Contido con Xeográficas .
Ourense

Rescatada unha persoa con síntomas de hipotermia tras caer ao río en Ribadavia
04/03/2023 10:04
Segundo o 112 Galicia, precipitouse desde a terraza dun establecemento hostaleiro situado ás beiras do río Avia

Máis dun cento de oncólogos abordan os novos tratamentos en Ourense
03/03/2023 20:23
A cidade acolle o XIV Curso SOGUG de Cancro Renal e Tumores Xerminais, que reúne 130 especialistas de toda España
A inmunoterapia como tratamento contra os cancros de ril e de vexiga mellorou notablemente a esperanza e a calidade de vida dos pacientes

O Cisneros retoma as clases, pero os veciños desaloxados aínda non poden volver ás casas
03/03/2023 14:54
O patio exterior do centro educativo quedou clausurado ata que rematen todas as peritaxes e os labores de limpeza
Os bombeiros traballan para determinar se a derruba do muro afectou tamén a estabilidade do edificio lindeiro

Denegan o traslado a un centro dos cans que atacaron unha muller en Muíños
03/03/2023 10:40
A xuíza instrutora entende que non procede a medida porque non se trata dunha investigación por un delito de maltrato animal, senón un de lesións por imprudencia
A muller de setenta anos aínda se recupera das trabadas

Volven á clase tras a caída do muro no patio do Cardenal Cisneros
02/03/2023 21:56
Os 120 alumnos retomarán as clases este venres en horario habitual, pero non se utilizará o patio porque segue clausurado

Tres operarios intoxicados cando traballaban nunha obra en Ourense
02/03/2023 20:48
Un deles foi trasladado inconsciente ao Complexo Hospitalario ourensán
Todo apunta a que a causa foi un xerador de gasolina que empregaban para traballar

A historia das irmás Touza, as Schindler galegas, sobre as táboas
02/03/2023 15:33
A nai é unha obra multidisciplinar que emprega ferramentas do teatro documento de a autoficción
Amorodio teatro inclúe pezas audiovisuais nas que se mestura a historia das Touza con imaxes da actualidade
'A nai' - Amorodio Teatro. O día 3 no Centro Cívico Cultural de Arteixo

A CIG ve paralelismos en Ourense coa trama do STL da Coruña e pide investigalo
02/03/2023 14:53
En 2020 denunciaron a situación, pero foi arquivada e agora o sindicato insiste en que as circunstancias son as mesmas que as destapadas hai uns días na Coruña

Un fenómeno inusual levanta parte do tellado de dúas vivendas en Cea
02/03/2023 12:05
Un vento frío, descendendo a grande velocidade por unha ladeira, foi o causante dos danos

O colexio de Ourense en que caeu un muro sobre o patio prevé retomar as clases o venres
02/03/2023 11:32
O patio vai permanecer precintado "ata que reúna as condicións adecuadas para o seu uso", comunica a dirección do centro

A Policía Local de Ourense usará a intelixencia artificial para tramitar sancións en segundos
02/03/2023 10:46
Trátase do sistema Appolo, capaz de captar calquera infracción e formalizar a denuncia no momento evitando o papelame
Permitirá conectarse coas bases de datos dos diferentes corpos policiais e identificar calquera irregularidade na estrada

Cae o muro dun colexio en Ourense sen causar danos persoais
01/03/2023 17:33
Tamén se produciu unha inundación no patio do colexio

Viaxar en tren a Ourense, Zamora ou Seabra desde A Gudiña custa a metade desde hoxe
01/03/2023 16:19
Os usuarios poden facer uso dos abonos Avant para viaxeiros frecuentes que están bonificados nun 50 %

A Xunta valora a operación entre Reganosa e Enagás pola conexión coas redes europeas
01/03/2023 16:10
Alfonso Rueda asegura que evita o risco de que Galicia se converta nunha illa enerxética

Un coche, afectado no cuarto incendio nun mes dos colectores da avenida das Caldas, en Ourense
01/03/2023 13:46
Desta vez as lapas non chegaron nin aos negocios nin ás vivendas, pero os veciños piden maior presenza policial

Un teléfono prestará asistencia 24 horas ao persoal de enfermería vítima de agresións
28/02/2023 14:39
Trátase dun proxecto piloto do Consello Xeral de Enfermería que se probará en Ourense, Navarra e Almería

Diversión temeraria en Ourense
27/02/2023 19:47
Como se dun tobogán xigante se tratase, un grupo de mozos treparon pola pasarela das termas de Outariz, a máis de trinta metros sobre o río
A arriscada fazaña causou estupor e preocupación entre os usuarios das pozas, que captaron a escena cos seus móbiles

O Adif proxecta a segunda vía na liña Zamora-A Mezquita para reforzar a capacidade
27/02/2023 19:19
Nos 32 quilómetros entre Pedralba, Zamora, e Vilavella, Ourense

Morre unha muller de 85 anos nun accidente entre un coche e un tractor en Sandiás
27/02/2023 13:59
O accidente tivo lugar na estrada OU-531 que une Xinzo con Celanova á altura do concello ourensán de Sandiás.
O condutor do turismo, de 90 anos, quedou ferido de gravidade
O condutor do tractor non sufriu ningún dano

Fútbol 2.ª RFEF: Ourense C. F. - Zamora C. F.
26/02/2023 18:27

Deteñen un home en Castro Caldelas por ameazar cunha arma un médico
26/02/2023 15:38
Os feitos sucederon durante a madrugada deste domingo no PAC da vila

Medio Rural destina máis de 2 millóns de euros a axudas para aldeas modelo
26/02/2023 14:28
As aldeas modelo, os polígonos agroforestais e as permutas mobilizaron máis de 10.000 hectáreas sen uso
O conselleiro do ramo, José González, visitou as melloras realizadas na parroquia de Pedrosa, en Riós

A neve complica a circulación en varias comarcas de Ourense e de Lugo
25/02/2023 20:31
Houbo pequenos atrancos para o tráfico na rede secundaria
Foi preciso circular con precaución na autovía A-52 nun treito de máis de cen quilómetros entre A Limia e a provincia de Zamora

Regresan os bombeiros galegos que axudaron nos incendios de Chile
25/02/2023 19:57
Fan unha valoración moi positiva da experiencia persoal e profesional
Traballaron tanto en zonas costeiras coma de montaña

"O corpo aberto" e "Rapa", premios especiais na gala previa dos Mestre Mateo
25/02/2023 19:14

Deteñen un hostaleiro en Ourense acusado de agredir sexualmente unha traballadora menor de idade
24/02/2023 14:39
A suposta vítima dos abusos é unha rapaza tutelada que lles contou eses supostos abusos ás súas monxas coidadoras
Os axentes detivérono despois dun amplo operativo policial onde rexistraron todo o local a fondo situado no barrio do Couto, en Ourense

Xogos e actividades de educación viaria na escola
23/02/2023 13:57
Un programa de educación viaria que trae ás aulas dende pequenos pasos de peóns ou semáforos ata cidades en miniatura

A xuízo a familia de Ourense que distribuía droga en patinete
22/02/2023 08:22
Eran unha nai, o fillo e a súa parella sentimental

A riqueza ornamental da arte do século I a.C. con Silvia García
21/02/2023 16:07
A cultura castrexa do noroeste peninsular, no marco da Idade de Ferro europea, abarca case mil anos
Os expertos debaten o significado de elementos como guerreiros ou simios
É unha mostra temporal dunha colección permanente organizada polo Musaq de Ourense

Laza celebra o Luns Borralleiro: a Morena desata a apoteose
20/02/2023 21:37
Milleiros de persoas retoman a festa despois dos anos de pandemia

Laza celebra por todo o alto o seu famoso Luns Borralleiro
20/02/2023 16:15
A praza da Picota acolle esta tarde a baixada da morena de Cimadevila

Un incendio forestal na Gudiña afecta 24 hectáreas
20/02/2023 12:42
O incendio foi estabilizado durante a mañá deste luns

O hospital de Ourense vive o domingo de Entroido con larpeiradas e baile
19/02/2023 20:07
Unha escola de danza organizou un baile no patio do CHUO

Parada de Amoeiro exhibe as súas carrozas artesanais autopropulsadas
19/02/2023 19:35
No desfile deste ano participaron 38 carruaxes de Entroido polas parroquias do concello
Desfilou un dragón articulado, un barco xigante, unha esfinxe, unha quenlla e un armario da Barbie móbil

Pantallas, cabezudos e charangas levan a troula polas rúas de Xinzo
19/02/2023 15:50
O Entroido prolóngase ata o Domingo de Piñata, dentro de sete días

Verín vive o día grande do seu Entroido co desfile de carrozas e cigarróns
19/02/2023 15:32
Comparsas e charangas completaron un animado pasarrúas

Máis de 300 peliqueiros percorren Laza no seu domingo de estrea
19/02/2023 14:39
Veciñanza e visitantes viven con paixón o inicio do seu ancestral Entroido
No luns borralleiro chegan a farrapada e a baixada da morena

A captura do oso volve encher o tradicional Entroido de Sande
18/02/2023 20:23
É unha festa de valor etnográfico especial
Este domingo serán as bonitas as que desfilen
.png)
A zona cero do despoboamento en Galicia frea a baixada demográfica tras a pandemia
18/02/2023 15:30
Nas provincias de Ourense e de Lugo, tamén nas de Soria e Zamora, danse as densidades de poboación máis baixas do continente europeo
Chandrexa de Queixa e Larouco, dous dos seis concellos galegos con menos de 500 habitantes, comezan a gañar poboación