Contido con Xeográficas .
Galicia

Baixa o prezo dos carburantes por primeira vez no que vai de 2025 e corta a súa tendencia á alta
06/02/2025 11:19
O litro de diésel caeu un 0,46 % con respecto á pasada semana, para situarse nos 1,501 euros e, o da gasolina baixou ata os 1,573 euros, tras descender un 0,38 %

O Liceo recibe o Dinan Quevert co obxectivo de pechar a clasificación para os cuartos
06/02/2025 11:14
O partido comeza ás 20:30 da tarde e ofrecido en directo na G2 e en AGalega.gal

Declaran o mural de Cristóbal Persona en Fene como o mellor do mundo tras descualificar dúas obras
06/02/2025 10:34
O traballo premiado é o titulado Charanguista Andino, unha representación dun músico que o pintor chileno lles dedicou ás comunidades indíxenas
A organización Street Art Cities descualificou os dous primeiros clasificados tras detectar irregularidades na votación na que se empregaron "métodos para inflar o reconto"

Unha avaría obrigou a suspender o tren que tiña que saír de Vigo cara á Coruña ás 8 da mañá
06/02/2025 09:51
Os viaxeiros atopáronse coa sorpresa xa na estación de Vialia en Vigo cando ían coller ese tren cara a Santiago e A Coruña, un dos máis empregados por estudantes e traballadores
Dende RENFE sinalan que tiveron que agardar polo convoi que chegaba da Coruña ás 8:50, case unha hora máis tarde, para prestar ese servizo e recolocar os usuarios

Un condutor ebrio atropela dous gardas civís que regulaban o tráfico tras un accidente en Vigo
05/02/2025 22:20
Dous axentes de tráfico que acudiron sinalizar un primeiro sinistro entre dous coches e un camión foron feridos ao bater outro vehículo co seu coche

Dous feridos tras circular 30 km en sentido contrario pola A-8 e chocar contra un camión en Begonte
05/02/2025 21:51
Durante quilómetros, o vehículo non fixo caso dos sinais das patrullas que o alertaban do seu erro

O primeiro grafiteiro contemporáneo do mundo inaugura en Santiago xira europea
05/02/2025 21:16
Cornbread, pan de millo, comezou en 1965 a bombardear Filadelfia coa súa sinatura e acabou convertido en lenda
Prefire non falar de vandalismo, senón de arte, ao referirse ao graffiti, un movemento hoxe convertido en fenómeno planetario

Capturan no Brasil un dos maiores narcotraficantes que trae cocaína a España
05/02/2025 20:57
Atribúenlle a descarga de ata 8.000 quilos de cocaína
Considérano o líder dunha rede que operaba, entre outros, no porto de Marín

Problemas para emprender no rural pola falta de fibra óptica
05/02/2025 20:45
Un mozo de Ramirás tivo que rexeitar clientes por non ter Internet de alta velocidade
O mal estado duns postes impide levar a conexión ata súa vivenda

Cociña chinesa con ópera de Sichuan na Coruña para celebrar o novo ano da China
05/02/2025 20:34
Entre prato e prato participan na Bian Lian, unha antiga arte dramática de cambio de máscara

Ademais da procedencia, o mel deberá indicar a porcentaxe correspondente a cada país de orixe
05/02/2025 20:26
O Consello de Ministros aproba unha modificación da lei co obxectivo de protexer a produción do sector fronte aos meles importados

Pescados Rubén entra en concurso de acredores cunha oferta pola unidade produtiva
05/02/2025 19:02
Debe aos 80 traballadores as nóminas dunha parte de decembro e xaneiro

Escasean os grelos no mercado e ata as conserveiras teñen falta del
05/02/2025 18:09
Tamén se están acabando as reservas do ano pasado

A Xunta completará este verán a humanización da avenida de Galicia en Vigo
05/02/2025 17:28
Os traballos centraranse noutros 1,5 quilómetros, nos que se ampliarán as beirarrúas, se repoñerán os pavimentos e se crearán dous aparcadoiros

05/02/2025 17:12
Os animais non recibían comida e auga, recibiron malos tratos e as súas mortes foron dolorosas
Non retiraban os cadáveres, polo que o resto de cabalos convivían con eles

05/02/2025 16:04
Pablo Falcón conectou a adega e o espazo descuberto entre a vivenda e a horta coa rúa e recuperou un espazo aberto para o lecer
O arquitecto harmonizou espazos de diferentes edificios en diferentes alturas e estilos
No salón, na fachada da rúa Hernán Cortes, incorpora na parede un moble que conserva a térmica e a acústica da vivenda

A chuvia abre unha gran fochanca no xardín da Fonte dos Ranchos de Lugo
05/02/2025 15:51
O burato xa está acordoado, pero a súa formación repentina e o seu gran tamaño xeran preocupación entre os veciños da zona

A veciñanza de Mugardos denuncia os perigos dun rabaño de cabras sen control
05/02/2025 15:38
A veciñanza afirma que a propietaria as deixa soltas porque non ten espazo para elas
Piden precaución aos condutores que transiten por este treito da AC-133 cara a Mugardos, como na AC-123 dirección Ares

Buscan un condutor que circulaba sen ITV nin carné e que bateu coa policía en Vilagarcía
05/02/2025 15:33
Cando os axentes tentaron darlle o alto, o home emprendeu a fuxida a toda velocidade saltándose sinais de dirección prohibida e mesmo circulando por riba da beirarrúa

Comeza a campaña de seguridade viaria para bicicletas na Coruña
05/02/2025 15:33
Estes primeiros días de febreiro será explicativa, pero despois chegaranse a pór multas polas faltas

Cae parte do muro de contención dun edificio na Coruña
05/02/2025 15:20
O Concello tivo que pechar un parque infantil situado a carón por precaución
Os veciños levaban meses alertando do perigo

Espectacular persecución tras unha furgoneta roubada en Ourense
05/02/2025 14:59
O ladrón roubou unha furgoneta de reparto na zona do Vinte e un e foi detido nas Lagoas
Na fuxida danou varios vehículos particulares e da Policía Nacional

A ministra de Vivenda chama os concellos a seguir o exemplo da Coruña facilitando vivenda pública
05/02/2025 14:47
Isabel Rodríguez insiste en que é imprescindible a cooperación entre todas as administracións

O problema dos residuos téxtiles: o 90 % da roupa usada acaba no vertedoiro
05/02/2025 14:31
A lei de residuos obriga a poñer en funcionamento un sistema de recollida selectiva de residuos téxtiles e calzado

'MAN', o fotolibro que naceu de habitar os espazos de Manfred en Camelle
05/02/2025 14:27
'MAN' de Lois Cid & Antonio Cortés do Colectivo Cadela Negra foi editado por Alauda Negra
Man morreu o 28 de decembro de 2002 e deixou o seu legado na Costa da Morte
'MAN' gañou o III Premio de Fotografía Documental Galega do FFoco Festival de Fotografía

Rueda presenta a primeira planta pública de Galicia para tratar residuos téxtiles
05/02/2025 14:25
Estará situada a carón de Sogama, en Cerdeda, e entrará en funcionamento o vindeiro ano
O presidente da Xunta destaca que é un un proxecto pioneiro polo que xa se están interesando outras comunidades
O problema dos residuos téxtiles: o 90 % da roupa usada acaba no vertedoiro

Mar Caldas: "A ética republicana do traballo sempre estivo presente na miña familia"
05/02/2025 14:23
A mostra abre unha fenda conceptual no construto neoliberal e patriarcal, que lle deu unha escasa consideración ao traballo das mulleres
Caldas acode a mecanismos conceptuais como a arte feminista, a posmemoria ou o documental autoetnográfico
Mulleres, traballo e memoria, Centro Galego de Arte Contemporánea ata o 25 de maio

A Garda Civil alerta do aumento na Rede do chamado calote do supermercado
05/02/2025 14:21
Facéndose pasar polo supermercado de confianza da vítima, os estafadores contactan coa vítima por mensaxe asegurándolle que gañou un sorteo
Unha mensaxe con trampa que só busca conseguir os datos persoais e bancarios da vítima

Investigado un home de 96 anos por ameazar cunha pistola dous sanitarios en Guntín
05/02/2025 14:03
É sospeitoso de apuntar cunha pistola de simulación os facultativos que acudiron á súa casa para prestarlle atención sanitaria a unha familiar súa que estaba encamada

Josué Dorrio: "Seguir remando, celebracións poucas"
05/02/2025 14:02
O extremo do Rácing de Ferrol falou con contundencia tras anotar o gol da vitoria ante o Levante

Aparece decapitada a escultura do centro cultural da Seca en Cambados
05/02/2025 14:01
Os estragos no paseo do Esteiro de Tragove atribuídos a accións vandálicas son continuos

Alerta en Poio polo aumento da delincuencia
05/02/2025 13:59
A Policía Local do municipio só conta con 7 axentes para atender unha poboación de máis de 17.000 habitantes

Transportes adxudica 49 millóns á renovación do tramo ferroviario Guillarei-Redondela
05/02/2025 13:59
O ministerio apuntou que se dará "un novo impulso" á modernización da denominada Liña do Miño, que conecta Ourense e Vigo, "que reforza así a súa capacidade e fiabilidade para tráfico de viaxeiros e mercadorías"

Detido un veciño de Lugo por agredir un home en Vilalba e causarlle graves lesións
05/02/2025 12:06
A vítima sufriu un corte profundo e requiriu atención médica inmediata

Eddahchouri: "Cando un club como o Deportivo vén por ti, é unha decisión moi fácil"
05/02/2025 11:59
Eddahchouri, que se definiu como un futbolista "bastante completo" e "versátil", evitou marcarse un obxectivo de goles

Unha incidencia provoca atrasos en varios trens do Eixo Atlántico
05/02/2025 11:06
A circulación permaneceu interrompida na vía 2 entre Ordes e Cerceda
O incidente xa se solucionou, pero algúns trens presentan atrasos de entre 10 e 20 minutos

A defensa do mozo que iniciou a agresión a Samuel Luiz recorre a condena de asasinato
05/02/2025 10:52
Os catro condeados por o asesinato de Samuel Luiz pediron nos seus recursos de apelación a reducción das súas condenas.
O letrado fíxoo en base aos mesmos argumentos de que o seu cliente non tiña intención de matar e rexeitando que a orientación sexual do falecido influíse

Xa se poden reservar as rutas fluviais pola Ribeira Sacra
05/02/2025 10:33
En 2024, 61.000 persoas escolleron esta fermosa viaxe fluvial
A tempada empezará oficialmente o vindeiro 22 de marzo

Traloagro dará o salto ao mercado estatal coa comercialización de carne ecolóxica galega
04/02/2025 19:19
A firma gañadora do premio Aresa xa está presente en ecotendas de León e de Asturias

A plataforma de vítimas do Alvia impugna os recursos contra a sentenza
04/02/2025 18:40
Entenden que con eles a Avogacía do Estado e o Adif "piden un segundo xuízo”