Contido con Xeográficas .
Ourense
Multan a Baltar por circular a 215 km/h nun coche da Deputación de Ourense
26/04/2023 08:24
Foi na fin de semana, na A-52, á altura de Zamora, cando viaxaba a Madrid
A Ribeira Sacra, cun 80 por cento de ocupación para a ponte do 1 de maio
25/04/2023 21:08
As previsións de ocupación na Ribeira Sacra nesta ponte son un 16 por cento máis altas ca as do ano pasado
A estrada N-525, no tramo entre Coles e Piñor de Cea, é a máis perigosa de Galicia
25/04/2023 14:19
Entre 2019 e 2021 rexistráronse neste treito 5 accidentes graves con dous falecidos
Estudantes adolescentes asisten a un xuízo ficticio sobre acoso
25/04/2023 11:32
Organizouno o profesor de Filosofía, coa colaboración do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
Celebrouse nunha sala de vistas real, cun xuíz, unha fiscal e un avogado de verdade
Aprender a darlles unha nova vida os obxectos a través da restauración
24/04/2023 21:43
Os restauradores achegan os coñecementos e as ferramentas necesarias para facelo realidade
Deteñen o presunto autor dun atropelo intencionado no Barco
24/04/2023 14:27
As vítimas son dous irmáns que están ingresados en estado grave
O detido é un veciño da vila, de 36 anos, que fuxiu do lugar e foi identificado horas despois
Fútbol 2ª RFEF: Ourense C. F.-C. D. Palencia Cristo Atl.
23/04/2023 19:22
Anxo Lorenzo: "Hai que reter eses lectores que na pandemia volveron ao libro"
23/04/2023 11:08
O director xeral de Cultura segue a apostar polas feiras como estratexia fundamental de comercialización
Asegura que o plan de impulso ao libro galego tenta fomentar a creación e a edición de novos materiais
O tren entre Ourense e Santiago, cortado ata o martes coa alternativa de autobuses
22/04/2023 16:28
O tráfico ferroviario estará interrompido entre este sábado e o luns por probas para instalar o sistema de seguridade ERTMS
Os usuarios dos trens Avant e Alvia entre Ourense e Santiago deberán chegar ao seu destino por estrada
Fútbol 3ª RFEF: C. D. Barco-R. C. D. Fabril
22/04/2023 13:15
Fútbol 2ª RFEF: C. D. Arenteiro-U. P. Langreo
22/04/2023 13:10
Arde un edificio deshabitado en Ourense sen causar danos persoais
22/04/2023 11:02
As lapas afectaron outros tres edificios da rúa Reza, un tamén sen habitar
O incendio obrigou a cortar a rúa Reza e un carril do Progreso para que actúen os servizos de emerxencias
Roberto Pascual: "'A nai' parte da historia das irmás Touza para falar da Europa actual"
21/04/2023 15:45
A nai é unha peza de teatro sobre a memoria das irmás Touza, de Ribadavia, as Schindler galegas
A dirección é de Marián Bañobre e no elenco: Carmen Facorro, Javier Castiñeira e Raquel Velasco
Morre unha muller de 88 anos atropelada en Toén
21/04/2023 11:22
A Garda Civil informou de que a vítima quedou debaixo dunha furgoneta
O influencer galego Xurxo Carreño ten millóns de seguidores nas redes sociais
20/04/2023 21:38
Ten un millón de seguidores en Youtube, dous millóns no Instagram e catro millóns no TikTok
Unha persoa resulta ferida ao chocar dous coches en Melón
20/04/2023 17:24
O sinistro ocorreu pouco antes das cinco da tarde na estrada nacional 120
Atopan momificado un veciño de Monterrei de 75 anos
20/04/2023 10:32
O finado non mantiña ningunha relación coa súa familia nin tampouco cos seus veciños
Do lixo a pezas únicas: o proxecto Ardexarxe impulsa a calidade da la de ovella autóctona
19/04/2023 20:10
Visitamos a Granxa A Ciruxana de Viana do Bolo o día da rapa das 500 ovellas
Co proxecto aproveitan a la que ata o ano pasado se desbotaba
Detectado un cidadán sirio copiando nun exame de conducir en Ourense
19/04/2023 12:18
A Garda Civil investiga se hai unha rede organizada para a obtención do permiso conducir de xeito fraudulento
Moda e música protagonistas na segunda xornada da ICC Week
18/04/2023 21:22
Conta coa presenza de deseñadores coma Modesto Lomba e Jorge Álvarez
Unha porta á cultura que permanece aberta en Ourense ata o vindeiro domingo
Falece un condutor ao saír da vía co coche en Baltar
18/04/2023 17:39
O sinistro ocorreu pouco antes das cinco da tarde
No CIFP A Farixa constrúen unha vivenda bioclimática e unha aula tecnolóxica de enerxías renovables
17/04/2023 20:55
O Arenteiro certifica o ascenso con números de récord
17/04/2023 16:27
Invicto ata agora como visitante
Só perdeu dous partidos no Espiñedo: na Liga e na Copa
Javier Pardo triunfa en Lorca e colócase líder do Supercampionato
17/04/2023 13:54
O piloto galego impúxose a Cohete Suárez na cita murciana e lograba a súa primeira vitoria
Iván Ares foi cuarto
Sete detidos no desartellamento dunha rede de prostitución en Ourense
17/04/2023 09:47
Debían estar dispoñibles 24 horas ao día os sete días da semana e estaban vixiadas con cámaras
A operación policial permitiu liberar as 5 vítimas
Domingo de primavera de sol, ceos azuis e temperaturas en ascenso nas Rías Baixas
16/04/2023 21:31
En Ourense chegaron aos 29 graos e nas Rías Baixas as temperaturas estiveron entre os 23 e os 24
En prisión o home que queimou a casa da súa veciña en Boborás
16/04/2023 17:45
A propietaria da vivenda arrasada, que ten catro fillos, presentara quince denuncias en anos anteriores contra o seu veciño por ameazala
Ingresa en prisión o home acusado de provocar o incendio que arrasou a casa da súa veciña en Boborás
15/04/2023 21:27
As lapas queimaron os cans que estaban no interior da vivenda
O lume tamén afectou á vivenda do suposto autor
Falece un home mentres cortaba leña en Chandrexa de Queixa
15/04/2023 12:46
Ocorreu ao mediodía no lugar de Forcadas
Fútbol Sala, 1ª RFEF fem: Viaxes Amarelle-Marín Futsal
15/04/2023 10:12
O Harmatán, o Festival Nómade de Cultura Africana, deixa a súa pegada en Ourense
14/04/2023 20:41
O festival está dedicado ás mulleres africanas pola súa loita perseverante para reivindicar o seu espazo na escena cultural
Máis de 1.000 pediatras reunidos en Ourense piden avanzar no calendario de vacinas
14/04/2023 14:56
Piden que se inclúa na cobertura pública a vacina do rotavirus, a do meningocogo ACWY e da tosferina
Guindan laranxas contra os coches en Ourense
14/04/2023 13:17
Varios condutores denunciaron impactos contra os seus vehículos na céntrica avenida da Habana
Falece o motorista ferido nun accidente en Cenlle hai dúas semanas
14/04/2023 12:28
O home, veciño de Ourense, permanecía ingresado no CHUO desde o día do accidente
O párroco de Vilardevós ten milleiros de seguidores nas redes sociais
13/04/2023 21:48
Chegou hai catro meses desde Venezuela
Ocúpase de sete parroquias no concello de Vilardevós
Os seus seguidores en redes aumentaron ao retransmitir as misas por Internet na pandemia
Unha anciá circula dez minutos en sentido contrario pola A-52 en Ourense
13/04/2023 11:32
A muller ía en dirección a Vigo polos carrís en sentido Benavente.
O envorco dun camión na A-52 en Barbadás obrigou a cortar un carril
13/04/2023 11:05
Un guindastre tivo que retirar o camión, que ía cheo de pitos vivos
Música do Barroco con instrumentos de época no conservatorio de Ourense
12/04/2023 21:32
Tratan de aproximarse o máis posible á idea que tivo o compositor, a ese son que algún día puido ser
A igrexa máis antiga de Galicia recibe visitantes de todo o mundo
12/04/2023 14:06
Situada en Santa Comba de Bande, data da época dos visigodos
Unha veciña da aldea, Marisé Alonso, é a que custodia as chaves e guía os visitantes
Case tres meses fóra da casa por medo a volver
11/04/2023 22:08
Derrubouse unha vivenda que estrema coa súa e temen que a casa se derrube