Contido con Temática .
Cultura

IGMIG: "Facémonos moita graza a nós mesmos, é a esencia da revolución"
20/12/2024 15:19
Igmig é un grupo ecléctico que mestura rock, punk, progresivo, electro ou techno
En 'Revolución' entregáronse á liberdade creativa sen ataduras con colaboracións de Menina Arroutada e Queen Rendi
A xira de presentación comeza o 1 de febreiro en Cambados. No concerto incorpórase o baterista e performer Lar Legido.

Margarida Mariño: "Inquiétanos moito o momento da transmutación no que pasas dun plano a outro"
20/12/2024 15:11
'Transmutation' é o proxecto de Margarida Mariño e Alex Allex que fusiona o cello coa música electrónica
As dez pezas deste traballo transitan por xéneros coma o ambient, o ritual e o neoclásico
O venres 27 de decembro, ás 19:30 h. actúan no auditorio do Concello de Vigo

Vari Caramés: "Nos 80 buscaba cousas constantemente, pero o tempo vaite temperando"
20/12/2024 15:07
A galería Moret Art na Coruña expón Souvenir, o universo visual desenfocado, impreciso e evocador de Vari Caramés
Trinta fotos que van desde os seus inicios profesionais nos anos oitenta cando revelaba no seu propio laboratorio ata imaxes en cor das súas últimas series fotográfica

25 anos sen Colmeiro, o pintor que quixo ser labrego
20/12/2024 15:05
Aos doce anos marcha para A Arxentina. Alí descobren o seu talento e fórmase como pintor e forma parte da Escola Española de París.
Consolida o seu propio estilo nas paisaxes con figuras, nos retratos de muller, nas escenas que tratou con notable sensibilidade social

Concerto histórico do alumnado do conservatorio de Lugo, con máis dun cento de músicos
19/12/2024 20:37
A orquestra, o coro e os alumnos de canto interpretaron o Te Deum de Charpentier

O cinema deste Nadal que non pode pasar desapercibido, con Jesús Silva
19/12/2024 15:17
O crítico de cine salienta tres filmes sobre mulleres que rachan cos prexuízos das súas culturas e que parten dunha forte base documental
'La luz que imaginamos', de Payal Kapadia; 'Las novias del sur', de Elena López Riera, e 'La semilla de la higuera sagrada', de Mohammad Rasoulof, estreáronse no festival de Cannes

Lucía Aldao: "Recoñézome folclórica aínda que sexa unha moderna"
19/12/2024 15:14
En 'Pava 3' as letras coidadas planean sobre as melodías atravesadas por cuestións de xénero, identidade sexual, idade e lingua
Cando o EP, estrean o videoclip do tema 'Unha cadela chamada Por Favor', no que conta coa colaboración de Gloria Pavía
Concerto de presentación de 'Pava 3' o 5 de xaneiro na sala Mardi Gras da Coruña

María von Touceda: "Querer ter todos o mesmo corpo fainos desgraciados"
19/12/2024 14:54
En 'Cinco lorzas metafísicas' María von Touceda verte sen rodeos as súas opinións sobre o mundo das aparencias
A autora tamén critica o pensamento de "todo vale" no ámbito da arte contemporánea

Médicos descartan que Raphael sufrise un ictus e é trasladado de hospital por vontade propia
18/12/2024 19:13
Terá que someterse a máis probas para determinar "a orixe" da súa doenza

A plataforma Xabarín.gal amplía o seu catálogo para fomentar o galego entre os nenos
18/12/2024 15:38
Algúns dos títulos que se sumarán son 'Sinchan', 'Doraemon' ou 'Happy Feet'

Marta Dacosta: "Cando hai perda da memoria e identidade, sobrevóase o abismo"
18/12/2024 15:11
'Papaventos Abismados' é un canto á vida que se asenta no presente para reconstruír a memoria entre o esquecemento
Este poemario, editado por Apiario, gañou o IV Premio Filomena Dato do Concello de Bergondo

Mario César Vila: "O esgrafiado é unha técnica e un código que nos fala dos seus autores"
18/12/2024 15:07
O esgrafiado tradicional galego, declarado patrimonio cultural inmaterial, atópase sempre en lenzos de muros de cachotería de pedra local
O Museo do Pobo Galego abre o prazo de inscrición de filmes para a Mostra Internacional de Cine Etnográfico

Javier Macipe: "'La estrella azul' é unha película que aposta pola vocación"
18/12/2024 14:56
'La estrella azul' está proposta a 8 Premios Goya e a 4 Premios Feroz
É a primeira longa de Javier Macipe, autor de curtas multipremiadas como 'Efímera' ou 'Cuídala bien'
O filme conta a historia do malogrado artista Mauricio Aznar, unha icona do rock zaragozano

18/12/2024 12:58
El 47, La infiltrada, Segundo Premio e La habitación de al lado acaparan as candidaturas

O mestre do graffiti Diego As imparte un taller de arte urbana nun instituto de Lugo
17/12/2024 20:07
Máis de vinte alumnos asistiron ao obradoiro, organizado pola ANPA do IES Xoán Montes
Os futuros artistas participaron na confección dun mural no carril das Estantigas

Pepablo Patiño: "Xogamos no escenario como se fósemos nenos"
17/12/2024 15:20
'A Nena e o Grilo camiño das cores' é a cuarta e última entrega deste espectáculo, unha viaxe fascinante ata o País das Apertas
O espectáculo pecha a saga despois de 'O País dos Abrazos', 'A nena e o grilo nun barquiño' e 'A nena e o grilo, máis alá'

Carlos Negro: "Para Apiario editar é coidar cada libro como unha peza única"
17/12/2024 15:17
'Poemas realistas' é unha oración de resistencia política e íntima de Daniel Salgado
'Desenfoque', de Noelia Gómez, é un poemario que rexurde dende as sombras

'O fardel de guerra', de Conde Corbal, retrato dunha Galicia esmagada
17/12/2024 15:10
'O fardel da guerra' exponse na Casa Museo Casares Quiroga, un dos personaxes retratados nos gravados de Conde Corbal, canda Franco, Líster, Millán Astray ou Castelao
Son 88 pezas que retratan unha Galicia golpeada pola guerra cunha mirada valleinclanesca

Estopa, Bad Gyal ou Bryan Adams, entre as primeiras confirmacións do Son do Camiño 2025
17/12/2024 13:09
O festival celebrarase no Monte do Gozo os días 12, 13 e 14 de xuño de 2025
A segunda remesa de entradas sairá á venda este xoves, a partir de 135 euros

Falece a actriz Marisa Paredes aos 78 anos
17/12/2024 08:49
Desde o 2000 ata o 2003 foi Presidenta da Academia de Cinema, institución que a recoñeceu en 2018 co Goya de Honor
Ao longo dunha carreira de máis de seis décadas traballou con directores como Pedro Almodóvar, Jaime Chávarri ou Agustí Villaronga

Licantropías musicais con Amoebo, a Banda da Loba e Caamaño&Ameixeiras, con Rodrigo Cuevas
16/12/2024 15:57
'Lobishomes' adianta o disco 'Escándalo no oscuro' de Amoebo
'Lova', a primeira canción do disco Lovismo da Banda da Loba
Rodrigo Cuevas e Caamaño&Ameixeiras fan un pasodobre deslocalizado en 'Catro cousas'

16/12/2024 15:54
Francisca Herrera Garrido foi a primeira muller designada membro de número da Real Academia Galega en 1945
En 1920, publica Néveda, a primeira novela en galego escrita por unha muller. En 1987 dedicóuselle o Día das Letras Galegas
Francisca Herrera Garrido tivo unha grande amizade con Murguía, que propiciou a súa entrada na RAG e na prensa local coruñesa

Manuel Patinha: "En Galicia facer arte é moi doado, pódese combinar insistencia e creatividade"
16/12/2024 15:51
A retrospectiva descobre ao público algunhas das obras máis descoñecidas do artista portugués Manuel Patinha
Cinco salas acollen unha selección de traballos de pintura, escultura, gravado, fotografía e poesía baixo o nome 'Desassosegos 1970-2024' no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol

15/12/2024 11:30
Frei Rosendo Salvado fundou a misión de nova Nursia e avogou polo respecto aos aborixes australianos
Destacou como organista e compositor, e a serie, que se poderá ver en TVG en 2025, conta coa súa banda sonora

Comezan as visitas guiadas ao novo Museo de Arte Sacra de Castro Caldelas
13/12/2024 21:01
Un percorrido pola historia relixiosa do municipio a través de 150 pezas singulares que recolleron en todas as parroquias de Castro Caldelas

As Cabanas de Xarás, premiadas polo COAG polo seu deseño integrador na paisaxe
13/12/2024 20:54
Son catro construcións de madeira, dedicadas a turismo rural, situadas na parroquia marinense de Ardán
O arquitecto Alfonso Penela definiu un deseño aberto, cunha fachada en bispel, semellando que abraza as árbores do bosque en que se integran

Jesús Silva: "'Te separas mucho' é un diálogo interxeracional sobre o que queda tras o amor"
12/12/2024 14:50
'Te separas mucho' emprega material familiar íntimo para falar de dous rupturas amorosas con trinta anos de diferenza
Dahomey reflexiona sobre as políticas coloniais e arte documentando a devolución á República de Benín de obras do antigo Reino de Dahomey que se atopaban no Louvre

Cinema de xénero apocalíptico en 'Sen alma', o primeiro filme de Iago Barrado
12/12/2024 14:47
'Sen alma' estréase este venres no CityBlue Films Festival de Vigo
Nesta historia apocalíptica tres irmáns terán que sobrevivir a unha pandemia mundial
Un filme de baixo orzamento que aporta unha visión humanista ao cinema de zombis

Alberto Gracia: "A quinta esquina dunha cela sempre será a imaxinación"
12/12/2024 14:41
Na súa terceira longametraxa, Gracia, sitúanos no Ferrol postindustrial onde abisman un grupo de personaxes marxinais
A película toma seu título da Pensión La Parra de Ferrol, aberta desde hai máis de 50 anos, que ademais serve de escenario real
La Parra pasou por festivais como o de Rotterdam, Seminci, Curtocircuíto ou Novos Cinemas. Mañá estrease nos cines.

Blas González: "A perda da paisaxe implica tamén a perda da identidade e da memoria"
11/12/2024 15:56
Blas González amosa o imaxinario e a realidade da Limia en 'Cadernos da Limia: Paisaxe, identidade e memoria'
Blas Gonzalez parte da experiencia da súa nai que marcha a Venezuela coa lagoa fixada na retina e na memoria e cando volve atopa unha desfeita
A exposición na sala Apo'strophe de Vigo ven acompañada de recitais poéticos e conferencias que se estenden ata o mes de xaneiro

11/12/2024 14:44
Entre as obras públicas premiadas a Área de recepción de visitantes nos Muíños do Folón e do Picón e a Mellora e acondicionamento do Carreiro do Rollo, en Salceda de Caselas
Tamén foron premiadas a rehabilitación dun conxunto de antigas vivendas tradicionais en Fondo da Vila, Parada de Sil e a Catro cabanas de madeira en Cocho, Marín

Ailá: "Reivindicamos as asociacións que manteñen viva a tradición musical en Galicia"
11/12/2024 14:36
'Tradimensional' quere ser unha homenaxe aos músicos, padeireteiras e bailadoras que transmitiron o patrimonio colectivo
Próxima datas: presentación do disco, domingo 15, Sala Capitol e 22 de decembro na Sala Rebullón

Rueda: "Os artesáns son embaixadores da marca Galicia no mundo"
10/12/2024 14:32
O presidente da Xunta pon en valor o sector da artesanía como garante da identidade e da cultura galega
Galicia conta con 800 obradoiros artesáns que axudan a fixar poboación no medio rural

Unha viaxe musical do ceo aos infernos con Marta Gómez
10/12/2024 14:28
Orquestra Bravú Xangai leva a Chiruca Macallás ao espazo exterior en 'Orzán'
Berlai e Fanny&Alexander poñen música a unha curta do cineasta palestino Omar Rammal
Maneiro agradece a todos os anxos que velan por el en 'Anxos no inferno'

10/12/2024 14:25
A primeira curta de Carmen Méndez, na que participan súa nai e súa avoa, supuxo un proceso persoal moi catártico
Carmen Méndez estivo un ano na sús parroquia, San Miguel de Neira de Rei, Baralla, para gravar a película
'Pura' gañou dous premios no Curtocircuíto e tres galardóns no Festival de Aguilar de Campoo, entre eles o Premio do Público

Emma Pedreira: "Nalgúns cemiterios hai a mesma estratificación social que nas cidades dos vivos"
10/12/2024 14:19
Das visitas a San Amaro co seu avó nace o interese de Emma polas cidades dos mortos
En 'As horas mortas' trátase a simboloxía da escultura funeraria, os epitafios e historias cómicas ou arrepiantes arredor da morte

A TVG remata o ano como a canle máis vista de Galicia
10/12/2024 09:57
Os datos do EXM, tanto da 3 Onda como o interanual, outorgan á Galega o primeiro posto de entre todas a canles públicas e privadas
No ano 2024 a TVG rexistrou unha cota de pantalla do 20,1%, case duplicando a TVE (11,3%) e superando máis de 7 puntos a A3
TVG é a máis vista no mediodía, cun bloque informativo que se dispara nesta última onda do ano ata o 35,8% de cota, entre o ‘Galicia noticias’ e ‘Telexornal mediodía’
Na franxa das mañás tamén lidera a TVG, cunha cota do 20,9%, superando o seu competidor máis próximo, La Sexta (16,8%), en 4,1 puntos
A Galega repite liderado entre as canles autonómicas reunidas en FORTA
A Radio Galega, con 117.000 oíntes de luns a domingo, cuadruplica a audiencia de RNE (28.000) e o conxunto de emisoras da RG medra ata os 152.000 oíntes
O 'Galicia en Goles' de Xoan Galán marca o seu mellor rexistro histórico, con 150.000 oíntes

Karla Sofía Gascón e Javier Bardem, candidatos nuns Globos de Ouro sen Almodóvar
09/12/2024 17:24
Entre as ausencias nos premios destaca a de 'La habitación de al lado', que só logrou unha candidatura
Os filmes favoritos a facerse con máis galardóns son 'Emilia Pérez', 'The brutalist' e 'Cónclave'

Os Bolechas saen de xira polo Nadal para difundir os cantares de Reis
09/12/2024 14:58
Visitarán oito concellos das catro provincias entre os días 26 de decembro e 4 de xaneiro

Iria Sobrado: "Esta ópera é unha viaxe entre o ser, o estar e o parecer"
09/12/2024 14:48
A ópera ‘Pálido Punto Azul’ estreouse na Coruña e tamén se representou en Compostela e A Estrada
A creación musical é de Javier Otero Neira con dirección artística e libreto de Iria Azevedo e interpretada pola soprano Esperanza Mara e a actriz Nerea Brey