Contido con Xeográficas Ourense .

Contido con Xeográficas Ourense .

Ourense

(Europa Press/Rosa Veiga)

Extinguidos os incendios de Boborás e Xermade, con case 280 e 36 hectáreas queimadas respectivamente

18/06/2026 09:47

O outro grande incendio activo, que afecta o concello coruñés de Padrón, está controlado desde este mércores


Equipos de extinción nos últimos incendios de Galicia

Controlados os incendios de Padrón e Boborás, segundo informa Medio Rural

17/06/2026 21:23

No concello coruñés de Padrón a superficie queimada foi dunhas 350 hectáreas

No concello ourensán de Boborás arderon preto de 250 hectáreas


Deteñen un home por acoitelar a exmuller en Ourense, que permanece hospitalizada

17/06/2026 09:36

A vítima, cuxa vida non corre perigo, foi trasladada con cortes nos brazos, un pulso fracturado e un golpe na cabeza


Novo incendio nun edificio abandonado en Ourense

15/06/2026 14:09

Ardeu no interior da antiga granxa escola da Deputación, en Mariñamansa, que adoita ser frecuentada por indixentes

A rápida actuación dos bombeiros evitou que as lapas afectaran a estrutura do inmoble e que se extenderan pola contorna

Etiquetas:  INCENDIO

O incendio de Boborás, "camiño de estabilizarse", suma xa 230 hectáreas calcinadas

15/06/2026 09:51

A Xunta mantén o nivel 2 por "precaución" tras unha noite "moi boa"

A baixada das temperaturas, o aumento da humidade e o descenso do vento durante a noite permitiron realizar cortalumes nas zonas máis próximas ás casas


Dúas persoas feridas nunha colisión entre unha moto e un coche en Boborás

14/06/2026 20:03

Unha delas foi trasladada en ambulancia medicalizada ao hospital

O motorista atopábase consciente e presentaba algunha posible fractura polo golpe


Unha moza queda ferida de gravidade tras ser atropelada en Celanova

14/06/2026 19:29

Debido á gravidade das lesións, foi trasladada en helicóptero medizalizado ao CHOU

O acompañante necesitou atención psicolóxica especializada

Etiquetas:  ATROPELO

Activan o nivel 2 no incendio de Boborás pola proximidade a tres aldeas, pero de momento non houbo desaloxos, segundo a alcaldesa

14/06/2026 18:29

A Xunta toma esta medida de prevención cando o incendio leva xa arrasadas polo menos 200 hectáreas

A alcaldesa di que de momento o lume non afectou ningunha vivenda e non houbo que desaloxar veciños

O lume achégase ás aldeas de Vecoña de Arriba, Vecoña de Abaixo e Feás


Crece a preocupación polo incendio de Boborás pola proximidade ás casas

14/06/2026 17:13

O lume arrasou xa 50 hectáreas e aproxímase cara ás poboacións da Fenteira e Sonelle

As autoridades informan do corte da estrada de Feás a Fenteira para facilitar os labores de extinción


Emotivo reencontro no balneario histórico de Cortegada

14/06/2026 14:43

Catro irmáns emigrantes reúnense para festexar os seus aniversarios

Percorreron milleiros de quilómetros para verse

Entre todos suman 250 anos

 

 


Imaxe do accidente cedida por Protección Civil de Castrelo de Miño

Cinco feridos nunha colisión entre dous vehículos en Castrelo de Miño

13/06/2026 10:07

O sinistro produciuse preto das dúas da madrugada na OU-402, en Barral


Unha muller morta e outra ferida grave tras sufrir unha saída de vía en Vilardevós

12/06/2026 20:38

Ocorreu na estrada que conduce de Vilardevós á Trabe, á altura da parroquia de Berrande


Falece un motorista tras bater unha furgoneta contra el en Carballeda de Avia

12/06/2026 08:51

O suceso tivo lugar ás 07:45 horas deste venres no punto quilométrico 255 da A-52

Unha vez no lugar, os servizos de emerxencia só puideron confirmar o falecemento do motorista


Un condutor perde o control do coche en Toén e queda espetado nunha horta

11/06/2026 14:40

O condutor perdeu o control do coche ao pouco de arrincar, levou por diante o valado e as pedras de grandes dimensións e quedou espetado nunha horta tras caer por un desnivel de case tres metros

 


Un mozo de 24 anos acepta pagar 1.050 euros por ter máis de 900 fotos e vídeos de pornografía infantil en Ourense

11/06/2026 12:50

Os 21 arquivos con 108.164 imaxes e 1017 vídeos, dos cales 688 imaxes e 223 vídeos recollían escenas "en que participan menores de idade ou menores con adulto en inequívocos actos de carácter sexual", que o acusado posuía "para o seu consumo"

A pena de inhabilitación para calquera oficio ou actividade que implique contacto directo con menores durante dous anos e seis meses


Imaxe dun pleno extraordinario en Barbadás (Europa Press-Arquivo)

Dous edís do PP de Barbadás pasan a non adscritos por "discrepancias insalvables" coa dirección municipal

10/06/2026 15:28

Descartan por agora unirse a PSOE e BNG para unha posible moción de censura e din que deixar a militancia é "provisional": "Somos persoas de partido"

O PP de Ourense"non aproba" que os dous edís conserven a acta

Etiquetas:  PP

Cabalos e vacas cachenas no monte comunal de Lucenza para previr os incendios forestais

10/06/2026 14:50

Suman xa 135 cabezas de gando, fundamentais para loitar contra o lume


O sinistro tivo lugar na N-525 (TVG)

Buscan un condutor que fuxiu logo dunha colisión con outro vehículo en Coles

09/06/2026 21:21

O sinistro tivo lugar na N-525, e varias persoas quedaron feridas


Borja Fernández despídese en conferencia de prensa da UD Ourense

Borja Fernández despídese emocionado da UD Ourense

09/06/2026 16:57

O técnico ourensán estivo acompañado polos xogadores na conferencia de prensa de despedida

Deixa unha importante pegada na UDO tras lograr dous ascensos consecutivos

Categorías:  Deportes   Ourense
Etiquetas:  FÚTBOL GALEGO

Despedida oficial de Borja Fernández como adestrador do Ourense

09/06/2026 13:53

O home do ascenso despediuse ante os medios entre bágoas 


Audiencia Provincial da Coruña (Arquivo)

Acepta tres anos de cárcere por secuestrar e violar unha muller na Coruña

09/06/2026 12:30

O agresor, que coñeceu a vítima a través dunha web de contactos, terá que facer un curso de reeducación sexual


Garda Civil

Interceptado en Ribadavia un condutor tras saltar un control e tirar 8 gramos de cocaína pola ventá

08/06/2026 18:13

Foi denunciado por infraccións de condución temeraria e un dos acompañantes por tenza de drogas

A Garda Civil logrou alcanzar o vehículo tras unha persecución de 15 quilómetros 


Unha candea acesa, posible causa dun incendio nunha igrexa da Gudiña

08/06/2026 14:38

Os veciños de Parada da Serra conseguiron sufocar as lapas antes de que o lume afectara todo o templo

Ardeu un antigo altar de madeira e unha imaxe, entre outros obxectos


Malestar nos veciños pola supresión da parada entre San Cibrao das Viñas e Ourense

07/06/2026 16:50

A veciñanza asegura que a nova localización carece das medidas de seguridade necesarias

Etiquetas:  AUTOBUSES

Imaxe cedida por Protección Civil de Barbadás

Seis feridos nun accidente con dous coches implicados en Ourense

07/06/2026 10:59

Os prexudicados foron trasladados ao hospital en tres ambulancias


O alcalde de Barbadás esixe desculpas á dirección do PSdeG tras desestimarse a denuncia da súa exconcelleira

05/06/2026 18:50

Apunta a Besteiro e asegura que foi unha "operación política" para "desviar a atención" do caso contra José Tomé

Etiquetas:  PSDEG

A Asociación ATAVE de Ourense imparte cursos de formación para os futuros mecánicos

05/06/2026 14:05

Entre os futuros mecánicos hainos dende os máis vocacionais ou os que xa traballan e buscan titularse ata os que chegan aquí dende outros sectores


EuropaPress

Os cinco acusados de golpear e roubar un empresario de Lobios, a xuízo en outubro

05/06/2026 12:46

A Fiscalía pide máis de dez anos de cárcere para un dos cinco acusados que agrediu a vítima na súa vivenda 


O Posío reabre tras 16 meses de obras e un investimento de case tres millóns

05/06/2026 10:40

A reforma do xardín ampliou as zonas infantís e os espazos de paseo, aínda que a corta de árbores durante os traballos segue xerando críticas


Imaxe de arquivo da Policía Nacional

Detido polo furto de 1.800 metros de cable eléctrico da iluminación pública en Ourense

04/06/2026 13:49

En total, o prexuízo patrimonial ocasionado ascendeu a 10.850 euros


Foto Arenteiro

O Arenteiro, en quebra: Marnotes deixa a presidencia cunha débeda de 1,7 millóns

04/06/2026 13:09

O club carballiñés necesitará dispoñer de 500.000 euros a curto prazo para poder competir en Segunda Federación

Marnotes: "Alguén ten que vir e que poña os cartos"


Investigado un veciño de Verea por roubar 34 colmeas

04/06/2026 11:10

O material apícola foi localizado nunha leira do sospeitoso e está valorado en máis de 5.000 euros 

A Garda Civil tamén actuou contra un home por un delito contra a propiedade intelectual 


Desaloxan parte dun edificio de Ourense tras un accidente laboral con ácido sulfúrico

04/06/2026 09:32

Dúas persoas foron evacuadas e unha delas foi trasladada ao hospital 

Os bombeiros detectaron acumulación de dióxido de carbono no inmoble 


O Castro de Caldelas acolle no recinto do Toural a súa Feira de gando

03/06/2026 14:07

As restricións pola dermatose nodular contaxiosa aínda están vixentes e a de hoxe é a primeira feira de gando nesta vila dende decembro


TVG

Ferido en Sandiás un condutor tras envorcar o camión en que transportaba porcos vivos, que acabaron na vía

03/06/2026 10:49

Algúns animais quedaron atrapados no vehículo e foron liberados polos bombeiros de Xinzo


Un operario sofre a amputación dunha man mentres traballaba nunha planta de compostaxe en Leiro

02/06/2026 19:58

O home foi trasladado ao hospital no helicóptero medicalizado do 061 con base en Ourense


Unha familia de Barbadás atopa unha serpe no fondo da piscina

02/06/2026 14:11

Protección Civil retirou o animal e levouno a unha zona próxima ao río e fóra do centro urbano

Na mesma casa encontraron outra serpe no garaxe hai dous anos

Etiquetas:  ANIMAIS

José Ruiz/Europa Press

Miguel Ríos, M-Clan ou Hard GZ, entre os artistas que participarán nas Festas de Ourense 2026, do 17 ao 21 de xuño

02/06/2026 12:46

Así como o grupo de versións Condutores Suicidas ou orquestras como Magma, América ou Funçao Públika

Etiquetas:  FESTAS

Comezan os traballos de desentullo no edificio incendiado no barrio ourensán da Ponte

01/06/2026 14:40

As lapas afectaron unha clínica dental e unha farmacia, que dous días despois segue pechada

En breve farase o apontoamento da fachada e o edificio será declarado en ruína

Segundo os técnicos, non hai perigo para os peóns nin para o tráfico da zona

Etiquetas:  INCENDIO

Garda Civil de Tráfico

Circulación condicionada na A-52, na Gudiña, tras o incendio polo choque de dous camións

01/06/2026 12:27

O tráfico estivo cortado en sentido descendente e tivo que ser desviado pola Gudiña durante unhas horas 

O incendio reavivouse pola tarde e obrigou a cortar dous dos tres carrís

Os condutores de ambos os vehículos necesitaron asistencia médica, aínda que estaban conscientes, e as lesións foron provocadas polo impacto e non polo incendio que calcinou na súa totalidade un dos camións 

Publicidade
Publicidade