Publicador de contidos

Contido con Xeográficas O Saviñao .

Publicador de contidos

Contido con Xeográficas O Saviñao .

O Saviñao

Rexistrado un tremor de 2,9 graos con epicentro no concello de Pantón

07/04/2024 12:42

É o quinto movemento sísmico que se produce nesta parte da provincia de Lugo no que vai de ano


A vendima comezou sobre todo pola uva branca, moi madura polos efectos da calor do verán

A calor do verán adianta o inicio da vendima na Ribeira Sacra

25/08/2023 14:45

Os produtores desta denominación de orixe son optimistas e subliñan que finalmente o mildio non provocou tantos estragos como temían


Cans nunha protectora de animais

Investigada unha cidadá alemá por maltratar preto de cen cans no Saviñao

08/05/2023 19:02

Algúns dos animais, que supostamente foron traídos doutros países europeos, presentaban xa problemas de mobilidade, amais de feridas e úlceras

O xulgado de Monforte abríu xa as primeiras dilixencias


Pura Lorenzana e as arqueólogas galegas na historia con Xurxo Ayán

28/03/2023 16:10

As primeiras arqueólogas saen das universidades nos anos 20, eran utilizadas moitas veces como escala humana nas escavacións

Pura Lorenzana, do Saviñao, foi unha das primeiras arqueólogas de España e destacou na xeración do Seminario de Estudios Galegos  

 


Ceban nunha granxa do Saviñao unha vaca frisoa de case 1.500 quilos

27/03/2023 13:58

Outros exemplares da mesma explotación acadaron tamén a tonelada e media


Recrean un castro no ecomuseo de Arxeriz, no Saviñao

02/12/2022 08:50

Os visitantes poderán coñecer de forma máis realista o modo de vida na Idade de Ferro


O Saviñao acolle a primeira festa dedicada á vendima na Ribeira Sacra

17/09/2022 15:00

Unha cita que marca o comezo da recollida de uva na zona

Unha mostra ensina como se traballaba o viñedo ata os anos setenta


Os animais proviñan de Galicia, do País Vasco e de Asturias

Dinamita, un burro de Abegondo de 10 anos, gaña a tradicional carreira do Saviñao

09/08/2022 14:31

A carreira de burros enxalza o traballo do animal durante décadas no agro galego

Este ano participaron na carreira 26 exemplares e houbo catro roldas clasificatorias

Grupos ecoloxistas pediron a suspensión da carreira "por maltrato animal"


No Saviñao fan dous pozos de barrena para evitar cortes na subministración

08/08/2022 15:54

Nunha viña a carón do río Sardiñeira tiveron que furar 120 metros de profundidade para atopar auga


Activo un incendio no concello do Saviñao

26/07/2022 21:30

Contra as catro da tarde, declarábase un novo incendio no concello


Unha vaca frisoa do Saviñao acada os 1.600 quilos de peso

27/04/2022 19:55

O animal leva seis anos sendo cebado polos propietarios

Na granxa hai outro exemplar de 1.300 quilos


Un veciño do Saviñao agride un gandeiro cunha machada na testa por un problema de lindes

09/02/2022 14:04

A Garda Civil detivo o presunto agresor, un home de 72 anos da Broza

Comisáronlle seis armas de fogo e quedou en liberdade

A vítima tivo que recibir catro puntos de sutura na fronte

Etiquetas:  GARDA CIVIL

A estrutura de madeira ardeu con rapidez malia a rápida intervención dos bombeiros

Un incendio calcina a casa dunha octoxenaria no Saviñao e deixa dous cans mortos

03/02/2022 19:48

Por fortuna a muller saíra cando comezaron as lapas, que causaron a morte de dous cans

Un problema nunha estfufa de leña ou un curtocircuíto, posibles causas do suceso

Etiquetas:  VIVENDA   ANIMAIS

Cribado en Chantada para veciños dos concellos do sur de Lugo

16/12/2021 14:32

A área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte ten 866 casos activos

A zona sur de Lugo é onde se rexistra a incidencia máis alta

 


O Seprona denuncia as malas condicións en que vivían uns cans nun prostíbulo do Saviñao

24/11/2021 13:52

O dono dos cans podería enfrontarse agora a unha sanción de ata 30.000 euros

Etiquetas:  ANIMAIS   SEPRONA

A aldea abandonada de Bexán cobra vida grazas a fotografías antigas dos seus veciños

16/11/2021 21:47

Grazas á fotografía, esta aldea semiabandonada do Saviñao revive o seu esplendor de antano

Instantáneas en branco e negro dos antigos veciños dan vida ás 17 casas de Bexán. Chegou a haber 130

Chegaron a ser 130 veciños; hoxe só queda unha persoa nesta vila con vistas de luxo da Ribeira Sacra

Publicidade
Publicidade