Contido con Xeográficas .
Ourense

Recrean o paso dos romanos polo río Lethes en Xinzo de Limia
20/08/2023 21:41

Comeza a vendima na D. O. Valdeorras, a máis madrugadora de Galicia
20/08/2023 14:36
Os traballos da recollida da uva godello adiantáronse este ano unha semana por mor das altas temperaturas
As previsións din que vai ser unha colleita moi boa, con calidade e más cantidade
A vindeira semana arrican a vendima en Valdeorras outras seis adegas

Un ourensán percorreu África de norte a sur en bicicleta
19/08/2023 21:41
Fixo máis de 12.000 quilómetros en bicicleta percorrendo o continente africano de norte a sur
Pasou por unha decena de países e di que o mellor é o acolledora que é a xente malia non teren nada
Conta que foi toda unha experiencia estar en contacto coa pobreza extrema e tamén unha aprendizaxe para volver á vida no primeiro mundo

En Ourense, a Cruz Vermella busca familias de acollemento para meniños
19/08/2023 14:50
En Galicia hai case un milleiro de familias que acollen máis de mil douscentos nenos

Moitos dos bares dos barrios de Ourense están pechados por vacacións en agosto
19/08/2023 14:33

Atrancóuselle o camión nunha localidade ourensá por seguir o GPS
19/08/2023 10:07
O condutor procedente de Bulgaria precisou a axuda dos bombeiros de San Cibrao para poder seguir o seu camiño no tráiler

Falece un home tras chocar o seu coche contra un piar en Vilariño de Conso
19/08/2023 09:15
Era un veciño de Manzaneda de 33 anos que perdeu o control do vehículo que conducía e tras saír da estrada colidiu contra un muro

Comezan os festexos polo Esquecemento en Xinzo de Limia
18/08/2023 21:48
Este domingo as tropas romanas volverán cruzar o río Lethes para loitar contra os castrexos

A historia e a tradición do polbo no Carballiño
18/08/2023 21:14
Xa no século dezasete a igrexa permitíalles ás mulleres de Arcos cocer o polbo libremente nas feiras a encargo do mosteiro de Oseira

Declárase un incendio forestal en Trasmiras, na zona de Escornabois
18/08/2023 19:55
Polo de agora descoñécese a superficie afectada

Apartan a médica do altercado con insultos no hospital de Piñor
18/08/2023 13:54
Un vídeo, gravado por un paciente, recolle unha acalorada discusión cunha médica do servizo de rehabilitación

Bebeto, espectador de luxo no triunfo do Arenteiro 1-2 ante o Fabril
17/08/2023 12:21
Foi a primeira derrota do Fabril e a primeira vitoria do conxunto de Espiñedo nesta pretemporada

Adiántase a vendima nas denominacións de orixe ourensás
16/08/2023 14:40
As datas estimadas polos catro consellos reguladores oscilan entre finais de agosto e principios de setembro
A produción, minguada polo mildio, será semellante á do ano pasado

A música e o baile de seis países percorre Ourense coas Xornadas do Folclore
15/08/2023 22:02
Bolivia, Tahití, Ucraína ou Suráfrica son só algúns dos países participantes este ano

Multitudinaria Festa do Polbo do Carballiño, con 125.000 persoas e 80 toneladas de polbo
13/08/2023 21:19
Medio cento de polbeiras coceron o cefalópodo no parque

Deteñen en Verín un home en busca e captura por agresións sexuais a menores
13/08/2023 21:00
Axentes da Garda Civil arrestaron o home, que tiña unha orde europea de detención por agresión a dous nenos en Verín

Multitudinaria Festa do Polbo no Carballiño, coa hostalaría ao completo
13/08/2023 15:31
Medio cento de polbeiras coceron máis de 20 toneladas do cefalópodo

Formoso di que percibe un PP "nervioso" en relación coa data das eleccións galegas
13/08/2023 15:29
O líder do PSdeG-PSOE asegura que eles teñen trazado o camiño das primarias e evita entrar no tema dos posibles candidatos

Milleiros de persoas participan nas degustación da XVI Feira do Viño de Monterrei
12/08/2023 20:56
O horario de apertura dos postos das 18 adegas participantes é de 19:30 a 1:00 horas, o sábado pola tarde, e o domingo 13, de 12:30 a 14:30 horas e de 19:30 a 24:00 horas, na alameda de Verín
Os prezos nesta edición son de 5 degustacións de viños brancos ou tintos por 10 euros e unha copa personalizada da D. O. por dous euros
A ocupación hoteleira acada o 100 % nos hoteis e restaurantes de Verín e comarca

O tren entre Ourense e Santiago estará cortado unha semana, do 21 ao 29 de agosto
12/08/2023 11:52
O motivo son as probas de seguridade precisas tras a implantación definitiva do sistema de protección ERTMS na vía
Os pasaxeiros terán que facer algúns treitos en autobús

Morre un menor afogado na praia fluvial dos Franceses na Veiga
11/08/2023 21:37
O mozo atopouse mal estando na auga, nunha zona do encoro ourensán onde non hai perigo
O concello decretou tres días de loito e suspendeu os actos festivos na localidade

O Carballiño prepárase para a 61ª edición da Festa do Polbo
11/08/2023 13:49
Milleiros de persoas xuntaranse o domingo no parque municipal da vila
Ao longo da semana calculan cocer preto de 4 toneladas de polbo

Xuntos e PSOE rexistran no Irixo a primeira moción de censura tras o 28M
11/08/2023 12:29
Coa moción arrebataranlle ao PP a alcaldía do Irixo sen cumprirse dous meses da toma de posesión

Primeira colleita de cebada cervexeira na Limia
10/08/2023 14:23
Unha iniciativa de Estrella Galicia para achegar a produción de materia prima
O rendemento multiplica por seis a produción en Castela e Aragón

Visitamos a cociña máis grande de Ourense
09/08/2023 14:15
Cada día sérvense ao redor de 3.000 pratos no complexo hospitalario ourensán
As dietas adáptanse á temporada de verán

A ración de polbo á feira máis grande do mundo, este ano aínda máis grande
08/08/2023 21:32
A ración de polbo á feira máis grande do mundo faise na Festa do Polbo do Carballiño

O Irixo podería vivir a primeira moción de censura despois das eleccións do 28M
08/08/2023 19:25
Segundo fontes de Europa Press, Xuntos polo Irixo e PSOE asinaron un pacto para botar o PP da alcaldía
Xuntos gobernaría tres anos e o PSOE, o ano restante
O rexedor goberna en minoría e co apoio de 4 edís, fronte aos 5 que suman os dous partidos da oposición

O día de máis calor do ano en Galicia: poden superar os 40 graos na conca do Miño e en Valdeorras
08/08/2023 14:05
Estas zonas de Ourense están en aviso laranxa e o resto da provincia, en amarelo, por riba dos 36º
Só o norte de Lugo e as Rías Baixas, sen aviso por calor
Alerta vermella en Córdoba e aviso laranxa noutras 26 provincias

As obras na A-52 preto da Cañiza provocan retencións puntuais
07/08/2023 14:27
Nótanse máis nestes meses de verán polo incremento do tráfico
Os traballos son para mellorar a drenaxe en varios quilómetros

Degustación de balde de máis de 1.000 quilos de pementos en Oímbra
06/08/2023 21:11
A festa naceu hai 26 anos para promover esta variedade da horta
Agora hai 14 produtores amparados pola Indicación Xeográfica Protexida

A terceira vaga de calor afectará Galicia, coa semana máis calorosa do ano
06/08/2023 20:47
Meteogalicia activa este luns a partir das tres do mediodía o aviso amarelo por temperaturas por riba dos 36 graos na conca do Miño
A entrada dunha masa de aire cálido procedente de África elevará as temperaturas, sobre todo na provincia de Ourense, pero tamén na costa
O martes prevese que sexa o día máis caloroso e a vaga de calor estenderase ata o xoves

Fin de semana de festa de exaltación dos pementos galegos
05/08/2023 21:38
Na Arnoia celebran durante toda a fin de semana a XLIV edición da súa Festa do Pemento, onde poden degustar o seu produto estrela en diferentes preparacións
Na Parroquia de Herbón, en Padrón, van pola XLIII Festa do Pemento, un dos máis coñecidos no mundo
A Festa do Pemento de Mougán celebra a súa XXV edión e en Oímbra festexan este domingo os 26 anos de historia da festa do seu pemento

Oímbra repartirá 1.500 quilos de pementos este domingo
04/08/2023 14:09
Celebran a 26ª edición da Festa do Pemento
Tamén A Arnoia celebra esta fin de semana a Festa do Pemento, entre o venres e o domingo

A rotura dunha tubaxe provoca unha riada nun barrio de Ourense
02/08/2023 16:41
Unhas obras no barrio de Barrocás sorprenderon os veciños
.jpeg)
A Cidade da Cultura custodiará o legado de Arcadio López-Casanova
29/07/2023 19:41
Son 4.000 exemplares da súa biblioteca persoal, doados pola viúva, María del Carmen Paramio
.jpeg)
Morre unha muller que circulaba en sentido contrario ao bater cun camión en Piñor
29/07/2023 08:04
Segundo o condutor do camión, que saíu ileso, a falecida buscou de xeito intencionado o accidente
Ocorreu na autovía AG-53 que une Dozón con Ourense pasadas as once e media da noite

Falece unha muller de 61 anos nunha colisión entre dous coches en Xunqueira de Espadanedo
28/07/2023 10:02
No choque frontal quedou ferido un mozo de 22 anos, que deu positivo en alcol e ao que lle abrirán dilixencias por homicidio por imprudencia

Buscan un home de 68 anos desaparecido en Vilamartín de Valdeorras
24/07/2023 20:34
Mide un metro 75 centímetros, é delgado e ten o pelo e os ollos castaños

Detido un home en Ourense tras atrincheirarse no piso e tirar bombonas e mobles pola ventá
24/07/2023 19:12
Recibira unha notificación para ingresar en prisión e reaccionou tirando obxectos contra o coche da policía