Contido con Xeográficas Galicia .

Contido con Xeográficas Galicia .

Galicia

Remolcan ao porto de Vigo un buque portacoches con problemas no motor

19/01/2025 14:12

Pediu asistencia á altura de Monteferro e quedou atracado na terminal de vehículos de Bouzas


Os últimos campaneiros de Redondela

19/01/2025 13:56

Avelino Piedras é o último de Cesantes, e agarda non ser o derradeiro

Categorías:  Sociedade   Redondela
Etiquetas:  TRADICIÓN

Besteiro posa en Santiago tras a entrevista. EUROPA PRESS/César Arxina

Besteiro avanza cambios na súa executiva e apela á "acción colectiva" da militancia

19/01/2025 11:08

Asegura que repetir como candidato á Xunta pode ser "unha opción máis que real", pero di estar centrado en potenciar o proxecto do PSdeG

Agarda contar coa presenza de Sánchez no XV Congreso e lamenta que un PPdeG "con actitudes moi ultras" non atenda á "Galicia real"


Posta do sol no monte do Gozo. EFE/ Lavandeira jr

Merelles: "En FITUR imos potenciar esa capacidade de acollida dos galegos"

19/01/2025 09:30

O pavillón de Galicia na Feira Internacional de Turismo en Madrid estará centrado en dous elementos: natureza e acollida

A Xunta prevé que economía galega medre por riba da media española, grazas ao turismo estranxeiro, que gasta o dobre


Imaxe do desaloxo dalgúns dos veciños afectados polo incendio

Desaloxan varios edificios de Santiago pola aparición dun proxectil nunha casa durante a extinción dun incendio

19/01/2025 09:10

O lume declarouse nunha vivenda da rúa Agra da Garrida, e non hai que lamentar feridos

Os bombeiros tiveron que intervir tamén noutro incendio declarado nunha vivenda da rúa do Preguntoiro


Imaxe de arquivo da ría de Vigo (Europa Press/Arquivo)

Alerta amarela por temporal no litoral da Coruña e as Rías Baixas e por frío no sur de Ourense

18/01/2025 22:30

En Ourense os termómetros poden chegar a alcanzar os -4 graos

As temperaturas máximas baixan de forma xeneralizada este domingo, no que nove comunidades autónomas están en aviso por frío e neve


Os podólogos advirten de que é necesario prestar maior atención aos pés dos cativos

18/01/2025 21:53

Aseguran que facer un estudo da pisada a partir aos tres anos evita lesións e doenzas en idade adulta

Uns trinta profesionais participan nunha xornada formativa organizada polo Colexio Oficial de Podólogos de Galicia

Categorías:  Sociedade   Saúde   Galicia

O laboratorio de divulgación científica da Uvigo lanza o seu primeiro conto ilustrado

18/01/2025 21:27

Rompepedras e a familia biológa é o título deste álbum, que pretende fomentar o activismo ambiental

O seu autor, Luís Navarro, quere publicar unha ducia de historias para promover o respecto pola natureza


Xinzo de Limia organiza un torneo de futbolín para recuperar a afección por este xogo

18/01/2025 21:18

250 parellas de varios puntos de España inscribíronse nesta primeira edición do campionato

Ademais das clásicas modalidades de movemento e parada, houbo competición nunha variante coñecida como "tanteo", que só se practica en Ourense

Etiquetas:  XOGOS

Minimelis, as lambetadas galegas con melatonina que axudan a durmir, xa se venden nos avións

18/01/2025 21:11

Os doces, fabricados en Nigrán, figuran no catálogo dos voos de Iberia

Etiquetas:  IBERIA

Protestas contra un crego de Outeiro de Rei por "prácticas abusivas e discriminación"

18/01/2025 20:11

Acusan o párroco de intimidar algúns fregueses e de "actitudes ditatoriais"


Operativo de rescate no lugar do sinistro

Evacuado en helicóptero tras saír da vía co seu coche e caer por un barranco de 80 metros en Monterrei

18/01/2025 19:42

O home, de 58 anos, caeu a un regato nunha zona de difícil acceso, polo que tivo que ser rescatado polo Pesca I para ser trasladado ao CHUO


Uns 3.000 animais concursan en Lugo na primeira exposición canina do ano en Galicia

18/01/2025 18:52

O Pazo de Feiras e Congresos acolle a mostra con probas de agility e beleza


A conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana, presentou en Ourense o programa 'Renova o teu vehículo', acompañada de representantes de Faconauto

A Xunta abre unha liña de axudas de entre 3.000 e 4.600 euros para a compra de coche eléctrico

18/01/2025 18:31

Esta nova convocatoria conta cun orzamento de 3,1 millóns de euros e subvenciona a compra de turismos e furgonetas cun custo inferior ou igual a 42.000 euros, que se amplía a 47.000 euros para vehículos eléctricos


Os eurodeputados do PPdeG piden excluír a conserva de atún do acordo de libre comercio con Tailandia

18/01/2025 15:59

Referíronse á "imposibilidade" de competir en prezo co produto tailandés, debido aos "baixos custos de produción" e aos "baixos estándares sociais e ambientais do país"

Categorías:  Política   Mar   Galicia
Etiquetas:  PPDEG   PESCA

Tentan roubar nunha empresa de Coristanco ameazando unha traballadora con varias armas

18/01/2025 15:16

Os ladróns, que actuaron coa cara cuberta, finalmente fuxiron

Etiquetas:  ATRACO

A poboación migrante, man de obra da construción galega, un exemplo en Carballo

18/01/2025 14:25

A empresa Hermanos Barbeira ten tantos traballadores cubanos coma galegos no seu cadro de persoal

Contratar poboación de fóra a miúdo require trámites extralaborais para que os traballadores accedan a unha vivenda e teñan os permisos necesarios


Galicia bate unha marca histórica en transplantes de órganos, con 424 o ano pasado

18/01/2025 14:10

Os órganos transplantados proceden de 137 doadores, outra cifra que supón un récord na secuencia histórica

Xa son 126.000 as persoas que dispoñen de tarxeta de doazón na nosa comunidade


A conselleira de Vivenda, María M. Allegue, visita as obras de rehabilitación en Cartelle (Ourense)

A Xunta destina 2,2 millóns en axudas a vivendas municipais e de persoas vulnerables

18/01/2025 14:02

As achegas para vivendas de titularidade municipal amplíanse aos concellos de 30.000 habitantes 

A Xunta destina a estas axudas 1,8 millóns ata 2026

Ás subvencións do programa de infravivenda para axudar a persoas en situación de vulnerabilidade destínanse 370.000 euros


Un home falece nun accidente de tráfico na parroquia compostelá de Conxo

18/01/2025 14:01

 Os servizos sanitarios desprazados ao lugar só puideron confirmar o seu pasamento


A Xunta quere optimizar a atención sanitaria mellorando a xestión das historias clínicas

18/01/2025 13:48

Un equipo interdisiplinar de profesionais integra o comité que asesorará a Sanidade 

 


Bernardino Graña nunha imaxe de arquivo. RAG.

Bernardino Graña, "o poeta do mar e do amor", falece en Nigrán aos 92 anos

18/01/2025 12:03

Integrante do grupo Brais Pinto, tamén cultivou a literatura infantil e xuvenil, o teatro e a novela

A Real Academia Galega amosa o seu "fondo pesar" polo falecemento do escritor, membro numerario da institución


Investigan a aparición dun cadáver en Redondela dentro dun coche calcinado

18/01/2025 11:30

O vehículo apareceu queimado nunha zona de monte da parroquia de Trasmañó

Categorías:  Sucesos   Redondela
Etiquetas:  CADÁVER   INCENDIO

(César Arxina/Europa Press)

Besteiro, tras a suspensión de Muíños: "Cando se acepta formar parte dun partido débense respectar as normas"

18/01/2025 10:19

Ao preguntarlle polo apoio de Sánchez Bugallo e Blas García a Muíños, di que como secretario xeral non fai valoracións sobre o contido da decisión disciplinaria


Preocupación pola escaseza de cigalas en Galicia

18/01/2025 10:05

O ano pasado foi o peor do que vai de século en canto a descargas deste crustáceo en Vigo, con tan só 10.000 quilos

Categorías:  Economía   Mar   Galicia

Morren uns 30.000 polos no incendio dunha explotación avícola de Santa Comba

18/01/2025 09:15

O lume declarouse de madrugada e por fortuna non chegou ao depósito de propano nin á vivenda situada a carón

Categorías:  Sucesos   Santa Comba
Etiquetas:  INCENDIO

A maioría dos cans participantes nas probas de axilidade son border collies

Máis de 1.500 cans e 3.000 criadores cítanse esta fin de semana en Lugo

17/01/2025 20:20

Expo Canina 2025 alberga un certame de beleza e probas clasificatorias de axilidade


Agricultura declara o risco alto de gripe aviaria e pecha as aves de curral de sete concellos

17/01/2025 18:44

A medida afecta os municipios de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova de Arousa

Esta medida preventiva actívase o luns 20 de xaneiro

Categorías:  Economía   Agro   Galicia
Etiquetas:  GRIPE AVIARIA

A Xunta destinará 10 millóns para "afianzar" Galicia como destino termal

17/01/2025 18:42

O presidente da Xunta presentou en Ourense o Plan de Turismo Termal para os próximos catro anos


Imaxe de arquivo do buque Don Inda. SALVAMENTO MARÍTIMO

Falece un home tras ser achado inconsciente nun barco en Cee

17/01/2025 18:40

Un particular alertou o 112 ao observar a lancha dando voltas sobre si mesma

Os servizos sanitarios practicáronlle manobras de reanimación, pero só puideron confirmar o peor


Imaxe de arquivo da Audiencia de Pontevedra

Cinco anos de prisión por incendiar un hórreo en Pontevedra para matar un home que durmía dentro

17/01/2025 17:21

Tamén terá a prohibición de achegarse a menos de 150 metros da vítima durante 7 anos

O home que durmía dentro logrou saír cando a edificación empezou a arder


Imaxe de arquivo dun pleno no Concello de Pontevedra

Acordo entre BNG e PSOE para aprobar os orzamentos de Pontevedra por 98,6 millóns

17/01/2025 16:43

O documento xirará arredor de catro eixes: a adaptación ao cambio climático, a mellora da calidade de vida, a promoción da cidade e o mantemento de espazos públicos

Lores: "Nestes 25 anos, se esta cidade avanzou foi porque tivemos o apoio do PSOE, estivese no goberno ou non"

Puentes sobre a capacidade de poñerse de acordo: "É o mellor que pode haber en política"


VÍDEO: Antón Vidal, presidente do Consello de Administración de Galaxia

Galaxia celebra os 75 anos cun programa de actividades para difundir a cultura galega

17/01/2025 16:04

A editorial prepara máis de 60 iniciativas para todo o ano, entre as que se inclúen premios literarios, exposicións, foros de debate, producións audiovisuais e eventos para todos os públicos

No acto de presentación en Vigo, reivindicou a súa historia "ao servizo da lingua e da cultura galega" como un exercicio "de resistencia e de defensa do propio"


A viceportavoz do BNG no Parlamento, Olalla Rodil, presentou a proposta da súa formación

O BNG pide que a CRTVG sexa ben público e que o director sexa elixido por concurso

17/01/2025 15:49

A formación nacionalista presentou este venres a súa proposta lexislativa fronte á lei de medios públicos aprobada pola Xunta e pendente de debaterse no Parlamento


Menos dun ano de cárcere para cinco de seis acusados de esnaquizar un local en Lugo con berros racistas

17/01/2025 15:39

Entraron no local e romperon escaparates, xanelas, mobles e mercadoría en febreiro de 2021

O acordo recolle tamén unha indemnización económica para as dúas vítimas polas lesións, danos morais e ao propietario polas desfeitas no local que non cubriu o seguro


A CRTVG convoca os Premios AGalega.gal para celebrar o aniversario das súas tres plataformas

17/01/2025 14:40

Nun ano AGalega.gal, AGalegaAudio.gal e Xabarín.gal suman xa preto de dous millóns de usuarios 


Queixa veciñal por unha praga incontrolada de gatos nunha rúa de Compostela

17/01/2025 14:25

Na avenida de Salamanca hai unha colonia protexida, pero denuncian que hai gatos sen castrar

O cheiro e os excrementos inundan a rúa e os gatos cóanse nas casas


Afórrase cos envases XXL no supermercado?

17/01/2025 14:20

Un estudo desmonta o mito dos grandes formatos nos supermercados


Os viticultores aproveitan o tempo seco para facer a poda de inverno

17/01/2025 14:20

Cómpre podar en días secos e antes de que comece a brotación

Equilibrar a carga é fundamental para obter viños de calidade

 

 

Categorías:  Economía   Agro   Galicia
Etiquetas:  VITICULTURA

Cinco anos de cárcere para un home que mollou a súa casa con gasolina para matar a súa parella

17/01/2025 14:12

A Audiencia Provincial de Pontevedra ve probado que o home prendeu lume co combustible para causar un incendio mortal

 O tribunal imponlle ao home a condena de prisión e unha indemnización á vítima de 3.200 euros, por un delito de homicidio en grao de tentativa

Publicidade
Publicidade