Contido con Xeográficas Ourense .

Contido con Xeográficas Ourense .

Ourense

O PP de Galicia reclama unha base permanente da UME no concello de Toén

04/07/2026 17:18

Os populares consideran unha "desvantaxe loxística" que a base da UME máis próxima a Galicia estea en León

Categorías:  Política   Galicia   Toén
Etiquetas:  UME

A muller que confesou o asasinato de súa nai no Carballiño non declarará ata que lle dean a alta

03/07/2026 16:19

A muller permanece ingresada na unidade de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Ourense


Alfredo Varela, cun dos tocadiscos de Bonus Track

A última tenda de discos de Ourense fai comunidade na cidade

02/07/2026 15:23

Na era dixital, do auto-tune e a música en streaming, as tendas de vinilos resístense a desaparecer

E conquistan público cada vez máis novo, sorprendido ao descubrir a calidez do son nun tocadiscos

Etiquetas:  CURIOSIDADES

Estado en que quedou o coche dos integrantes da orquestra Sons de Ribeira tras o accidente que sufriron na AG53

Cinco músicos de Ribeira sofren un grave accidente provocado, segundo aseguran, por un condutor que fuxiu

02/07/2026 13:48

As vítimas piden que se analicen as cámaras de seguridade da vía e o testemuño dun condutor que se exculpou do accidente porque había outros coches auxiliando


Vivenda de Carballiño onde foi atopada morta a octoxenaria. Rosa Veiga. Europa Press

Unha muller con problemas psiquiátricos autoincúlpase da morte violenta da súa nai no Carballiño

02/07/2026 13:14

A presunta homicida foi trasladada á unidade psiquiátrica de agudos do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense 

A autopsia ao cadáver da falecida determinará as causas da súa morte 


Garda Civil/Ministerio do Interior

 A Garda Civil desarticula dous puntos de venda de droga e detén dous veciños da Pobra de Trives

01/07/2026 14:25

Tras tres rexistros, a Comandancia incautouse de cocaína, popper, diñeiro en efectivo e útiles para a preparación de drogas


Xa se multa os vehículos non autorizados na Zona de Baixas Emisións de Ourense

01/07/2026 14:13

O adhesivo ambiental marca quen pode circular polo centro de Ourense, e quen non a teña arríscase a unha sanción de 200 euros

A cidade activa as sancións da Zona de Baixas Emisións tras meses de período informativo


Comezan os traballos de desentullo nas zonas de Viana do Bolo afectadas polas treboadas

01/07/2026 09:50

Na primeira fase as tarefas vanse centrar nas aldeas da Bouza, Pradocabalos, Pixeiros, para despois continuar noutros lugares afectados das provincias de Ourense e Lugo

Os equipos de Tragsa estarán traballando entre dúas e tres semanas nos lugares máis afectados de Viana 


Barbadás acumula este mes de xuño catro avisos pola aparición de serpes en espazos habitados

30/06/2026 16:56

Tras a recollida do animal, libérase nunha área forestal lonxe das vivendas

Etiquetas:  ANIMAIS

O Arenteiro consuma o seu descenso administrativo a Terceira Federación

30/06/2026 16:06

O equipo carballiñés descende por falta de pagamentos aos xogadores e a súa continuidade corre grave perigo

A prioridade do club basea agora en alcanzar un acordo con Facenda e Seguridade Social, para ter viabilidade no grupo autonómico


Colecciona máis de dúas mil miniaturas de Eduardo Barreiros

29/06/2026 21:12

A figura de Eduardo Barreiros, o ourensán que liderou o sector da automoción na España do século XX, segue levantando paixóns

Un dos seus grandes admiradores, o ourensán Alfonso Vázquez, recompilou máis de dúas mil miniaturas dos vehículos fabricados polo que chamaban Henry Ford español

A última, un basculante de xoguete, atopouna hai uns días nunha feira de Medina del Campo

Etiquetas:  COLECCIONISMO

Auiencia Provincial de Ourense / Europa Press / Foto de arquivo

O TSXG confirma a condena ao alcalde de Verín por un delito contra a ordenación do territorio

29/06/2026 19:13

Seoane recorrerá ao Supremo e insiste en que as obras contaban con amparo legal 


Europa Press

Pontón destaca a Seara como candidato: "Representa a alternativa que Ourense necesita"

29/06/2026 16:23

A portavoz nacional do BNG presentou a Luís Seara en Ourense como un candidato "sólido" e "con ganas de que a cidade avance"

Etiquetas:  ANA PONTÓN   BNG

O hospital de Ourense elabora o primeiro manual de boas prácticas na atención a persoas trans

28/06/2026 10:46

O persoal da área sanitaria de Ourense elaborou o primeiro manual de boas prácticas na atención a persoas do colectivo trans desenvolvido nun centro sanitario público

O manual de boas prácticas é unha iniciativa pioneira destinada a facilitar unha atención sanitaria inclusiva, respectuosa e libre de discriminación

 

 

 

Etiquetas:  HOSPITAIS

Imaxe cedida

Un home queda ferido de gravidade nun choque frontal entre dous vehículos en Melón

27/06/2026 22:04

Trátase dun varón de mediana idade que conducía un dos vehículos sinistrados


Carlos Alvarado, supervivente dos terremotos da Guaira

"Ou saltaba ou morría afogado", di un supervivente dos terremotos

27/06/2026 21:12

O pai dunha veciña de Ourense salvouse tras colapsar o seu edificio, na Guaira

A familia conversaba en videoconferencia cando os sorprenderon os tremores


Prende o lume nun camión que levaba vehículos eléctricos na A-52, en Cualedro

27/06/2026 13:41

As lapas calcinaron catro coches e outros dous quedaron danados

O camioneiro non sufriu danos no incendio

 


Condenan a sete anos de prisión o home acusado de agredir sexualmente outro no Barco de Valdeorras

26/06/2026 16:12

A setenza establece como "claro, reiterado, concluínte e digno de crédito" o testemuño da vítima


Rosa Veiga (Europa Press-Arquivo)

A Audiencia Provincial de Ourense ordena arquivar a causa contra Jácome por prevaricación

26/06/2026 13:55

O Tribunal sinalou que "non toda omisión ou incumprimento dun deber por parte dun funcionario pode catalogarse de prevaricación"


Foto Arenteiro

Francisco Vázquez Rogel colle o temón do C. D. Arenteiro

26/06/2026 11:32

O máis urxente é saldar a débeda con xogadores e traballadores antes do 30 de xuño para non descender a Terceira RFEF


O galimisú, nova sobremesa en Ourense

25/06/2026 21:27

Esta versión galega do tiramisú leva queixo San Simón, torta de améndoa e licor café

Categorías:  Sociedade   Ourense
Etiquetas:  GASTRONOMÍA

Un xabaril cóase nunha sardiñada de san Xoán en Boborás: "A hospitalidade vai por diante"

25/06/2026 12:24

O momento foi gravado e compartido nas redes pola propia alcaldesa, Patricia Torres, que cualificou a visita como "inesperada"

Etiquetas:  XABARIL

Arquivo Europa Press

A fiscalía pide nove anos de inhabilitación para o alcalde de Ourense por prevaricación

25/06/2026 08:30

O Ministerio Público afirma que Gonzalo Pérez Jácome actuou a sabendas da ilegalidade ao cobrar do Concello por dedicación exclusiva pese a xerar ingresos privados


Baltar, Calvos de Randín e Xinzo de Limia, refuxio nocturno nesta vaga de calor

24/06/2026 14:48

Mínimas entre 15 e 17 graos permitiron durmir moito mellor ca noutras zonas da provincia de Ourense e do resto de Galicia

 

 


Prisión para dúas persoas por secuestrar e pegarlle a un home por unha débeda de 500 euros no Carballiño

24/06/2026 12:41

O home presentaba múltiples lesións e manifestou que estaba retido polo pago dunha presunta débeda e que recibiu múltiples malleiras por parte do home, así como ameazas con diversos utensilios



A Fiscalía pide 7 anos de cadea para o acusado de agredir sexualmente un home no Barco de Valdeorras

23/06/2026 13:51

O inculpado nega os feitos e asegura que o denunciante lle ofrecía marihuana a cambio de manter relacións sexuais

Ambos tiñan unha relación de amizade e mantiveran anteriomente relacións sexuais consentidas


Entroido de Verín. Rosa Veiga/Europa Press (Arquivo)

Absolto un cigarrón acusado de dar un lategazo a unha muller no Entroido de Verín, ao non probarse a súa autoría

22/06/2026 18:23

Non se puido acreditar que o sospeitoso, que negou a acusación, fose quen golpeou a denunciante 

O cigarrón foi absolto dun delito leve de lesións 

Categorías:  Sociedade   Ourense   Verín
Etiquetas:  ENTROIDO

TVG

Galicia, sen incendios forestais activos tras estabilizar o da Capela

22/06/2026 09:33

O incendio na Mezquita calcinou 50 hectáreas e o da Capela 30


Deputación de Ourense

O manancial de Vilardevós segue inutilizable tras as riadas

21/06/2026 18:05

O Concello activou un pozo para fornecer auga á poboación, á espera de solucionar o problema

En Viana do Bolo, algunhas das vías de comunicación aínda permanecen inutilizadas


Voluntarios do CHOU informan nas áreas recreativas sobre a prevención dos golpes de calor

Cada ano morren unhas 1.400 persoas en España por golpes de calor

21/06/2026 16:06

Os grupos máis expostos son os nenos, os maiores e as persoas con enfermidades crónicas

Voluntarios do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense achéganse ás zonas de recreo para informar sobre os golpes de calor e que facer


Os bombeiros traballando este domingo no incincendio na Capela, provincia da Coruña

Activos dous incendios en Galicia, un na Capela e o outro na Mezquita

21/06/2026 11:37

O incendio no concello ourensá da Mezquita orixinouse este domingo en Portugal e xa está ardendo na parroquia de Manzalvos

A Consellería do Medio Rural confirmou que  o lume traspasou a fronteira sobre as 7:18 horas deste domingo. Pola tarde afectaba unhas 50 hectáreas

Na provincia da Coruña, no concello da Capela, as estimacións elevan a 30 hectáreas a superficie afectada


As piscinas énchense de xente coa vaga de calor

20/06/2026 20:55

Visitamos o complexo acuático de Monterrei no segundo día de apertura

No mes de xullo teñen previsto abrir novas instalacións

Etiquetas:  PISCINA

Xornadas intensas de traballo tras as treboadas en Viana do Bolo

20/06/2026 14:43

A normalidade vaise abrindo paso, con dificultade, nas aldeas afectadas polas fortes treboadas do mércores

Mentres os veciños limpan casas e rúas, a maquinaria pesada traballa para retirar toneladas de leña que arrastrou a auga


Imaxe da detención da muller. Garda Civil

Detida a condutora sen carné que fuxiu nun control en Verín e arrastrou co seu coche un garda civil

19/06/2026 17:56

A muller, con múltiples antecedentes peinais, foi arrestada en Cualedro 

O garda sufriu diversas contusións e tivo que ser trasladado por precaución a un centro hospitalario 

Na fuxida, a condutora chocou contra outro vehículo de matrícula portuguesa 



TVG

Traballan sen descanso para recuperar a normalidade nas zonas máis afectadas polas treboadas

19/06/2026 15:04

En Viana do Bolo retiran cascallos e limpan o terreo para canalizar a auga en caso de nova chuvia

O conselleiro da Presidencia, Diego Calvo, trasladoulles aos alcaldes que unha vez feita a valoración dos danos analizaranse as axudas que poñer en marcha


Recuperan o corpo falecido dunha persoa no río Támega en Verín

19/06/2026 14:44

O falecemento produciuse na zona da praia fluvial

Etiquetas:  AFOGAMENTO


Un home tírase por unha ventá en Allariz tras agredir a muller e ameazar con rebentar o edificio

18/06/2026 14:26

Axentes da Garda Civil acudiron á chamada da súa parella, quen asegurou que temía pola súa propia integridade, e cando chegaron o home advertiulles que tiña dúas bombonas de butano coas que ía facer estoupar o inmoble

Publicidade
Publicidade