Contido con Temática Cultura .

Contido con Temática Cultura .

Cultura

Ana Varela: "Quixen escribir sobre a falta de humanidade nos coidados por parte das institucións"

12/11/2024 15:02

'Runrún', publicada por Ed. Galaxia, está ambientada en Ferrol e supón o debut na novela de Ana Varela

Dúas irmás son as protagonistas destes historia que reflexiona sobre a afectividade, os coidados, as saúde mental e as relacións sociais

Categorías:  Galicia   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

Cineuropa 2024: o corazón do cinema é a liberdade

12/11/2024 14:58

Na súa edición número 38, Cineuropa recoñece a Alberto Gracia, Flávia Castro e Ingrid García-Jonsson

Na sección oficial europea compiten directores como Mike Leigh, Paolo Sorrentino ou François Ozon

Ata o 24 de novembro, o festival Cineuropa proxectará máis de 130 filmes en Compostela
 

Categorías:  Galicia   Audiovisual
Etiquetas:  ZIGZAG

Helena Egea e concerto SOM Valencia, nas músicas do 'Zigzag'

11/11/2024 15:08

Helena Egea, unha artista emerxente que lle canta a súa irmá en Arrolo

Concerto solidario de Som Valencia na Coruña coa participación de Mondra, Sabela, Boyanka Kostova...

Categorías:  Galicia   Música

Xurxo Souto e Ana Viqueira, codirectores do documental 'Bravú XXX'

Ana Viqueira: "O bravú é a vangarda dende o propio"

11/11/2024 15:04

Este mes o ciclo Outono das Artes leva  o documental Bravú XXX a 25 concellos da provincia da Coruña

O documental ten formato dun filme de estrada no que Xurxo Souto invoca o cosmos e o espírito do movemento trinta anos despois

Paola Beiro, Nuno Pico, Xosé Manuel Pereiro, Sés e Vacalouras, protagonistas ou herdeiros do bravú, participan no documental 

Categorías:  Galicia   Audiovisual
Etiquetas:  ZIGZAG

O Día das Librerías busca impulsar de novo o hábito da lectura

As librarías celebran o seu día reivindicando o papel de dinamizadores culturais

11/11/2024 15:01

Moitos establecementos celébrano con descontos especiais para fomentar a lectura

Categorías:  España   Cultura   Letras

Exposición 'Tattoo. Arte baixo a pel', no Gaiás

Un percorrido pola historia da tatuaxe en 'Tattoo. Arte baixo a pel'

08/11/2024 19:45

A exposición está na Cidade da Cultura e mostra a evolución desta arte nos cinco continentes


Jesús Silva: "'Pringadas' trata sobre o difícil que é navegar o período difuso que vai dende a adolescencia e a madurez"

08/11/2024 14:52

Desenvolvérona na Cidade das TIC na Coruña as xornadas Audiovisual e lingua

Podemos ver a nova temporada de Pringadas en agalega.gal

Chega aos cinemas Marco, a historia real do falsificador da súa propia biografía

Categorías:  Galicia   Audiovisual
Etiquetas:  ZIGZAG

Fran Fernández Davila: "Nos Azores España estivo en guerra durante un día, e perdeu"

08/11/2024 14:48

Con 'Groenlandia', a súa quinta novela, o autor gañou a 17ª edición do Premio de Narrativa Breve Repsol

A novela, ambientada nos Azores, combina o estilo dos libros de viaxes coa literatura romántica, policial e de aventuras 

Categorías:  Galicia   Letras

Cristina Domínguez: "As gardiás fala de como, onde e con quen queremos vivir a vellez"

08/11/2024 14:40

Escrita polo dramaturgo francés Nasser Djemar, 'As gardiás ou o nó do tecelán' aborda o tema dos coidados na vellez

Casilda Alfaro, Rebeca Montero, Sonia Rúa, Amparo Martínez e Melania Cruz son as protagonistas

 'As gardiás'- Teatro de Ningures/Estrea este sábado, ás 20 h, no Auditorio de Cangas
 

Etiquetas:  ZIGZAG

(Reuters / Neil Hall)

A Fiscalia arxentina imputa tres persoas pola morte de Liam Payne en Bos Aires

08/11/2024 08:14

Un dos acusados é unha persoa que acompañou a Payne durante a súa estadía en Bos Aires, outro é un empregado do hotel no que faleceu e o terceiro foi descrito como "un provedor de estupefacientes"

A fiscalía informou que a imputación destas tres persoas, cuxa detención xa foi ordenada, chegou tras unha extensa investigación que incluíu decenas de testemuños

Categorías:  Sociedade   Mundo   Cultura
Etiquetas:  XUSTIZA   MÚSICA

Bruno Arias: "Dous anos despois das Letras, xa non sinto a lousa de ter que divulgar o legado da miña tía Xela"

07/11/2024 15:34

'Os espazos en branco' é unha pescuda sobre os recordos e a propia identidade

O documental gañador do premio Mestre Mateo chega agora ás salas de cine galegas

O sobriño de Xela Arias recolle os recordos familiares da autora con imaxes familiares
 

Categorías:  Galicia   Audiovisual
Etiquetas:  ZIGZAG

A memoria das grandes voces galegas da ópera, nunha mostra en Santiago

07/11/2024 15:30

María Luísa Nache protagonizou o gran momento dunha soprano galega, ao cantar con María Callas dirixida por Leonard Berstein na Scala de Milán

A memoria da lírica galega esténdense dende Benita Moreno, introdutora do bel canto en España ata Josefina Cubeiro, falecida o pasado ano

A mostra estará aberta ata o 16 de novembro en Santiago no colexio de Fonseca

Categorías:  Galicia   Música
Etiquetas:  ZIGZAG

Mario César Vila: "Pola noite as lumieiras da Cidade da Selva conectaban os fuxidos coa aldea que deixaban atrás"

06/11/2024 14:56

Positivas edita Cidade da selva, sobre a arqueoloxía da guerrilla nos montes de Casaio

O dolmen da Veiga en Maus de Salas é un exemplo do patrimonio megalítico do encoro de Salas

Hai un proxecto de recuperación da Vía Nova romana no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra en Rubiá

Etiquetas:  ZIGZAG

Raquel García-Tomás: "Quero a máxima comunicación co público, pero iso non o consigo se non son auténtica"

06/11/2024 14:45

A Real Filharmonía estrea 'Isto non é unha pipa, de Raquel García-Tomás

Premio Nacional da Música no 2020, Raquel García-Tomás está considerada unha das máis suxestivas representantes da súa xeración

Compuxo para a directora escénica Marta Pazos as óperas 'Je suis narcisiste' e 'Alexina B' no Liceo de Barcelona

Categorías:  Galicia   Música
Etiquetas:  ZIGZAG

Miguel Taín: "Georgiana formulou en 1915 que a arte medieval viña polo Camiño de Santiago"

06/11/2024 14:42

Oito estudos abordan a obra da profesora norteamericana Georgiana Goddard, que visitou Compostela no Xacobeo de 1915

En 1920, publicou un libro sobre a ruta xacobea, ‘The Way of Saint James’,  e deuna coñecer no seu país. Foi a primeira peregrina erudita.

A autora ten o mérito de ser a primeira persoa que investigou e analizou o estado das rutas xacobeas a pé de ruta no Camiño Francés

Categorías:  Galicia   Humanidades
Etiquetas:  ZIGZAG

Carlos Negro: "Nunha manifestación Ferrín levaría a pancarta e Reixa collería o refugallo lingüístico"

05/11/2024 14:57

Poesía reunida, de Méndez Ferrín (Xerais), é a culminación da poesía galega do século XX, coma un Pondal con barba do Ché Guevara 

Enciclopedia perplexa, de Antón Reixa (Kalandraka), traballa o subconsciente a chatarra do capitalismo

Categorías:  Galicia   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

Alberto Vázquez: "Miguel, o Hematocrítico, só miraba o lado bo das cousas"

05/11/2024 14:55

Charlas, exposicións, humor, videoxogo, obradoiros, concertos e unha Hemato Gala compoñen o programa do festival

Primeira edición de Hematofesti: do 6 ao 10 de novembro en distintas localizacións de Vigo
 

Categorías:  Galicia   Humanidades
Etiquetas:  ZIGZAG

Viaño, Balboa e Macías: a xeración interrompida na música galega

05/11/2024 14:38

Balboa, Macías e Viaño xuntos no libro As músicas Interrompidas, como interrompida foi a vida destes tres malogrados compositores

O libro traza as biografías e ofrece unha panorámica sobre as obras, incorporando fotografías e algunhas partituras

Categorías:  Galicia   Música
Etiquetas:  ZIGZAG

Montedapena, Resaca Emocional e adeus a Quincy Jones, nas músicas do 'Zigzag'

04/11/2024 14:47

Montedapena é o proxecto en solitario de Rotce de Lontreira

Resaca Emocional presenta o seu segundo sinxelo Mario crush

Quincy Jones, imprescindible para comprender a música do pasado século e da actualidade

Categorías:  Galicia   Música
Etiquetas:  ZIGZAG

Israel Elejalde: "Vania fálanos da capacidade que ten a beleza para revolucionar a nosa tranquilidade"

04/11/2024 14:42

Un escenario baleiro e seis actores sentados en cadeiras, esta é a primeira versión, espida, esencial da obra de Chejov reescrita polo director Pablo Remón

A segunda parte con escenografía, vestiario e máis experimental polo de agora, só se está representando en Madrid
 

Etiquetas:  ZIGZAG

Xan Leira: "Ángel Lemos regresa a un país que non o recoñece"

04/11/2024 14:40

Ángel Lemos. A paixón creativa afonda na vida do artista galego exiliado en Arxentina ata o seu retorno en 1977

A película pretende recuperar a memoria deste pintor que, co paso do tempo, foi quedando no esquecemento

Abrente, do ermo á rebeldía fala do legado material e inmaterial da Asociación Cultural Abrente, referente do teatro galego

Categorías:  Galicia   Audiovisual
Etiquetas:  ZIGZAG

Quincy Jones posa con Michael Jackson e os 8 premios Grammy conseguidos polo álbum 'Thriller' en 1984 (Academy of Achievement).

Morre aos 91 anos Quincy Jones, estrela da música e produtor de Michael Jackson, Frank Sinatra e Ray Charles

04/11/2024 10:01

Jones tamén impulsou a canción We are the World, en 1985, e foi un destacado músico de jazz

Categorías:  Mundo   Cultura   Música
Etiquetas:  OBITUARIOS

"Os cemiterios son museos gratuítos ao aire libre"

01/11/2024 16:18

Emma Pedreira pasea por 200 cemiterios galegos no libro 'As horas mortas'

A obra une patrimonio fúnebre, anécdotas curiosas, memoria oral e referencias literarias

Acompañan a autora escritores como Olga Novo, Xurxo Souto, Miriam Ferradáns ou Xesús Fraga


O ilustrador Peltre en acción na Galería Maraca de Vigo

Peltre: "Trato de gozar, ou sacar proveito, do inevitable da morte"

31/10/2024 14:52

Caveiras miragreiras, mostra aberta na Galería Maraca de Vigo

Peltre considérase un coleccionista de imaxes

Durante toda esta semana está intervindo as paredes da galería

Etiquetas:  ZIGZAG

Xosé M. Núñez Seixas: "Galicia é sociedade de inmigración, pero aínda somos no imaxinario colectivo unha nación de emigrantes"

31/10/2024 14:49

O libro aborda a historia sociocultural da colectividade galega na Arxentina ata mediados do século XX

O autor revisa o peso dos estereotipos negativos dos 'gallegos' na conformación da súa identidade

Categorías:  Galicia   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

'Carne de Cans', a vida do lendario Gallego Soto, líder da revolta da Patagonia Rebelde agora en cómic

31/10/2024 14:39

En 1921, O Gallego Soto lidera na Patagonia unha folga xeral que remata nunha rebelión e nun masacre por parte do exército

Carne de Can de Demo editorial é historia contada e debuxada nas dúas bandas do Atlántico.

Parte do traballo de 'Carne de Cans' foi exposto este verán en Viñetas dende o Atlántico

Categorías:  Galicia   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

Imaxe da peza de bronce achada este xoves polo equipo de escavación no castro de Montes Claros da Laracha

A escavación do castro de Montes Claros, na Laracha, descobre máis vestixios

31/10/2024 14:15

O equipo que dirixe Puri Soto achou unha peza de bronce que, con seguridade, achegará máis información sobre un poboado castrexo que suscita o interese do CSIC


Ruth Varela: "Unha intervención nun polígono é dificil porque non hai referencias nin significados"

30/10/2024 15:25

Carlos Seoane emprega formigón e madeira termotratada como revestimento, materiais de mantemento mínimo porque expresan seu estado natural sen revestimentos

O centro social dá servizo aos traballadores do polígono industrial próximo como aos veciños de Bértoa

Etiquetas:  ZIGZAG

Lois Ladra: "Os primeiros socios foron militantes que se comprometeron, cando os poderes públicos non o facían"

30/10/2024 15:22

Lois Ladra asume a dirección do Museo do Pobo Galego tras a xubilación de Manuel Vilar

Nos últimos anos ademais de novas salas o museo medrou dixitalmente e en programación e fondos

Entre os retos de futuro está a descentralización e a recuperación de San Domingos de Bonaval

Categorías:  Galicia   Humanidades
Etiquetas:  ZIGZAG

Nick Knight: "O que ves nunha foto é o interese do retratista por ese suxeito, sexa un famoso ou unha flor"

30/10/2024 15:10

O fotógrafo londiniense emprega a edición dixital para evocar os bodegóns do século XVII

Traballa do mesmo xeito os seus retratos a estrelas como David Bowie, Lady Gaga, ou Reis de Inglaterra que aos motivos florais

Etiquetas:  ZIGZAG

Iria Sobrado: "'As formas do amor' reivindica o amor como algo sagrado"

29/10/2024 14:57

As formas do amor parte dun texto de María Ángeles Iglesias dirixido por Gena Baamonde e con Sergio Zearreta no elenco

Este sábado, representación en Vigo, e en novembro: Ribeira, O Barco de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal e Culleredo

Etiquetas:  ZIGZAG

Fernanda Torrente: "O mundo imaxinativo de Torrente Ballester tamén lle ten que chegar aos novos lectores"

29/10/2024 14:30

A nova presidenta Fernanda Torrente, é filla de Torrente Ballester

Entre o material inédito, unha colección de teteiras e 300 apuntes sonoros do escritor que eran o xerme das súas novelas

A andaina expositiva comeza cunha mostra do pintor Juan Giralt

Categorías:  Galicia   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

Tono Mejuto, coordinador técnico de FFoco

Tono Mejuto: "Este ano temos miradas moi directas sobre a realidade da clase obreira"

29/10/2024 14:21

FFoco, o Festival de fotografía da Coruña, aborda a produción fotográfica documental máis actual

Bandía Ribeira retrata Gales na exposición A vida é marabillosa, sen ela estarías morto

O programa deste ano en FFoco cuestiona os procesos de desindustrialización
 

Etiquetas:  ZIGZAG

O escritor Manuel Rivas, entrevistado no programa 'Zigzag' da Televisión de Galicia.

Manuel Rivas, premio Nacional das Letras Españolas 2024

29/10/2024 13:54

É o primeiro autor en lingua galega que recibe o premio desde a súa creación en 1984


O esperpento de Valle Inclán chega ao Reina Sofía no centenario da publicación de 'Luces de Bohemia'

29/10/2024 11:44

A exposición 'Esperpento, arte popular e revolución estética' agrupa cadros de pintores como Castelao ou Laxeiro, así como documentos, caricaturas políticas, monicreques e instalacións sonoras


Galaxia publica os cadernos inéditos de Luísa Villalta

29/10/2024 07:58

'Formas breves de pensamento' compila textos do legado literario da escritora

Aforismos, haikus, reflexións e breves poemas en edición de Luciano Rodríguez

Categorías:  Galicia   Cultura   Letras
Etiquetas:  LUÍSA VILLALTA

Metémonos na mente de Leonardo da Vinci

28/10/2024 21:38

Pontevedra acolle unha exposición sobre Leonardo da Vinci moi particular e gratuíta

A mostra de rúa viaxará por toda España da man da Fundación La Caixa e pretende ir máis alá do que foi este xenio do Renacemento

Etiquetas:  EXPOSICIÓNS

Medina Azahara poñen punto e final a 45 anos de historia do rock español

28/10/2024 18:46

O grupo anuncia unha xira de despedida para 2025

Categorías:  España   Cultura   Música

Dúbida, Catuxa Salom e Sangre de Muérdago, nas músicas do 'Zigzag'

28/10/2024 14:19

Dúbida, unha nova banda de funk con base en Vigo

Catuxa Salom asina unha canción ruso-galega

Sangre de Muérdago en directo no Rebullón de Mos

Categorías:  Galicia   Música
Etiquetas:  ZIGZAG

Marcos Gallego, presidente da Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo

Marcos Gallego: "Queremos que os cineastas compartan espazos e expriencias co sector pesqueiro"

28/10/2024 14:16

A Mostra de Cine Documental Mares da Fin do Mundo pon en valor os oficios do mar e o medio mariño

A sétima edición da mostra estrea emprazamento no novo auditorio

Mares da Fin do Mundo leva o cinema documental a Ribeira do 30 de outubro ao 3 de novembro

Categorías:  Galicia   Audiovisual
Etiquetas:  ZIGZAG
Publicidade
Publicidade