Contido con Xeográficas Ourense .

Contido con Xeográficas Ourense .

Ourense


Explosión de pole en Ourense

31/03/2023 14:27

A meteoroloxía do inverno atrasou a floración dos piñeiros, que coincide agora coa dos plátanos, os carballos ou os bidueiros 


Piden seguridade para os peóns na rotonda ourensá de Mariñamansa

30/03/2023 13:22

O home atropelado onte por un camión que traballaba na zona segue moi grave na unidade de reanimación 

Os veciños quéixanse de que hai moito tráfico e pouca sinalización


Estabilizado o incendio de Baleira despois de arrasar 1.400 hectáreas

30/03/2023 10:59

Os medios de extinción tratan de arrefriar as zonas arrasadas polo lume e están moi pendentes do vento

Son catro os lumes que continúan sen apagarse en Galicia, todos eles na provincia de Lugo

A Garda Civil investiga como intencionados a maioría dos 105 incendios de Asturias

 


Ferido grave un home de 80 anos ao que atropelaron en Ourense

29/03/2023 16:23

O accidente ocorreu pouco antes da unha da tarde na rúa Seixalbo

Etiquetas:  ATROPELO

O artista que inaugura o espazo, Miguel Mosquera

A galería Dodo Dadá quere recuperar o pulo artístico de Ourense

29/03/2023 16:00

A nova galería de arte ourensá, Dodo Dadá, está situada na zona antiga, na rúa Liberdade 

A primeira mostra dedícase ao pintor Miguel Mosquera


Ourense terá unha vía para peóns e ciclistas que atravesará a cidade de norte a sur

29/03/2023 16:00

Une a estación intermodal co centro da cidade e complétase co acceso ao complexo hospitalario


Os veciños desaloxados pola caída dun muro en Ourense tardarán tres meses en poder volver

29/03/2023 15:45

Quéixanse de que a empresa de subministración do gas, responsable da obra en que se produciu o sinistro, non se puxese en contacto con eles

Etiquetas:  ACCIDENTE

Casa en ruínas e veciños de Corvelle, na Peroxa

Denuncian o perigo dunha casa en ruínas na Peroxa

29/03/2023 13:47

Os donos marcharon hai décadas e a casa ameaza con derrubarse

Está invadida polas silvas e todo tipo de bichos


Deteñen en Ourense a suposta responsable de queimar colectores do lixo

28/03/2023 12:06

Durante varias noites o suceso repetiuse no bariro da Ponte, causando alarma entre a veciñanza


O lume arrasa unha vivenda nun edificio de Ourense

28/03/2023 10:55

Contra as 10:00 da mañá deste martes os servizos de emerxencia recibiron aviso de que saía fume pola fachada e que caían cascallos á rúa

Os bombeiros evitaron que se propagase ao resto dos pisos. Afortunadamente, non houbo danos persoais

Algúns veciños foron desaloxados e, outros, confinados para que non inhalasen o fume da escaleira

Etiquetas:  INCENDIO

Unha aldea de Boborás recupera a actividade gandeira con porcos silleiros

27/03/2023 19:42

Cento trinta propietarios cederon 23 hectáreas para a cría dos cochos

Tamén van ter froiteiras e pensan botar millo e trigo




Ourense celebra o San Lázaro e a queima das Madamitas

26/03/2023 21:37

"Non sei de ningún punto de España en que haxa algo igual a isto; o máis similar, as Fallas, pero isto está máis comprimido".

Tanto como as Fallas non é, pero, desde logo, expectación non falta. Aquí son moitos os que hoxe non poden evitar botar a vista atrás. 

"Lázaro, Ramos e en Pascuas estamos. O San Lázaro sempre atrae moita xente".

Moita xente e moito ambiente nas rúas. A festa, contan, algo foi mudando co tempo, pero en esencia todo segue igual.

"Daquela había uns gaiteiros, despois houbo bandas, pero agora vai doutra forma".

Tradición no San Lázaro é tamén a queima das Madamitas. 

"Para darlle a benvida á primavera, supoño. Hai que seguir coa tradición e co que se facía antes, e que non morra".

Un espectáculo pirotécnico co que contan queda atrás todo o malo e dáse a benvida á primavera entre ruído, pólvora, fume e fogos de artificio.

E antes de marchar...

"É típico vir para as rosquillas aquí o domingo, encántanme, están riquísimas".

A celebración ten tamén o seu lado relixioso, pero é sobre todo tradición. Unha festa para grandes e pequenos que serve ademais para albiscar cada ano a chegada da Semana Santa.


Estación de tren de Ourense con viaxeiros

Alta demanda de billetes de tren para visitar Ourense en Semana Santa dende Madrid, Barcelona ou Alacant

25/03/2023 14:37

Quedan poucos billetes a Galicia en tren e a prezos altos


Un incendio arrasa por completo o terceiro andar dun edificio en Ourense

25/03/2023 10:52

As lapas comezaron contra as 6 horas na rúa das Camelias da cidade e non houbo feridos


Conxelan no CHUO o tumor óseo dunha nena de 14 anos

24/03/2023 14:12

Unha técnica que permite tratar moitos tumores malignos curándoos ou reducíndoos

É a primera crioablación que realizan a un tumor óseo nunha paciente en idade pediátrica

E o único hospital galego, o CHUO, que emprega a crioablación que é minimamente incisiva

Categorías:  Saúde   Ourense
Etiquetas:  CANCRO

Rúa na que se produciron os acoitelamentos

Un menor acoitela dous mozos en Verín por un suposto axuste de contas

23/03/2023 19:11

O suceso ocorreu sobre as 5 da tarde na rúa Amaro Refojo


Alimentación saudable e con emoción, nas Carmelitas de Ourense

23/03/2023 14:24

Sanitarias do Sergas imparten talleres para estudantes que combinan os aspectos nutricionais cos sentimentais


Falece un home en Riós atrapado baixo un tractor

22/03/2023 16:25

A vítima conducía o vehículo agrícola na estrada entre Vilariño e Rubiós cando se botou fóra e envorcou

O vehículo saíu da vía e circulou dez metros por un noiro

O falecido tiña 89 anos e collía o tractor con frecuencia


Dúas mulleres quedaron feridas ao impactar un coche cunha terraza dun bar na Merca

22/03/2023 15:52

Unhas atropeladas resultou ferida de consideración

O condutor do coche puido despistarse na manobra

Etiquetas:  ACCIDENTE

Ioga termal na Burga de Canedo

Ioga termal para celebrar o Día Mundial da Auga

22/03/2023 14:14

Outariz acolle varias sesións de balde para os participantes

Tamén hai visitas guiadas aos mananciais da cidade

Categorías:  Sociedade   Saúde   Ourense
Etiquetas:  AUGA   IOGA

Alumnos de bacharelato crean unha vivenda bioclimática

21/03/2023 18:21

Son estudantes de Ourense nun proxecto de eficiencia e sustentabilidade

A construción servirá como laboratorio para bioconstrución


Día Mundial da Poesía nas voces das nenas e nenos do Carballiño

21/03/2023 14:39

O acto foi organizado pola Fundación Insua dos Poetas e nel participou o alumnado de oito colexios e institutos da comarca 


Atracador captado por unha cámara de videovixilancia da praza de abastos de Ourense

Os praceiros de Ourense, preocupados pola inseguridade na zona

21/03/2023 13:43

O atraco nunha coñecida queixería, en que o ladrón chegou a agredir a dependenta, vai un paso máis aló dos furtos menores que se viñan rexistrando ata o de agora

Solicitan unha entrevista co subdelegado do Goberno para reforzar a vixilancia


Pasaxeiros na estación de tren de Ourense

O tren en Ourense sumou case tantos pasaxeiros como Peinador e Alvedro xuntos

20/03/2023 14:33

O ano pasado contabilizáronse na estación de tren de Ourense 1,8 millóns de viaxeiros

A chegada da alta velocidade resta usuarios os aeroportos da Coruña e Vigo

O AVE Ourense-Madrid foi o que máis medrou en número viaxeiros de toda España 

Categorías:  Sociedade   Vida   Ourense
Etiquetas:  AVE   TREN   INTERMODAL

Viana do Bolo e Vilariño de Conso acolleron ViboMask, o Festival Internacional da Mascarada Ibérica

19/03/2023 21:05

Malia que o Entroido rematou oficialmente hai xa tres semanas hai lugares nos que estes días a

Máis de 36.000 licenzas para esta nova tempada de pesca fluvial

19/03/2023 15:35

No primeiro día a Conselleíra de Medio Ambiente desprazouse a Leiro para comprobar nas beiras do Avia como ían as primeiras horas de pesca


Atraco nunha queixería de Ourense: a praceira pide axuda para dar co delincuente

19/03/2023 13:57

O ladrón entrou no posto dunha coñecida queixería do mercado de Ourense e roubou a caixa e tras soprendelo a propietaria saíu correndo tras del

Etiquetas:  ROUBOS

"Apadriña unha tella" para arranxar o teito da igrexa de Santiago das Caldas

18/03/2023 20:36

O párroco pon en marcha unha campaña de recollida de cartos para axudar a sufragar a obra do templo ourensán




Unha cooperativa do Irixo busca gandeiros que se instalen na zona

17/03/2023 20:28

Garanten a compra de todo o leite ecolóxico que se produza

Traballan en fórmulas para reducir o minifundismo

Etiquetas:  GANDERÍA

Os familiares fixeron unha ofrenda flora.

Lembran en Lobios os tres pilotos forestais falecidos en Ourense desde 2020

17/03/2023 14:56

Os seus nomes quedan gravados a carón da escultura dun avión soltando auga

Familiares dos pilotos mortos asistiron a homenaxe na serra do Xurés


Rúa Padre Feijoo, a máis afectada pola avaría

Unha avaría eléctrica causa estragos en Ourense

17/03/2023 13:18

Afectoulles a veciños e negocios de dúas rúas da cidade

Avariáronse todos os aparellos eléctricos que estaban conectados 

O IES Otero Pedrayo foi o máis prexudicado


Ver xabarís paseando polas noites en Ourense é xa un feito cotián

17/03/2023 10:35

Gravan un vídeo no barrio do Vinteún en que se ven catro exemplares nunha das avenidas máis concorridas da cidade durante o día


A Denominación de Orixe Valdeorras bateu a súa marca histórica de viño certificado

16/03/2023 21:04

As adegas dos oito concellos adscritos produciron máis de 4.600.000 litros 

A caste godello segue a ser a predominante e máis demandada


Roberto Valente sinala o lugar onde sucederon os feitos, na Ponte Nova de Ourense

Un garda civil evita un suicidio en Ourense

16/03/2023 13:15

O axente, que non estaba de servizo, logrou disuadir un home que intentaba tirarse da Ponte Nova

O suicidio é a primeira causa de morte violenta en Galicia, máis de 300 persoas ao ano

Categorías:  Saúde   Sucesos   Ourense

Recuperan pombais en Allariz para a cría de pichóns de uso gastronómico

15/03/2023 20:17

No municipio ourensán quedan en pé trece destas antigas construcións

A carne dos pombiños xa se pode degustar e queren ampliar produción

Etiquetas:  GASTRONOMÍA
Publicidade
Publicidade