Contido con Xeográficas Galicia .

Contido con Xeográficas Galicia .

Galicia

A Primitiva deixa case 1,4 millóns de euros na Coruña

17/01/2025 13:25

Só se sabe que o novo millonario selou o billete no quiosco da praza de España


Imaxe de arquivo de Gonzalo Muíños (e) e Sindo Guinarte (d). PSOE Santiago

O PSOE expulsa o portavoz do grupo municipal en Santiago, Gonzalo Muíños, por "indisciplina reiterada"

17/01/2025 12:54

O concelleiro Gumersindo Guinarte será o seu relevo como portavoz

O conflito entre a dirección local e o grupo municipal estalou cando os concelleiros socialistas desobedeceron a orde da executiva e votaron a favor da ordenanza sobre a regulación de vivendas turísticas


Imaxe de arquivo dun banco / EP

Detido un home na Coruña por 24 delitos de furto de carteiras e tarxetas de crédito

17/01/2025 12:21

A maior parte das vítimas son mulleres, de idade avanzada e que previamente usaran a carteira nalgún establecemento

A cantidade do roubado ascende a 4.000 €


Álvaro Ballesteros-Europa Press-Arquivo

Besteiro, revalidará o seu liderado á fronte do PSdeG: "Asúmoo con enorme responsabilidade"

17/01/2025 12:04

O tamén portavoz parlamentario do PSdeG terá ata as 12:00 horas do próximo 27 de xaneiro para recoller os avais necesarios para que a súa candidatura sexa proclamada, que, segundo o regulamento, fíxanse nun 12 % do censo de militantes

O PSOE expulsa o portavoz do grupo municipal en Santiago, Gonzalo Muíños, por "indisciplina reiterada"


Beatriz Ciscar/Europa Press

Cerdedo-Cotobade decreta tres días de loito pola morte da muller agredida polo seu fillo

17/01/2025 11:11

A vítima permanecía ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo debido aos golpes propinados polo fillo

O home, de 46 anos e veciño de Barro, foi detido por un delito de tentativa de homicidio e trasladado á unidade de psiquiatría do Hospital Montecelo de Pontevedra


Rouban nunha vivenda do Barco de Valdeorras unha colección de moedas valorada nuns 15.000 euros

17/01/2025 10:54

Na denuncia perante a Garda Civil, o dono taxou o roubado entre 10 e 15.000 euros, que é o que lle custaron a el as moedas que ía comprando pouco a pouco

Leva máis de 50 anos coleccionando moedas e confía tamén en recuperar a súa prezada colección


Aena cualifica de "espurios" os argumentos de Ryanair e di que as súas esixencias poderían ser ilegais

17/01/2025 09:58

Aena incidiu en que os argumentos de Ryanair para xustificar este reaxuste son "unha réplica mimética" da política comercial, de comunicación e empresarial que está a realizar en todos os países europeos

Explica que a tarifa media que aboarán as aeroliñas a Aena a partir do 1 de marzo será de 10,35 euros por pasaxeiro, "a máis baixa de Europa", e informou de que Ryanair incrementou un 8,75 % a súa actividade en 2024 coa mesma tarifa media


Enlace da estrada AC-305 na que se produciu a detención

Deteñen en Padrón un condutor sen carné que apuntou cunha arma os axentes que o perseguían

17/01/2025 09:42

O home foi arrestado logo dunha longa persecución por estradas da provincia da Coruña

Un axente fóra de servizo dera o aviso aos seus compañeiros tras velo transitar por Valga e sospeitar, xa que coñecía o detido, que probablemente non tiña permiso de condución


EFE

Milleiros de persoas marchan en Vigo para pedir "a reconstrución" da área sanitaria

16/01/2025 20:53

 A protesta foi convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública

Categorías:  Sociedade   Vigo

A vivenda, en Cerdedo-Cotobade

Falece a muller de Cerdedo-Cotobade vítima dunha malleira por parte do seu fillo

16/01/2025 20:19

Levaba ingresada en estado crítico desde o pasado 4 de xaneiro

O agresor foi o seu fillo, un home de 46 anos que continúa ingresado na área de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Pontevedra


Gando en extensivo nunha explotación leiteira de Lugo

A FAO recomenda extremar a vixilancia para previr contaxios de gripe aviaria ao gando vacún de leite

16/01/2025 20:18

Polo momento non hai constancia de casos positivos nas granxas europeas


A conselleira de Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue

A Xunta pide a Puente que reconsidere o rescate da AP-9 tras aumentar o custo das bonificacións

16/01/2025 19:43

O custo da peaxe entre Vigo e A Coruña pasou dos 19,40 euros aos 20,45 euros. Unha subida de máis dun euro que Allegue considera "algo moi importante para os petos dos galegos que diariamente realizan este traxecto"


España e Portugal coinciden na importancia de "seguir impulsando" o AVE O Porto-Vigo

16/01/2025 18:26

O secretario de Estado de Transportes reuniuse co seu homólogo portugués para abordar as conexións transfronteirizas


2024, o ano no que Galicia rexistrou sete meses con temperaturas máis cálidas das habituais

16/01/2025 16:48

Convértese así no terceiro ano máis caloroso da serie histórica, só por detrás de 2022 e 2023

Trátase dunha "tendencia ascendente" nas temperaturas nos últimos tres anos, cunhas mínimas en 2024 que superaron en 1,4 graos a media habitual, mentres que as máximas foron de 0,8 graos máis


Roberto Verino entra no metaverso

16/01/2025 16:36

O proxecto, denominado CuarentaxDiez, foi ideado por Iago Jover Mariño, terceira xeración da marca

A unión de moda e tecnoloxía permite coñecer os corenta anos de historia da firma

O proxecto inclúe un avatar do propio Roberto Verino

Etiquetas:  METAVERSO

A Xunta creará un centro integral de saúde mental en Lugo "de referencia para toda Galicia"

16/01/2025 15:32

O Goberno galego investirá 3,6 millóns na reforma do edificio onde estivo a antiga sede de Aspnais

A conselleira de Política Social informou de que o uso e a xestión do inmoble se cederá á entidade social Alume


Protesta dos traballadores de Levantina

Traballadores de Levantina piden "un futuro para a compañía" no Porriño tras o anuncio dun ERE

16/01/2025 15:30

O ERE afectará 95 traballadores dos 106 que hai na actualidade no Porriño

Os sindicatos defenden a viabilidade da planta


O día 16 de xaneiro a croqueta é a protagonista

16 de xaneiro, Día Internacional da Croqueta

16/01/2025 15:18

É o prato rei da cociña de aproveitamento, que se adapta a calquera ingrediente, dende os clásicos aos atrevidos


Foto de arquivo (Thomas Banneyer)

Ryanair recortará un 61 % o tráfico en Vigo e un 28 % en Santiago para este verán

16/01/2025 15:10

Eliminará 12 roteiros e 800.000 asentos para a súa programación de 2025


Aceptan dous anos de cárcere por estafar inquilinos a través de contratos de alugueiro de piso

16/01/2025 15:07

Tamén cobrarían un sinal de 800 euros para un alugueiro turístico sen que a dona do inmoble estivese de acordo coas condicións quedando con esa cantidade



Emprego distribúe nos IES un xogo para aprender a emprender

16/01/2025 14:31

A proposta apela á responsabilidade social corporativa das empresas ao tempo que ensina a traballar en equipo e a negociar


Unha curva da N-552 leva máis de catro meses coa sinalización de obra sen que empecen os traballos

16/01/2025 14:24

Reduciuse a velocidade en todo o tramo e pintáronse as liñas amarelas, o que indicaba o comezo inminente da obra

Meses despois, neste tramo con risco de afundimento todo segue igual


Un delincuente reincidente ataca cun ácido a caixeira dun supermercado

16/01/2025 14:19

A empregada defendeu a caixa e o ladrón marchou cunhas follas de bacallau e unhas botellas de ron

O asaltante é un veciño de Vilagarcía, de 59 anos, que xa estaba fichado por roubos similares


Imaxe do interior do campo de Vista Alegre, en Boiro, este xoves, con algunha das casetas asaltadas

Rouban material deportivo e outros bens no campo de Vista Alegre de Boiro

16/01/2025 14:08

Levaron botas de fútbol, bebidas, utensilios da cantina, produtos de limpeza e outros bens valorados en máis de 4.000 euros

Etiquetas:  ROUBOS

Tras os excesos do Nadal, e antes dos do Entroido, toca facer dieta

16/01/2025 13:54

Moitos aproveitan estes días de transición para limpar o corpo

Peixe, verduras e cítricos están a ser os aliados dos que deciden coidarse

Categorías:  Sociedade   Galicia   Vida
Etiquetas:  NADAL   COCIDO

O tempo solleiro permite gozar das terrazas a pesar das baixas temperaturas

16/01/2025 13:49

Restaurantes e bares adaptáronse ao frío instalando estufas e calefactores


Unha lencería da rúa Cardeal Payá asaltada o pasado martes pola mañá

Deteñen cinco individuos como autores da vaga de roubos en comercios de Santiago

16/01/2025 13:33

A Policía Nacional detivo cinco persoas tras o asalto a unha lencería situada na rúa Cardeal

Droga e material intervido (Garda Civil)

Detido un veciño de Cuntis que transportaba dous quilos de haxix nunha furgoneta

16/01/2025 13:19

Está sendo investigado como presunto autor dun delito contra a saúde pública


Escachan o escaparate dun salón de peiteado de Ourense para roubar

16/01/2025 12:58

Os asaltantes lanzaron unha pedra de grandes dimensións para facer un burato no cristal

Fuxiron con alisadores de pelo e secadores profesionais


Caballero renuncia a presentarse a primarias e ataca a Besteiro e Formoso

16/01/2025 12:51

Deste xeito, por agora, unicamente o actual líder da formación, José Ramón Gómez Besteiro, presentou a súa candidatura para continuar a fronte da organización en Galicia

O militante socialista asegurou que ao longo das últimas semanas foron numerosos os compañeiros que lle pediron que dese o paso e presentásese ao proceso interno para volver dirixir o partido


O Rácing presenta a Raúl Blanco

16/01/2025 12:22

O moañés xogará cedido ata final de temporada cedido polo Casa Pía da Primeira División portuguesa


AGalega.gal estrea nova sección de curtametraxes galegas

16/01/2025 11:03

Os usuarios da plataforma da CRTVG poderán gozar dunha nova sección de curtametraxes galegas, que contará con importantes e premiadas producións, como, entre outras, ‘Matria’, de Álvaro Gago, e ‘Anacos’, de Xacio Baño


Néboa en Oleiros (A Coruña)/ (EFE/Cabalar)

As temperaturas mínimas, por baixo dos sete graos negativos en Ourense

16/01/2025 10:57

As temperaturas mínimas mantéñense este xoves por baixo dos cinco graos negativos en Ourense e Lugo, alcanzado os -7,4º en Calvos de Randín (Ourense) ás 5:00 horas

Categorías:  Galicia   Medio Ambiente
Etiquetas:  FRÍO   TEMPERATURAS

Falece aos 75 anos Xesús Pérez Varela, conselleiro de Cultura con Manuel Fraga

16/01/2025 10:50

Pérez Varela ocupou o cargo de conselleiro de Cultura e Comunicación Social entre os anos 1997 e 2005 

Categorías:  Política   Galicia
Etiquetas:  OBITUARIOS

Detido un galego en relación co alixo de 1.100 quilos de cocaína interceptado en Vilanova

16/01/2025 09:36

Con el son oito os arrestados nesta operación desenvolvida conxuntamente pola Policía Nacional e a Garda Civil

Prisión provisional para os sete albaneses detidos e o galego arrestado queda en liberdade con medidas cautelares


Garda Civil

Detido un veciño de Castro de Rei por ferir o seu compañeiro cun coitelo acusándoo de facer moito ruído

16/01/2025 09:30

A vítima permanece no hospital e decretouse prisión para o presunto agresor, acusado de tentativa de homicidio con arma branca


Un dos establecementos presuntamente asaltados pola banda, na provincia de Lugo (TVG)

Detidos catro membros dunha banda dedicada a roubos tras unha persecución pola provincia de Lugo

16/01/2025 08:50

A persecución comezou na Mariña, foron interceptados na Pastoriza e, finalmente, as detencións producíronse en Meira


Pepe Alvela, comercializador de grelos, nas súas instalacións de Merín, Vedra, este mércores

A produción de grelos vai a menos en Galicia pola falta de man de obra agrícola

16/01/2025 08:43

As condicións atmosféricas inflúen na produción desta hortaliza

O comercializador Pepe Alvela advirte que cada vez hai menos persoal que cultiva os grelos


Veciños da aldea de Casas da Veiga comparten conversa no antigo forno comunal

Nova vida para un forno comunal de Vilar de Santos como lugar de encontro

15/01/2025 20:46

Fora rehabilitado polo Concello pero estaba en desuso, ata que un veciño que foi vivir hai dous anos para aldea solicitou permiso para reacondicionalo

Publicidade
Publicidade