Contido con Xeográficas .
Galicia

Asalta un condutor cun coitelo e pídelle que o leve a outro barrio da cidade de Lugo
04/02/2025 13:58
O asaltante foi identificado e detido por ata tres delitos diferentes
Tras pasar a disposición xudicial, o asaltante quedou en liberdade con cargos á espera de xuízo

A escaseza de lamprea no Miño dispara o seu prezo
04/02/2025 13:54
As pezas chegan a pagarse ata a 130 euros

A xuíza decreta o ingreso en prisión do acusado de acoitelar dous irmáns en Pontevedra
04/02/2025 13:49
A maxistrada impútalle un delito de homicidio en grao de tentativa
Investigan se un coitelo atopado nas inmediacións do lugar do suceso foi o empregado nesta agresión

Varias avarías causan atrasos de ata noventa minutos no tren entre Galicia e Madrid
04/02/2025 13:44
Distintas incidencias en Olmedo, Pontedeume e Taboadela fixeron que os pasaxeiros de catro trens de longa distancia sufrisen os atrasos

Deteñen dous homes cunha tonelada de cobre supostamente roubado en Maceda
04/02/2025 13:05
Os arrestos realizáronse na vila pontevedresa de Arbo o mesmo día en que foran subtraídos os cables de cobre na localidade ourensá

Soriano: "A premisa para que Yeremay se vaia é que o xogador queira dar o paso"
04/02/2025 12:49
Fernando Soriano cualificou a saída de Lucas como "un golpe anímico e no liderado do equipo"

Atopan san e salvo o mozo chileno que desaparecera na Coruña hai dous meses
04/02/2025 12:47
Danko Martínez, de 28 anos e enxeñeiro informático, foi localizado en Alemaña
A súa familia non sabía nada del dende o 2 de decembro

Galicia necesita aumentar as reservas de sangue, especialmente do grupo 0-
04/02/2025 11:19
Os grupos A-,0- e B- son os que necesitan un maior incremento dos seus niveis de reserva
A necesidade de compoñentes sanguíneos por parte dos hospitais galegos non diminúe, e todos os días do ano necesítanse entre 400 e 500 doazóns de sangue

LLerena Perozo: "Hai moitas historias de mullerse rechamantes, pero poucas aínda das ninguén"
04/02/2025 10:57
Os anos tranquilos conta os case cen anos de vida dunha muller ao longo do século XX
A protagonista, María García, homenaxea as mulleres que construíron anonimamente a historia
A novela repasa os principais acontecementos do século XX a través da vida da protagonista

O enfermeiro agredido cunha arma branca no CHUAC está ingresado e hoxe podería ser dado de alta
04/02/2025 10:02
O ataque ao sanitario produciuse cando estaba atendendo un paciente na área de urxencias
Un garda de seguridade do centro tamén quedou ferido, aínda que de carácter leve
O conselleiro de Sanidade lamenta a agresión e avanza unha "análise estrita" do ocorrido

Investigan un condutor sen carné que sufriu un accidente e fuxiu polo monte en Ourense
04/02/2025 09:55
O condutor, que non tiña licenza para conducir, tratou de camuflarse entre o público que asistía a un festexo
Intentou fuxir do lugar camuflado nos asentos traseiros dun vehículo que transitaba pola zona

Á hora de mercar un coche de segunda man, a DXT aconsella revisar con detalle o vehículo
03/02/2025 21:42
Para comprobar a quilometraxe real do coche ou calquera outro dato relevante, a Dirección Xeral de Tráfico ofrece ata sete tipos diferentes de informes á cidadanía

Unha parella de Barcelona puido deixar a cidade e mudarse aos Ancares grazas ao teletraballo
03/02/2025 20:39
Nuria e Miguel levan catro anos residindo en Cervantes, onde aseguran vivir felices

03/02/2025 20:11
O galardón entregarase o vindeiro venres 21 de febreiro na 'Gala do Cocido', retransmitida pola TVG

Un paciente agride cunha arma branca un enfermeiro e un garda de seguridade no CHUAC
03/02/2025 19:13
Ambos están a ser atendidos das súas lesións e están fóra de perigo
O agresor é un paciente psiquiátrico que fora trasladado a urxencias polos servizos do 061

Álex López deixa o fútbol, pero seguirá vencellado ao Rácing
03/02/2025 18:40
Continuará sendo un activo fundamental ao poñer toda a súa experiencia e coñecemento ao servizo do Rácing

Un condutor esnáfrase co coche contra un escaparate en Vigo e foxe do lugar
03/02/2025 16:18
O sinistro ocorreu na avenida da Florida a unha hora moi concorrida

O Rácing apura o mercado coas fichaxes de Héber e Insúa
03/02/2025 15:51
O xogador ferrolán afrontará a súa cuarta etapa no club, despois dun breve paso polo Vizela portugués
Insúa é un lateral esquerdo de 33 anos que xogaba no Banfield

Escasea a oferta de grelo ao pé da N-550
03/02/2025 15:38
Cada vez hai menos grelo a vender na estrada que une Santiago e Ordes
Á falta de remuda hai que sumar este ano unha colleita nefasta

Bembrive acolle un 3 de febreiro máis a festa do San Brais
03/02/2025 15:36
Máis de 25 furanchos están abertos para a ocasión
Os devotos veñen bendicir o pan e pedir polas súas gorxas

Denuncian o mal estado do estacionamento do hospital de Lugo
03/02/2025 15:24
Os usuarios lamentan a falta de mantemento das instalacións e piden o seu asfaltado

Confirman que a carga do mercante refuxiado en Vigo non entraña ningún risco
03/02/2025 15:02
Expertos confirman que os danos só afectan a estrutura externa dos contenedores e a carga de obuses atópase correctamente estibada

Buscan con drons e cans a un home de 76 anos desaparecido en Lalín
03/02/2025 15:01
O home vestía un pantalón vaqueiro, xersei gris ou azul, zapatos negros e un pequeno chapeu
Leva desaparecido desde o domingo pola noite

Prisión para o detido na Estrada por tráfico de drogas, e a parella queda en liberdade
03/02/2025 14:27
O home é reincidente e acaba de saír do cárcere, despois da última detención
Detivérono conducindo pola Estrada con droga no coche, e atoparon máis no rexistro da casa

O selo Artesanía de Galicia chega aos traxes dos Xenerais da Ulla
03/02/2025 14:21
A marca certifica o minucioso traballo da modista estradense Susana García
Facer un gorro de xeneral lévalle un mes, e sete meses o traxe completo

Un home que ocupou unha vivenda en Rairiz de Veiga atemoriza os veciños
03/02/2025 14:15
Chegou hai arredor dun ano e, segundo os veciños, non os deixa vivir tranquilos
Xa o denunciaron en repetidas ocasións por danos en casas e vehículos, ameazas e mesmo agresións

Queixas polo tráfico nun barrio compostelán que concentra seis centros educativos
03/02/2025 13:59
A veciñanza de Lamas de Abade denuncia inseguridade viaria e molestias pola intensidade do tráfico, que atasca o barrio nas horas punta

Unha noite de festa con Boyanka Kostova, De Ninghures e Grande Amore
03/02/2025 13:48
Boyanka Kostova traen o hard bass postsoviético a Galicia no tema 'Europa do oeste'
De Ninghures cántalles aos "amores que nos consomen" en 'O último baile'
Grande Amore pide perdón por todas as súas maldades en 'Onte fun moi malo'

"Máis vixilancia policial": o chamamento unánime de veciños e comerciantes de Curtis
03/02/2025 13:44
Aseguran que os delincuentes están identificados e que son sempre os mesmos
Entre o botín e os danos suman máis de 1.500 euros

Xavier Blanco: "Nos instrumentos de raíz empréganse os materiais dos lugares onde van ser tocados"
03/02/2025 13:44
O obxectivo principal da fundación é a investigación, conservación, divulgación e aposta en valor do legado cultural e patrimonial de raíz
Na nova sede, na Seara, no Courel, desenvolven obradoiros, demostracións didácticas ou actividades de música e natureza
A Fundación Legar conta cunha colección de 1.200 instrumentos e documentación recollida ao longo de 40 anos

José Díaz: " En 'Ariel' preguntámonos ata que punto somos libres ou non"
03/02/2025 13:37
Ariel revisita a peza de Shakespeare, A tempestade, que puxo en escena a compañía Voadora no 2014
Ariel tivo a súa estrea mundial esta fin de semana no Festival de Rotterdam

O Celta asina a súa segunda peor puntuación a domicilio desde o seu regreso a Primeira
03/02/2025 13:06
Só conseguiu sumar cinco puntos nos once partidos que disputou lonxe de Balaídos, un rexistro que só empeora o Celta de Paco Herrera no curso 2012-13

Puente sitúa en 2027 a conexión ferroviaria do porto exterior da Coruña co Eixo Atlántico
03/02/2025 13:03
As obras, empezadas en 2022, está previsto que estean rematadas en xuño de 2026, seguindo co límite de prazo do fondo europeo de 124,8 millóns de euros que as financia
Os dous túneles xa realizados permiten a conexión do porto exterior da Coruña coa rede ferroviaria da cidade herculina
O último tramo unirá as instalacións marítimas coa vía do Eixo Atlántico

O Deportivo logra a cesión do lateral serbio Nemanja Tosic (F. C. Zürich)
03/02/2025 13:00
No seu acordo co F. C. Zürich, a entidade branca e azul incluíu unha opción de compra sobre os dereitos federativos do xogador

O BNG ve "un escándalo" o informe de Augas de Galicia sobre Altri e fala de "corrupción ambiental"
03/02/2025 12:59
O PSdeG evita pronunciarse ata analizar o documento: "Así teremos unha opinión sólida e máis responsable"

Tres detidos en Pontevedra por facer apoloxía do terrorismo xihadista nas redes sociais
03/02/2025 12:56
Empregaban e difundían material multimedia oficial do Estado Islámico
Os tres quedaron en liberdade con cargos

Detido un mozo de 18 anos tras apuñalar a dous irmáns en Pontevedra
03/02/2025 10:47
O arrestado pasará a disposición xudicial este martes, mentres continúa a investigación dos feitos

03/02/2025 10:31
O Plan galego de investigación e innovación 2025-2027 vaise centrar en potenciar tres sectores: a biotecnoloxía, a intelixencia artificial e cuántica e as tecnoloxías limpas
A Xunta creará unha fundación para captar investigadores dentro do novo plan
O Consello autoriza a licitación da nova campaña que promoverá a Galicia como "destino acolledor", á que destinará 6,9 millóns de euros

Abre o tramo Palas-Melide da A-54 e o Melide-Arzúa farao en dúas fases; a primeira, no verán
03/02/2025 10:28
O ministro de Transportes pide "paciencia" e asegura: "Xa queda pouco para ter totalmente concluída esta autovía"
Puente recomenda aos vehículos pesados que sigan usando a N-547 ata que estea aberto o último tramo