Publicador de contidos

Contido con Temática Fútbol galego .

Publicador de contidos

Contido con Temática Fútbol galego .

Fútbol Galego

Carlos López, fiel á cita co gol nos últimos oito partidos do Pontevedra

28/03/2024 16:05

Suplente ata hai dous meses, o dianteiro aresán aproveitou a oportunidade para converterse no goleador de moda da 2ª RFEF

Etiquetas:  PONTEVEDRA CF

A "xornada perfecta" deixa os catro galegos da 1ª RFEF entre os oito primeiros

25/03/2024 20:53

Deportivo, Celta Fortuna, Arenteiro e Lugo sumaron triunfos que os achegan aos seus obxectivos

Etiquetas:  1ª RFEF

Remonta épica do Lugo fronte ao Sestao (4-3)

24/03/2024 20:48

O equipo de Trashorras perdía 0-3 no minuto 30

Dobrete de Antonetti e golazo de Aguza para remontar na segunda metade

Polémico gol anulado ao Sestao no 80 que supoñía o 4-4

Etiquetas:  1ª RFEF

Somozas 0-0 Barbadás

24/03/2024 20:25

O empate sérvelle ao Barbadás para seguir fóra do descenso directo


O Rácing Vilalbés deixa escapar a vantaxe en Torrelavega (2-1)

24/03/2024 19:51

O equipo chairego queda no posto de descenso despois de perder diante dun rival directo

Pablo Rey marcou un golazo de falta directa


O Pontevedra perdoa unha goleada fronte ao Marino de Luanco (2-1)

24/03/2024 19:18

Recital ofensivo dos de Yago Iglesias no que só faltou acertar no remate final

Charly segue coa serie goleadora anotando o 2-1


Arousa 0-1 Sarriana

24/03/2024 15:05

Diego Rey mantén vivas as esperanzas de play off para o equipo lucense grazas a un gol nos últimos minutos

Etiquetas:  AROUSA SC   SARRIA

O troco de adestrador non soluciona os problemas do Compostela (4-0)

24/03/2024 14:00

Partido desastroso dos santiagueses no campo do modesto Cayón, que pelexa pola permanencia

Etiquetas:  SD COMPOSTELA

Viveiro 1-2 Gran Peña

24/03/2024 10:58

O filial do Celta remonta en Viveiro e mantén a esperanza de ascenso directo


Alondras 2-0 Polvorín

23/03/2024 22:37

O Alondras resolve no segundo tempo con goles de Diego e Joel Rocha e mantense na zona de privilexio


Rápido 0-2 Paiosaco

23/03/2024 22:14

O Paiosaco gaña con dous goles a balón parado e fai máis profunda a crise do Rápido


Chacón certifica a permanencia dun Arenteiro que ten marxe para soñar

23/03/2024 21:52

Os do Carballiño pasan a barreira dos 40 puntos e afastan un rival pola permanencia

Cuarta vitoria lonxe de Espiñedo para os de Javi Rey

Etiquetas:  CD ARENTEIRO

Bergantiños 1-1 Betanzos

23/03/2024 21:39

O Betanzos estivo a piques de sorprender nas Eiroas diante dun Bergantiños que empatou no engadido cun discutido penalti

Etiquetas:  BERGANFC   BETANZOS

U. D. Ourense 1-1 Estradense

23/03/2024 21:19

A U. D. salva un punto no engadido cun gol de Varo pero perde o paso da fase de ascenso


O Ourense C. F. empata en Langreo e deixa o liderado no aire (1-1)

23/03/2024 21:06

Os locais empataron na segunda metade o tanto inicial dos galegos

O liderado podería pasar ao Pontevedra se gaña mañá


Comeza o treito decisivo da temporada na 1ª RFEF

23/03/2024 14:15

O Deportivo defende o liderado no campo do pechacancelas (18 h)

O Celta Fortuna recibe o Fuenlabrada en Balaídos (19 h, G2 e AGalega)

O Arenteiro visita Sabadell (20 h)


Fredi Álvarez estréase en Balaídos disposto a consolidar o posto de fase de ascenso

22/03/2024 21:22

O partido entre o Celta Fortuna e o Fuenlabrada verémolo na G2 o sábado ás 19:00 

O domingo será a quenda do Lugo, que recibe no Anxo Carro o Sestao (19:00)

Etiquetas:  1ª RFEF

Foto SD Compostela

Antón Permuy, do xuvenil, adestrará o Compos ata final de tempada

19/03/2024 13:31

 Xunto a Dani Gesto, será o substituto de Míchel 

Soben do equipo xuvenil de División de Honra


Dez xornadas para o final dunha 1.ª RFEF que camiña cara a un final de infarto

18/03/2024 21:58

Empate dos catro equipos galegos nesta xornada

O Deportivo mantense como líder pero os catro primeiros están en só dous puntos

Etiquetas:  1ª RFEF

O derbi dos Ancares foi moi cativeiro en ocasións (0-0)

17/03/2024 23:31

Ponferradina e Lugo centráronse no traballo defensivo e esqueceron a presenza na área contraria

Etiquetas:  CD LUGO

O Vilalbés rabuña un empate no campo do poderoso Zamora

17/03/2024 21:13

Adiantouse grazas a un autogol de Bolo

Empataron os locais nunha acción desgraciada de Santomé aproveitada por Mancebo


O Coruxo saca tres puntos da súa visita ao Marino de Luanco (0-1)

17/03/2024 21:06

Doncel dá os tres puntos que achegan os vigueses ao play off

Segundo triunfo consecutivo tras a racha de oito xornadas sen gañar


Míchel Alonso presenta a dimisión despois da derrota co Langreo

17/03/2024 19:44

Novo tropezo cando podían situarse en postos de play off

Tras catro remates ao traveseiro, o Langreo levouse a vitoria cun gol no 89'


Ao Pontevedra escápalle o triunfo en Santander no minuto 95 (2-2)

17/03/2024 19:24

Carlos López marcou por sétima xornada consecutiva

O equipo granate queda igualado co Ourense C. F. con 56 puntos

Etiquetas:  PONTEVEDRA CF

O Arenteiro iguala en dúas ocasións a vantaxe do Raio Majadahonda (2-2)

17/03/2024 19:02

Christian Santos e Pibe marcaron os goles dos do Carballiño

Etiquetas:  CD ARENTEIRO

Galicia queda sen o premio na final da Copa das Rexións

17/03/2024 14:36

Perdeu diante de Aragón (1-2) no duelo que decidía a rexión que representaba o fútbol español


Goleada ao descanso para rematar o partido (4-1)

16/03/2024 16:08

Catro goles na primeira metade deixaron o partido visto para sentenza

Portela puxo a nota negativa cunha expulsión no 38'


Lugo e Celta Fortuna buscarán a vitoria a domicilio, mentres o Arenteiro farao no Espiñedo

16/03/2024 12:36

O Arenteiro recibe o Raio Majadahonda 

Celta Fortuna e Lugo teñen visitas complicadas, ante Cultural e Ponferradina respectivamente


Galicia loitará na final por representar outra vez a España na UEFA Regions Cup

15/03/2024 16:20

Derrotou a Castela-A Mancha na quenda de penaltis

O seu rival (domingo, 12:00 horas na G2) será Aragón, que se impuxo a Andalucía


Os empates entre os catro primeiros da 1.ª RFEF deixan todo aberto

11/03/2024 21:14

O Deportivo mantén a primeira posición e a diferenza de goles co Nástic

O Barcelona Atlético aproveitou os tropezos para meterse na lea polo ascenso directo

Etiquetas:  1ª RFEF

Sarriana 1-0 Betanzos

10/03/2024 23:59

Fernando Cuadrado decide no último minuto o partido entre dous equipos acabados de ascender


Bergantiños 1-0 Estradense

10/03/2024 23:44

Non foi un bo partido do Bergantiños, pero chegoulle co gol de Pablo Longo para poñer cinco puntos de vantaxe á fronte da Terceira


@ArosaSCOficial

Arousa 1-0 Silva

10/03/2024 21:29

O Arousa aséntase na terceira posición e impide ao Silva entrar na zona de promoción


Foto de @UDOurense2014

U. D. Ourense 1-1 Barbadás

10/03/2024 21:23

Os ourensáns mantéñense na loita pola promoción, mentres o Barbadás mantén unha lixeira vantaxe sobre o descenso


Foto de @RVcantera

O Compostela sae derrotado da súa visita a Valladolid (2-0)

10/03/2024 20:06

O filial valisoletano superou os de Michel Alonso, que suman tres picadas seguidas 

Mantéñense cerca do play off, pero as sensacións non son boas


Foto de @RSGimnastica

O Ourense C. F. perdoa e deixa a primeira posición en Torrelavega (2-1)

10/03/2024 19:47

Os cántabros sorprenden ao Ourense con dous goles en tres minutos e levan tres puntos que os sacan do descenso

Os ourensáns ceden o liderado tras o triunfo do Pontevedra


Davo rompe a xeira negativa do Coruxo cun dobrete

10/03/2024 19:33

Vitoria do equipo vigués por 2-0 ante o Raio Cantabria, que o saca do descenso e do posto de play out

Etiquetas:  CORUXO FC

O Lugo perdoa e non pasa do empate fronte a Unionistas (1-1)

10/03/2024 19:33

Partido cheo de ocasións no Anxo Carro onde o Lugo perdoa no tramo final

O Lugo queda na 10ª posición, lonxe do play off


Foto de @PontevedraCFSAD

O Pontevedra volve ao liderado tras superar o Real Avilés (2-0)

10/03/2024 19:00

A pesar dun primeiro tempo frouxo dos pontevedreses, dous goles no inicio da segunda metade serviron para sumar os tres puntos e recuperar o liderado

No tramo final puideron aumentar a vantaxe, pero faltou puntería


Alondras 0-0 Arzúa

10/03/2024 11:39

O pechacancelas resistiu o acoso ao que foi sometido polo Alondras e sacou un empate

Houbo un gol anulado por fóra de xogo ao equipo local

Etiquetas:  ARZÚA   ALONDRAS
Publicidade
Publicidade