Contido con Xeográficas .
Galicia

O persoal de Alcoa retoma as mobilizacións cunha concentración en Xove
11/01/2025 20:57
Reclaman unha maior implicación do Goberno central e da Xunta
O comité de empresa lamenta o atraso na convocatoria da mesa de seguimento

A federación veciñal de Vigo Eduardo Chao protesta pola expulsión da súa sede
11/01/2025 20:28
O Goberno municipal aprobou en decembro a fin da cesión do que fora o seu local social dende 2005

O primeiro premio da Lotaría Nacional deixa 1,5 millóns de euros na Coruña
11/01/2025 20:06
A administración número 33, en San Nicolás, vendeu dez décimos do número premiado

Os museos científicos foron os máis visitados da Coruña en 2024
11/01/2025 20:06
O Aquarium Finisterrae, a Domus e a Casa das Ciencias recibiron medio millón de visitantes

A Ribeira Sacra propón unha "colleita en verde" para facer fronte aos excedentes de produción
11/01/2025 18:50
Poránse en contacto cos viticultores con contrato en 2023 e que quedaron sen vender a uva o ano pasado, máis de 300, para saber cantos estarían interesados

11/01/2025 18:25
A Xunta destaca que "cada vez son máis" os municipios que aspiran e conseguen este recoñecemento; este ano as solicitudes creceron un 33 %

Unha residencia de maiores en Covelo rexistra un brote de sarna e activan os protocolos de control
11/01/2025 15:51
A Xunta di que hai "menos dunha vintena de casos"
As enquisas epidemiolóxicas non refiren casos entre os familiares dos traballadores afectados

A Axencia de Doazón de Sangue fai un chamamento á cidadanía para doar
11/01/2025 15:00
Os niveis de reserva de sangue están baixos, sobre todo, nos grupos A Positivo, Cero Positivo e Cero Negativo
A Axencia lembra que cunha soa doazón poden salvarse tres vidas ou axudar a tres doentes

Os ximnasios multiplican os seus socios en xaneiro debido ao efecto "novos propósitos"
11/01/2025 14:45
O novo deportista de xaneiro é unha persoa de mediana idade, arredor dos 45 anos, e que nunca practica deporte con constancia
Desde os ximnasios lembran que non hai que empezar con intensidade, pero si convencidos de que queremos estar ben física e mentalmente

O BNG impulsará a reforma do Estatuto que lle dea a Galicia a chave dos seus recursos
11/01/2025 14:34
Ana Pontón anunciou que un grupo de especialistas traballará para presentar a proposta
Acusa a Rueda de deslealdade por primar os intereses do PP de Madrid sobre os de Galicia

As persoas usuarias da estación de tren provisional da Coruña conviven cos atrancos
11/01/2025 14:25
Os accesos peonís, os atascos e falla de sinalización son as queixas máis comúns
A maioría das reclamacións prodúcense en hora punta durante a semana
.png)
Tranquilidade nas tendas na primeira fin de semana de rebaixas de xaneiro
11/01/2025 14:23
Abrigos, calzado, roupa interior ou obxectos para o fogar son as adquisicións máis habituais
Os estudos apuntan a que cada galego gastará 85 euros nesta campaña

11/01/2025 11:39
Foron aprehendidos máis de dous quilos de cocaína
O suposto líder da organización criminal foi enviado a prisión polo Xulgado de Instrución de Garda de Santiago
Na Coruña e Santiago de Compostela realizáronse un total de cinco rexistros en domicilios, rochos e locais

Os aspirantes a liderar o PSdeG poderán presentar precandidaturas a partir do luns
11/01/2025 11:04
Besteiro xa confirmou que será candidato, e queda a incógnita da decisión final de Gonzalo Caballero
Os aspirantes terán que reunir o dobre dos avais mínimos esixidos en procesos anteriores, ao pasar do 6% da militancia ao 12%

Un home de 82 anos queda sen casa en Xinzo ao arder nun incendio fortuíto
11/01/2025 11:01
O dono, que estaba dentro, tivo que ser atendido por inhalación de fume
Un curtocircuíto puido orixinar o lume que calcinou o 90 % da vivenda

Unha campaña para atraer familias a Friol dispara a natalidade deste concello
10/01/2025 19:50
Con apenas 4.000 habitantes, en 2024 rexistráronse unha trintena de nacementos

Detido un home pola vaga de roubos en locais do barrio compostelán das Galeras
10/01/2025 19:27
Os ladróns non conseguían grandes botíns, pero provocaban importantes estragos

Detido un home en Vigo con 3 ordes de arresto e unha de ingreso en prisión
10/01/2025 16:59
A policía descubriu as causas pendentes cando o prendeu porque entrara nunha vivenda que tiña alugada
11 frechas, un martelo, unha gadaña ou unha machada, entre os obxectos que lle comisaron os axentes

As razóns que levaron o buque Blue Star a encallar en Ares hai seis anos
10/01/2025 16:07
Apúntase á "descoordinación" entre a tripulación, perda de aceite e mal estado do buque entre as causas
.png)
A Xunta convocará este mes axudas a empresas por máis de 170 millóns de euros
10/01/2025 15:38
Lorenzana destacou a posta en marcha, por primeira vez, dunha área específica de innovación empresarial no Igape

Inaugúrase en San Cibrao das Viñas o primeiro aparcadoiro para camións protexido de Galicia
10/01/2025 15:17
Conta con 11.000 metros cadrados e un total de 59 prazas concibidas para atender as necesidades dos transportistas en ruta
Ten un sistema de videovixilancia de última xeración, zona de carga para frigoríficos e wifi

Luis Casimiro non se fía do mal momento do Leyma
10/01/2025 15:15
Casimiro: "Non podemos caer no erro na análise de que levan unha mala serie de partidos"

Aparatoso accidente no polígono industrial de Pocomaco, na Coruña
10/01/2025 15:12
A cabina do vehículo quedou intacta e o seu condutor saíu ileso

Sanidade prolonga ata o 31 de xaneiro a campaña de vacinación da gripe
10/01/2025 14:49
Faise un chamamento especial aos menores de 60 anos
O conselleiro recalca que a onda é aínda baixa en intensidade, pero crecente, e que "por suposto" o Sergas está preparado para o pico

A temible costa de xaneiro xa está aquí
10/01/2025 14:35
Tras os excesivos gastos do Nadal toca afrontar o comezo do ano con precaución

Entran no único supermercado de Muras e levan aceite e chocolate
10/01/2025 14:34
O botín, segundo a valoración que fixeron os propietarios, supera os 3.000 euros
Tamén roubaron noutros concellos próximos, onde levaron un coche e forzaron a entrada dunha cantina

Os ladróns cébanse coas máquinas expendedoras na comarca de Bergantiños
10/01/2025 14:20
Varios negocios de Ponteceso e de Carballo valoran desfacerse das máquinas por impotencia
Un empresario leva gastados uns 8.000 euros, tras sufrir catro roubos en dous locais

En Campañó piden a acción do Goberno de Pontevedra para acabar coas fochancas dunha estrada
10/01/2025 14:14
O camiño de acceso e saída do Bispo e Soutonovo ten tramos onde é imposible zafar as catro rodas das fochas

Asaltan 21 negocios no Barco en dous meses
10/01/2025 14:05
O modus operandi é o mesmo: collen a tapa dun sumidoiro e escachan o escaparate para entrar no negocio polo buraco do cristal
Unha vez dentro rouban os cartos da caixa rexistradora
A Garda Civil xa ten identificados dous presuntos ladróns, coñecidos delincuentes da vila

Venezolanos en Galicia viven con angustia as horas previas á investidura
10/01/2025 14:04
Con todo, non perden a esperanza e agardan que Edmundo González poida ser investido presidente do país
A esta mestura de emocións súmase á preocupación polos seus familiares en Venezuela

Piden que se bote abaixo un lavadoiro situado na parroquia viguesa de Teis
10/01/2025 13:56
É un foco de consumo de drogas e vandalismo

Cristóbal Parralo: "A nosa salvación pasa por facernos fortes na casa"
10/01/2025 13:37
O técnico do Rácing de Ferrol falou do partido de mañá ante o Cartaxena e de Raúl Blanco, nova incorporación do club

Un mastín mata un lobo que pretendía atacar o gando nunha granxa de Alborés
10/01/2025 13:11
Iván París, o dono do animal, comenta que o día do enfrontamento, á noite, o can "parecía cansado", e nun primeiro momento pensaron que "podía ter febre, pero non". Xa que despois París viu o lobo e deuse de conta de que Rex tiña "un corte no fociño"

Gilsanz: "O mercado de xaneiro é complicado, pero está aí para aproveitalo"
10/01/2025 13:09
O Deportivo comeza o 2025 viaxando a Málaga

10/01/2025 12:35
Un 50 % da poboación vai ter nalgún momento da súa vida un problema de vertixe
Os cálculos algorítmicos dos físicos de USC achegan posibilidades de tratamento individualizadas para os casos máis difíciles

Epifanio recupera a Phil Scrubb para o derbi
10/01/2025 12:07
O técnico do Leyma mantén a dúbida do xeorxiano Beka Burjanadze, que “onte seguía cun pouco de febre”

Unha casa de Bembrive servía de base aos narcos relacionados coa coca comisada no Porto de Vigo
10/01/2025 11:28
Investigan se a cocaína comisada ten relación con outros envíos de droga en contedores
Nos últimos meses sucedéronse as operacións en España e América en que se interceptou droga que se enviaba empregando a técnica do gancho cego
Prisión provisional comunicada e sen fianza para os nove detidos neste operativo contra o narcotráfico pasan a disposición xudicial
Os arrestados son cidadáns albaneses e belgas que se cre que estaban na cidade para facerse cargo da droga

Detida na Coruña unha muller acusada de 15 delitos de estafa
10/01/2025 10:51
Facíase pasar por unha traballadora bancaria para obter acceso ás contas das vítimas

Extinguido tras doce horas o incendio de Tui que obrigou a desaloxar varios edificios
10/01/2025 10:35
O incendio iniciouse nun garaxe, que quedou totalmente estragado
Non houbo danos persoais, pero a veciñanza pasou a noite fóra dos seus domicilios

Declaran nulo un despedimento por WhatsApp dun traballador de baixa cando se atopaba en urxencias
10/01/2025 10:15
A sentenza obriga a empresa con sede en Santiago a readmitir o traballador e a aboar unha indemnización duns 7.500 euros por vulneración de dereitos fundamentais