Contido con Temática .
Cultura

Noelia Gómez: "Quixen poetizar o desenfoque e buscar o sublime dentro da dor"
17/02/2025 15:23
O segundo poemario de Noela Gómez, editado por Apiairo, parte da doenza física, da enfermidade, desde o individual ao colectivo
'Desenfoque' é un canto á distorsión, unha escrita consciente sobre a fraxilidade do corpo e do entorno que o rodea
As primeiras notas deste libro comezaron hai seis anos, despois de que a autora sufrira varias intervencións sobre a cornea

Novidades musicais: Antía Muíño con Mel, Grande Amore con Nacho Vegas e Peitoescuro
17/02/2025 13:43
Antía Muíño e Mel reinterpretan o clásico picheleiro 'Monte viso' na Casa da Matanza
Grande Amore e Nacho Vegas: dous universos estéticos atopados en 'Ti mais eu'
Peitoescuro, dende a serra do Courel, canta para convocar os espíritos

17/02/2025 13:37
O libro de Carlos Callón Vidas e Historias LGBT da Idade Media propón unha nova visión o medievo
Antes de chegar ás librarías comezou o ruído, as discrepancias e mesmo as ameazas e insultos nas redes sociais
Este ensaio que tenta sacar a Idade Media do armario, está editado en Xerais

RSK: "A música está moi individualizada, e nós queremos que todo o equipo teña a mesma proxección"
16/02/2025 11:30
'De amor' é o título do álbum de presentación do colectivo Resaca Emocional
Resaca Emocional son: Brais Iriarte, Lorena Cachito, Diana Montserrat, Gala Rodriguez, Noelia Mato, Rocio Campoy e Zeltia Iglesias

A Barbanza ponse no foco da fotografía con dous premios Goya
15/02/2025 15:07
Dous irmáns traen para Ribeira senllos premios Goya dos fotógrafos profesionais
Estes galardóns son a máxima distinción dentro do sector da fotografía

Unha escola de Vilalba loita para que a danza galega contemporánea teña o seu espazo
15/02/2025 14:16
A Escola de Movemento leva o folclore galego adaptado á técnica da danza clásica ao mundial de danza

Peregrinación aberta para promocionar a Vía Künig
15/02/2025 12:45
Un historiador, un guía e un artista promoven unha peregrinación aberta a quen o desexe para dar a coñecer este camiño
A peregrinación farase o mércores que vén

Restáurase o enxeño co que o Botafumeiro alza o voo
14/02/2025 15:19
Despois de 4 séculos de traballo ininterrompido, o mecanismo que move o Botafumeiro someteuse a unha completa restauración
Recupéranse policromías do século SXIII
O enxeño mecánico foi deseñado no 1602 polo aragonés Juan Bautista Celma

Abre as súas portas na Coruña o maior estudio virtual de España
14/02/2025 15:07
Coruña Estudo Inmersivo permitirá multiplicar a competitividade do sector audivisual galego

A natureza humana contada en tatuaxes, na Cidade da Cultura
14/02/2025 15:00
A maior mostra de arte baixo a pel, na Cidade da Cultura
Son 240 pezas extraídas de civilizacións de 5 continentes que representan unha arte milenaria
Hanky Panky, o tatuador de estrelas e mitos, achegou á Cidade da Cultura a súa iconografía da peregrinación

14/02/2025 14:56
'Cortar pescado en Manila', o seu sétimo libro de poesía gañou o XII Premio de Poesía Afundación
O protagonista do libro, un peixeiro de Manila, fala en primeira persoa da violencia, a precariedade, os traumas, o amor ou a tenrura
O poeta, da comarca do Eo-Navia publica case toda a súa obra en galego, na súa variedade asturiana

Maria Luísa de Borbón, unha infanta compositora
14/02/2025 14:42
Publícanse as 4 Sinfonías de Luísa de Borbón interpretadas pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de José Luís Temes
Estas sinfonías permaneceron 200 anos esquecidas na biblioteca do Palacio da Pilotta en Parma un grupo de estudosos españois rescatáronas

14/02/2025 11:56
A denuncia chega dunha asociación local que levaba décadas sen acceder ao edificio

Estudan como conservar as pinturas do templo de Santalla de Bóveda, sometidas a humidade e frío
13/02/2025 20:57
É unha construción tardorromana que foi aproveitada tamén como basílica cristiá
Estivo soterrada durante anos ata hai un século, cando comezaron as primeiras investigacións

Os talentos da curtametraxe galega, con Jesús Silva
13/02/2025 13:53
Na escolla de Shorts from Galicia do 2025: Gon Caride, Ashling Ocampo, Amanda Seijas, Luís Morla, Alba Rodríguez e Daniel Pérez
'La tutoría', de Halfdan Ullmann Tøndel, neto de Ingmar Bergman e Liv Ullman, gañou en Cannes a Cámara de Ouro á mellor primeira película

Iván Castiñeiras: "Se o rural se mantén vivo, poderá resistir aos que queren esquilmalo"
13/02/2025 13:47
'Deuses de pedra' é unha coprodución galega con Francia e Portugal que está montada a partir de imaxes recompiladas durante 15 anos
A cinta é unha mirada caleiodoscópica sobre a emigración, as tradicións, o que cambia ou que muda nunha zona fronteiriza
'Deuses de pedra' estreouse no Festival Internacional de Cine de Róterdam. É a primeira longa de Iván Castiñeiras.

Olalla Suárez: "Os adultos non temos por que ocultar que temos medo"
13/02/2025 13:41
'A danza dos medos' é un proxecto multicultural no que participan artistas e músicos de Colombia e A Arxentina
Nesta montaxe de Teatro Escena codirixen Manuel Mansilla e Jorge Rey
'A danza dos medos', día 15 no Auditorio de Galicia, Santiago

Aldara Diéguez, xornalista da TVG, nomeada aos Ondas por un podcast sobre o pai de Meloni
12/02/2025 20:27
En dez capítulos aborda a estadía de Franco Meloni na illa canaria nos anos oitenta
O pai de Giorgia Meloni acabou condenado por narcotráfico
O podcast empezou como un traballo de fin de grao e agora leva case 200.000 reproducións
._frame_887.png)
Mario Cesar Vila: "Panxón e Muros, son dous exemplos de como gozar do patrimonio como ocio"
12/02/2025 15:13
A Senda dos Petróglifos, o itinerario que percorre algúns dos puntos máis emblemáticos de Muros, obtén o distintivo de Sendeiro Azul
O mosaico romano de Panxón do século III d. C. é a única representación do xénero musivario cun tema mariño na contorna de Vigo
Os retos da paisaxe rural tradicional a debate no Consello da Cultura Galega

Helena Egea: "O disco fala de como corre o mundo de rápido sen que nos decatemos"
12/02/2025 15:10
Despois de lanzar varios temas, o novo disto inclúe dous inéditos. Temas que transitan entreo o jazz, o soul, blues ou o folk
'Arrolo', unha canción dedicada a súa irmá pequena, é un dos cinco temas que compoñen o EP 'Flares of life'
Helena Egea presenta 'Flarres of life' no Riquela, en Santigo, o venres 14 con Cora como artísta invitada

75 anos de Galaxia nos arquivos de TVG
12/02/2025 15:06
Boa parte do galeguismo que sobreviviu a Guerra Civil estivo na Asemblea fundacional de galaxia en Santiago
Xaime Isla Couto foi quen tivo a idea do nome, Galaxia, para darlle un sentido universal á obra que estaban realizando
Galaxia publicou uns 3.500 títulos de 1.500 autores e conmemora o 75 aniversario co lema 'Crear porvir'

Iria Sobrado: "'Reconversión' emana tenrura nun espectáculo cheo de ritmo e celebración"
11/02/2025 15:33
'Reconversión' é un espectáculo de gran formato para público adulto, con oito actores-músicos que interpretan a banda sonora en directo
O texto de Santiago Cortegoso baséase na memoria do seu pai, traballador en Ascón durante trinta anos
As vindeiras representacións: Moaña (15 de febreiro), Carballo (21 de febreiro) e Vilagarcía (22 de febreiro)

Amandine Beyer: "O violín naceu para facer bailar a xente"
11/02/2025 15:30
A. Beyer é un referente na interpretación do Barroco. Co seu grupo Gli Incogniti e como solista, publicou máis de trinta discos
A violinista, artista en residencia, dirixe a Real Filharmonía de Galicia en varios concertos da temporada 'Inconformistas'
O xoves, en Santiago, e o venres, en Lugo, dirixirá dous concertos con o obras de M. von Martínez, M. Lombardini e F. Xaver Richter

Xoti de Luís: "A linguaxe pictórica ten que ter o soporte da narración por si mesma"
11/02/2025 14:47
'The Wall' presenta 3 series do traballo realizado polo pintor nos últimos anos, pezas que representan arte conceptual de carácter abstracto
Manchas, texturas, formas, cores expresan diferentes emocións do artista
'The Wall'-Xoti de Luís. Ata o 2 de marzo no Marcos Valcárcel (Ourense).

Unha igrexa de Ribeira de Piquín loce cinco caveiras incrustadas nun muro do pórtico
10/02/2025 20:33
Oficialmente, descoñécese a razón ou a simboloxía destes ósos, que están a dous metros desde o chan e situados sobre o oco dunha ventá
Na provincia lucense hai outros dous templos que amosan uns ósos semellantes e tamén se relacionan coa orde de Malta

10/02/2025 16:53
O que foi un dos dez xuíces do precedente do actual Tribunal Internacional da Haia e proposto dúas veces ao Nobel da Paz, en 1933 e 1951, tiña o desexo expreso de ser soterrado nesta localidade alicantina
Tras a vitoria de Franco en 1939, Altamira viuse obrigado a exiliarse, do mesmo xeito que fixeron outros intelectuais, científicos e académicos da época

O programa das Letras Galegas terá tres escenarios principias: Cerceda, Muxía e Mens
10/02/2025 15:36
O acto académico, o pleno extraordinario do 17 de maio, será en Malpica de Bergantiños
Todo para homenaxear as cantareiras e esas mulleres que manteñen viva a transmisión oral

Nubenegra, Barreiro e García MC, novas e vellas figuras do rap con Marta Gómez
10/02/2025 14:46
Nubenegra foi a primeira muller que competiu no Ceibarimas
Barreiro presenta o seu primeiro disco 'Porcos e diamantes'
García MC ultima os adiantos do disco autobiográfico 'Sergio Manuel'

Eduardo Alonso: "O teatro existe para permitirnos participar na vida"
10/02/2025 14:42
'Guerra' é un manifesto antibelicista, un traxedia aderezada con comedia e ironía
Compostela Cultura dedícalle aTeatro do Noroeste un dos focos temáticos. En maio presentarán 'Gloria nacional'
'Guerra', o día 14 na Coruña e o 15 en Narón, e 'Gloria nacional', o 4 de abril en Burela e o 14 de maio en Compostela

Adeus a Xosé Vizoso, deseñador da imaxe dun país
10/02/2025 14:37
En contraste coa máis sobria liña de Sargadelos, os seus numerosos carteis consagraron un estoupido de cor para mostrar a Galicia máis enxebre
En 1968 acadou o Premio Nacional de Escultura, outra das súas menos coñecidas facetas
Dúas exposicións, na Cidade da Cultura e no Museo de Lugo, percorren parte da súa traxectoria

Teatro para a primeira nenez: música, danza e cores engaiolan os nenos
09/02/2025 19:20
Nenas, nenos e as súas familias, xunto cos actores, son tamén os protagonistas
.png)
Este domingo pola noite TVG estrea "A coral", unha nova serie de humor e música
09/02/2025 17:17
A Coral é unha comedia de trece episodios producida por Tex45 cun elenco de luxo
A Coral está dirixida por Ricardo LLovo e o seu protagonista é Carlos Blanco

O Castro Art Village: unha aldea do Saviñao recuperada e dedicada á creación artística
09/02/2025 14:37
Pasaron cinco anos desde que un cineasta iraniano-canadense e unha galega de Mos, Tatiana, se instalaron na Ribeira Sacra, no Saviñao, para facer realidade un soño

Falece o artista gráfico Xosé Vizoso, homenaxeado este ano no Día da Ilustración
09/02/2025 14:05
Premio Nacional de Escultura en 1968 foi deseñador da cerámica de Sargadelos durante catro décadas
A Cidade da Cultura acolle unha mostra sobre a súa traxectoria na Biblioteca de Galicia

Felisa Segade: "A homenaxe ás cantareiras chega tarde"
09/02/2025 11:30
'Tres pesos' publica o seu terceiro disco, 'Cantares e contares', afondando na tradición
'Cantares e contares' preséntase en concerto o 22 de febreiro no Teatro Principal de Santiago
Tres pesos son Felisa Segade, Pepe de Calo e Xoán Porto

'El 47' e 'La infiltrada' comparten o Goya a mellor película 2025
08/02/2025 22:21
É a primeira vez que dúas películas comparten o premio de Mellor Película nos Premios Goya
Richard Gere e Aitana Sánchez-Gijón reciben os Goya Internacional e o de Honra en Granada. Gere cita a Galicia no seu discurso
O audiovisual galego foi recoñecido con Cafuné que recibiu o Goya á mellor curta de animación. Está codirixida por Lorena Ares e Carlos Fernández de Vigo

O audivisual galego opta a varios Premios Goya
08/02/2025 19:08
A gala dos Premios Goya comeza ás dez da noite deste sábado en Granada

07/02/2025 13:46
Con 'Asasinato na casa rosa' inicia unha nova serie: 'Os crimes de Loeiro, protagonizada polos inspectores Santaclara e Araújo
Portabales explora o 'domestic noire', un subxénero da novela negra no que todo ocorre no ámbito doméstico
A trama da novela sitúanos nas Rías Baixas galegas, en escenarios como a praia de Loira, onde a escritora pasou parte da súa infancia

Tadahiko Horiguchi: "Todo é parte de min, as miñas creacións son como os meus fillos"
07/02/2025 13:22
Fonseca expón 'A orixe do anime na mirada de Tadahiko Horiguchi', un dos fundadores do anime xaponés
As 28 obras reflicten a dualidade do día e a noite en creacións coa natureza e a cidade como protagonistas
A mostra, incluída no marco da Cátedra USC-Araguaney para o Diálogo entre Culturas, poderase visitar ata o 28 de febreiro no Pazo de Fonseca en Compostela

40 anos de autonomía de Galicia a través das caricaturas de Siro López
06/02/2025 19:23
A mostra de Afundación reúne unha selección de 230 viñetas políticas elaboradas por Siro López entre 1985 e 2006 en que se lembran os momentos de maior transcendencia política de Galicia e os seus protagonistas