Contido con Xeográficas Ourense .

Contido con Xeográficas Ourense .

Ourense

Yryna ten un neno de 10 anos e unha nena de 8 e agora deu a luz a Marko en Ourense.

Unha refuxiada ucraína dá a luz un neno no hospital de Ourense

05/06/2022 15:07

Irina Hrihorouvska xa tiña un fillo e unha filla cos que fuxiu da guerra na Ucraína e veu coa súa familia a vivir a Ourense, onde leva pouco máis de dous meses

A muller, de 36 anos, chegou embarazada e esta fin de semana tivo o seu fillo Marko no complexo hospitalario de Ourense

Di que está moi agradecida polo trato recibido pero agarda que pronto poida volver ao seu país co seu marido e os seus tres fillos


Marcos Rodríguez Pantoja cummpre o 7 de xuño 77 anos.

O neno lobo faise maior e celebra o 77 aniversario coas súas amizades

04/06/2022 21:18

Marcos Rodríguez Pantoja é o primeiro caso dun neno que se criou entre lobos

Pasou unha ducia de anos illado en Serra Morena e agora vive nunha aldea da Merca

As súas amizades quixeron renderlle unha homenaxe na Arca da Noe

Etiquetas:  LOBO   MENORES

A Xunta lanza a campaña turística deste ano coa ollada posta no mercado internacional

04/06/2022 19:47

O obxectivo é recuperar o turismo estranxeiro sen renunciar ao nacional


Volve a Ourense o Rally de Automóbiles Clásicos e Antigos

04/06/2022 14:37

A Escudería de Clásicos de Ourense recupera unha cita que ten xa 26 anos de antigüidade

63 coches antigos desde os anos 50 aos 80 acudiron para participar na ruta polas estradas da provincia

Viñeron participantes de toda Galicia e o norte de Portugal

Etiquetas:  TURISMO   RALLY

Lobeira volve celebrar a súa Romaría do Viso

03/06/2022 21:38

A festa prolóngase durante toda a fin de semana, pero o día grande é o domingo


Concello de Ourense

A xefa da Policía Local de Ourense activa o protocolo antiacoso do Concello

03/06/2022 19:59

Jácome publicou nas súas redes sociais sentenciando que "os paxaros disparan ás escopetas"


Maiores e cativos participan nunha fornada tradicional na Mezquita

02/06/2022 21:37

O forno da Mezquita recuperou a súa actividade cos maiores e cativos como protagonistas. A

Denuncian en Rairiz de Veiga os ataques a carballos centenarios

01/06/2022 21:34

As árbores aparecen con buratos no tronco

Sospeitan que lles botan algún tipo de veleno


Falece un home en Monterrei despois de caer por un desnivel co seu tractor

31/05/2022 18:48

Estaba realizando cortas de piñeiro nun monte comunal de Vences con moita pendente cando caeu o tractor por un barranco


A igrexa de Abelenda de Avión ten un novo retablo grazas ás aportacións da veciñanza

31/05/2022 14:26

O antigo retablo, do século XVII, queimouse nun incendo e foi retirado nos anos 60

O domingo inauguraron o novo retablo que levou catro anos elaboralo

Etiquetas:  IGREXA

Deteñen dous mozos en Ourense por roubar e lesionar unha parella e abusar da muller

31/05/2022 10:35

Os arrestados están acusados de asaltar a parella: pedíronlles cartos, golpeáronos e fixeron tocamentos á moza


Salvan a vida dun cabalo que quedou atrapado entre a lama en Allariz

31/05/2022 10:34

O animal achegouse ao río a beber e quedou atrapado entre a lama na beira

Dada a dificultade, o equipo tivo que mobilizar unha escavadora para dalo sacaado


Foxe da Policía Local de Ourense despois de chocar contra un coche, unha rotonda e un poste de teléfono

31/05/2022 10:28

Conducía bébedo e non tiña carné

O xuíz deixouno en liberdade


A A-76, sen orzamento e sen obras empezadas

30/05/2022 14:54

A A-76 entre Valdeorras e Ourense está bloqueada, non hai obras en ningún dos seus treitos

E na A-54 entre Lugo e Santiago faltan 28 quilómetros e as últimas previsión apuntan que non rematarán as obras ata o 2024


Arden os tellados de dúas casas en Barbadás

30/05/2022 13:29

O lume comezou nunha casa da Cal que está en reformas e espallouse a outra lindeira deshabitada

A orixe do lume, segundo emerxencias Barbadás, está nos rescaldos dunha cheminea


Orita ten 88 anos e o seu marido Eustaquio ten 100 anos e viven no concello de Quintela de Leirado.

O segredo da lonxevidade está na comarca ourensá de Terra de Celanova

29/05/2022 20:13

A provincia de Ourense é xunto coa de Zamora unha das zonas máis avellentadas e tamén máis despoboadas de Europa e xa conta con 238 persoas con 100 ou máis anos

A comarca ourensá de Terra de Celanova xa superou en lonxevidade a illa xaponesa de Okinawa


Xornada treboenta no interior de Galicia cun milleiro de raios e asolagamentos

29/05/2022 15:19

Houbo treboadas que causaron inundacións importantes en rúas e locais comerciais de Monforte 

A sarabia e os lóstregos apareceron no sur de Lugo, en Ourense e no interior de Pontevedra


Médicos instan a Administración a facer un cambio de modelo na atención primaria

29/05/2022 14:24

Piden levar a cabo unha reestruturación do sistema de atención aos pacientes

Ante a falta de persoal médico, recomendan facer máis atractiva retributivamente e curricularmente a atención primaria


O río Miño serviu de refuxio para combater a calor abafante

Ourense abafa a 38 graos nunha xornada de verán para rematar o mes de maio

28/05/2022 20:58

A temperatura máxima de Galicia rexistrábase ás cinco da tarde na cidade de Ourense: 37,9 graos

O aviso amarelo na conca do Miño deixou 37 graos en Leiro, 36,5 na Arnoia e 36 en Castrelo de Miño

Agárdase que as máximas baixen un chisco este domingo e que poida haber treboadas


Varios concellos ourensáns sofren restricións pola seca

27/05/2022 21:48

É unha medida usual, pero que non se adoita tomar no mes de maio


O xulgado de Ourense anula unha modificación de crédito aprobada polo Concello

27/05/2022 17:41

Foron 62 millóns de euros destinados a desenvolver diversas obras e investimentos na cidade 


Detido un home de 80 anos no Carballiño por cravarlle un punzón nun brazo a un veciño

27/05/2022 13:49

A agresión aconteceu en Mesego, supostamente tras unha discusión por un aparcadoiro

A vítima foi trasladada ao hospital de Ourense en ambulancia e recupérase das feridas

As dúas familias xa tiveran outras leas con anterioridade


A seca preocupa o sector agrogandeiro da Limia

26/05/2022 15:42

A Xunta anuncia avances no Plan de mellora do regadío coa construción de 42 pozos


Preocupación entre os produtores de pataca da Limia pola escaseza de choiva

26/05/2022 13:11

Dende xaneiro deste ano, na principal comarca produtora de pataca de Galicia choveu un 70 % menos

De seguires sen chover, perderán a metade da colleita auguran os agricultores

Etiquetas:  SECA   CHUVIA

A provincia de Ourense é a zona de maior incidencia da leishmaniose en España

24/05/2022 21:22

Ourense é a provincia española cunha maior incidencia da leishmaniose. A enfermidade, que afecta

Elena quedou no paro durante a pandemia e decidiu preparar oposicións

Os opositores de máis de 50 anos son o dobre que antes da pandemia

24/05/2022 14:37

A maioría conta con cargas familiares e busca estabilidade laboral


A escaseza de auga obriga a cortar a traída nunha aldea de Vilar de Barrio

24/05/2022 14:13

Os mananciais que abastecen a Padreda e as fontes secaron xa en maio

Dende principios de ano ata hoxe, na Limia caeu un cuarto de auga do normal


Atopan o corpo sen vida do pescador desaparecido en Cortegada

23/05/2022 20:08

As forzas de seguridade investigan as circunstancias da súa morte

Considérase a posibilidade de que caese ao río de xeito accidental


Condenas a 20 e 21 anos de cadea para os acusados de asasinar un interno de Pereiro de Aguiar

23/05/2022 19:22

Ambos os acusados foron condenados por un delito de asasinato e outro de estafa


Curso de soldadura no polígono de San Cibrao das Viñas

As empresas organizan cursos para paliar a escaseza de profesionais cualificados

23/05/2022 14:52

Unha vintena de alumnos participan nos cursos de soldadura e fontanería do polígono de San Cibrao das Viñas

Teñen unha porcentaxe de ocupación que supera o 90 por cento


Un xabaril, de marcha nocturna polo mesmo centro de Ourense

23/05/2022 14:09

Pululou polo parque de San Lázaro e pola rúa do Paseo

Varias patrullas da policía nacional e local intentaron capturar ao porco bravo

Finalmente escorrentáronno para os arrabaldes da cidade


Ourense acolle a maior exposición dedicada nunca en España aos Beatles

21/05/2022 15:30

Son 300 pezas persoais ou da marca Beatles de tres coleccións privadas galegas 

Está aberta no centro cultural Marcos Valcárcel ata o 12 de xuño 

Categorías:  Sociedade   Ourense

Infesta, aldea modelo de Monterrei

A comarca ourensá de Monterrei será o prototipo da Xunta para loitar contra o despoboamento no rura

20/05/2022 14:40

Medio Rural solicitará fondos europeos para poñer a producir 4.000 hectáreas

O conselleiro reuniuse con representantes de cámaras municipais portuguesas para sumalos ao proxecto


Foto COB Ourense

Chega o día do regreso do COB Ourense á Leb Ouro

20/05/2022 14:15

O COB Ourense parte como favorito cunha renda de oito puntos a favor

Etiquetas:  COB OURENSE

Rescates con drons: o futuro das accións de emerxencias xa é unha realidade

20/05/2022 13:59

O encoro de Castrelo de Miño acolleu un simulacro no que aparellos non tripulados sacaron da auga un home que afogaba


Colección de ataúdes do Xacobeo, en Funergal

Cadaleitos con motivos xacobeos ou un Tesla fúnebre, novidades en Funergal

19/05/2022 14:39

Expourense recibe os profesionais do sector funerario no que traballan en España máis de 12.000 persoas e que factura 1.700 millóns de euros ao ano

O 15 % das empresas funerarias españolas están en Galicia, a maioría na provincia de Ourense


Declaran culpables os acusados de matar un excompañeiro de prisión

19/05/2022 14:23

Os acusados coñeceran a vítima durante a súa estancia na prisión do Pereiro de Aguiar 

Segundo a Fiscalía, matárono para quedar coa herdanza da nai


Un sorteo especial do Euromillóns deixa no Pereiro de Aguiar un millón de euros

19/05/2022 13:51

O boleto foi vendido nunha gasolineira do polígono empresarial deste concello ourensán

Teñen de clientes moitos traballadores do polígono, pero tamén veciños do municipio e xente de paso


O PSdeG acusa o PPdeG e a Rueda de manter a Jácome "faga o que faga"

18/05/2022 16:05

Os socialistas convocaran os populares a unha reunión para buscarlle unha saída á situación en Ourense, pero os representantes do PPdeG non acudiron


Área termal da Chavasqueira, esta mañá

Volve a calor abafante a Ourense coa chegada de aire africano cara ao sábado

18/05/2022 14:41

AEMET prevé ata 38 graos o próximo sábado por unha masa de aire cálido africano

Só o terzo norte de Galicia queda fóra da influencia anticiclónica

Publicidade
Publicidade