Contido con Xeográficas .
Galicia

Investigadores do CiTIUS deseñan un modelo que frea as "alucinacións" da intelixencia artificial
22/01/2025 14:51
O seu proxecto consegue o terceiro premio o IEEE Flame Technical Challenge, un dos máis prestixiosos do mundo

As bandas albanesas controlan xa as descargas da droga nas costas galegas, ademais do transporte
22/01/2025 14:46
"Cada vez son máis sofisticados, teñen máis medios, máis cartos e máis capacidade de acción", explica Emilio Rodríguez Ramos, xefe da sección Greco Galicia da Policía Nacional

Rueda presenta Galicia en Fitur como "terra acolledora e refuxio climático"
22/01/2025 14:42
A Xunta busca aumentar os visitantes estranxeiros e conseguir atraer turistas durante todo o ano

Queixas pola inseguridade viaria nunha zona de institutos de Cangas
22/01/2025 14:36
Denuncian que xente nova sobe a esas zonas a facer derrapaxes e manobras perigosas
Piden un plan de seguridade viaria con mellor iluminación, pasos de peóns elevados e pintados e beiravías

Ingresa en prisión o home que matou a súa nai dunha malleira en Cerdedo-Cotobade
22/01/2025 14:32
O home, que tras ser detido pola Garda Civil foi ingresado na área de Psiquiatría do complexo hospitalario de Pontevedra, está investigado por homicidio

Dous cans soltos causan temor nun barrio de Ribeira
22/01/2025 14:15
Nunha semana mataron dous gatos da colonia da rúa Álvaro Cunqueiro
Os cans visitan o barrio polas noites, os veciños non saben de quen son

Dous homes armados con coitelos protagonizan un altercado en Lugo
22/01/2025 14:10
Os veciños gravaron os feitos dende a fiestra

Polémica en San Amaro tras a poda de carballos centenarios
22/01/2025 13:59
Os veciños dunha das parroquias afectadas denuncian que o corte foi salvaxe e temen que as árbores acaben secando
Noutra, pola contra, din que era necesario para evitar accidentes pola caída de pólas

Alejandro Menéndez: "Atopei un grupo preocupado, entenden que isto non pode continuar así"
22/01/2025 13:36
O Rácing ten hoxe dobre sesión de adestramento

Gandeiros buscan ferramentas para facer máis rendibles as súas explotacións
22/01/2025 13:34
Coristanco acolle a terceira edición do Foro Empresarial Lácteo
Debaten sobre as axudas da PAC ou como mellorar a organización das granxas

Un incendio calcina unha vivenda en Ortigueira e causa a morte de cinco cabras
22/01/2025 13:16
Sospéitase sobre unha orixe intencionada do lume

Catro meses de obras e atascos no Milladoiro
22/01/2025 13:14
Os traballos contan cun prazo de execución de 18 meses
Estará en obras ata finais de 2025 pola remodelación da N-550

Transportes aproba o trazado do primeiro tramo da A-74 entre O Carme e Barreiros
22/01/2025 13:11
A autovía A-74 dará continuidade á A-8 a través do corredor Cantábrico da Mariña lucense, entre Barreiros e San Cibrao, onde se sitúa o Porto de Interese Xeral do Estado

Produtores locais dos Ancares venden directamente os excedentes das súas hortas
22/01/2025 12:52
Unha iniciativa coa que queren ligar o turismo coa terra e a gastronomía tradicional, xa que os compradores son establecementos rurais da zona
Mantendo as hortas en produción tamén se protexe as aldeas dos incendios

Mª Ángeles Iglesias: "Esta peza é unha aposta polo que queremos que medre, o amor"
22/01/2025 12:44
'As formas do amor' é unha coprodución de Verdeveras Expresións Artísticas e o Centro Dramático Galego
A peza, dirixida por Gena Baamonde, reflexiona sobre o que chamamos 'amor' e incorpora a música e o humor
Próximas datas de 'As formas do amor': 24 de xaneiro, A Coruña, 14 de febreiro, Compostela, 8 de marzo, Viveiro

Marina G. Guerreiro: "Gústame crear a sensación de tempo detido"
22/01/2025 12:33
'Canción de río', unha mostra sobre os ciclos da auga e a súa relación coa memoria
Marina crea pezas froito da acumulación, que buscan a orde dentro da desorde
Mostra aberta na galería Néboa de Lugo ata o vindeiro 8 de febreiro

O exdeputado do PSdeG Martín Seco pide a Ferraz arquivar o seu expediente de hai 2 anos
22/01/2025 11:53
O exdeputado e actual concelleiro de Arteixo remarca tamén o seu dereito ao “resarcimento público” porque entende que a súa “honra [...] foi atacada publicamente sen xustificación ningunha” tras unhas diferenzas de criterio nun debate parlamentario

Martín de la Puente métese por primeira vez en semifinais do Open de Australia
22/01/2025 11:52
Xogará co gran favorito ao título, o actual número un do mundo e campión olímpico en París, o xaponés Tokito Oda
Tamén estará en semifinais no cadro de dobres

Óscar Mingueza, sancionado con dous partidos por "desconsideración" co colexiado
22/01/2025 11:25
O colexiado do encontro sinalou na acta que o futbolista do Celta foi expulsado por dicirlle “houbo catro faltas e a min non me pitas nin unha, ti es un chulo”

Lucas Pérez marcha do Deportivo por "situacións persoais" e a "falta de agarimo" do club
22/01/2025 11:09
Aproveitou a súa comparecencia para recriminar á prensa o trato dado nos últimos días de negociacións
Despediuse aplaudido polos seus compañeiros, adestradores e canteiráns

Segue a busca da droga que se sospeita que hai no interior dun mercante atracado en Vigo
22/01/2025 10:53
O buque, con bandeira das Bahamas e tripulación rusa, procedía de Ecuador e foi abordado en mar aberto e conducido pola Armada e Garda Civil ao porto vigués

22/01/2025 10:50
Tras escoitar ruídos, a vítima atopouse con tres persoas que trataban de acceder á súa casa
Os encapuchados exhibiron un arma de fogo que os investigadores, polo momento, aínda non lograron esclarecer se era real ou unha imitación

22/01/2025 10:30
Os feitos foron gravados por un veciño que, posteriormente, alertou a policía

Un incendio calcina parte do tellado dunha casa en Moaña sen causar danos persoais
22/01/2025 10:17
Cando se iniciou o lume só estaba unha muller na casa, que puido saír, e ela mesma alertou os servizos de emerxencias ao ver as lapas

O narcosubmarino achado na Costa da Morte puido participar nunha descarga pouco antes
22/01/2025 10:14
As pegadas de neumáticos atopadas nunha praia de Muxia fan sospeitar que a embarcación participou nunha descarga de cocaína entre 24 e 48 horas antes
A embarcación estaba sendo remolcada cara ao porto de Camariñas cando se afundiu parcialmente

Falece Xosé Manuel Piñeiro, un dos rostros máis recoñecidos da TVG
22/01/2025 09:08
O seu maior éxito foi o programa Supermartes, que conduciu durante máis dunha década, entre 1992 e 2005
A TVG emite un especial esta noite sobre o popular presentador a partir das 21.35 horas

Correos habilita un servizo para enviar produtos caseiros do cocido galego por toda España
22/01/2025 08:50
A empresa aplica “descontos” aos envíos desde Becerreá, Escairón (O Saviñao), Monforte de Lemos, Samos e Sarria de produtos caseiros, embutidos e carne en salgadura “a calquera punto da península”

Os 'charms', ou a moda de colgar monecos de peluche e plástico e xoias nos bolsos e mochilas
21/01/2025 21:01
Aquilo de customizar os complementos que naceu nos anos dous mil volve estar de plena actualidade

Un taller de Viveiro especialízase en xoias con leite materno ou con cinzas de persoas ou mascotas
21/01/2025 20:45
Chegaron a recibir unha encarga co pelo dunha avoa ou coas pegadas dixitais dun meniño falecido prematuramente

O Concello de Vigo suspende a licenza das obras da Xunta para un centro de asociacionismo
21/01/2025 19:50
Suspende a reforma dunhas instalacións dos antigos xulgados ata aclarar, di, a titularidade do inmoble
A administración autonómica lamenta as "trabas" do Goberno municipal e mantén que o edificio foi cedido polo Estado "en propiedade"

21/01/2025 19:23
O Ministerio de Interior deberá aboarlle un total de 1.276.709,34 euros en concepto de axudas
Contra esta decisión cabe aínda recurso

Pontón propón aos empresarios establecer un instituto galego de crédito
21/01/2025 19:03
Aposta por establecer un plan de fomento da actividade tecnolóxica e industrial, co obxectivo de elevar o peso da industria ao 25 % do PIB en 2030

A galega María Blanco, segunda española en ingresar na Academia de Medicina de Francia
21/01/2025 18:56
María Blanco centra a súa investigación no desenvolvemento de nanomedicamentos para o tratamento do cancro

21/01/2025 18:42
O voceiro substituído en Santiago ten 10 días de prazo para presentar recurso ante o Comité de Ética e Garantías

Motivos persoais poden provocar a marcha de Lucas Pérez do Deportivo
21/01/2025 18:33
O seu destino podería ser o Raio Vallecano, no que xa xogou nos comezos da súa carreira deportiva

Naturgy proxecta unha central hidroeléctrica no Miño con 500 millóns de investimento
21/01/2025 18:33
O proxecto contempla a reforma da central de Frieira, en Padrenda, e construír unha balsa superior en Crecente, co obxectivo de convertela nunha planta de bombeo de 485 megawatts
Considérase a Filgueira "como un proxecto estratéxico para o sistema enerxético español"

Confírmase a cesión de Luca de la Torre e o traspaso de Jonathan Bamba
21/01/2025 18:22
O norteamericano xogará no San Diego F. C. e o internacional con Costa do Marfil militará no Chicago Fire

21/01/2025 17:04
Foi abordado en mar aberto cando viaxaba desde Puerto Bolívar, en Ecuador, a San Petersburgo, en Rusia
Polo momento non hai constancia de se se achou ou non droga no seu interior

O detido por matar a nai en Cerdedo-Cotobade declara este mércores ante o xuíz
21/01/2025 17:00
Un informe forense determina que o home, ingresado en psiquiatría desde os feitos, está en condicións de declarar

A falta de man de obra agrávase: máis de 7.630 postos vacantes en 2024
21/01/2025 15:18
Os desaxustes no mercado laboral fan que moitas empresas e pequenos negocios non atopen traballadores
Os empregos sen cubrir aumentaron un 17 % no último ano, e a maioría concéntranse na sanidade, comercio, hostalaría e industria manufactureira