Contido con Xeográficas .
Ourense
Salón do vehículo de ocasión en Expourense
23/11/2023 21:53
Máis de catrocentos coches seminovos, con todas as garantías e entrega inmediata
Educación en igualdade para combater a violencia sobre as mulleres
23/11/2023 14:03
Nas vésperas do Día Internacional contra a Violencia Machista, os colexios organizan diferentes actividades de concienciación
Preocupa a desinformación da mocidade en aspectos tan básicos como a igualdade ou a diferenza entre machismo e feminismo
Usar un paraugas para estar na misa; a chuvia cóase dentro da igrexa de Entrimo
22/11/2023 14:13
Os veciños de Entrimo teñen media igrexa, declarada Ben de Interese Cultural, inutilizada por mor das pingueiras
Nun dos concellos máis chuviosos de Galicia, a auga fíltrase desde o tellado ata as paredes e estraga alfombras, retablos e ata a pedra
Acepta tres anos de prisión por acoitelar un compañeiro de clase en Ourense
22/11/2023 12:39
O acusado chegou a un acordo coa Fiscalía, que inicialmente pedía 5 anos por homicidio imprudente
O Conservatorio de Ourense celebra a Semana da Música
21/11/2023 21:46
Campaña gratuíta nas farmacias da provincia de Ourense para medir os niveis de glicemia
20/11/2023 21:21
Na campaña, que durará ata o 30 de novembro, participan corenta farmacias
José Gregorio Hernández, o beato venezolano que veneran e ao que lle rezan en Ramirás
20/11/2023 16:20
Unha imaxe do beato viaxou desde Venezuela ata a parroquia de Santa María de Vilameá cumprindo os desexos de emigrantes retornados
Unha cafetería de Ourense sortea entre os clientes unha cesta de Nadal cada día
20/11/2023 14:10
A promoción comeza o 20 de novembro, ata o día da Lotaría do Nadal
O dono do local puxo en marcha a iniciativa hai 16 anos, para premiar a fidelidade dos seus clientes
Uns trinta mil nenos estaban convocados para vacinarse da gripe esta fin de semana
19/11/2023 21:27
De luns a venres a poboación infantil pode inmunizarse nos centros de saúde
O sábado e o domingo próximos volverá haber vacinación masiva nos hospitais
Localizan o corpo sen vida de Ramón Carrera, o veciño desaparecido de Porqueira
19/11/2023 18:00
A familia anunciou a súa desaparición o venres pola tarde
O corpo foi atopado sen vida no río xunto co seu coche
Continúa a busca do home de noventa anos desaparecido en Porqueira
18/11/2023 21:36
Hai 36 horas que desapareceu
Tamén falta o seu vehículo
Retómase a busca do home de 90 anos desaparecido en Porqueira
18/11/2023 14:05
Ramón Carrera está en paradoiro descoñecido desde o venres pasado
17/11/2023 20:56
O Teatro Principal acollerá este sábado a posta en escena de Je veux vivre, unha viaxe á experiencia vital dunha moza que se traslada á capital na procura dun futuro mellor e acaba atopándose a si mesma
A praga da flavescencia da vide afecta varios concellos de Pontevedra e Ourense
17/11/2023 20:38
Recomendan arrincar in situ as plantas afectadas en caso de non atoparse agrupadas
Medra a porcentaxe de mulleres con cancro de pulmón
17/11/2023 14:45
Aínda que a esperanza de vida vai en aumento, o cancro de pulmón segue a ser o máis mortal no noso país
No día mundial desta enfermidade, os especialistas advirten de que cada vez hai máis casos entre as mulleres, polo tabaquismo
Un cuarto do escape para coñecer os nomes de mulleres destacadas na historia de Galicia
17/11/2023 14:35
Na actividade organizada pola Concellería de Igualdade de Xinzo de Limia participaron máis dun centro de nenos e nenas do colexio Rosalía de Castro
É o xeito de conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres
Javi Rey: "O de Cornellá é un encontro marcado en vermello"
17/11/2023 14:25
O equipo catalán ten tres puntos máis que o Arenteiro
Dous veciños de Ourense, investigados por roubar 2.000 quilos de patacas en Sandiás
17/11/2023 12:14
O valor das patacas podería ascender aos 600 euros
Visto para sentenza o terceiro xuízo contra López Ratón, acusado de agresión sexual
17/11/2023 10:24
O exporteiro do Zaragoza xa foi xulgado en dúas ocasións, pero ordenouse a repetición do xuízo ao entenderse que non estaban ben argumentadas as sentenzas
Paixón por aprender aos 84 anos
16/11/2023 21:12
Delmira Santos tivo que deixar os estudos con 15 anos para traballar. Retomou a súa formación hai seis anos na UNED Sénior de Ourense, onde é a alumna máis veterana
Os concesionarios de Ourense amosan as últimas novidades no sector para intentar impulsar as vendas
16/11/2023 20:56
Con 17 anos de media, o parque móbil ourensán é o máis antigo de España
As matriculacións medraron este ano con respecto ao anterior pero aínda están lonxe das cifras previas á pandemia
Preocupación entre a veciñanza de Ourense por un novo punto de venda de droga
16/11/2023 13:56
No barrio da Follateira aseguran que levan meses vendo a presenza de numerosos consumidores que acoden a unha vivenda
Asegura que xa denunicaron a situación perante a Policía Nacional e que xa coñecen a situación
Os veciños e as veciñas, moitos deles maiores, din que se senten inseguros e con medo
Escolares de Ourense aprenden a catar aceite virxe extra galegos
15/11/2023 13:55
A través do olfacto e o gusto puideron descubrir as características de diferentes aceites
A Audiencia senta de novo no banco o futbolista do Carballiño acusado de agresión sexual
15/11/2023 12:59
O exporteiro do Zaragoza Álvaro López Ratón enfróntase a penas de dous a catro anos de prisión
Fora absolto dos cargos de agresión sexual en 2020
Os donos de castiñeiros únense en Parada de Sil para loitar contra o abandono
14/11/2023 20:52
Conseguiron agrupar máis de 100 hectáreas de soutos pertencentes a 147 propietarios
Preacordo para poñer fin ao conflito da lousa en Valdeorras
14/11/2023 20:36
A disputa é entre a empresa Irosa-Samaca e a comunidade de montes de Carballeda
Termalismo contra a soidade nos balnearios da provincia de Ourense
14/11/2023 12:12
Este programa de termalismo contra a soidade non desexada está impulsado e financiado pola Deputación provincial de Ourense
Poden gozar dos beneficios das augas mineromedicinais, combinado co exercicio, o que axuda a mellorar a súa saúde física e a súa saúde emocional
Támara Echegoyen e Paula Barceló logran a medalla de bronce europea no 49erFX
13/11/2023 18:28
O máis positivo da representación masculina foi a actuación dos irmáns vigueses Martín e Jaime Wizner
O verán de San Martiño deixa temperaturas por riba dos 20 graos
13/11/2023 13:59
Ourense escapa da chuvia que deixa en aviso a Galicia atlántica
Fútbol 1ª RFEF: C. D. Arenteiro-U. E. Cornellá
11/11/2023 14:54
Principio de acordo entre Irosa-Samaca e os comuneiros para evitar o peche das louseiras
10/11/2023 20:52
A medida afecta 250 traballadores, que respiran máis tranquilos, aínda que seguen pendentes de que se materialice o acordo para coñecer os detalles
Seis anos de cadea por un homicidio en grao de tentativa
10/11/2023 20:16
Condenado por acoitelar un home á saída dun local de copas de Ourense
Unha palleira convertida en biblioteca en Esgos
09/11/2023 21:06
O inmoble, doado por unha veciña, foi rehabilitado por César Portela conservando a estrutura e os elementos tradicionais
Traballadores e veciños reclaman que se abra a mina da Penouta
09/11/2023 14:48
Este xoves concentráronse ante o TSXG e advertiron do impacto económico que tería o peche definitivo da explotación
Preocupación en Ramirás polo derrubamento do muro do cemiterio da parroquia de Penosiños
09/11/2023 14:06
A parede onde están unha decena de sepulturas caeu hai 11 meses e desde aquela seguen esperando polo seu arranxo
Os veciños e as veciñas temen que poida virse abaixo e canda o muro tamén os restos dos familiares que están soterrados
Pídenlle ao Bispado de Ourense e a Patrimonio que axilicen os trámites para evitar unha desgraza tanto para os vivos como para os mortos
Aumentan as vendas dos produtos para o magosto
08/11/2023 13:57
En Ourense está xa todo preparado para celebrar unha das festas máis tradicionais
O sábado é o día do San Martiño, festivo en Ourense, e día en que poucos ourensáns quedarán sen festexar o magosto
Raquel Carrera abandona a concentración da selección por unha lesión muscular
08/11/2023 12:51
Non xogará os dous próximos partidos da primeira xanela de clasificación para o Eurobasket de 2025
Dando pasos pola candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade
07/11/2023 21:46
Presentado o manifesto do encontro internacional que acolle o Parador de Santo Estevo
Atopan no río Arenteiro o cadáver dunha veciña do Carballiño de 89 anos
07/11/2023 14:38
Non había denuncia por desaparición xa que vivía soa e non tiña familia