Contido con Xeográficas Ourense .

Contido con Xeográficas Ourense .

Ourense

Europa Press-Arquivo

A Fiscalía acusará a Jácome por prevaricación, pero desestima malversación e falsidade

06/05/2026 19:21

O delito de prevaricación ao que se enfronta o alcalde de Ourense é por non pedir a compatibilidade para compaxinar o cargo coas súas actividades privadas 


Descobren un laboratorio en Boborás con capacidade para producir ata 150 quilos de marihuana ao ano

06/05/2026 14:36

A instalación estaba no baixo dunha casa de Lamela, un lugar onde pasar desapercibido

Hai dous detidos, pero, segundo a veciñanza, os inquilinos foron cambiando ao longo destes anos


O barrio ourensán do Pino leva preto de catro meses sen servizo de autobús

06/05/2026 14:09

Os veciños, desesperados, piden algunha alternativa para os arredor de dous mil habitantes das parroquias afectadas


As primeiras hipóteses descartan que o home tirase a súa parella polo balcón no Carballiño

06/05/2026 13:00

"Parece que houbo unha discusión previa e despois ela precipitouse", detallou o subdelegado do Goberno

A muller segue ingresada, pero non se teme pola súa vida, e está pendente de prestar declaración

O home, que foi detido na madrugada do martes, quedou en liberdade sen medidas pero continúa formalmente investigado


O propietario da xoguetería amosa os cuantiosos estragos que o ladrón deixou no establecemento

Empregan a tapa dun sumidoiro para romper a porta e roubar nunha xoguetería de Ourense

06/05/2026 13:00

O ladrón actuou con rapidez e só levou a caixa rexistradora, que apareceu tirada nunha rúa próxima

Etiquetas:  ROUBOS

Deteñen un home tras a morte dunha muller que caeu desde un terceiro piso no Carballiño

05/05/2026 16:55

Polo de agora non se sabe se pode estar relacionado cun accidente, cun intento de suicidio ou cunha agresión


Investigan un veciño da Pobra de Trives pola morte de 90 ovellas e cabras

05/05/2026 12:02

Tras o achado de ósos de animais nas proximidades dunha granxa, os axentes localizaron no interior da explotación 90 cadáveres de cabras e ovellas en estado de descomposición


Trasladada unha moza en Ourense tras orixinarse un incendio nun colchón por mor da batería dun móbil

05/05/2026 09:59

Outras dúas persoas tiveron que ser evacuadas en Maceda ao rexistrarse un incendio nunha cociña, que se iniciou nunha tixola



Rescate milagroso en Xunqueira de Espadanedo

04/05/2026 14:42

Un veciño que paseaba pola zona escoitou pedir socorro ao condutor accidentado

O home, de 78 anos, levaba máis de 24 horas ao pé do coche, ferido e empapado


Reus-U. D. Ourense e Coruxo-Atlético Baleares, primeira eliminatoria polo ascenso a 1ª Fed.

04/05/2026 13:53

O sábado 16 ás 19:00 horas, Reus-U. D. Ourense, ofrecido en directo pola G2 e AGalega.gal

Polas mesmas canles, pero o domingo 17, poderá seguirse o Coruxo-Atl. Baleares


Un detido en Verín con 92 quilos de cocaína ocultos no seu coche

04/05/2026 12:28

A droga estaba escondida nun habitáculo electrónico oculto, deseñado especificamente para camuflar a cocaína


Ourense celebra a Festa dos Maios nunha xornada pasada por auga

03/05/2026 15:37

Declarada Festa de interese Turístico de Galicia, a dos Maios é unha desas celebracións que cada ano enchen as rúas de Ourense

O público pode contemplar de preto as elaboracións que hoxe cobran vida cubertas de musgo, flores, carrabouxos e xestas

 


Imaxe cedida polos Bombeiros de Maceda

Rescatan en Xunqueira de Espadanedo un home despois de permanecer máis de 24 horas no fondo dun barranco

03/05/2026 09:17

Os familiares denunciaron a súa desaparición na mañá do sábado

O operativo de rescate conseguiu evacuar o ferido, que presentaba diversas lesións e non podía moverse


Unha trintena de colleiteros e adegas participan na 63ª Feira do Viño do Ribeiro

02/05/2026 14:46

É a Denominación de Orixe máis antiga de Galicia

O viño é o motor económico desta comarca


Ourense ultima os detalles para a celebración da súa Festa dos Maios

02/05/2026 14:38

Declarada de interese turístico de Galicia, é unha das citas tradicionais máis presentes no imaxinario ourensán


Entran roubar en varias igrexas de Xinzo en busca de cartos

01/05/2026 14:52

Os danos en portas e mobles son superiores ao efectivo que levaron os ladróns

Estes roubos coinciden pouco tempo despois dos saqueos en cemiterios da provincia


Imaxe de aqruivo do CHUO (TVG)

Morre unha nena de once anos en Ourense con sospeita de meninxite

30/04/2026 18:34

A Consellería de Sanidade decidiu "activar" o protocolo vixente e citar os contactos estreitos a fin de adoptar as medidas profilácticas correspondentes ante a "sospeita de infección meningocócica invasora"


Imaxe da cámara de seguridade dunha das estacións de servizo

Desarticulada unha banda que roubaba a recadación de máquinas en gasolineiras de Ourense

29/04/2026 17:29

Os 7 detidos, que xa foron postos en liberdade tras pasar a disposición xudicial en Verín, cometeron supostamente 15 roubos e levaron cartos e tabaco das máquinas 

Os arrestos realizáronse en varias localidades de Madrid e Castela-A Mancha 


Xunta

Loquillo, Luz Casal, Burning e The Rapants protagonizan o cartel do festival ourensán Ou Yeah!

29/04/2026 15:23

Consolida o seu formato expandido, repartindo as súas principais citas en diferentes datas entre xuño e otubro e enclaves emblemáticos para activar o territorio


Ourense chega aos 32 graos, nunha xornada de bochorno e treboadas

26/04/2026 22:41

Contra as seis da tarde a treboada comezou descargar con intensidade en boa parte da provincia


Danos cuantiosos no incendio dunha carnicería de Ourense

26/04/2026 20:55

Ardeu toda a maquinaria e estragáronse máis de dez toneladas de carne de vacún

O lume coincidiu coa treboada do domingo á tardiña

Etiquetas:  INCENDIO

Investigan as circunstancias da morte dun home nun monte de Cenlle

25/04/2026 21:42

Un familiar alertou o 112 da desaparición do falecido sobre as 16:50 horas na parroquia de Osmo


Ourense celebra unha nova edición da súa Feira da Artesanía

25/04/2026 21:30

Hai xoias, pezas de vidro, papel, marroquinería e mesmo obradoiros para ver de preto os segredos do seu traballo

Etiquetas:  ARTESANÍA

Ferido un home en Ourense tras caer duns catro metros de altura mentres podaba unha árbore

25/04/2026 20:48

O implicado sufriu feridas graves, polo que foi evacuado en aeronave ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense


O voluntariado PLANCTON retira 104,5 quilos de residuos na illa de Cortegada

25/04/2026 18:28

A acción conseguiu retirar por agora 158 toneladas de residuos do mar e da costa en diferentes enclaves de Galicia


O vodka 636 elabórase con patacas da Limia

25/04/2026 17:46

O vodka está destilado a partir de patacas da variedade agre porque contén altos niveis de almidón, o que permite obter un alcohol puro e con carácter


Besteiro reclama en Ourense a vixencia da Lei Xeral de Sanidade no seu 40º aniversario

25/04/2026 14:05

Indicou que esta é unha norma "básica", piar do benestar e da que o PSOE, dixo, foi "absolutamente protagonista"

Besteiro tamén alertou da necesidade de poñer máis recursos na Atención Primaria

 

Etiquetas:  SANIDADE

O mundo dos botóns

24/04/2026 21:05

Xa case non se fai roupa á medida, pero seguimos perdendo botóns e facendo arranxos, por iso nas mercerías seguen a ter demanda

Os máis caros son os de pedrería, pequeñas xoias que rozan os dez euros



Morre un motorista en prácticas de autoescola en Nogueira de Ramuín

24/04/2026 14:53

Por circunstancias que se están investigando, o mozo de 25 anos, caeu ao chan e faleceu



Un incendio a carón dunha nave en Vilamartín de Valdeorras queima un camión e dous vehículos

23/04/2026 13:15

Descoñécense polo de agora as causas que provocaron ou incendio e non están avaliados os danos, aínda que se consideran importantes


O ourensán Martiño Ramos, á súa chegada ao aeroporto de Madrid Barajas, custodiado pola Policía Nacional

Ingresa en prisión Martiño Ramos, o exprofesor ourensán extraditado desde Cuba por violar unha menor

23/04/2026 13:13

Martiño Ramos Soto permanece nunha prisión madrileña á espera do que decidan os órganos xudiciais

Condenado en xullo de 2025, Ramos Soto non atendeu o auto de entrada en prisión para cumprir a pena e fuxiu a Cuba, a onde chegou desde Portugal e O Brasil


Listaxe dos máis buscados pola Policía Nacional

Cuba extradita o ourensán Martiño Ramos, exprofesor condenado por violar unha menor

23/04/2026 00:27

Cinco meses despois do arresto e de que o Goberno español pedise a súa entrega, aceptou o traslado para cumprir a pena de prisión imposta 

No verán do 2024, a Audiencia Provincial de Ourense condenouno a 13 anos e medio de cadea por violar unha alumna menor de idade e abusar sexualmente dela

No momento da súa detención na Habana o exmilitante de En Marea figuraba na listaxe dos dez fuxitivos máis buscados pola Policía Nacional


Perigos e indignación polas obras da avenida de Portugal en Ourense

22/04/2026 14:04

A veciñanza sortea perigosos obstáculos a diario, que xa provocaron varias caídas

Os comerciantes da rúa falan de perdas económicas nos seus negocios de preto do 50 por cento

As obras destes días só son de emerxencia o concello de Ourense terá que facer un novo proxecto e outra licitación


Lugar onde sucederon os feitos

Piden 14 anos de cárcere para un acusado de apuñalar mortalmente un mozo en Ourense o día en que facía 21 anos

22/04/2026 12:34

A Fiscalía solicita, unha vez cumprida a pena imposta, a expulsión do acusado, de nacionalidade romanesa, do territorio español durante 9 anos


Segue a traballar a madeira con 92 anos

20/04/2026 20:18

A idade non frea a Manuel Borrajo, un veciño de Almoite, en Baños de Molgas, que acotío pasa horas no seu taller dándolle forma a angazos, xugos ou cadeiras

Etiquetas:  MADEIRA

O taxi gratuíto de Verea ten os veciños encantados

20/04/2026 08:18

Unha iniciativa municipal implantada antes da pandemia para facilitar os desprazamentos dunha poboación avellentada e dispersa en numerosas aldeas

 

Etiquetas:  TAXI

Xornada de verán en Ourense, con máximas por riba dos 30 graos

19/04/2026 21:33

Varios concellos da provincia ourensá acadaron os valores máis altos de Galicia 

Publicidade
Publicidade