Contido con Xeográficas Galicia .

Contido con Xeográficas Galicia .

Galicia

Rexistro dos axentes da UCO no barco

A Garda Civil rexistra un mercante atracado en Vigo pola sospeita de que transporte droga no seu interior

21/01/2025 17:04

Foi abordado en mar aberto cando viaxaba desde Puerto Bolívar, en Ecuador, a San Petersburgo, en Rusia

Polo momento non hai constancia de se se achou ou non droga no seu interior


Vivenda na que sucederon os feitos en Cerdedo-Cotobade

O detido por matar a nai en Cerdedo-Cotobade declara este mércores ante o xuíz

21/01/2025 17:00

Un informe forense determina que o home, ingresado en psiquiatría desde os feitos, está en condicións de declarar


A falta de man de obra agrávase: máis de 7.630 postos vacantes en 2024

21/01/2025 15:18

Os desaxustes no mercado laboral fan que moitas empresas e pequenos negocios non atopen traballadores

Os empregos sen cubrir aumentaron un 17 % no último ano, e a maioría concéntranse na sanidade, comercio, hostalaría e industria manufactureira


Industria, Xunta, Alcoa e Ignis asinan un acordo que inclúe o rearranque da planta de San Cibrao

21/01/2025 15:04

A Xunta destaca que a compañía debe "empezar a traballar cos empregados nun novo plan de viabilidade", o Ministerio axilizará eólicos e o comité redúceo a "fume"

Acórdase axilizar as autorizacións de proxectos de enerxía renovables para lograr custos enerxéticos competitivos

Recolle "o interese das partes" en colaborar xunto cos traballadores da planta para lograr a estabilidade das operacións


Carlos Negro: "Precisamos libros para reformular onde estamos a nivel colectivo"

21/01/2025 14:53

'Reconversión', de Santiago Cortegoso, fala da memoria histórica do Vigo proletario equilibrando o íntimo e o social

'Tres irmáns', de  Carlos Meixide, unha novela de aventuras que reivindica a paixón pola lectura coa comuna de París como pano de fondo

Categorías:  Galicia   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

Daniel Salgado: "Na miña escrita tento que quede constancia das nosas responsabilidades"

21/01/2025 14:50

'Poemas realistas', o novo poemario de Salgado publicado por Apiario, quere achegar ao poema a confusión da existencia

Explora as posibilidades do poema como testemuña dunha época ou a devoración dunha época que impón o poema

Categorías:  Galicia   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

Alerta no barrio coruñés da Falperra pola presenza dun carteirista

21/01/2025 14:40

Falan dun home duns trinta anos que actúa ao descoido e sen empregar violencia

As vítimas son, sobre todo, persoas maiores


Alberto Ardid: "Cada peza é unha pelexa a morte entre a pintura e mais eu"

21/01/2025 14:29

Alberto Ardid advirte: 'Cuidado com o cao', na sala Sirvent de Vigo

É unha mostra para perder o medo a mirar na que ironiza sobre o uso dos ganchos
 

Etiquetas:  ZIGZAG

Rueda urxe o Goberno a que complete o traspaso das competencias sobre o litoral

21/01/2025 14:22

A Xunta anunciou que van crear oficinas en Viveiro, Ferrol, A Coruña, Ribeira, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo para ofrecer asesoramento gratuíto a empresas e autónomos sobre as axudas do Fondo Europeo de Pesca


Vigo é a cidade española onde máis choveu en 2024

21/01/2025 14:15

En 2024 Aemet rexistrou máis de 2.000 litros recollidos na estación de Peinador  


Preocupación en Perlío, en Fene, por unha parella que ten en tensión a veciñanza

21/01/2025 14:10

Denuncian agresións, intimidación e pequenos roubos pola forza, que temen que vaian a máis

Fontes oficias confirman que a parella está sendo cada vez máis agresiva, mesmo noutros concellos


O home que apareceu carbonizado nun coche en Redondela tentou queimar a vivenda familiar en novembro

21/01/2025 14:08

O home ingresara daquela na unidade de psiquiatría do Cunqueiro. Saíu do hospital o mércores, e o sábado apareceu morto nun coche que ardeu nun monte de Redondela.


Manter hábitos saudables é un dos propósitos máis comuns nesta altura do ano

Como van os propósitos de ano novo no ecuador de xaneiro?

21/01/2025 14:06

Para que os propósitos non caduquen e lograr os obxectivos marcados, a constancia é o segredo para convertelo en hábito

Categorías:  Sociedade   Galicia   Vida
Etiquetas:  SAÚDE   ANINOVO

Veciños de Rañobre, en Arteixo, protestan polo paso de tráfico pesado na súa estrada

21/01/2025 14:06

O corte da estrada entre Suevos e Bens desvía camións de gran tonelaxe diante das súas casas

Denuncian ruídos, cheiros, danos no asfalto e problemas para circular cos seus coches

 


A Lei da Segunda Oportunidade permite desfacerse das débedas contraídas de boa fe

21/01/2025 14:05

Diríxese a exonerar a débeda de persoas insolventes -particulares ou autónomos- e sen antecedentes ou sancións administrativas graves

Categorías:  Sociedade   Galicia
Etiquetas:  XUSTIZA   DÉBEDA

Un concurso busca a mellor maridaxe para o aceite de oliva feito en Galicia

21/01/2025 14:01

A firma ourensá Aceites Abril promove este certame, que busca apoiar os talentos novos da gastronomía


Foto @RCCelta

Claudio mantense fiel ao comodín da canteira mentres non chegan fichaxes

21/01/2025 13:59

Ante o Athletic xogaron seis canteiráns xunto con Borja Iglesias e Pablo Durán

Categorías:  Deportes   Celta   Vigo
Etiquetas:  RC CELTA

Unha dos cristais das ventás tirado no chan da antiga escola unitaria

Rouban portas e ventás dun edificio do concello de Muras acabado de rehabilitar

21/01/2025 13:53

O volume do material subtraído ascende a 45.000 euros

O concello recepcionara a obra da rehabilitación hai un mes

Etiquetas:  ROUBOS

Quinn Urbaniak-Dornstauder, reforzo de altura para o Celta Zorka

21/01/2025 13:51

Pivote canadense, internacional de 29 anos e 1,93 de estatura, chega dende o baloncesto francés

Categorías:  Deportes   Baloncesto   Vigo
Etiquetas:  CELTA BALONCESTO

O 21 de xaneiro celébrase o Día Internacional do Abrazo

21/01/2025 13:44

Un xesto de cariño que mesmo ten beneficios para a saúde

Categorías:  Sociedade   Galicia   Vida

Asaltan unha cafetería de Ourense rebentando a porta de cristal

21/01/2025 13:23

Revolveron todo e marcharon coa caixa rexistradora con 200 euros en cambio e coas propinas

É a terceira vez que rouban neste bar dunhas céntricas galerías da cidade

A Policía Nacional investiga se os numerosos roubos en negocios de Ourense gardan relación

Etiquetas:  ROUBOS

Naïm García reforza o ataque do Rácing

21/01/2025 13:12

O futbolista chega cedido desde o Leganés ata o final da tempada

Categorías:  Deportes   Ferrol   Rácing
Etiquetas:  RACING DE FERROL

Luisa Sánchez confirma que optará á presidencia do PP en Vigo e avisa: "Veño para quedar"

21/01/2025 12:51

Expresou a súa confianza en que o PP de Vigo está "unido" e apuntou a posibilidade de ser candidata á alcaldía se o partido e a militancia así o consideran

Categorías:  Política   Galicia   Vigo
Etiquetas:  PP

Foto Balonmán Porriño

Zendal Porriño-OFN Ionias, nos cuartos de final da European Cup

21/01/2025 12:27

A ida vaise xogar no Porriño na fin de semana do quince e dezaseis de febreiro


O PSdeG reclama mellores accesos aos servizos públicos para fixar poboación no rural

21/01/2025 12:25

José Ramón Gómez Besteiro insistiu na necesidade de acabar coas desigualdades

Denuncian as diferenzas do prezo do leite para os produtores galegos


Arquivo Garda Civil

Detido por contratar un sicario nunha 'dark web' para agredir con ácido unha muller de Pontevedra

21/01/2025 12:24

O arrestado é un veciño de Barcelona 

Segundo a Garda Civil, o detido pediulle a un sicario que lle guindase ácido á muller para desfigurarlle a cara e deixala cega


Deteñen en Betanzos dous madrileños que levaban 11 quilos de haxix no coche

21/01/2025 10:32

Os dous arrestados foron interceptados nunha peaxe da AP-9, e no interior do vehículo, que tiña un forte cheiro a haxix, atoparon tamén dúas navallas e un machete e 5.000 euros


Dous detidos en Chantada e investigan unha terceira persoa por agresión sexual a unha muller con discapacidade

21/01/2025 09:42

Os dous sospeitosos quedaron en liberdade tras pasar a disposición xudicial coa obriga de comparecer no xulgado cada quince días e a prohibición de achegarse á vítima

Trala declaración dos dous detidos foi citada a declarar outra persoa en calidade de imputada


Arquivo

Atendidas seis persoas en Vilanova e na Coruña por accidentes domésticos

21/01/2025 09:36

Tres veciños de Vilanova tiveron que ser atendidos no hospital do Salnés por inhalación de fume ao se lles incendiar a lavalouzas

Na Coruña, a mala combustión dun electrodoméstico deixa tres persoas intoxicadas


Rehabilitan unha antiga reitoral en Taboadela para ensinar agricultura rexenerativa

20/01/2025 20:40

Xa comezaron a cultivar a terra, e en breve comercializarán o que producen aplicando esta técnica inspirada na propia natureza

Categorías:  Agro   Sociedade   Taboadela
Etiquetas:  AGRICULTURA

Xaneiro é o mes dos infieis segundo unha plataforma de relacións extraconxugais

20/01/2025 20:36

Gleeden incrementa a súa actividade no primeiro mes do ano nun 450 %

Un de cada tres usuarios di que esta é unha vía de escape para esquecer as tensións acumuladas no Nadal

Categorías:  Sociedade   Galicia   Vida
Etiquetas:  REDES SOCIAIS

O complexo xa ten nove edificacións rehabilitadas e prevé recuperar tres máis

A que fora unha aldea abandonada na Pontenova, finalista nos premios Ruralka 2024

20/01/2025 20:24

A Casona da Labrada opta a ser o mellor hotel rural de todo o Estado


O cribado de cancro colorrectal do Sergas detectou en dez anos máis de 2.600 tumores

20/01/2025 19:55

Máis do 65% deles estaban en fases iniciais

Este é o cancro máis frecuente en Galicia e o segundo con máis mortalidade, con 1.100 falecementos ao ano


Imaxe de arquivo de Nené Barral en maio do 2001

Queda visto para sentenza o xuízo por contrabando do caso Nené Barral tras 25 anos de procedemento

20/01/2025 17:36

Algúns dos implicados, incluído o exalcalde de Ribadumia, foron falecendo, polo que só haberá oito procesados no banco

Iniciado en 1999, é o procedemento xudicial aberto máis antigo de España


Foto EFE

O Celta encadea tres derrotas seguidas por primeira vez con Giráldez

20/01/2025 15:41

O conxunto vigués encara agora dúas saídas consecutivas ante rivais da zona baixa

Categorías:  Deportes   Celta   Vigo
Etiquetas:  RC CELTA

O serbio Luka Krivokapic, reforzo para a portería do Cangas

20/01/2025 15:33

Chega para substituír a Jorge Pérez, lesionado de gravidade

Etiquetas:  ASOBAL

Blanca Rodríguez: "A arte dexenerada xorde por querer encarrilar aos artistas en reximes fascistas"

20/01/2025 14:57

'Arte dexenerada galega. Catro exemplos fóra da España saudable', gañou o Premio Manuel Murguía de Ensaio de 2023

No libro abórdase o labor de Seoane, Granell, Mallo e Colmeiro como piares do compromiso artístico e axentes do cambio social 

O traballo dos vangardistas galegos non foi admitido na España franquista, o seu traballo floreceu en América e Europa

Etiquetas:  ZIGZAG

Miguel Pernas: "A guerra invádenos de tal xeito porque está dentro dos nosos corazóns"

20/01/2025 14:41

Guerra, unha reflexión e un manifesto antibelicista de Teatro do Noroeste dirixida por Eduardo Alonso

 Estreouse esta fin de semana e comeza xira por Galicia

No elenco Luma Gómez, Miguel Pernas, Manuela Varela, Maxo Barjas, Sabela Hermida e Xavier Estévez


Seguen crecendo as consutlas por gripe en Galicia

20/01/2025 14:39

Nesta situación epidemiolóxica, vacinarse é a principal medida preventiva. A campaña segue activa ata o 31 de xaneiro.


Adeus a Bernardino Graña

20/01/2025 14:37

O poeta do mar e do amor, Bernardino Graña, é autor de con composicións que pertencen hoxe ao cancioneiro popular

Nacido en 1932, incorporouse moi novo ao comité de redacción da revista Alba e foi membro  fundador do grupo Brais Pinto 

 

Categorías:  Galicia   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG
Publicidade
Publicidade