Contido con Xeográficas .
Ourense

A Festa da Istoria de Ridadavia volve condicionada polas restricións da seca
26/08/2022 14:56
Os operarios municipais traballan arreo nos preparativos para conseguir que os cortes de subministración afecten o menos posible á celebración
Na próxima noite non haberá auga de 3:00 a 8:00 da mañá e o na do sábado ao domingo das 00:00h a 8:00

A falta de auga obriga ao peche de dous negocios turísticos nunha aldea de Muíños
26/08/2022 14:18
Maus de Salas abastécese dunha traída veciñal e levan semanas con restricións pola escaseza
Pechan temporalmente un aloxamento que ofrecía actividades de turismo activo e un local de hostalería

Estabilizado o incendio no Xurés
26/08/2022 14:13
A cifra estimada proporcionada pola Xunta esta mañá era de 560 hectáreas queimadas
Vento do norte e dificultades de acceso fan máis complicadas as tarefas de extinción, que desenvolven medios terrestres e aéreos

Os emigrados festexan o seu regreso a Esgos
25/08/2022 21:22
A poboación do concello triplícase no verán, cando volven os emigrados

'Verín, territorio Banksy' replica obras do grafiteiro nos edificios degradados da vila
25/08/2022 20:46
O artista local Álex Araújo será o encargado de elaborar as obras

O incendio no parque natural do Xurés queimou xa 560 hectáreas
25/08/2022 20:41
21 avións e helicópteros e un amplo dispositivo en terra tenta frear o avance do lume

25/08/2022 15:05
Consideran que "os responsables do problema dificilmente poden ser os responsables da solución" para a cidade

O Concello de Riós comeza a realizar cortes de auga polas noites
25/08/2022 14:36
A limitación na subminstración é de 23:30 a 07:30 horas e o Concello toma esta decisión pola drástica baixada do caudal no río Mente do que se abastecen
Os cortes afectan ademais de a Riós, ás Vendas da Barreira, a Marcelín, a Romariz e a Ferreiras, en total, uns 800 veciños
O concello de Ribadavia volve tamén aos cortes nocturnos

O incendio de Lobeira xa leva queimadas unhas 410 hectáreas
25/08/2022 10:15
O incendio de Lobeira afecta o parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés
O incendio de Moaña queimou 23 hectáreas de monte arborizado

Unha muller embarazada morre en Verín aparentemente por un golpe de calor
24/08/2022 16:21
A pesar dos intentos dos sanitarios, non puideron facer nada por ela nin polo bebé que esperaba
A vítima encontrouse mal mentres estaba nun local de hostalería da vila

Na aldea do Agrelo, en Muíños, a fonte está seca e a auga da traída non é potable
24/08/2022 14:35
Un mes levan sen unha pinga de auga neste lugar onde conseguiron traela da traída da aldea de Porqueirós pero non é apta para o consumo
Para beber e ata para se ducharen están mercando auga embotellada

Cinco familias da rúa do Teixo de Ourense viven sen os servizos básicos, como hai 50 anos
24/08/2022 13:20
Os pozos secan e a maior preocupación é quedar sen auga
Nin iluminación pública, nin asfalto no chan, nin auga de traída, nin saneamento

Aceredo, un ano ao descuberto pola seca
23/08/2022 20:48
É a primeira vez que ocorre nos trinta anos que pasaron desde a construción do encoro do Lindoso
O encoro leva meses ao 14 % da súa capacidade

Ir directamente de Ourense a Alacant en AVE custará entre 42 e 95 euros
23/08/2022 14:48
O tren directo de alta velocidade empezará a operar o 13 de setembro e os billetes xa están á venda
Os abonos de balde para trens de proximidade e media distancia pódense obter a partir de mañá

Valdeorras inicia a vendima máis temperá dos últimos anos
23/08/2022 09:42
A recollida da uva adiántase entre 10 de 15 días, respecto doutros
En Valdeorras agardan que a produción sexa algo menor pero de boa calidade
A seca e a calor evita moitas pragas

As tropas romanas cruzan un ano máis o río Lethes na Festa do Esquecemento
21/08/2022 22:07

Monterroso, Taboada e Xermade piden que se limite o uso da auga da traída
21/08/2022 21:53
En Ribadavia séguese mantendo polo momento a suministración as 24 horas

Aparecen pintadas nas antigas vivendas da aldea de Aceredo
21/08/2022 15:04

En Ribadavia levan dous días sen cortes de auga pero segue a emerxencia pola seca
20/08/2022 14:52
Aceléranse as obras da nova captación no río Avia
O Concello de Ribadavia considera esta solución provisional e reclamalle á Xunta investimentos para financiar o proxecto de captación desde o Miño

Xinzo de Limia retrocede ao ano 137 a.C. na Festa do Esquecemento
19/08/2022 21:40
A festa recrea a lenda romana do río Lethes e a batalla posterior

Seis anos de conflito veciñal e máis dunha ducia de denuncias nunha aldea da Peroxa
18/08/2022 14:07
Os veciños da aldea do Mato denuncian que o veciño que os acosaba rompeu a orde de afastamento
Dous veciños teñen pendente de xuízo seis denuncias contra o home conflitivo
Din que a vida era "un verdadeiro inferno"e que "realmente non se podía vivir"

Carlos Canal, antes da Volta: "Síntome un ciclista máis consolidado"
17/08/2022 13:33
A Volta comeza este venres nos Países Baixos, en Utrecht

Extinguido o incendio de Laza, e xa só queda un pendente de apagar en Galicia
17/08/2022 11:43
O incendio de Laza e Chandrexa de Queixa calcinou 2.100 hectáras
Segue estabilizado o incendio de Pantón

O Sergas anula as cirurxías non urxentes no hospital de Verín por un fungo
17/08/2022 09:34
O fungo foi detectado nun control rutineiro dos que realiza o Servizo de Medicina Preventiva

A veciñanza denuncia a convivencia conflitiva cunha parella de veciños na aldea de Ordelles
16/08/2022 14:20
O conflito enfronta unha parella con todos os demais veciños de Ordelles, no concello ourersán do Pereiro de Aguiar
Din que estas dúas persoas, un home e unha muller, alteraron a paz do lugar co seu comportamento agresivo e mesmo violento

Ribadavia é o único concello de España en máxima alerta por seca
15/08/2022 18:52
A declaración da emerxencia permítelle á Xunta poñer á disposición do concello todos os recursos para facerlle fronte

O limián Carlos Canal correrá a Volta a España que comeza o venres en Utrecht
15/08/2022 17:23
Foi incluído na lista de oito corredores do Euskaltel Euskadi

Estabilizado o incendio que levou por diante a capela de Santa Ana en Oímbra
15/08/2022 14:59
Da ermida só quedaron en pé os muros de pedra
O incendio quedou estabilizado contra as cinco da tarde

Controlado o incendio de Castrelo do Val tras arrasar 175 hectáreas
15/08/2022 09:13
Nas próximas horas agárdase un cambio no tempo, que podería traer chuvia, e axudar a combater o lume

Festa de benvida para os últimos veciños que se instalaron en Paderne de Allariz
14/08/2022 21:41

Fin de semana de festas multitudinarias en Galicia
14/08/2022 21:12
Entre as máis concorridas, a do Carballiño, a de Betanzos ou a de Vilanova de Arousa
A diversión non remata aquí, nesta longa ponte continúan as grandes romarías

Formoso di que a Xunta ten que adoptar medidas ante a seca
14/08/2022 21:11
O líder dos socialistas galegos di que o Goberno galego ten que estar á altura das circunstancias ante as necesidades dos concellos

70 concellos galegos xa se viron obrigados a aplicar restricións pola seca
14/08/2022 20:50
En Malpica, a auga da traída non é apta para o consumo polo baixo nivel do río
En Ribadavia só teñen auga da traída 4 horas e media ao día
Os encoros galegos en mínimos pola peor seca da serie histórica en Galicia

Alerta por seca en Ribadavia, con catro horas e media de abastecemento o día
14/08/2022 15:17
O río Maquiáns, do que fan captación, apenas leva auga e tiveron que empezar a collela do Avia
A vila consome un millón de litros de auga ao día

Os encoros galegos, en mínimos pola peor seca da serie histórica en Galicia
14/08/2022 14:40
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil cre que a seca pode durar ata outubro e pide cambios na xestión da auga
Hai 30 concellos, 27 en Ourense e 7 en Lugo, con problemas para abastecer a poboación

O Carballiño seduce co mellor polbo milleiros de visitantes que ateigan a vila
14/08/2022 13:45
A Festa do Polbo, tras 60 anos, estrea a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional

Dous novos incendios en Ourense elevan a oito os activos en Galicia
13/08/2022 19:56
Son 3.510 as hectáreas afectadas e sete dos incendios son en Ourense
A Xunta ve acreditada a intencionalidade en varios fogos de agosto

A Xunta ve acreditada a "intencionalidade" en varios incendios de agosto
13/08/2022 15:44
Avánzase cara a estabilizar o incendio de Laza e Chandrexa que segue activo tras calcinar 2.100 hectáreas

Falece un home ao caer co seu coche ao río Limia en Rairiz de Veiga
13/08/2022 11:17
O accidente sucedeu contras as 09:30 horas na estrada próxima á Saínza de Abaixo
Os servizos de emerxencia localizaron unha persoa falecida no interior do turismo

Ata 18 adegas participan na Feira do Viño de Monterrei
12/08/2022 21:46
Na feira hai tamén postos gastronómicos