Contido con Xeográficas .
Galicia

Os bombeiros evitan que se estenda o incendio nunha vivenda da Agra do Orzán
25/01/2025 18:49
As catro persoas que estaban dentro do piso puideron saír polo seu propio pé
O lume comezou nun aparato calefactor e calcinou toda a habitación e mesmo saíu cara ao exterior
.png)
Un morto e catro feridos nun accidente de tráfico en Xermade
25/01/2025 17:15
A vítima é un home de 55 anos de Lugo, que conducía un Fiat Seicento, no que viaxaban outros tres pasaxeiros que quedaron feridos de gravidade.
O outro coche implicado no accidente é un Audi no que só ía o conductor, que tamén quedou ferido
No momento do accidente, contra as tres da tarde, estaba caendo unha forte sarabia

A Xunta aproba este luns o Bono Emancípate para axudar cos gastos da primeira vivenda
25/01/2025 15:59
É unha tarxeta moedeiro de ata 3.000 euros dirixida a persoas menores de 36 anos, que se pode solicitar a partir do 6 de febreiro

Os hoteis, as terrazas e as rúas de Pontevedra énchense de xente "Feroz"
25/01/2025 15:57
A celebración dos premios Feroz encheu Pontevedra. Restaurantes e hoteis, case ao cen por cento de ocupación toda a fin de semana
Os premios Feroz volveranse celebrar na cidade de Pontevedra o vindeiro ano

A editorial Galaxia celebra os seus 75 anos coa idea de "crear porvir"
25/01/2025 15:30
O 25 de xullo de 1950, no bodegón do Hotel Compostela, en Santiago, comezaba unha historia imprescindible

O Aquarium Finisterrae da Coruña pon ao descuberto os seus segredos
25/01/2025 14:51
Unha ducia de persoas goza da primeira visita guiada deste ano ás zonas técnicas

Éxito da III edición da Poxa do Gando Frisón de Friol
25/01/2025 14:43
Vendéronse todos os animais, a unha media de 3.147 euros cada un

A parroquia viguesa de Bembrive, en contra da nova A-52
25/01/2025 14:31
Consideran que se debería eliminar a peaxe da autoestrada entre Vigo e O Porriño

25/01/2025 13:35
Ana Pontón asegura que este recoñemento está totalmente xustificado e que é un xeito de reparar a memoria histórica de Galicia

A tradicional técnica do esgrafiado xa é Patrimonio Cultural de Galicia
25/01/2025 13:30
Esta técnica construtiva ancestral xeneralizouse no século XIX e principios do século XX nas paredes e fachadas das casas tradicionais galegas

Besteiro di que o PSdeG aposta por evitar as desigualdades entre o rural e as áreas urbanas
25/01/2025 13:21
Os socialistas galegos celebraron este sábado un acto en Lugo no que formularon alternativas para o rural de Galicia

O GPS volve atrapar un camión estranxeiro nunha zona sen saída, esta vez en Corrubedo
25/01/2025 11:23
O tráiler de matrícula checa e conducido por un home ucraíno quedou atrapado na zona rochosa do Corgo
Este sábado pola mañá deu saído coa axuda dun tractor cun guindastre

Suspéndese este domingo polo temporal a actividade deportiva nun cento de concellos
25/01/2025 08:17
A chegada da borrasca Herminia activa de madrugada o aviso laranxa en todo o litoral
A Xunta puxo en funcionamento o plan Inungal polo risco de desbordamentos puntuais

O mosaico romano de Panxón volve á casa tras unha odisea internacional
24/01/2025 21:03
O Concello de Nigrán e a Asociación pola Repatriación do Mosaico presentaron a valiosa peza, que estará exposta dende febreiro

Lorenzana destaca o papel de Galicia no desenvolvemento das renovables na súa visita a Naturgy
24/01/2025 20:38
A compañía supervisa desde A Coruña 93 parques eólicos, 24 plantas fotovoltaicas e cinco de coxeneración

O novo regulamento municipal de Pontevedra multa con ata 3.000 euros actitudes incívicas nas rúas
24/01/2025 20:15
Atentar contra elementos da zona histórica, tirar cabichas ao chan, non recoller excrementos dos cans ou lavar coches na rúa, entre as actitudes sancionables

Refachos de ata 140 km/h, dúas feridas en Viveiro e avisos por chuvia e temporal no mar
24/01/2025 18:06
Unha muller e unha nena resultan feridas en Viveiro ao levantarse un quiosco metálico polo vento
O 112 rexistra 170 incidencias relacionadas coa borrasca

A Xunta presenta o primeiro proxecto da Sociedade Pública de Vivenda: 145 novas vivendas en Lugo
24/01/2025 17:34
A conselleira de Vivenda anuncia que o 25 % dos pisos serán para menores de 36 anos en réxime de compra, que poderán solicitar as axudas desde o luns, 27 de xaneiro
Para a redacción deste primeiro proxecto da Sociedade Pública de Vivenda investiuse pouco máis dun millón de euros, mentres que para a obra estímanse 27 millóns
As empresas interesadas teñen de prazo ata o próximo 10 de marzo

Irving Penn, o fotógrafo que entendía a cámara como bisturí e stradivarius á mesma vez
24/01/2025 17:09
Con esta cuarta mostra da súa serie dedicada a grandes fotógrafos, a Fundación MOP vai un paso máis aló das anteriores
Irving Penn inventou en boa medida a fotografía de moda de alta costura creando un estilo máis artístico que comercial

Alicia López Pardo: "Aprendín máis ensinando no rural que nas tres universidades en que estudei"
24/01/2025 16:42
Foi unha das iniciadoras do movemento educativo Freinet en Galicia e formou parte tamén do equipo do programa Preescolar na casa
"A historia da pita que elixiu a nosa escola para poñer" foi un dos primeiros libros educativos editados en galego feito por alumnos
Alicia López forma parte na Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural

A Xunta publicará a vindeira semana a resolución das axudas a gandeiros pola EHE
24/01/2025 16:15
As contías por animal falecido irán dos 400 euros por bovino menor de catro meses ata os 1.600 para os maiores de 18
Concederanse 100 euros para os tratamentos veterinarios de cada vaca afectada e 20 euros por animal para tratamentos de desinsectación

Lucas Pérez despídese do deportivismo cunha emotiva carta
24/01/2025 16:10
Lucas Pérez: "Aquí estarei para sempre. Disposto a baixar ao barro"

Temporal costeiro e avisos en terra por chuvia e fortes refachos de vento
24/01/2025 14:48
Todo o litoral galego está en aviso laranxa con ondas de ata sete metros de altura
Este sábado será unha xornada de transición, porque o domingo entra unha nova borrasca

Muda de nome no Rexistro Civil e para celebralo fai unha doazón á Cociña Económica
24/01/2025 14:37
Un veciño de Oleiros cede 300 quilos de peixe e marisco, por un valor duns 4.000 euros
Celebra deste xeito o cambio de nome de Xosé Lois por Sáhara Gaza, na honra dos dous pobos masacrados

24/01/2025 14:35
Busca que o fracaso escolar tenda a cero, que o cen por cento do alumnado siga formándose e que os que queiran mellorar as súas competencias poidan facelo
Reforzará a FP básica, ofrecerá novos itinerarios personalizados, orientación vocacional desde a última etapa de Primaria e formación aliñada coas necesidades do mercado
En Galicia hai máis de 10.000 mozos entre os 16 e os 18 anos fóra do sistema educativo; este plan pretende recuperalos, identificar as súas habilidades e guialos

Varias orquestras buscan chofer para os seus tráilers
24/01/2025 14:30
Cústalles atopar condutores para levar os camións dos espectáculos
"É un reto meter un tráiler de 40 toneladas nalgúns campos da festa", di o condutor dos Satélites

Borja Iglesias quere seguir no Celta: "Estou moi feliz e imaxínome aquí"
24/01/2025 14:28
Lembrou que a relación co Betis finaliza en xuño de 2026

Galicia lidera a revolución dos cribados de mama
24/01/2025 14:10
O proxecto mamoRISK proba en 14 comunidades autónomas un modelo matemático que busca establecer nos cribados de mama unha estratificación segundo os niveis de risco
Avalían factores hormonais, métricos, hábitos e xenes

Álex López: "Conseguín unha salvación cun catro por cento de posibilidades"
24/01/2025 14:07
O capitán do Rácing cre que non é o momento de reproches e percibe que todo o mundo está enchufado con Alejandro Ménendez

Detidos dous veciños do Barco de Valdeorras como presuntos autores de varios roubos
24/01/2025 13:26
Os axentes puideron constatar que os patróns de conduta non coincidían. Tratábase de dous autores sen vinculación entre eles.
Mais ás veces compartían o mesmo 'modus operandi', como escachar cristais con tapas de sumidoiros ou bombonas de butano

24/01/2025 13:19
O alto tribunal galego acepta o recurso do acusado, que fora condenado en primeira instancia pola Audiencia de Pontevedra a unha pena dun ano de prisión

24/01/2025 13:16
O priscilianismo avogaba pola renuncia á vida mundana e estedeuse por gran parte da Hispania romana
Prisiciliano foi executado na cidade de Trier no ano 385, e hai moitas hipóteses, ningunha definitiva, sobre onde está soterrado o seu corpo

Xosé Búa: "Os percebeiros cando saltan ás pedras deixan as súas almas na terra, coma guerreiros"
24/01/2025 13:07
O fotógrafo muxián retratou as xornadas de traballo no mar en Homes e mulleres de sal e ferro. Percebeiros da Costa da Morte, editado por Canela
O relato visual vai acompañado de textos e poemas de sete autores da Costa da Morte

Francisco Almuíña: o primeiro guía turístico cego
24/01/2025 12:51
Ten unha casa de turismo rural na Ribeira Sacra e guía os seus clientes para que coñezan os encantos da zona
Para Francisco non hai discapacidades, senón capacidades diversas

O PSOE comunica a expulsión provisional dos catro edís de Santiago enfrontados coa dirección local
24/01/2025 12:35
Os catro concelleiros non asumen a súa condición de non adscritos ao entender que a resolución non é firme, polo que o concello non os expulsa do grupo municipal
Bugallo ve "tremenda" a crise: "É leninista e non socialista outorgar o poder ao aparato"
Se a expulsión é definitiva pasarán a ser non adscritos na corporación municipal, o que lles implicará a perda das asignacións económicas que ata o de agora tiñan atribuídas

Repuntan os casos de gripe A, que afectan sobre todo as persoas maiores
24/01/2025 12:27
O Sergas advirte unha diminución das consultas por gripe B, especialmente entre os maiores de catro anos
A directora xeral de Saúde Pública cre que as elevadas cifras de vacinación entre os maiores poden facer de "barreira de contención" para frear os casos de gripe

Gilsanz: "Lucas vai quedar na historia, pero temos que pasar páxina"
24/01/2025 11:59
Sobre a renovación de Yeremay, considera que é unha moi noticia para a afección porque ven "o compromiso dos xogadores" e que hai un proxecto "no que cren os futbolistas"

24/01/2025 11:37
A xuíza dá por finalizada a instrución do caso e sinala estes oito acusados por delitos de apropiación indebida ou administración desleal, insolvencia punible, branqueo de capitais e constitución ou pertenza a organización ou grupo criminal
No auto da maxistrada detállanse as fórmulas para descapitalizar as empresas e desviar activos cara ao seu patrimonio persoal e sociedades creadas para facerse coa súa propiedade

Tres detidos por pegar e amordazar un home para roubar na súa casa en Sada
24/01/2025 11:32
Da vivenda levaron un teléfono móbil, unha tarxeta sanitaria, unha tarxeta de débito e diñeiro en efectivo
Un xuíz decretou o ingreso en prisión provisional sen fianza

Thomas Heurtel será baixa por lesión ante o Real Madrid
24/01/2025 11:31
Epifanio: "Hai que evitar que corran. Que gañen polo talento, non polo noso mal traballo"