Contido con Xeográficas Galicia .

Contido con Xeográficas Galicia .

Galicia

Unha estradense pide protección porque a súa exparella contratou un sicario na "darkweb" para matala

27/01/2025 16:10

Ana García, ao ser advertida de que alguén pagara pola súa vida: "quedas en shock, e pensas que é unha cámara oculta ou unha película de ciencia ficción"

A súa exparella fora detida e posta en liberdade con cargos

Un recurso na Audiencia Provincial de Pontevedra reabre agora o caso e a Universidade de Santiago intentará desencriptar o ordenador e o móbil do sospeitoso


Foto @CBBreogan

O pivote nixeriano John Egbunu deixa de ser xogador do Breogán

27/01/2025 15:41

O ex-xogador do Xangai Sharks da China apenas tivo protagonismo no Breogán, co que disputou 5 partidos na liga Endesa

Categorías:  Deportes   Baloncesto   Lugo
Etiquetas:  CB BREOGÁN

A Xunta creará axudas para facilitar aos taxistas a contratación dos seguros

27/01/2025 15:18

O presidente da asociación dos taxistas de Lugo, Jesús Rodríguez, "os propietarios dalgúns vehículos chegaron a atoparse con recibos que chegan aos 8.000 euros e as compañías, simplemente néganse a aseguralos"


Dúas persoas feridas ao derrubarse unha cheminea sobre o teito da cociña en Lalín

27/01/2025 14:55

O vento derrubou a cheminea e os cascotes golpearon ás dúas persoas que estaban na cociña

Os obreiros xa parchearon o tellado para evitar que siga chovendo dentro


Iria Sobrado: "A 'Ultranoite cultureta' de Chévere 'non deixa títere con cabeza', pero tamén emociona"

27/01/2025 14:53

En escena: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Mónica García, Borja Fernández, Arantza Villar, Diego Anido, Xron e os músicos Xacobe Martínez Antelo, Manuel Cebrián e Carlos Freire

A Ultranoite é un formato teatral creado e desenvolvido na Sala Nasa de Santiago de Compostela a partir de 1993. 

Etiquetas:  ZIGZAG

Neves Rodríguez: "O poemario é un berro contra a sociedade que nos impide decir que estamos mal"

27/01/2025 14:47

'Cuspindo miserias', editado por Galaxia, é o primeiro poemario que publica Neves Rodríguez 

Son poemas descarnados e crus. Poesía visceral para ceibarnos do que abafa, un berro que dá voz ás dores mudas.

Categorías:  Galicia   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

Gustavo Pascual: "Só queremos agora que o mosaico nos sobreviva e quede aquí para as seguintes xeracións"

27/01/2025 14:44

A asociación Mosaico Romano de Panxón, os veciños e o Concello teimaron por devolver a Nigrán o seu mosaico romano

Os arqueólogos destacan o seu bo estado de conservación, sobre todo das cores, despois de pasar tantos centos de anos desde a súa realización

Categorías:  Galicia   Humanidades
Etiquetas:  ZIGZAG

Rehabilitan as antigas vivendas de mestres para alugueiro social en Cartelle

27/01/2025 14:37

As antigas escolas rurais, actualmente pechadas e sen uso, teñen unha nova vida no concello ourensán de Cartelle

Rehabilitáronas para alugueiros sociais cos que atraer novas familias a este concello, que presume de ser dos que máis poboación gañaron desde a pandemia


Os médicos receitarán concertos e museos contra a soidade non desexada

27/01/2025 14:35

O programa piloto de prescrición cultural comezará no Museo Provincial de Pontevedra e afectará pacientes de toda a área sanitaria

Categorías:  Sociedade   Saúde   Galicia
Etiquetas:  SANIDADE

O PSdeG di sobre os concelleiros de Santiago que se se incumpren as normas, hai que actuar

27/01/2025 13:54

A vicesecretaria xeral do PSdeG, Lara Méndez, sinala que hai que actuar ante a situación dos catro concelleiros de Santiago expulsados provisionalmente polo seu enfrontamento coa dirección local


A Xunta crea o Bono Emancípate para primeiros gastos do fogar para persoas de 18 a 35 anos

27/01/2025 13:50

As axudas van de 1.500 a 3.000 euros e adxudicaranse tanto para a compra como para o alugueiro de vivenda para emanciparse


Limpan unha casa de turismo rural en Padrón (EFE)

O plan de alerta por risco de inundacións mantense activo nunha ducia de ríos galegos

27/01/2025 13:26

Os niveis máximos de seguimento superáronse en Soutomaior, Gondomar, Pontevedra e Ponte Caldelas, segundo Augas de Galicia

A Xunta pídelle á poboación que adopte medidas de autoprotección que contribúan a garantir a súa seguridade


Foto @RCDeportivo

Gilsanz: "O traballo do equipo é brutal e cre no que fai"

27/01/2025 13:07

O técnico do Deportivo asegurou este luns que a dirección deportiva do club branco e azul traballa na chegada dun futbolista de ataque

O Deportivo xoga o mércores o partido adiado ante o Tenerife

Etiquetas:  RC DEPORTIVO

Aprazado ata marzo o xuízo contra un home acusado de queimar unha vivenda en Paderne co seu fillo no interior

27/01/2025 13:03

A Fiscalía pide para o acusado 13 anos de cadea e a acusación particular, 20 anos

A defensa solicita a libre absolución polo delito de incendio


O Supremo condena a Baltar a unha multa de 1.800 euros por conducir a máis de 200 por hora

27/01/2025 12:19

Ademais, o alto tribunal retíralle o carné durante un ano por un delito contra a seguridade viaria

Os feitos aconteceron na autovía A-52 o 23 de abril de 2023

Categorías:  Política   Galicia


A borrasca Herminia deixa 7.000 persoas sen luz e máis de 1.300 incidencias en Galicia

27/01/2025 09:55

A borrasca obriga a cancelar os voos de primeira hora con Madrid nos aeroportos de Vigo e A Coruña

Restablecida a circulación ferroviaria entre Vigo Guixar e Redondela pola caída de obxectos sobre a infraestrutura e tamén o tráfico entre Ferrol e A Coruña; segue cortada a liña Ferrol-Oviedo

O refacho máis forte, de 141,6 km/h rexistrouse en Penedo do Galo (Viveiro); e MeteoGalicia contabilizou 717 raios, especialmente na zona do Val do Ulla 

 


Falece un home de 51 anos nun accidente de tráfico en Amoeiro

27/01/2025 09:32

O falecido e único ocupante non levaba posto o cinto de seguridade

Os servizos médicos que acudiron ao lugar do sinistro só puideron certificar a súa defunción


Leite fresco directamente do Páramo a locais de hostalería de toda España

27/01/2025 08:11

Unha pequena explotación hai quince anos decidiu comercializar directamente o seu leite ao considerar que a industria non pagaba como debía a alta calidade do seu produto

Venden leite pasteurizado non homoxeneizado a cafeterías e pastelerías, que valoran a súa cremosidade e sabor 


Dúas persoas observan o estado do mar na costa de Valdoviño (EFE/ Kiko Delgado) / Sinal en Directo da cámara web da CRTVG en Muxía

Aviso vermello no litoral por ondas de ata doce metros

27/01/2025 08:10

Nivel vermello nas provincias da Coruña e Pontevedra por mar combinado do noroeste con ondas de 8 a 10 metros aumentando temporalmente de 10 a 12 metros

AEMET advirte de que en Lugo e Ourense hai alerta amarela por neve que acumulará 10 centímetros en 24 horas por encima dos 1.000 metros


Falece en Arousa aos 72 anos o escultor César Lombera

26/01/2025 21:37

 Unha das súas obras máis icónicas é As dúas Marías que loce na Alameda de Santiago


O cocido, a comida favorita do inverno

26/01/2025 20:47

En Lalín xa están inmersos no seu mes do cocido, unha das comidas tradicionais do inverno que serve para xuntar amigos e familiares


Unha árbore caeu sobre varios coches en Culleredo pola forza do vento

A borrasca Herminia provoca máis de 600 incidencias e refachos de ata 184 km/h

26/01/2025 17:28

Houbo atrasos e cancelacións nos tres aeroportos galegos e Renfe suspendeu os servizos de ancho métrico en Galicia

Ferido un garda civil que regulaba o tráfico na AP-9 ao caer unha árbore á altura de Vilaboa

A Xunta ampliou a alerta vermella por temporal costeiro para este luns ao suroeste da Coruña e ao litoral de Pontevedra


O PSdeG pídella á Xunta que free a competencia desleal de aluminio, aceiro e cemento

26/01/2025 15:07

Reclámalle á Xunta que as consellerías de Medio Ambiente e Industria "fagan os deberes en Bruxelas"

Categorías:  Política   Galicia

O PPdeG esixe explicacións ao BNG por incluír nas listas electorais un condenado por abusos sexuais

26/01/2025 14:09

Apelan á responsabilidade dos socialistas galegos polos seus vínculos con Rosendo Fernández 

O BNG replica que "nin é nin foi militante da nosa organización" e cuestiona que siga traballando con menores

Categorías:  Política   Galicia

Persoal da Garda Civil, Aduanas e porto de Vigo controlan os contedores

Aduanas comisou 1.400 quilos de droga en colectores no porto de Vigo no 2024

26/01/2025 14:08

Os especialistas din que "é como buscar unha agulla nun palleiro"


O director Elberdin ensina técnica vocal a mestres de música en Ourense

26/01/2025 13:59

O prestixioso director e compositor vasco imparte un curso sobre canto coral no ensino a profesorado de primaria e secundaria

O curso serve tamén de preparación da vindeira edición de Ourencanto, un certame de corais escolares coordinado polo compositor


Zona afectada pola fuga de gas tras o impacto dun vehiculo, en Redondela

Desaloxadas 24 vivendas en Redondela tras bater un coche contra unha condución de gas

26/01/2025 11:42

Dúas horas despois e tras ventilaren, os veciños puideron volver ás súas vivendas

O accidente ocorreu contra as sete e vinte da mañá deste domingo


Lucía Veiga: "Agora dígolle a todos: 'Se che apetece probar algo faino, dá igual todo o demais'"

26/01/2025 11:30

Lucía Veiga está proposta aos premios Goya como mellor actriz revelación

En Soy Nevenka interpreta a Charo Velasco a primeira persoa que apoiou a Nevenka

Lucía xa recibiu o ano pasado premio a mellor comunicadora nos Mestre Mateo e estivo proposta a mellor actriz de elenco nos Feroz

Categorías:  Galicia   Audiovisual
Etiquetas:  ZIGZAG

Os nutricionistas salientan a importancia da alimentación no tratamento do párkinson

26/01/2025 10:52

Aseguran que é preciso consumir as proteínas de xeito axeitado para que a medicación sexa todo o efectiva que debe


Galicia, líder na produción de minerais de uso tecnolóxico

26/01/2025 10:00

O director de minería de Recursos de Galicia, asegura  que a comunidade é líder na produción de cuarzo e  silicio metalúrxico, minerais moi demandados pola industria tecnolóxica

O responsable da sociedade mixta garante que a minería de hoxe en día é sostible técnica, ambiental e socialmente

Recentemente publicouse no DOGA a licitación dos dereitos de investigación mineira nas provincias da Coruña e de Lugo


Sanidade advirte que o cancro de colon afecta tres veces máis a homes ca a mulleres

26/01/2025 09:30

O xefe de servizo de detección precoz de enfermidades anima a poboación de risco a participar nos programas de cribado


Pedro Almodovar gaña o Premio Feroz á mellor dirección por 'A habitación do lado'

Premios Feroz 2025: á mellor película para "Salve María" e ao mellor director para Almodóvar

25/01/2025 23:05

Estrelas do cinema e da televisión enchen de glamour a gala dos Premios Feroz en Pontevedra

Entréganse en total 21 estatuíñas: once de cine, sete de series e os dous premios especiais Feroz Arrebato e Feroz de Honra

O premio de Honra foi para Jaime Chávarri


Un piano de cristal case único no mundo soa na Catedral de Santiago

25/01/2025 21:37

A compositora Mine Kawakami tocou o instrumento coa autorización expresa do propietario da compañia de pianos que permitiu por primeira vez que fose trasladado desde o Xapón a España 

O piano está valorado en case un millón de euros

Kawakami: "O meu gran proxecto agora é aprender a falar galego"


Tres buques da Armada deixan Ferrol para sumarse a misións da OTAN no Mediterráneo

25/01/2025 21:19

As previsións meterolóxicas adversas adiantaron un día a saída das fragatas Blas de Lezo e Álvaro de Bazán e do BAC Patiño

Categorías:  Política   Galicia   Ferrol
Etiquetas:  OTAN   ARMADA

A Rúa homenaxéase con 850 quilos de lomedro na súa festa

25/01/2025 20:51

1.200 comensais xúntanse no pavillón municipal nunha das citas festeiras máis agardadas no concello

A festa xurdiu de xeito casual hai dezasete anos por iniciativa dun grupo de amigos, logo dun xantar precisamente con ese produto, semellante ao lacón, que non é propio da gastronomía local


Restablecido o tráfico ferroviario entre Vigo-Guixar e Porto tras o incendio nun túnel

25/01/2025 20:30

O incendio afectoulle ao teito e ás paredes do túnel e quedou extinguido na noite do sábado

Segundo informou Adif, o incendio tamén afectou o tren de MD 12477 Ourense - Vigo Guixar

Un tren atropela dous xabarís e detén a circulación entre Lugo e Ourense na tarde do sábado


Cámara web da CRTVG en Fisterra

A borrasca Herminia deixa refachos de ata 162 km/h e máis de 180 incidencias

25/01/2025 20:29

Canceláronse varios voos e Renfe suspendeu os servizos de Ancho Métrico en Galicia

A Xunta mantén a alerta máxima e activou o plan Inungal de seguimento dos ríos por posibles desbordamentos

Suspendéronse as actividades deportivas no exterior e algúns concellos pecharon parques, xardíns e praias


Os bombeiros evitan que se estenda o incendio nunha vivenda da Agra do Orzán

25/01/2025 18:49

As catro persoas que estaban dentro do piso puideron saír polo seu propio pé

O lume comezou nun aparato calefactor e calcinou toda a habitación e mesmo saíu cara ao exterior


Un dos vehículos implicados no accidente de Xermade, Lugo

Un morto e catro feridos nun accidente de tráfico en Xermade

25/01/2025 17:15

A vítima é un home de 55 anos de Lugo, que conducía un Fiat Seicento, no que viaxaban outros tres pasaxeiros que quedaron feridos de gravidade.

O outro coche implicado no accidente é un Audi no que só ía o conductor, que tamén quedou ferido

No momento do accidente, contra as tres da tarde, estaba caendo unha forte sarabia

Publicidade
Publicidade