Contido con Temática .
Cultura

Eduardo Soutullo: "Ante a guerra de Ucraína, tiña que facer algo que servise como revulsivo"
15/10/2023 11:30
Eduardo Soutullo conseguiu o Premio Nacional de Música 2023 na modalidade de composición
A cantata O lamentou do xirasois é un alegato antibelicista cos versos da ucraína Lesya Ukrainka
O xurado destacou o recoñecemento internacional de Soutullo e en especial O lamento dos xirasois

A mostra 'Walk This Way' trae á Coruña século e medio de calzado
14/10/2023 15:30
Son cen pares de zapatos antigos dunha colección que nunca fora presentada fóra dos Estados Unidos
Pódese ver na Fundación Barrié, na Coruña, ata o sete de xaneiro

Sara Coleman: "O sistema da moda non é coherente cos meus valores"
14/10/2023 11:00
A fráxil pel do mundo reflexiona desde a pel sobre as nosas relacións co mundo
A peza central da exposición semella pel interconectada e apela ao sensorial deste órgano
A exposición pode verse na Sala Maruja Mallo na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo

Aurora Marco: "A operación Termópilas xestouse na granxa de Carmiña Sierra"
13/10/2023 22:00
Carmiña Sierra. A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos (Alvarellos) é un traballo de investigación sobre a vida da mestra
Carmiña Sierra era unha das poucas universitarias da época. Con 17 anos foi a primeira socia do SEG xa desde a súa creación
Mestra represaliada, militante e activista comunista, foi detida en 1946 e estivo presa no Cárcere das Ventas

Morre o xornalista vasco Carlos Pumares aos 80 anos
13/10/2023 11:38
Acadou unha gran sona como crítico de cine e co programa 'Polvo de estrellas'
A fama volveulle con forza grazas ao programa 'Crónicas marcianas'
Escribiu guións, libros e actuou en filmes

Cinema e amor, as obsesións do novísimo Migui Bouzó
11/10/2023 17:19
Cine i amor, primeiro disco de Migui Bouzó, o venres xa en plataformas
Migui fala de influencias de músicos como Jorge Drexler ou Grande Amore

'O corno': unha volta á esencia e á terra con Janet Novás e Jaione Camborda
11/10/2023 17:15
'O corno' chega hoxe a 82 salas de cine de todo o territorio español, 24 delas en Galicia
A película gañadora en San Sebastián, convértese na maior estrea en salas dun filme en versión orixinal galega da historia

Berto pregunta por Iribarne e o vídeo galego para os Eagles of Death Metal nas músicas do 'ZigZag'
11/10/2023 15:18
Berto asina a BSO da peza teatral Iribarne, que se estrea mañá no Centro Dramático Nacional
Producciones Mutantes fai dende Pontevedra o novo vídeo dos Eagles of Death Metal

'O corno' chega ás salas de cine
11/10/2023 13:36
A gañadora da Cuncha de Ouro chega ás salas comerciais hoxe
O filme está dirixido por Jaione Camborda e protagonizado por Janet Novás

O Día Internacional da Arquitectura, con marcado acento galego
10/10/2023 15:21
O cartel do Día Mundial da Arquitectura en España amosa a obra da arquitecta galega Betsaida Curto Reyes
En Madrid podemos ver unha mostra das obras en Galicia do arquitecto Antonio Palacios
Na Coruña podemos ver as exposicións de As cidades e as súas teses: unha visión panorámica do estado da investigación urbanística en España

Fina Calleja: "O FITO reivindica a cultura como espazo de convivencia ante o terror"
10/10/2023 15:16
O FITO pon o acento nas compañías emerxentes e na recuperación das rúas como espazo para a cultura
O festival reedita 67 Graos-Ourense Fervescénica como espazo de encontro con cinco estreas absolutas
XVI Festival Internacional de Teatro de Ourense, FITO: do 12 ao 22 de outubro

As esculturas en tensión de Rodríguez Méndez transforman a galería Vilaseco
10/10/2023 15:09
Antes, a fatiga, mostra aberta na Galería Vilaseco ata decembro
Rodríguez Méndez traballa coa turba como principal material escultórico

O FICBUEU pon en marcha unha residencia para mozos cineastas
10/10/2023 13:21
A guionista de As bestas titoriza en Ons os guións de catro novos directores
Ata agora o Festival de Curtas de Bueu estaba centrado na exhibición e difusión das curtametraxes, e agora entra de cheo no proceso de produción e guión

'A gran novela galega', de César Cequeliños, sátira e humor nas nosas letras
09/10/2023 15:36
César Cequeliños ambienta no sistema literario galego a súa última novela
A gran novela galega arranca coa creación dun premio dun millón de pesetas por parte do home máis rico de Galicia

'Síbaris', unha comedia de salón clásica con tons negros que fala do abismo
09/10/2023 15:26
Síbaris é a obra teatral inédita de Domingo Villar
No elenco, Carlos Blanco e Belén Constenla, e na dirección Lois Blanco
Síbaris, en Narón (13 e 14 de outubro), Lugo (28 de outubro), Pontevedra (3 e 4 de novembro), Vilagarcía (18 de novembro) e Santiago de Compostela (25 de novembro)

Gonzalo Constenla: "O público do aRi(t)mar ten intuición especial para os artistas emerxentes"
09/10/2023 15:19
aRi(t)mar é un proxecto didáctico cultural para afianzar os vículos e divulgar a música e a poesía galego-portuguesa
Fillas de Cassandra e Retimbrar, na música, Arancha Nogueira e M. Isabel Fidalgo, en poesía, e Assoc. José Afonso, son os premiados
O proxecto medrou con Play.aRitmar, unha aplicación web para escoitar música e ler poesía premiada noutras edicións

'O pequeno poni', unha peza sobre aceptar a diferenza do teu propio fillo
09/10/2023 15:11
A peza baséase na historia dun neno que sufriu acoso escolar nun colexio de Carolina do Norte
A peza tamén reflicte o proceso en que se desestruturan como parella os pais de Luismi
O pequeno poni estréase no FIOT de Carballo e logo pasa polo FITO de Ourense

Reunimos a Brönninmann e González-Monjas no inicio da tempada musical galega
08/10/2023 11:30
González-Monjas combina esta tempada tradición e modernidade e a homenaxe a Brahms: "Queremos ser útiles a Galicia"
Brönninmann aborda unha temporada dedicada ás migracións e facendo oco á música contemporánea: "Hai un nivel excelente de músicos en Galicia"

07/10/2023 11:30
Xa vemos palmeiras é o cuarto libro de Ana Cabaleiro
A autora conta unha vivencia real na fin de ano de 2006 no deserto do Sáhara marroquí
O libro foi escrito case na totalidade en 2022 en Xerusalén coa estancia do premio Exeria

A exposición Walk This Way trae a esencia dos zapatos antigos á Coruña
06/10/2023 21:40
Son 100 pares de pezas pertencentes a unha colección nunca antes presentada fóra dos Estados Unidos
A mostra pódese ver na Fundación Barrié ata o 7 de xaneiro

O carbono 14 revelará a antigüidade do baño xudeu desenterrado na Coruña
06/10/2023 21:16
É o único 'mikvé' intacto de Galicia e un dos mellor conservados de España
Abovedado, con escaleira a un manancial, servía para ritos purificadores

Os membros do SEG non querían facer traballo memorístico, senón vida intelectual
06/10/2023 15:05
O Seminario de Estudos Galegos foi fundado en 1923 por un grupo de estudantes en Compostela e chegou a ter 200 membros admitidos
O SEG foi determinante na construción da identidade galega e impulsora da modernización cultural e científica de Galicia
Luz na Terra. O Seminario de Estudos Galegos: unha institución de alta cultura, no Museo Gaiás ata o 7 xaneiro de 2024

As olladas femininas en Curtocircuíto 2023
06/10/2023 14:55
Arancha Brandón é a protagonista dun foco sobre toda a súa traxectoria
No xurado a escritora María Sánchez
Andrea Zapata Girau estrea a súa curta Riovesi

A TVG volve ser líder de audiencia, con case un 13,5 % de cota de pantalla
06/10/2023 14:48
Entre os programas máis vistos da xornada destacan o Land Rober e tamén o Telexornal Mediodía

'Run baby run', a discriminación de xénero no deporte dende ás táboas
06/10/2023 14:45
A obra está proucida polo Centro Dramático Galego, o Teatro Español, Meninas e Proversus
Alba Loureiro, Camila Bossa, Celina Fernández e Daniel Méndez son o elenco da obra
Run baby Run estréase hoxe no Salón Teatro en Santiago con representacións tamén este sábado e domingo

Pepe Coira e Ángeles Huerta preparan un filme sobre Castelao
05/10/2023 15:44
Begoña Vázquez apúntanos os primeiros pasos do documenal sobre Castelao
Na Carteleira, críticas de Chinas e Dispararon al pianista

Rafael Rey: "Se a xente non vai aos teatros, Galicreques sairá a rúa"
05/10/2023 15:41
O Premio de Honra Galicreques será para o monicrequeiro Carlos C. Martínez Gallego, fundador de Danthea Teatro
A programación, con 60 funcións e máis 30 compañías, esténdese á Sala Gugurú da Coruña
XVIII Festival Internacional Galicreques en Santiago de Compostela, do 7 ao 15 de outubro

Gallego Común: "Nestes tempos facer música pouco sofisticada é un suicidio"
05/10/2023 15:26
Gallego Común celebran a fin de xira este venres na Fábrica de Chocolate de Vigo
Cantan aos xuíces estrela, aos fodechinchos e aos falabarato
Punk rock de humor corrosivo que non deixa monicreque con cabeza

Galicia garantirá por lei o acceso á cultura para facela inclusiva
05/10/2023 15:03
O proxecto de lei aprobado polo Consello da Xunta pretende garantir ese dereito tanto ao público como aos creadores

Nobel de Literatura para o noruegués Jon Fosse
05/10/2023 13:11
Tal e como explicou a academia, Fosse é hoxe un dos dramaturgos máis representados no mundo e "cada vez máis recoñecido pola súa prosa"
O Nobel de Literatura é o cuarto da rolda destes prestixiosos premios

Ceibarimas, en Compostela, e Elíades Ochoa recupera Buena Vista Social Club en Lugo
04/10/2023 14:19
Celébrase a terceira edición do Ceibarimas, o certame galego de rap improvisado, con actuacións de Willow GHZ e Bratzantifa
E no San Froilán, Elíades Ochoa celebra o 30 aniversario de Buena Vista Social Club

O cine mexicano conquista o OUFF: dende Ripstein ata Lila Avilés
04/10/2023 14:13
Arturo Ripstein recolle o premio de honra e proxéctase unha versión nova de Profundo Carmesí
O veterán realizador di que "falta respecto" en moitos filmes contemporáneos
Lila Avilés presenta Tótem no certame ourensán tras triunfar na Berlinale

04/10/2023 14:08
Carlos Díaz, O Xestal, foi humorista, músico, regueifeiro e narrador. Este ano Carballo celebra o Ano do Xestal
C. Pazó dirixe Apaga o candil, unha obra que reivindica a figura do Xestal, con Avelino González e Toni Salgado en escena
Apaga o candil, coproducido polo FIOT e Contraproducións, estreáse o venres no Pazo da Cultura de Carballo

04/10/2023 11:01
Son preto de cincuenta retratos e escenas propias da Galicia de hai un século

A Cuncha de Ouro 'O corno' abre o festival Curtocircuíto entre ovacións
03/10/2023 21:43
A película de Jaione Camborda pasará tamén polo festival de Ourense antes de chegar ás salas comerciais a semana que vén

O thriller 'Nueva tierra', rodado integramente en Galicia, estréase no OUFF
03/10/2023 21:09
Participa na sección competitiva Panorama Galicia, unha das novidades desta edición
Esta tarde, tamén se proxectou o documental sobre María Casares que compite na mesma sección

Poemas de beleza destrutiva, teatro fóra das convencións e traducións necesarias
03/10/2023 15:41
Azul Monforte, a despedida de Antón Lopo a súa nai a través dos versos do seu diario
Run baby run, vindicación dos corpos non normativos dende a dramaturxia
A miña vida nas estradas, crónica dunha vida e dun movemento: o feminismo

Carmen Villar: "A poesía para min é a realidade filtrada a través dos soños"
03/10/2023 15:35
O poemario é unha viaxe cara ao íntimo e a memoria. Os poemas son compilación dos que publica case a diario na redes sociais
A poeta e xornalista desenvolve un proxecto fotopoético en varias redes sociais como Carmen de Milmanda
'Os mil e un día', editado por Xerais, é a súa primeira obra individual, con fotografías e debuxos da súa autoría

A paisaxe poética e política de Tono Carbajo
03/10/2023 15:34
'Paisaxes químicos' de Tono Carbajo incide sobre a deterioración do territorio que habitamos
O proxecto colaborativo 'As casas dos desexos' inclúe materiais procedentes de desafiuzamentos

Dezanove salas galegas en que celebrar esta semana a XXI Festa do Cine
02/10/2023 21:16
Ata o xoves, ir ao cine custa o mesmo que a finais dos anos noventa: tres euros e medio