Contido con Xeográficas .
Ourense
A sueca Eurobattery comeza a traballar na mina de volframio da Gudiña
11/10/2025 18:29
É a segunda explotación da península de tungsteno, un mineral que a Unión Europea considera "estratéxico"
O xacemento, cunhas reservas de 60.000 toneladas, coñécese desde os anos 70 pero nunca se explotou
Oímbra recrea a pisada e o prensado das uvas nos lagares rupestres
11/10/2025 15:33
O que antes era unha xornada de traballo agora é unha festa para homenaxear a viticultura tradicional e o patrimonio
Tentan recuperar o legado enolóxico e que a xente nova poida coñecer como traballaban os seu antepasados
É o concello de Galicia cunha maior concentración de lagares rupestres, ten 20 construcións restauradas
Afloran as librerías de segunda man
10/10/2025 19:45
La Quinta é a librería de segunda man máis antiga de Ourense, abriu as súas portas hai 10 anos.
A librería La Quinta ten un club de lectura e promove encontros con autores ourensáns
Rescatan unha anciá do incendio da súa vivenda en San Xoán de Río
10/10/2025 14:43
A muller e a súa coidadora non se decataran do lume e foron os veciños os que a axudaron
As lapas deixaron moi danada a casa que fora rehabilitada hai un par de anos
O PP entra no Goberno do Irixo e asumirá a tenencia de alcaldía
07/10/2025 21:36
O cambio produciuse tras pactar con dúas concelleiras que abandonaron o PSOE
Os veciños de Verea Vella, en Ourense, denuncian problemas para acceder ás vivendas
07/10/2025 14:09
Alertan de que o mal estado da rúa e a saturación de vehículos que aparcan na zona complican a actuación dos servizos de emerxencia e mesmo a entrada a pé nos edificios
Reclaman, ademais, a renovación da rede de saneamento con máis de medio século de antigüidade e continuas avarías
Reabren as termas da Chavasqueira seis anos despois do incendio
06/10/2025 20:44
Para o 14 de outubro está previsto o xuízo contra os dous acusados de provocar o incendio
En busca e captura o profesor condenado por abusar dunha alumna en Ourense
06/10/2025 15:10
Tiña que ingresar na cadea tras decretar o Supremo a firmeza da sentenza e notificarllo o 15 de setembro
Está condenado a 13 anos de cárcere por abusar sexualmente dunha das súas alumnas en Ourense, desde que esta tiña 12 anos e ata que fixo 16
Novos axustes nos autobuses urbanos de Ourense
06/10/2025 14:25
Desde que o Concello cambiou as rutas, o pasado 16 de setembro, xa van coa quinta modificación
Os usuarios quéixanse tamén de falta de información nas paradas
Investigan unha persoa polo incendio de San Cristovo de Cea que calcinou 7,5 hectáreas
06/10/2025 11:19
No que vai de campaña a Policía Autonómica prendeu 24 persoas como presuntas autoras de incendios forestais
Outono teatral no Carballiño na XVIII Mostra de Teatro Amador
05/10/2025 21:42
A mostra Terras do Orcellón chega á súa maioría de idade na súa décimo oitava edición
Está organizado polo grupo Tiruleque coa colaboración da Deputación provincial e o Concello do Carballiño
Cada fin de semana ata o 9 de novembro haberá teatro, en total 10 espectáculos de 9 compañías galegas
Reabren as termas da Chavasqueira seis anos e medio despois de sufriren un incendio
05/10/2025 17:57
O xuízo dos dous investigados polo incendio será o 15 e o 16 deste mes
As termas manteñen a estética xaponesa e prezos similares, algo máis de 5 euros
Vilar de Barrio enxalza a pataca limiá na 46 edición da súa festa
05/10/2025 15:22
Hai degustacións, mostra de produtos de outono, atividades culturais e o tradicional concurso da pataca
A festa serve tamén para revindicar a cultura do rural, os labores agrícolas e os oficios tradicionais
A educación no seminario, unha ensinanza máis aló do intelectual
05/10/2025 15:04
No seminario menor de Ourense optaron dende hai un par de anos por un modelo mixto e agora contan xa con 16 alumnas
Ademais de impartiren as materias tradicionais, reservan un tempo para a oración e celebran unha misa diaria, de luns a xoves
Remata o Ourense Film Festival, cunha programación que aposta polo cinema social
05/10/2025 09:57
O Ourense Film Festival clausura a súa 30ª edición cunha gala chea de humor, emoción e recoñecementos
Entregáronse 14 galardóns entre a Sección Oficial Internacional, a Sección Oficial Panorama Galicia e a Sección Oficial Curtametraxes, incluíndo as prestixiosas Calpurnia
Daniel Guzmán recibiu a Calpurnia de Honra e presentou a súa nova película como peche da gala
As películas gañadoras das seccións competitivas poden verse no Teatro Principal de Ourense o domingo 5 de outubro a partir das 17 horas
O festival de Ourense premia na sección oficial o filme "San Simón"
04/10/2025 17:25
A película de Miguel Ángel Delgado narra a historia da illa convertida en campo de concentración durante o franquismo
O drama croata sobre a homosexualidade Sandbag Dam é o gran triunfador no apartado internacional
O premio á mellor curtametraxe galega é para Xaime Miranda por Hippocampus
O Colexio de Arquitectos visita San Vicente de Leira para valorar a situación despois dos incendios
04/10/2025 14:33
O COAG asegura que é necesario un plan integral avalado por todas as Administracións para levar a cabo a reconstrución
Os veciños amosaron a súa preocupación polo risco de derrubamentos e pola burocracia dos trámites
Ence proxecta unha planta de biometano e fertilizantes en Xunqueira de Ambía
03/10/2025 15:08
Prevé investir 25 millóns e xerar 80 empregos
A planta xestionará subprodutos dos gandeiros locais "sen cheiros"
O tren entre Lugo e Ourense volverá circular quince días despois do corte da liña por un incendio
02/10/2025 16:53
Ata o momento, a entidade establecera un Plan de Transporte Alternativo por estrada para prestar servizo aos viaxeiros afectados polo incendio
O lume comezara na parroquia de Pombeiro, en Pantón, a poucos metros da vía do tren
Protestas polos cambios nas liñas dos autobuses urbanos de Ourense
02/10/2025 14:02
Os usuarios quéixanse de atrasos e percorridos moi longos
Desde a implantación o pasado 16 de setembro xa houbo varios axustes
A Xunta pecha unha vivenda comunitaria de maiores en Amoeiro por graves irregularidades
01/10/2025 18:05
Os seis residentes foron trasladados a centros públicos de Monforte e Barbadás
Ao parecer, as irregularidades detectadas refírense tanto á xestión como á atención dos usuarios
Os empregados dunha entidade bancaria de Ourense frustran un roubo reducindo o ladrón
01/10/2025 15:56
O atracador achegouse cunha pistola, que, posteriormente, se confirmou que era simulada
Os empregados non chegaron a darlle os cartos e conseguiron reducilo ata que chegou a Policía Nacional
O turismo cinematográfico chega a Ourense co festival de cine
01/10/2025 14:37
Unha ruta de cine leva os participantes por escenarios de película
A primeira parada do día foi no mosteiro de San Pedro de Rocas, onde se rodou unha escena de Live is Life
Un ano de cárcere para o home que atropelou unha muller en Maside que morreu meses despois
30/09/2025 17:15
A vítima, de 65 anos, morreu meses despois do accidente tras múltiples intervencións médicas
A acusación pide unha indemnización superior a 126.000 euros, dos que xa se aboaron 50.000
Rouban nun restaurante de Ourense por segunda vez en mes e medio
30/09/2025 14:30
Os ladróns accederon do mesmo xeito: rompendo un dos cristais da porta coa tapa dun sumidoiro
Allariz recupera a historia e a memoria da artesanía do coiro
28/09/2025 19:06
A vila de Allariz converteuse no corazón do mundo do coiro coa celebración das Xornadas dos Oficios do Coiro
Un encontro con 12 anos de historia que recupera a memoria dunha tradición e os coñecementos artesanais ligados á arte de curtir
A Deputación de Ourense concédelle o premio Ourensanía 2025 ao oncólogo Rafael López
28/09/2025 17:58
A ceremonia de entrega terá lugar o próximo 10 de novembro no Teatro Principal de Ourense
O festival de cinema de Ourense estrea unha sinfonía que será a súa banda sonora
28/09/2025 17:34
O tema propio do OUFF é unha canción composta polo músico galego José Manuel Cancela, gañador de cinco premios Emmy
Foi interpretada pola Xove Orquestra Ourensanía, conducida polo seu autor, no Auditorio Municipal de Ourense
Un cento de debuxantes urbanos de Galicia retratan os detalles da catedral de Ourense
27/09/2025 21:47
O colectivo DebuxandOu organizou o último dos encontros anuais dos debuxantes de rúa na cidade das Burgas
Cada debuxante achega a súa mirada e debuxa coa súa propia técnica, desde o bolígrafo, o lapis, o rotulador ou a acuarela.
O festival de cine de Ourense proxectará 164 películas no súa edición número 30
27/09/2025 21:17
O Ourense Film Festival, o festival de cinema máis internacional e o pioneiro de Galicia está de aniversario, cumpre 30 anos
Contará con doce filmes na sección oficial internacional, dez na sección Panorama Galicia e 22 na sección de curtametraxes
Hai unha morea de actividades paralelas como encontros literarios ou a exposición Making Movies e tamén sección novas
En marcha a trixésima edición do Ourense Film Festival
26/09/2025 21:01
Na xornada inaugural foron premiados o compositor José Manuel Cancela e a actriz Charo Pena
Un incendio forestal en Rubiá obrigou a cortar a N-120
26/09/2025 17:32
O lume, estabilizado en hora e cuarto, comezou na parroquia da Veiga de Cascallá
Medio Rural mantén vixilancia sobre outro incendio en Portugal próximo a Galicia
Rouban na catedral de Ourense unha peza de 300 anos de antigüidade
26/09/2025 15:37
Reclaman medidas de vixilancia para evitar novos roubos ou danos
Arrinca a 30 edición do Ourense Film Festival, con catro películas de estrea internacional
26/09/2025 08:36
Proxectaranse tres películas de coprodución palestina na sección de cinema árabe 'Amal en ruta'
Condenan o alcalde de Verín a dous anos de cárcere por un delito contra a ordenación do territorio
24/09/2025 09:53
Segundo a sentenza, Gerardo Seoane, do Partido Socialista, aprobou a realización de obras na contorna dunha igrexa sen proxecto técnico nin autorización da Consellería de Cultura
O rexedor foi absolto do delito de prevaricación urbanística
O alcalde defende a súa inocencia e di que recorrerá ante a xustiza ata que "prevaleza a verdade" mentres o PP pide a súa dimisión
Os últimos ultramarinos que se resisten a desaparecer
23/09/2025 21:18
As tendas de ultramarinos naceron no século XIX
Extinguido o incendio de Lobios mentres o de Pantón segue estabilizado
23/09/2025 20:55
En Lobios as lapas calcinaron máis de tres hectáreas, parte delas no Parque do Xurés
En Pantón, que tamén afecta o concello de Sober, a superficie queimada é de dúas mil hectáreas
Denuncian o abandono da fonte do Tinteiro, en Ourense
23/09/2025 14:10
Este manancial de augas mineromedicinais, de gran tradición na cidade, leva meses botando auga fría polas filtracións do río Miño
Como alternativa, os veciños recorren a outro manancial, situado uns metros máis arriba, pero as propiedades, din, non son as mesmas
Estabilizado o incendio de Pantón, que arrasou máis de 2.000 hectáreas, e controlado o de Lobios
22/09/2025 17:55
Para a súa extinción mobilizáronse, de forma acumulada, 156 axentes, 182 brigadas, 116 motobombas e tamén efectivos da UME
O novo túnel de Oural facilitará a conexión de Lugo coa alta velocidade
22/09/2025 17:29
Ten unha lonxitude de 1,9 quilómetros e substitúe o túnel en servizo desde finais do século XIX, que será reconvertido nunha galería de evacuación
Foron necesarios catro anos de obras e un investimento duns 50 millóns de euros