Contido con Xeográficas Ourense .

Contido con Xeográficas Ourense .

Ourense

Expourense acolle unha nova edición do Car Outlet para vehículos de ocasión, seminovos e quilómetro cero

19/04/2026 15:52

Puxeron á venda máis de catrocentos coches de 28 marcas, con prezos que van dende os 8.900 euros, ata os 94.000

Aquí pódense atopar coches seminovos, quilómetro cero ou de ocasión, con importantes descontos e vantaxes

Ourense é a provincia cos coches máis vellos de toda España, cunha media de 18 anos por vehículo, moi por riba dos 14 de media nacional


Abre a venda de billetes para catro rutas dos Trens Turísticos de Galicia

19/04/2026 11:43

Son para facer o itinerario dos Faros e os dos viños Monterrei, Ribeira Sacra (Sil e Miño) e Ribeiro-Rías Baixas

Esta tempada, a Xunta e Renfe ofertan un total de 2.530 prazas distribuídas en 33 saídas


Castro Caldelas acolle unha nova edición do Foro Rural Sustentable

18/04/2026 15:57

O encontro reúne máis dun cento de entidades, empresas e profesionais enfocados a atopar propostas que contribúan a un rural próspero e sostible

Durante toda a xornada hai ademais mesas de traballo sobre emprendemento, vivenda ou formación


O Obradoiro gaña con claridade o derbi co Ourense Baloncesto (94-57)

17/04/2026 20:08

O partido comezou cun parcial de 10-0 para os santiagueses

As malas porcentaxes de tiro acabaron coas opcións ourensanistas

Martín Fernández foi o máximo anotador con 15 puntos


(TVG)

Un incendio provoca danos nunha nave de transportes de San Cibrao das Viñas

17/04/2026 08:07

Segundo as primeiras estimacións arderon catro remolques, unha cabeza tractora e un turismo

O incendio, que puido comezar nun depósito de gasóleo, obrigou a despregar un amplo dispositivo


Os arrestados pasaron a disposición xudicial este xoves

Liberdade para os oito detidos por tráfico de drogas no Barco de Valdeorras

16/04/2026 19:21

A Fiscalía non pediu prisión provisional para ningún, pero si a medida cautelar de privación e tenza de armas para dous dos arrestados, que foi aceptada


O Goberno aparca o proxecto da entrada do AVE a Ourense porque "non suporá aforro de tempo"

16/04/2026 15:27

Transportes asegura que ese tramo se planificou por condicionantes alleos á explotación ferroviaria

A obra esixiría escavar un túnel en Montealegre e construír un novo viaduto sobre o río Miño


Dous detidos en Ourense por enganar a menores e gardar imaxes de contido sexual

16/04/2026 12:25

Investigan a posible existencia dunha rede de distribución de pornografía infantil e a identificación doutras posibles vítimas no territorio nacional


Danos en turismos e fachadas polo incendio de colectores en Ourense

15/04/2026 13:26

Dous incendios en colectores do lixo causaron danos importantes no barrio ourensán do Vinteún

Todo apunta a que os incendios foron provocados pola mesma persoa, porque se iniciaron un tras outro e a escasa distancia


O alcalde de Ourense, diante dos xulgados, nunha imaxe de arquivo (Europa Press)

Imputan a Jácome por prevaricación por non pedir a compatibilidade para dirixir Auria TV

14/04/2026 13:00

O xuíz propón abrir xuizo oral contra el por non pedir permiso para realizar actividades profesionais remuneradas malia ter dedicación exclusiva como alcalde

O xulgado anula o cesamento da tesoureira municipal e Jácome anuncia recurso

A oposición cualifica de "máxima gravidade" a imputación e pide explicacións


Ourencanto, o encontro de coros infantís e xuvenís que reúne máis de 300 cativos

12/04/2026 22:39

Ourencanto é un referente pioneiro do canto coral en Galicia 

Busca fomentar e difundir o canto coral entre nenos e mozos


A biblioteca na sala capitular do mosteiro de Montederramo volve abrir por iniciativa dunha veciña

12/04/2026 21:38

"Dá alegría ver como a vila enriquece, como hai un lugar onde vir coller libros que poida axudar a que a xente pase tempo, lea e xere novos vínculos entre todos os veciños", asegura


Ourense rexistrou unha mínima de cero graos (TVG)

Volveu o inverno: o termómetro baixou a case seis graos baixo cero na montaña de Ourense

12/04/2026 16:49

A baixada das temperaturas nas últimas horas en toda Galicia devolveunos a un inverno que xa parecía superado

Segundo apuntan as previsións as temperaturas subirán algo na xornada do luns

Etiquetas:  FRÍO

Imaxe do coche sinistrado (Garda Civil)

Morre un home de 62 anos nunha saída de vía en San Cibrao das Viñas

12/04/2026 09:04

Ao parecer puido perder o control do vehículo e envorcou nunha glorieta

O sinistro tivo lugar no quilómetro 227 da estrada OU-525, ao seu paso pola parroquia de Noalla


Expourense acolle unha nova edición do Salón do Automóbil clásico

11/04/2026 21:48

Unha historia sobre rodas pola que semella non pasar o tempo

Etiquetas:  COCHES

(GES Muíños)

Evacuado en helicóptero un home ferido de gravidade tras un accidente cun guindastre en Bande

11/04/2026 19:02

Ao parecer foi atropelado por unha máquina que realizaba traballos forestais durante unha manobra de marcha atrás


(TVG)

Fornada tradicional en Niñodaguia para poñer en valor a súa olería

11/04/2026 15:08

Foron moitos os que se vestiron de época para recrear o traballo que durante anos foi o principal sustento económico da parroquia



O fedor do esterco nunhas fontes de Ourense convertidas en xardineiras espanta a clientela dos bares

10/04/2026 13:51

Varios bares pecharon porque a clientela non lle ía polo mal cheiro

As fontes da praza das Mercedes nas que botaron terra con esterco levaban anos estragadas

Comerciantes e veciñanza cren que deberían arranxar as fontes e non improvisar nelas xardineiras


Piden 71 anos de prisión para catro acusados que prostituían menores en estado de vulnerabilidade en Ourense

09/04/2026 16:48

Dúas das rapazas tiñan 16 anos no momento dos feitos e fuxiran do Centro de Menores de Montealegre "sen domicilio, sen comida e sen diñeiro"


Imaxe de arquivo

Renfe levará en bus aos viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo entre o 22 e 26 de abril

09/04/2026 15:23

A causa son uns traballos de mellora que Adif realizará na infraestrutura entre Monforte de Lemos e Lugo, "incompatibles coa circulación ferroviaria"

En total serán 40 os servizos afectados por estes traballos 


Tempo de poñer a horta

09/04/2026 14:15

Pementos, tomates e cebolas son os produtos máis demandados neste tempo


O fotógrafo galego Brais Lorenzo, premiado co World Press Photo europeo

09/04/2026 11:39

Lorenzo dixo que exactamente esta é a distinción que todo fotoperiodista "soña ter algún día", sente orgullo por conseguilo e a necesidade de dedicarllo ao seu pai, Xoán Pablo, que faleceu o pasado venres

A súa reportaxe gráfica captura o desequilibrio entre a magnitude do lume e os medios cos que a xente o combate


Catro drons incorpóranse ao parque de bombeiros de Ourense

07/04/2026 14:02

É o primeiro de Galicia en adoptar de forma sistemática estas ferramentas

Os drons son especialmente útiles na busca de persoas desaparecidas e nos incendios forestais, pero tamén para velar pola seguridade dos bombeiros


Detidas catro persoas por explotar sexualmente mulleres estranxeiras en Coles

07/04/2026 13:33

Segundo informou o Corpo Policial nun comunicado, aos detidos no marco da operación Calamardo Amatista tamén lles imputan un suposto delito contra a saúde pública

As mulleres eran orixinarias de países en vías de desenvolvemento e atopábanse en estancia irregular no territorio nacional


Foto de arquivo/Rosa Veiga/Europa Press

Arquivada a causa contra Jácome pola suposta compra con fondos públicos de material para a súa televisión privada

07/04/2026 12:39

O maxistrado tampouco ve acreditado que se contratase un asesor no Concello de Ourense para desempeñar funcións en Auria TV


Establecemento hoteleiro onde se aloxan os empregados

Unha empresaria de Riós aluga un hotel enteiro para aloxar os seus empregados retornados

06/04/2026 15:30

No establecemento viven agora os traballadores dunha área de servizo da N-525, máis da metade do Plan Retorna da Xunta 

Os retornados viven de xeito temporal no hotel ata que poidan alugar ou mercar unha vivenda 


No Sábado Longo recrean a tradición de "roubar" os carros para poñelos na entrada da igrexa

05/04/2026 20:57

A tradición leva décadas transmitíndose de xeración en xeración en Xunqueira de Espadanedo


Un dos coches sinistrados en Redondela. Imaxe cedida polo GES de Mos.

Seis persoas quedan feridas en tres accidentes de tráfico ocorridos de madrugada

05/04/2026 11:16

Os sinistros rexistráronse nos concellos de Baños de Molgas, Redondela e Ordes

Unha muller tivo que ser liberada e evacuada polos servizos sanitarios


Arde a metade dunha vivenda e unha construción anexa en Bande

04/04/2026 20:50

As tres persoas que durmían na casa non se mancaron

Aínda non se sabe como se orixinou o incendio


Ourense acadou a temperatura máxima de España, con 28 graos

04/04/2026 17:25

Os termómetros subiron o venres na cidade aos 28º, a temperatura máis alta de España xunto con Huelva ou Sevilla

As previsións apuntan a que este sábado podería igualarse ou mesmo superarse esta temperatura

A oscilación térmica prevista para hoxe supera os 20º, dos 6 graos que se rexistraron de mínima, aos 28 previstos de máxima


Ataques a negocios nunha galería comercial do centro de Ourense

04/04/2026 14:28

Un dos comerciantes conseguiu medidas cautelares e unha orde de afastamento, pero os incidentes continúan

Aseguran que atopan todo tipo de lixo: ovos, mexos, preservativos e excrementos de animais e de humanos


Grande afluencia de turistas na reapertura da Chavasqueira

02/04/2026 19:55

No segundo día de apertura, as termas da Chavasqueira enchéronse de xente que combina as visitas turísticas coa relaxación da auga termal

Etiquetas:  TERMAS

Un bombeiro traballa na extinción dun incendio (Foto de arquivo/Europa Press)

As queimas agrícolas foron a causa dos incendios en Boiro e Boborás, con tres implicados

02/04/2026 11:46

Tres persoas prestaron declaración por estes sucesos nos xulgados de Ribeira e o Carballiño

Medio Rural lembra que as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares están suspendidas ata novo aviso de forma preventiva

Extinguido un incendio en Arbo con 33 hectáreas de monte raso queimadas


Os hórreos, Patrimonio Cultural Inmaterial

01/04/2026 20:48

O Goberno aprobará a declaración no próximo Consello de Ministros

Unha figura de protección, polo seu papel na identidade colectiva

O concello ourensán de Avión atesoura máis dun milleiro de hórreos

 


Fotografía de José Suárez en Bueu en 1935 para a serie 'Mariñeiros'

O Día das Artes Galegas 2026 homenaxea o fotógrafo José Suárez

01/04/2026 10:47

Segundo a Real Academia Galega de Belas Artes, o allaricense é "o fotógrafo galego máis internacional, pola súa obra etnográfica e humanista"

Tamén foi cineasta e tivo amizade persoal con Akira Kurosawa, Miguel de Unamuno, Rafael Alberti e Eduardo Blanco Amor

A Casa da Cultura de Allariz acolle o acto central da celebración


Unha manda de vinte xabarís toma unha viña de Valdeorras

31/03/2026 13:55

A familia de viticultores estaba traballando na viña que teñen de 40 hectáreas en Larouco cando apareceron uns vinte porcos bravos

Botalos fóra foi complicado pero conseguírono sen que provocasen danos


Falece un home nun accidente cun tractor en Vilamartín de Valedorras

30/03/2026 15:06

O sinistro foi nunha leira do lugar do Córgomo


Ferida grave unha muller tras ser atropelada en Vilamarín

30/03/2026 14:24

O suceso ocorreu na estrada N-525, a primeira hora deste luns


Investigan unha agresión con arma branca a unha menor nunha pelexa en Ourense

30/03/2026 10:30

A vítima sería trasladada ao hospital despois de resultar ferida no brazo durante a pelexa, que foi gravada en vídeo

A Policía Nacional investiga os feitos, despois de que foran denunciados

Etiquetas:  AGRESIÓN
Publicidade
Publicidade