Contido con Xeográficas Ourense .

Contido con Xeográficas Ourense .

Ourense

Pecha a piscina de Trasmiras ao detectarse a presenza de restos fecais

10/08/2026 14:09

Sospeitan que un reto viral, o denominado reto marrón, é a razón deste acto vandálico

A pasada fin de semana ocorreu o mesmo nas piscinas de Castroverde e Vila de Cruces

O risco sanitario obriga os concellos responsables a pechar as instalacións para facer analíticas



O acceso ao núcleo do Pereiro de Aguiar sufrirá un corte total de tráfico por obras

09/08/2026 20:14

O corte prodúcese por obras de asfaltado o luns e o martes de 8:00 da mañá ás 20:00 da tarde

Estará afectado o tramo da estrada OU-0505, entre a vía de San Miguel do Campo–Velle e o propio núcleo do Pereiro de Aguiar


Polbo á feira, prato estrela na festa do polbo do Carballiño

Día grande na Festa do Polbo do Carballiño

09/08/2026 17:04

As polbeiras calculan que hoxe se poderán consumir no Carballiño arredor de 50.000 quilos do produto estrela da festa


Falece unha muller tras caer dun cabalo en Verín

09/08/2026 13:08

A falecida tiña 66 anos e estaba de vacacións

Os profesionais sanitarios chegaron rapidamente e comprobaron que a muller entrara en parada cardiorrespiratoria


Imaxe cedida por Protección Civil de Barbadás

Dúas persoas feridas tras unha saída de vía en Barbadás

09/08/2026 10:06

Os dous ocupantes estaban fóra cando chegaron os servizos de emerxencias


Imaxe do incendio de Baltar publicada nas redes sociais da Brif de Laza

Activo un incendio forestal no concello de Baltar que xa queimou máis de 95 hectáreas

08/08/2026 14:57

O lume iniciouse ás 12:21 horas deste sábado na parroquia de Garabelos do Bouzo

Este sábado pola tarde comezaron arder outros dous lumes forestais: un deles no lugar de Vilarello (Dozón) e o outro no lugar de Neiras, no concello de Sober

Controlado un incendio forestal no Porriño con 1,3 hectáreas afectadas


Un acertante de Verín gana máis dun millón de euros na Bonoloto

08/08/2026 09:09

O boleto foi validado na administración de loterías nº 1 de Verín

Do afortunado ou afortunada non se sabe nada polo de agora, só que o premio millonario chegou cunha aposta de tan só un euro

Etiquetas:  BONOLOTO

Garda Civil

Ferido grave un motorista tras chocar frontalmente cun turismo na N-120 en Ourense

07/08/2026 13:31

Foi trasladado ao centro hospitalario de referencia tras sufrir a amputación dunha extremidade inferior



Aumenta a preocupación entre a veciñanza da Ponte, en Ourense, pola repunta dos ataques aos coches

06/08/2026 14:19

Cinco coches aparcados na rúa e dez nun garaxe foron danados estes días no barrio da Ponte

A veciñanza leva tempo denunciando estes roubos continuados e reclaman máis vixilancia policial porque din que hai inseguridade


Concello de Ourense

Anulada a adxudicación do bus urbano de Ourense tras estimar parcialmente os recursos das empresas competidoras

06/08/2026 13:47

O Tacgal apunta a unha falta de adecuación das instalacións aos pregos e a análise dos estudos económicos

Etiquetas:  AUTOBUSES

As novas frecuencias serán os fins de semana e festivos

Dúas novas frecuencias reforzan a liña de autobús O Carballiño-Ourense

05/08/2026 14:31

O novo servizo de ida será ás 12.20 h; o de volta, ás 13 horas 

Os cambios aplicaranse a partir do 8 de agosto os sábados, domingos e festivo


Celebran o 45 aniversario do primeiro teléfono en Pedrosa, Cualedro

05/08/2026 14:28

Hai 45 anos inaugurábase nesta aldea a liña telefónica 12 millóns de España

Todo un acontecemento que presidiu o rei Xoán Carlos I, chamando desde a Zarzuela

Os veciños conservan aquel documento que nos remonta a outra época

Etiquetas:  TRÁFICO

Garda Civil/Ministerio do Interior

Detida unha veciña de Coles por roubar xoias e diñeiro en vivendas en que traballaba

05/08/2026 12:16

Investigada outra veciña de Xinzo por un presunto roubo tras forzar a entrada á vivenda da súa exparella e subtraer varios efectos


Fang Ling colleu o micrófono da Galega para anunciar a súa aparición no 'Galicia Noticias'

A dona dun bazar chinés en San Cibrao das Viñas triunfa amosando o seu día a día nas redes sociais

04/08/2026 13:51

Fang Ling é a propietaria do establecemento e os seus vídeos acumulan milleiros de visualizacións 

Con moito humor conta anéctodas para primocionar a tenda e estase convertendo en todo un fenómeno viral

Leva xa máis de 20 anos en Ourense e os seus clientes e seguidores falan marabillas dela


Detidos tres homes como presuntos autores do roubo de 40 kg de cable de cobre en Vilamartín de Valdeorras

04/08/2026 12:10

Os detidos foron sorprendidos na allada apoderándose dos 40 quilogramos de cable que cortaran, enrolaran e amontoaran a tarde anterior na parroquia de Arcos


Reabre a estrada que vai de Pantón a Nogueira de Ramuín en Ourense

03/08/2026 15:04

As máquinas seguen traballando, pero os coches xa poden circular por esta estrada provincial de Lugo

A vía estivo cortada desde febreiro polo deprendemento de pedras de ata 30 toneladas


Preocupación por unha vivenda ocupada ilegalmente no barrio ourensán do Vinteún

03/08/2026 12:42

A ocupación ilegal dun edificio abandonado no barrio ourensán do Vinteún ten agoniados os veciños

Din que hai pelexas constantemente, que cada pouco ten que vir a policía, e quéixanse tamén do ruído e da sucidade

Aseguran que os ocupantes da vivenda fan lume e temen que se orixine un incendio


A estación de Manzaneda colga o cartel de completo para a eclipse total do 12 de agosto

02/08/2026 21:43

Conta cun amplo programa de actividades con monitor especializado na observación do ceo

Etiquetas:  ECLIPSE

Cinco persoas quedan feridas na baixada das carrilanas de Muíños

01/08/2026 18:08

O helicóptero do 061 tivo que trasladar unha menor con "lesións importantes"

Un dos vehículos saíu do circuíto e atropelou varias persoas do público


Planta de Alcoa, en Cervo. TVG.

Alcoa asume a "plena titularidade" da fábrica de San Cibrao "sen impacto" nos empregos

31/07/2026 15:14

O cambio non vai afectar tampouco ás operacións nin a actividade diaria do complexo, aseguran responsables da compañía 

Con todo, recoñecen que a viabilidade “segue véndose afectada" polas perdas da refinería e pola falta de acceso a un prezo de enerxía estable e competitivo para a planta de aluminio


A Arnoia celebra a festa do pemento, unha das máis lonxevas

31/07/2026 13:57

O propio Concello tivo que plantar pementeiras para garantir o abastecemento debido a escaseza de produtores

De máis de douscentos mil quilos que se collían nos anos 80, pasaron a 7.000 este ano


Reloxos feitos á man dende hai máis dun século en Ourense

30/07/2026 20:35

Odilo Fernández segue a traballar igual ca o seu avó, hai 115 anos, cando fundou a marca El Cronómetro

Neste momento só fan, como máximo, cinco ao ano e por encargo


Europa Press-Arquivo

Wizz Air abrirá dez novas rutas desde Santiago e establecerá unha base no aeroporto

30/07/2026 13:37

A compañía conectará Compostela con Roma, Varsovia e outros oito destinos nacionais e internacionais 


Estado en que quedou a estrada de Servaínza

Aran o asfalto nunha estrada de Viana do Bolo

29/07/2026 14:07

Unha sabotaxe na estrada de acceso á aldea da Servaínza, en Viana do Bolo, deixou practicamente incomunicados os veciños

Durante a noite, alguén arou uns trinta metros de asfalto

Agora só se pode pasar en tractor ou todo terreo


Foto de Arquivo (Eduardo Parra/Europa Press)

Foxe máis de 200 km/h, sen carné e cun coche roubado en Allariz

29/07/2026 12:04

A Garda Civil indicou que o vehículo fora subtraído e o investigado contaba cunha orde de afastamento sobre o seu propietario


Persoas refréscanse no río Avia en Leiro na provincia de Ourense. (EFE / Brais Lorenzo)

Alerta amarela en Valdeorras este mércores con valores de máis de 40º

29/07/2026 09:06

Poderíanse superar os 36 graos en zonas do Miño e no sur de Ourense e de Lugo


Detido un veciño de Monterrei como presunto autor dun incendio forestal en Vilardevós

28/07/2026 12:03

O lume iniciouse o 13 de agosto de 2025 e afectou 1.800 hectáreas


Arquivo. (Rosa Veiga / Europapress) / En directo cámara web da CSAG en Verín

Alerta laranxa este martes na zona do Miño en Ourense por temperaturas de ata 39 graos

28/07/2026 08:08

AEMET activa alerta amarela no interior e suroeste da provincia da Coruña, no sur de Lugo, no noroeste de Ourense, na zona do Miño en Pontevedra e nas Rías Baixas

Ourense marcou a temperatura máxima de Galicia o luns ao chegar aos 40,3 graos


Concello de Boborás

Reabre a vía Santiago-Ourense tras extinguirse o lume causado por un tren en Boborás

27/07/2026 16:57

Traballaron na zona dous avións, un helicóptero, dúas motobombas, tres brigadas e un axente

Hai 10 días quedou extinguido outro lume nesta mesma parroquia tras calcinar 19 hectáreas


Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas en Manzaneda

26/07/2026 15:35

O evento, que xa fai 17 edicións, busca impulsar e homenaxear este instrumento tan ligado á nosa tradición musical

Participaron agrupacións de distintos puntos de España e Portugal. Por primeira vez houbo cornamusas mediterráneas chegadas dende Mallorca.

Etiquetas:  GAITA

Un veciño de Verea morre atrapado nun burato do faiado da súa casa

25/07/2026 09:38

O home estaba nun lugar de difícil acceso, a unha altura de máis de 6 metros

O falecido, duns 70 anos, quedou atrapado ao caerlle enriba un montacargas artesanal, que empregaba para mover leña


Porta do establecemento en que roubaron. TVG.

Rouba nun hotel de Ourense 6.000 euros e queda todo gravado polas cámaras

24/07/2026 16:45

O ladrón levou cartos da caixa rexistradora e da máquina de tabaco e tamén os viños e licores máis caros

Categorías:  Galicia   Ourense   Sucesos
Etiquetas:  ROUBOS   HOTEL


A tradición manda na Romaría da Madalena: coller auga na fonte para curar as verrugas

22/07/2026 14:44

En San Martiño, na parroquia de Santa Eufemia de Celanova, viven hoxe unha xornada na que, como é tradición nas romarías, mesturan a devoción coa gastronomía e a festa

Etiquetas:  FESTAS

Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense. Rosa Veiga/Europa Press (Arquivo).

Jácome ten que indemnizar unha funcionaria con 48.000 euros por danos morais

21/07/2026 19:34

O TSXG considera probado o incumprimento do Concello de Ourense e do alcalde dos seus deberes de prevención de riscos laborais

A traballadora municipal denunciou que sufría acoso por parte do alcalde 


EFE

A Xunta prevé adxudicar este ano as obras do último treito da rolda leste de Ourense

21/07/2026 17:03

A vía dará servizo a máis de 110.000 veciños de Ourense e San Cibrao das Viñas

O investimento é de 12,7 millóns


Dous feridos graves nun choque frontal entre unha ambulancia e un turismo na Rúa

21/07/2026 13:26

Os dous condutores tiveron que ser excarcerados e foron trasladados ao hospital 

Etiquetas:  ACCIDENTE

A Xunta pide a Adif que reforce a roza nas vías tras os incendios de Ourense por causa dun tren

21/07/2026 12:44

Medio Rural reclama ao administrador ferroviario que detalle as medidas preventivas executadas este ano 

Publicidade
Publicidade