Contido con Xeográficas .
Ourense
Liberdade con medidas para un home en Ourense investigado por tenza de pornografía infantil
09/01/2026 22:17
Ten prohibido saír do territorio nacional, así como aproximarse e comunicarse coas dúas vítimas
A linguaxe das campás, un oficio en perigo de extinción
09/01/2026 20:35
Para evitar que se perda, a ourensá Estíbaliz Osorio decidiu aprendelo aproveitando a sabedoría dun veciño cunha longa tradición familiar como campaneiro
Un carniceiro de Ribadavia alecciona o cociñeiro Dabiz Muñoz
09/01/2026 13:37
Manuel Rodríguez, que ten unha carnicería na praza de abastos da vila, explícalle ao estrela Michelin os distintos cortes da tenreira
O vídeo está triunfando nas redes sociais
Morre unha muller de 67 anos ao derrubarse unha parte da súa vivenda en Cartelle
08/01/2026 19:28
A placa de formigón do segundo piso cedeu e acabou derrubándose sobre o primeiro
Un incendio calcina esta madrugada unha vivenda en Taboadela
07/01/2026 14:37
Ata agora descoñécense as causas do lume, que unicamente deixou danos materiais, pois as tres persoas que residían no inmoble saíron ilesas
07/01/2026 11:10
Os convocadores rexeitan o tratado entre a Unión Europea e Mercosur e reivindican unha Política Agraria Común (PAC) "xusta"
A Subdelegación do Goberno en Ourense permanece pechada ao público e as citas previstas para este mércores están a ser reprogramadas
A Xunta di que estará "á beira" de gandeiros e agricultores
07/01/2026 11:02
Estableceuse nivel vermello na estrada OU-0704, entre os quilómetros 0 e 6,8, na contorna da Pobra de Trives e Cabeza de Manzaneda, prohibiuse a circulación de vehículos pesados e autobuses, e é obrigatorio o uso de cadeas ou pneumáticos de inverno para o resto de vehículos
Dó en Sandiás: unha das vítimas do incendio de Crans-Montana era neto de emigrantes deste concello
06/01/2026 13:28
Trátase dun mozo de 18 anos que pasou os primeiros anos da infancia cos seus avós na aldea de Vilariño das Poldras, a onde seguía regresando con frecuencia
O bar incendiado nos Alpes suízos non fora controlado nos últimos cinco anos
Mínimas de -10ºC e neve na montaña nunha xornada fría en toda Galicia
05/01/2026 15:06
Ás 8:50 horas rexistráronse temperaturas de -9,9 ºC en Cabeza de Manzaneda, -8,8ºC en Carballeira de Valdeorras e -7,1ºC en Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
Prevese aviso amarelo por frío para esta noite nas zonas montañosas de Ourense
O xulgado arquiva a peza da Pokémon que investigou o exalcalde de Ourense Francisco Rodríguez
05/01/2026 14:17
O maxistrado da praza 1 da Sección de Instrución conclúe que non hai indicios de que os investigados recibisen "distintas cantidades de diñeiro a cambio de favores que puidesen favorecer a mercantil Vendex"
Tranquilidade e incerteza na comunidade venezolana en Galicia
04/01/2026 19:52
Harold, venezolano residente en Ourense: "Cando o vin, gustoume"
As noticias veñen dos familiares e o temor a criticar o réxime segue vivo
A trixésima edición de Pazolandia congregou en Ourense máis de 26.000 persoas este Nadal
04/01/2026 16:44
O maior parque de atraccións cuberto de Galicia conta con crecer aínda máis na súa próxima edición
O Ourense sobreponse ao Avilés e a un campo impracticable (2-1)
03/01/2026 20:39
Javi Cueto adiantou o Avilés no primeiro tempo
Omar e Amín déronlle volta na segunda
O estado do Couto condicionou o encontro
02/01/2026 19:56
As protestas rexeitan o acordo da UE con Mercosur e reclaman unha PAC xusta e a vacinación contra a dermatose en Galicia
Ourense arranca o ano sen zona ORA tras 30 años vixente
02/01/2026 13:54
Xa non hai que pagar para aparcar no centro
Os condutores alégranse de non ter que pagar, pero temen problemas de mobilidade na cidade pola falta de aparcadoiros
A Gudiña recuperará este ano o tren matutino coa meseta
02/01/2026 10:49
O ministro de Transportes avanza que a parada suprimida recuperarase "nas próximas semanas"
Coral, a primeira galega nada en 2026, chegou co son das badaladas
01/01/2026 11:06
A pequena naceu no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense xusto cando o reloxo daba as 00:00
Badaladas adiantadas nunha aldea de Vilar de Santos para festexar todos xuntos o fin de ano
31/12/2025 21:04
Os veciños de Castelaos levan tres anos celebrando una merenda festa na tarde do 31 con uvas incluídas
Patacas e hamburguesas gratis como sinal de protesta
30/12/2025 14:47
Agricultores da Limia repartiron catro mil quilos de patacas entre os veciños de Ourense para protestaren polos baixos prezos
Os gandeiros regalaron hamburguesas, reivindicando a calidade do produto autóctono
Manteñen os tractores aparcados no centro da cidade
Calvos de Randín marca o récord de frío en Galicia este martes, con -5,7 ºC
30/12/2025 10:08
Ourense e Lugo rexistran temperaturas baixo cero nas primeiras horas da mañá
A Aemet tamén ten aviso amarelo por néboa no centro da provincia lucense
Unha tractorada en defensa do agro colapsa o centro de Ourense
29/12/2025 16:24
A protesta foi convocada contra o acorda ca UE con Mercosur e para reivindicar una Política Agrícola Común (PAC) "xusta"
Os gandeiros prevén continuar cos tractores aparcados ante a Subdelegación do Goberno durante os próximos días
O Concello de Ourense aproba o "tarifazo do lixo" coa abstención do PP e co PSOE e BNG en contra
29/12/2025 15:56
A ordenanza supón "unha subida do 45 %" no pago do servizo de recollida e tratamento de residuos
Últimos días do servizo da ORA en Ourense, que quedará suprimida o 1 de xaneiro
29/12/2025 13:29
O Concello toma esta decisión porque di que achega pouco economicamente e que é un sistema anticuado
Na rúa hai opinións diversas sobre unha medida que deixará nove traballadores sen emprego
A xente pide algunha medida alternativa para poder aparcar os coches como os aparcadoiros disuasorios
Jácome renuncia á súa acta na Deputación de Ourense
29/12/2025 11:09
O alcalde de Ourense deixa a súa acta coma deputado provincial co obxectivo de "propiciar a remuda" a outro concelleiro de Democracia Ourensana (DO) e focalizarse nas próximas eleccións
A renuncia será efectiva a partir da próxima sesión plenaria
Calvos de Randín rexistra a temperatura mínima de Galicia este luns, con -3,8 ºC
29/12/2025 10:27
Ourense e Lugo, con temperaturas baixo cero
Moita afluencia en Manzaneda na primeira fin de semana que está aberta para esquiar
27/12/2025 21:05
Este sábado había 9 pistas abertas e case seis quilómetros esquiables
Ferido grave un motorista tras bater contra un coche no concello de Lobeira
27/12/2025 21:01
Logo da colisión, que foi frontal, impactou contra un muro e tivo que ser trasladado en helicóptero
Estudantes de piano enchen de música o Hospital Universitario de Ourense
27/12/2025 17:24
A actuación forma parte do programa 'Música e saúde' que organiza o servizo de humanización
O xulgado paraliza o desaloxo dos praceiros da alameda de Ourense que ordenara o Concello
26/12/2025 18:07
O desaloxo debía ser efectivo, como moi tarde, o 9 de xaneiro
Os comerciantes recorreron ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo
Os praceiros venden nas instalacións habilitadas na Alameda porque a praza de Abastos está pechada por reformas
Ourense peonaliza varias rúas do centro da cidade
26/12/2025 15:14
A partir deste venres queda prohibida a circulación de vehículos por varias rúas do centro da cidade, coa entrada en vigor da zona de baixas emisións
Os condutores que accedan estas poden enfrontarse a multas de ata 200 euros
Grazas á axuda dos veciños puido pasar o Nadal cos seus fillos nun novo fogar
25/12/2025 20:10
Raúl Sampedro perdeu a súa casa en Castrelo de Miño hai un ano, o día de Noiteboa, por mor dun incendio
Branca xornada de Nadal en Manzaneda
25/12/2025 13:50
Centos de galegos pasan o día de Nadal practicando deportes de neve
O espírito do Nadal tamén chegou ao Hospital de Ourense coa visita de Papá Noel
25/12/2025 13:24
O Papá Noel, cos seus elfos e axudantes, percorreu corredores e cuartos para levar ilusión, agarimo e esperanza ás persoas ingresadas e tamén ao persoal sanitario
Os pacientes ingresados no hopital de Ourense terán unha cea especial de Noiteboa
24/12/2025 14:54
No Complexo Hospitalario Universitario de Ourense os pacientes que teñen que pasar estas datas ingresados contarán con menús especiais
O equipo de cociña xa está preparando a cea desta Noiteboa, pero tamén terán pratos de Nadal o xantar de mañá 25, a cea de fin de ano e o xantar do día de Aninovo. Son pratos máis elaborados e con sobremesas
Denuncian o perigo dunha fonte contra a que baten os coches en Ourense
24/12/2025 13:37
Os veciños de Untes, unha parroquia de Ourense, piden protección para unha fonte pública contra a que non paran de bater os coches
Aseguran que xa sufriu, polo menos, media ducia de arremetidas
Galicia estrea o inverno coa reapertura da estación de Manzaneda
23/12/2025 15:35
A estación reabre hoxe, martes 23 de decembro, con 16 pistas esquiables con máis de 12 quilómetros operativos e 4 remontes e unha cota de neve de 1200 metros en Galicia
Manzaneda acolle axente de toda España e conta con "cafeterías, autoservizo, restaurante, piscina, spa..."
23/12/2025 14:19
Os veciños da rúa Florentino Cuevillas, no centro da cidade de Ourense, quéixanse do acceso continuo de vehículos nunha zona coa circulación restrinxida
Reclámanlle ao Concello máis control policial e a instalación de cámaras de vixilancia para reducir o tráfico nunha rúa que debería ser semipeonil
22/12/2025 19:23
Cinco concelleiras socialistas que formaban parte do executivo abandonárono tras a denuncia interna no PSOE contra o rexedor por suposto acoso laboral
Un veciño de Outomouro cada ano transforma a súa casa nun auténtico belén de luz e cor
21/12/2025 17:47
Malvela, Cristina Castaño, o 'Luar' e a emigración galega en Euskadi reciben os Rebulir
20/12/2025 21:03
Estes premios, creados no 2012, recoñecen persoas e colectivos que contribúen á difusión da cultura galega