no Cotellón, Concello de Mugardos

Etiquetas:  ZIGZAG

Mario César Vila: "Irlanda mandou unha frota de 100 navíos e 30 delas afundíronse en Fisterra nun só día de temporal"

09/04/2025 13:48

Recuperan das augas de Punta Sardiñeiro en Fisterra un canón de bronce dun galerón afundido no ano 1596, dun naufraxio no qu esó sobreviviron 7 persoas

As pezas foron trasladadas ao Museo do Mar de Vigo para a súa análise e tratamento

O mosteiro de Oia abre en Semana Santa as súas visitas guiadas ao patrimonio arqueolóxico

Etiquetas:  ZIGZAG

Alejandra Escolante, organista do grupo Catro Quince

Alejandra Escolante: "Santiago é un dos lugares privilexiados a nivel organístico"

09/04/2025 13:30

De lugares e órganos Do 13 ao 20 de abril en Compostela

'Con moita invención e diversidade, outras linguaxes e sonoridades do barroco" abre o ciclo o 13 de abril na igrexa de San Paio de Antealtares

Nas actividades paralelas: cine con 'O verán pasado en Marienbad', visitas guiadas e conferencias 

Categorías:  Galicia   Cultura   Música
Etiquetas:  ZIGZAG

Foto de aquivo/Ricardo Rubio/Europa Press

Juan Luis Guerra actuará o 19 de xullo en Sanxenxo

09/04/2025 10:32

Nestes concertos o público poderá gozar dun percorrido por todos os seus temas


Xosé Luis Mosquera: "É difícil escribir sen ter de fondo a intuición de ir sendo queimados polo tempo"

08/04/2025 14:58

'Trece maneiras e mirar un almanaque' gañou o  XXVII Premio de Poseía Johán Carballeira e está editado por Xerais

O título do poemario está inspirado en 'Trece maneiras de mirar un merlo', do poeta norteamericano Wallace Stevens
 

Categorías:  Galicia   Cultura   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

Sara Donoso: "Estes artistas traballan con obxectos cotiáns que coa súa mirada collen outra dimensión"

08/04/2025 14:08

'Bar-Cafetería. Grazas pola súa visita' é unha mostra que abre o debate sobre a necesidade da reapertura da cafetería como espazo de encontro na Facultade de Belas Artes de Pontevedra

No proxecto tamén se inclúen dúas mostras efémeras do alumnado e o espazo convértese nun organismo vivo que transforma a sala nun campo de acción relacional

A exposición inclúe un cadro de Laxeiro pintado nas protestas pola precaria situación dos estudantes en 1993 e doado aos alumnos


Inscrición funeraria de Pedro Rivero, finado en Bande o 28 de outubro de 1924

Unha lápida datada en 1924 é a máis antiga coñecida escrita en galego

07/04/2025 20:46

Rescatárona do cemiterio de Baño, en Bande, antes de que o camposanto quedara asolagado polo encoro

Categorías:  Galicia   Cultura   Bande
Etiquetas:  LINGUA GALEGA

Jennifer López/Alessandro Garofalo/Reuters

Jennifer López arranca a súa xira por España o 8 de xullo en Pontevedra

07/04/2025 16:41

A artista realizará cinco concertos en España dentro da súa xira Up All Night

Categorías:  Galicia   Música
Etiquetas:  PONTEVEDRA   CONCERTO

Furada, Traspielas e a nova xira de Sheila Patricia nas músicas de Marta Gómez

07/04/2025 14:43

Laboratorio Sonoro é a nova xira de Sheila Patricia, baseada na improvisación musical

Traspielas, unha banda de 'all star' para homenaxear as veciñas dese lugar do concello de Fornelos

Furada, dark punk dende Crecente que pon música a un poema de Xela Arias

Categorías:  Galicia   Cultura   Música
Etiquetas:  ZIGZAG

Gabriela Fernández: "Nos 80 Virxilio comezou a pintar as metrólopes, é a súa etapa máis descoñecida"

07/04/2025 14:35

A mostra celebra os 100 anos do nacemento de Virxilio e podemos visitala ata o 11 de maio no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense

A pintura de Virxilio caracterizouse por un fauvismo peculiar de paleta expresiva, con escenas da vida rural galega e tamén series máis urbanas

Nos 60 fixo unha curiosa serie de carteis para a daquela Xefatura Central de Tráfico, unha das primeiras campañas de seguridade

Etiquetas:  ZIGZAG

Xosé Enrique Acuña: "Mercedes Mariño xa reclamaba que a metade do goberno fose para as mulleres"

07/04/2025 14:31

 ‘Estrela e eclipse de Mercedes Mariño’ narra a traxectoria desta artista destacada no cine, no teatro e na música do século XX

‘El veneno de un beso’ (Cuba, 1929) converteuna na primeira actriz galega cun papel protagonista nunha longametraxe en América

M. Mariño foi a primeira actriz galega nos teatros de New York, e a primeira en encarnar a Dona Inés na obra de Zorrilla 

Etiquetas:  ZIGZAG

CBS

Morre o protagonista de 'Daniel, o fedello', Jay North, aos 73 anos

07/04/2025 12:19

North morreu o domingo na súa casa de Lake Butler, Florida, tras anos de loita contra o cancro de colon, segundo declarou a The Hollywood Reporter Jeannie Russell, quen interpretou a Margaret Wade no seu programa

A actriz referiuse ao falecido como o seu "irmán doutro mundo"


O novo presidente da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo, este luns nunha entrevista no 'Bos días' da TVG

Monteagudo advirte de que o galego está nunha situación de "auténtica emerxencia" entre a xente nova

07/04/2025 10:35

O novo presidente da RAG considera que para corrixilo é preciso "cambiar os marcos mentais": "Non podemos empregar receitas do século vinte para problemas do século vinte e un"

Henrique Monteagudo afirma que é preciso acadar un "pacto político" pola lingua: "Se non temos ese acordo de mínimos, como nos imos dirixir á sociedade?"

 

Categorías:  Galicia   Cultura
Etiquetas:  LINGUA GALEGA   RAG

Primeiro festival de coros xuvenís de Lugo

06/04/2025 20:54

No evento, promovido pola coral xuvenil de Lugo, participaron agrupacións do rosal e de Campo Lameiro


Bailarinas practicando danza clásica na varanda da praia da Concha en San Sebastián

Case 1.500 bailarinas converten a varanda da Concha, en Donosti na súa barra de ballet

06/04/2025 20:44

Celébrase na capital donostiarra o Mes da Danza con distintas actividades desta disciplina por toda a cidade

Un espectáculo clásico que deleitou milleiros de persoas na badía da Concha nunha xornada solleira


TVG entregando agasallos a todos os participantes na VIG-BAY  nados en 1985

TVG celebra o 40 aniversario con agasallos para os participantes na VIG-BAY nados en 1985

06/04/2025 12:07

A Galega instalou un posto na chegada da carreira, no parque da Palma de Baiona, para entregar os agasallos aos participantes que mostren o seu dorsal 

A TVG, a Radio Galega,  g24.gal  e agalegaaudio.gal e as súas redes sociais informarán do desenvolvemento deste medio maratón

O medio maratón Vigo Baiona cumpre 25 anos sendo o máis multitudinario ata a data


Artur Trillo, director teatral

Artur Trillo: "Os pais temos unha consideración de nós mesmos máis nobre ca a realidade"

06/04/2025 11:30

Talía Teatro trae a Galicia un clásico contemporáneo do teatro: Un Deus salvaxe

A obra foi escrita pola dramaturga francesa Yasmina Reza e levada ao cine por Roman Polanski

O elenco está composto por María Ordóñez, Dani Trillo, Marta Lado e Toño Casais, baixo a dirección de Artur Trillo

Etiquetas:  ZIGZAG

Soundhood Son Estrella Galicia enche de música os barrios da Coruña

05/04/2025 14:20

Espazos cotiáns, como unha lavandaría, serven de escenario dos concertos


EFE

Monteagudo, novo presidente da RAG, reclama un "pacto político e social" polo galego

04/04/2025 19:33

O pleno a Real Academia Galega proclamou a Henrique Monteagudo novo presidente, con 23 votos a favor e dous en branco

O catedrático de Filoloxía Galega remuda a Víctor Freixanes á fronte da institución

Categorías:  Galicia   Cultura
Etiquetas:  RAG

Suso de Toro: "Preocupábame poñerme na pel dunha muller nesta novela"

04/04/2025 14:59

A pescuda na memoria familiar e o proceso de escrita son os elementos que tecen un relato que se vai construíndo mentres se le 

A investigación dos segredos familiares relacionados coa represión da posguerra, vai mudando o relato dunha novela dentro doutra novela

Categorías:  Galicia   Cultura   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

Lembramos os primeiros pasos na interpretación de Xavier Deive

04/04/2025 14:45

A familia de Xavier Deive recolleu o premio de honra Marisa Soto da man dos seus compañeiros da Asociación de Actores e Actrices de Galicia

Deive deu os seus primeiros pasos no mundo da actuación na Escola de teatro de Narón, o seu concello natal co nome de Xabier de Fornos

No espectáculo Sede de mal ironizaba onda Luís Iglesia sobre a súa tendencia a interpretar personaxes escuras

Etiquetas:  ZIGZAG

O equipo da obra Iribarne, de ButacaZero, durante a gala no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. (EFE/Cabalar)

A montaxe 'Iribarne' arrasa nos Premios de Teatro María Casares

04/04/2025 13:01

A obra de ButacaZero levou nove dos 12 galardóns aos que optaba

'O dragón de ouro', espectáculo de Sarabela Teatro, levou catro premios


Fernando Agrasar: "Na Academia de Belas Artes fálase moi pouco do pasado, a vista está posta no futuro"

03/04/2025 14:45

'A Cidade das Artes' percorre a historia dos 175 da Academia Galega de Belas Artes a través de obras e documentos

Na mostra, centos de pezas antigas e contemporáneas que non están organizadas de xeito cronolóxico senón por seccións

'A cidade das Artes', ata o 26 de abril no Quiosco Alfonso, A Coruña

Etiquetas:  ZIGZAG

Iria Vázquez: "Reflexionamos sobre o ego na creación nunha mostra cun alto compoñente performativo"

03/04/2025 14:21

'Verse outra vez, ao revés tamén funciona, Creatividade, xogo e transformación social' é unha mostra do alumnado na sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes de Pontevedra

É un espazo de aprendizaxe e reflexión sobre o carácter performático da creación e a dimensión autobiográfica na  práctica artística feminista

As obras son de Patricia Álvarez, Uxía Bustbem, Celeste Garrido, Mónica Lago, Pablo Martínez, Candela Omil, Paula Romay, Miriam Rodríguez e Jimena Rodríguez

Etiquetas:  ZIGZAG

Henrique Monteagudo, único candidato á presidencia da RAG

03/04/2025 12:11

O candidato comparecerá este venres en conferencia de prensa, ás 19:00 h, no salón real do pazo municipal de María Pita

Publicidade
Publicidade