Contido con Xeográficas Ourense .

Contido con Xeográficas Ourense .

Ourense

A muller achada morta nun colector no Carballiño pediu axuda en dous bares e dixo que a querían matar

16/03/2022 13:54

O propietario dun dos locais dixo que estaba moi nerviosa 

Cando lle ofreceron chamar á policía negábase e marchaba


O condenado durante a celebración do xuízo na Audiencia Provincial de Ourense

Condenado a 11 anos de prisión o home que matou o xerente dun bar en Ourense

16/03/2022 13:40

O acusado, responsable dun delito de homicidio, deberá indemnizar con 22.000 euros a cada unha das dúas fillas da vítima acudidas no procedemento

 

Categorías:  Galicia   Sucesos   Ourense
Etiquetas:  XUSTIZA   DROGAS

Identificada a muller cuxo cadáver aparecera nun colector do lixo no Carballiño

15/03/2022 16:43

Varias testemuñas viron a muller camiñando en pixama neste tramo de autovía que une as localidades do Carballiño e Maside

As forzas de seguridade investigan o acontecido e non desbotan ningunha hipótese

A xuíza encargada do caso e decretou o segredo das actuacións


Interceptan tres menores conducindo en Ourense, unha delas de tan só 10 anos

15/03/2022 11:05

A menor facía prácticas acompañada de seus pais

A Garda Civil pillou outros dous condutores, de 13 e 17 anos, en apenas media hora

En Bande, ademais, os axentes identificaron un condutor, este maior de idade, que tentou fuxir cando ía a case que 160 km/h nun tramo limitado a 70

Etiquetas:  TRÁFICO

A mellora da OU-540, compatible coa autovía entre Celanova e a fronteira con Portugal

15/03/2022 10:52

Alcaldes e empresarios da Baixa Limia aseguran que a autovía é unha infraestrutura necesaria para o desenvolvemento económico da zona.

A Xunta anuncia melloras na N-540 entre Celanova e a fronteira portuguesa. Construíranse dobres carrís, zonas novas de adiantamento e melloras na seguridade viaria.

Ethel Vázquez asegurou que esta mellora viaria é compatible coa construción da futura autovía pero, dixo, é necesaria a implicación do Goberno español e luso.


Chegan a Galicia decenas de familias que foxen da guerra

13/03/2022 21:26

Ducias de mulleres e de nenos están a salvo grazas á solidariedade de centos de galegos

A maior preocupación dos que chegan son os seres queridos que deixan en Ucraína

 


Investigan a morte dunha muller que apareceu no punto limpo do Carballiño

13/03/2022 16:13

Un operario do servizo de limpeza localizou o cadáver de madrugada 

É unha veciña do concello, de 38 anos e nacionalidade brasileira

Etiquetas:  CADÁVER

O concello entregoulles un caravel branco á súa chegada

Chegan a Maceda unha vintena de refuxiados ucraínos

13/03/2022 14:38

Trasladados por Protección Civil e o propio alcalde, desde a fronteira con Polonia

Tiveron que deixar un bebé que quedou hospitalizado


Pechan en Galicia os recintos de vacinación masiva

13/03/2022 14:31

Expourense era o primeiro dos grandes recintos de vacinación que pechaba as súas portas

Non se retirará, polo momento, o seu mobiliario, ante a posibilidade de que se dea luz verde a unha terceira dose para a poboación de entre os 12 e os 18 anos.


Natalia González, nova líder do PSdeG en Ourense

12/03/2022 22:54

Era a única alternativa de voto tras retirarse da contenda Xosé Rúas

Etiquetas:  PSDEG

Zanelli: "Saímos sabendo que todos os partidos son finais"

12/03/2022 20:54

O bigoleador do Arenteiro falou co Galicia en Goles trala vitoria en Leganés



Votación na sede do PSdeG-PSOE esta mañá

Xornada de votación no PSOE de Ourense cunha única candidata

12/03/2022 14:17

A executiva local mantén a votación malia que se retirou o único contrincante de Natalia González

Categorías:  Política   Ourense
Etiquetas:  PRIMARIAS   PSDEG

Dúas enfermeiras do CHUO que naceron o mesmo día e traballaron xuntas, xubílanse

11/03/2022 19:07

Foron despedidas con aplausos e moito agarimo do persoal de dixestivo do hospital de Ourense

Juana e Justa marchan co orgullo de ter dado durante máis de 40 anos o mellor de si pola sanidade pública


Natalia González, única candidata a presidir o PSOE local de Ourense

Natalia González, única candidata a presidir o PSOE local de Ourense

11/03/2022 16:43

O edil ourensán Xosé Rúas retira finalmente a súa candidatura 

Renuncia ante a "imposibilidade de chegar a un acordo de integración, nin sequera de mínimos"


Desartellada unha rede que cultivaba marihuna nunha granxa de polos no Pereiro de Aguiar

11/03/2022 14:14

Hai catro detidos de nacionalidade albanesa que xa ingresaron en prisión

Os axentes da UDYCO incautáronse de 235 quilos de marihuana. O destino da droga, ademais de Galicia e outros puntos de España, era Holanda

A nave estaba preparada coas últimas tecnoloxías e nela manipulaban xeneticamente as plantas para obter un maior rendemento


Prisión sen fianza para o autor do tiroteo na gasolineira de Vilamarín

10/03/2022 18:53

Está investigado por un delito de intento de asasinato e outro de tentativa de homicidio

A principal hipótese dos investigadores é un axuste de contas por unha relación non consentida por parte da familia ferida no tiroteo

Declara nos xulgados de Ourense o único detido polo tiroteo en Tamallancos


División nos socialistas de Ourense para elixir o novo secretario local

10/03/2022 17:11

Preséntase Natalia González, afín a Formoso, e denuncia ademais 95 altas de militantes fóra de prazo

 Competirá contra Xosé Rúas, que conta co visto e prace do sector de Caballero


Nos xulgados de Ourense o único detido polo tiroteo en Tamallancos

10/03/2022 13:34

Tamallancos segue conmocionado polo tiroteo na gasolineira

Dous dos feridos seguen hospitalizados pero fóra de perigo


Intégranse os dous hospitais privados de Ourense

10/03/2022 11:21

O presidente do grupo valisoletano Recoletas Red Hospitalaria, Amando Rodríguez, mantivo un encontro no Auditorio de Ourense cun cento de médicos e profesionais sanitarios.

Expuxo cal será o modelo de xestión en Ourense, dixo, para mellorar a oferta asistencial.

Unha experiencia que xa se levou a cabo noutras cidades de España, con importantes beneficios asistenciais e de aumento de cadro de persoal.

 


Morre o condutor dun camión tras precipitarse por un desnivel en Vilariño de Conso

10/03/2022 11:21

O accidente produciuse contra as 10:30 horas desta mañá


Manuel Baltar, presidente da Deputación e do PP de Ourense

Baltar, presidente do PP de Ourense: "Feijóo é a resposta a todas as preguntas e a solución a calquera contratempo"

10/03/2022 09:55

O presidente da Deputación ourensá considera que Alberto Núñez Feijoo é o candidato idóneo para liderar o Partido Popular 


Culpable de homicidio o acusado de matar o xerente dun bar de Ourense

09/03/2022 22:04

A Fiscalía pedía 12 anos para o acusado e solicitaba 20.000 euros para cada filla


Catro feridos nun tiroteo nunha gasolineira de Tamallancos, en Vilamarín

08/03/2022 17:34

Un home de 48 anos foi detido como presunto autor dos disparos

Hai feridas unha muller e tres homes


Falece un veciño de Lazo ao envorcar co seu tractor

08/03/2022 14:11

O falecido, de 69 anos, tiña moita experiencia manexando o tractor

Estaba accedendo marcha atrás a unha parcela empinada para recoller herba cando envorcou

A veciñanza, moi apenada, foi a primeira en acudir ao seu auxilio pero xa non puideron facer nada

Categorías:  Sociedade   Galicia   Laza

Voluntarios de Protección Civil de Maceda e bombeiros saíron este martes de Maceda con axuda humanitaria

Sae de Maceda a comitiva de axuda a vítimas da guerra en Ucraína

08/03/2022 14:03

Catro vehículos cargados de axuda retornaran con 24 mulleres e nenos desprazados pola guerra

Chegarán á fronteira sur de Polonia con Ucraína  o xoves e estarán de volta o sábado


Galicia amence con temperaturas baixo cero

07/03/2022 14:35

Calvos de Randín rexistrou a temperatura mínima con -6 graos centígrados


Piden doce anos de prisión para o autor confeso do crime do bar Novo de Ourense

07/03/2022 14:19

Comezou a primeira das tres sesións na Audiencia Provincial con xurado popular

O acusado narrou con detalles como matou cunha botella rota o dono do bar

A defensa adhírese á petición da Fiscalía, pero coa atenuante por colaborar coa policía e pola súa adicción ás drogas


Comisaría da Policía Nacional en Ourense

Investigan se unha moza foi drogada e violada en Ourense

07/03/2022 12:11

Un veciño viuna atordada e sen roupa e avisou a policía


Remata o Entroido en Xinzo co domingo de piñata

06/03/2022 14:46

Os disfraces volven encher a vila na derradeira cita festiva


O Equipo A, de entroido en Celanova

Celanova despide o Entroido co sábado de piñata

05/03/2022 20:57

O desfile suspendeuse, pero houbo animación de rúa


Falece un veciño de Ourense nun accidente de moto na Manchica

05/03/2022 19:18

Un veciño de Ourense morreu este sábado pola tarde nun accidente de moto que se rexistrou na

A neve atrae visitantes á estación de Manzaneda na fin de semana

05/03/2022 14:32

Aviso amarelo por frío no sur da provincia de Ourense


Ourense acolleu a gala do 25 aniversario de Cesagal

Recoñecen o traballo pola integración laboral de persoas con discapacidade

04/03/2022 16:42

A Consellería de Política Social e os concellos de Lugo e Carballo recibiron o premio anual de CESAGAL

A entidade tamén recoñeceu o traballo dos conselleiros de emprego dos últimos 25 anos


O pan de Cea leva xa 18 anos co selo de calidade da Indicación Xeográfica Protexida.

O Pan de Cea sobe un 3 % as súas vendas en 2021

03/03/2022 21:38

En 2020 comercializaron 625.000 pezas e subiron ata as 750.00 en 2021

É o primeiro pan en Europa que conseguiu unha Indicación Xeográfica Protexida en 2004

Trece fornos manteñen a elaboración tradicional no concello ourensán de San Cristovo de Cea



A neve volveu caer nas montañas de Lugo e Ourense

03/03/2022 14:41

As nevaradas producíronse por riba dos 1.200 metros

A situación non provocou atrancos na rede viaria


San Xoán de Río ofrece o albergue para acoller refuxiados ucraínos

03/03/2022 14:23

O concello xa lle fixo de xeito oficial o ofrecemento das instalacións á embaixada de Ucraína en España

O albergue dos Biocos conta con 7 hectáreas, máis dun cento de camas, un gran comedor e mesmo unha escola

As iniciativas solidarias esténdense por toda Galicia


Feijóo garante a estabilidade política: "Non penso defraudar a Galicia"

03/03/2022 12:14

Feijóo confía en que os líderes territoriais poidan decidir por si mesmos os acordos políticos, en función das características do seu territorio

Os baróns do PP apoian a candidatura de Feijóo


Multitudinario Enterro da Sardiña en Ourense entre choros e saloucos

02/03/2022 23:08

A sardiña acabou queimada no Parque de San Lázaro de Ourense entre centos de entroideiros

Categorías:  Sociedade   Ourense   Vida
Etiquetas:  ENTROIDO
Publicidade
Publicidade