Novas
Contido con Xeográficas .
Vigo
O transporte marítimo a Ons e Cíes podería restablecerse este venres
28/03/2024 14:30
As navieiras, Nabia e Mar de Ons, recuperan mañá as viaxes ás Cíes desde Vigo e desde Cangas
Nabia recupéraas tamén mañá a viaxe a ONS dende Bueu, e Mar de Ons ten previsto ter barcos xa dispoñibles desde Sanxenxo e Portonovo a partir do sábado
Un pai e unha meniña reciben asistencia en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda
28/03/2024 11:08
Un home e a súa filla menor de idade foron atendidos no lugar dos feitos polo 061 pero non foi preciso o seu traslado a un centro sanitario
Os Bombeiros de Vigo rescatáronos a través da fiestra cunha escaleira
Detida unha muller por agredir presuntamente a súa parella e ameazalo de morte cun arpón
27/03/2024 10:24
O home, de 49 anos de idade, foi trasladado en ambulancia ao hospital para ser tratado das súas feridas, mentres que a muller foi detida como presunta autora dun delito de violencia no ámbito familiar
Deteñen en Vigo un inspector xefe da policía por vínculos co narcotráfico
26/03/2024 09:15
Os axentes da Policía Nacional levárono ata o seu domicilio, onde practicaron un rexistro, e despois foi trasladado ata o Xulgado de Instrución número 7 de Murcia, que é o que leva a causa
O titular do xulgado decretou a súa posta en liberdade provisional, sen pasaporte e coa abriga de comparecer en sede xudicial cada 15 días
O novo Navia de Vigo, un dos barrios coa poboación de menor idade de Galicia
24/03/2024 14:23
Os primeiros edificios habitáronse en 2005
Facilidades para visitar as Illas Atlánticas durante a Semana Santa
23/03/2024 13:23
400 persoas rexistradas este sábado para visitar as Cíes
A Xunta critica que Stellantis Vigo non sexa beneficiaria das axudas do Perte VEC
22/03/2024 18:19
A conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións considera que se está "discriminando a automoción galega"
Requisan 65 toneladas de fletán ao pesqueiro galego Villa Nores, armadora do Pitanxo
20/03/2024 13:41
Contra o barco pesa unha acta de sanción por infracción grave da Lei de Pesca Marítima por estes feitos
O excedente de capturas foi almacenado no Banco de Alimentos de Vigo
Arranca a campaña da sardiña da frota do cerco
19/03/2024 14:02
Son pouco optimistas porque a cota de capturas é un 21 % menor
Stellantis Vigo suspende a súa actividade no Sistema 1 dende o venres á noite ata o mércores
14/03/2024 16:26
A factoría viuse obrigada a parar a actividade por problemas de aprovisionamento
Falece un traballador de 50 anos tras caer desde a cuberta dunha nave en Vigo
13/03/2024 10:47
A Policía Nacional de Vigo informa de que se abriu unha investigación sobre a morte deste traballador
A caída produciuse dende varios metros de altura
Descontento entre a veciñanza de Vigo polas cortas de árbores anunciadas polo Concello
12/03/2024 14:05
Rapaces encheron de carteis reivindicativos a rúa Falperra
Un xulgado vigués fixa unha pensión de 40 euros para unha mascota tras un divorcio
12/03/2024 13:24
O xuíz determina que a mascota do matrimonio quedará ao coidado da muller e que ambos os dous aboarán "a metade dos gastos extraordinarios e de veterinario"
Atendendo ao maior poder adquisitivo do home, a sentenza establece que el "contribuirá ao gasto do animal coa suma de 40 euros ao mes"
Allende: “Temos que sumar da maneira que sexa”
11/03/2024 13:35
A goleada ante o Real Madrid no Santiago Bernabéu deixou o equipo de Rafa Benítez sen marxe de erro
O paseo de Bouzas volve sufrir danos por outro temporal
11/03/2024 13:23
A borrasca Mónica levantou varias pezas de formigón que se desprenderon ao romper as ancoraxes de ferro
É a segunda vez que sofre estragos logo da súa inauguración en setembro de 2023
Unhas 40.000 persoas acoden ao 33 Salón do Automóbil de Vigo
10/03/2024 20:24
As vendas estimadas rozan os 15 millóns de euros
Esta fin de semana tamén se celebrou unha feira de automoción en Lugo
Os traballadores de Vitrasa aceptan a oferta da empresa e apostan por desconvocar a folga
08/03/2024 19:12
Vitrasa propuxo aos seus traballadores unha subida salarial do 3 % desde xaneiro de 2023 e aceptar outras reivindicacións dos empregados
Liberan 4 mulleres en Vigo ao desartellaren unha organización de explotación sexual
08/03/2024 12:22
Os investigadores estiman que traficaron e explotaron unhas trinta mulleres, o que achegou importantes ingresos económicos á organización criminal
Homenaxe a nove mulleres pioneiras no eido da Xustiza en Vigo
07/03/2024 20:54
A Cidade da Xustiza acolleu un acto de homenaxe ás primeiras funcionarias, avogadas, procuradoras, fiscais e xuízas que exerceron no partido xudicial vigués
Foron pioneiras e abriron camiño, con medo, pero tamén con afouteza, nun mundo gobernado por homes
Rueda quere alcanzar os 8.000 inmobles de promoción pública antes de que finalice a lexislatura
07/03/2024 20:33
O presidente en funcións sinalou o compromiso de ampliar o parque público residencial ata superar as 5.600 vivendas protexidas
Rescatan a obra de dúas pintoras viguesas de finais do século XIX
07/03/2024 17:04
Elina Molins e Blanca Chao, curmás e artistas vinculadas á elite económica e cultural de Vigo
A mostra reúne cadros que estaban agochados en coleccións particulares dos seus familiares
Había máis dun século que a súa obra non se exhibía ao público
O comisario e promotor da exposición José Luis Mateo atopou tamén tres cadros nunca expostos de Serafín Avendaño
Stellantis parará tres días toda a produción por problemas loxísticos
06/03/2024 17:19
As paradas na factoría viguesa serán os días 8,11 e 12 de marzo
Un ano de prisión para o fisioterapeuta acusado de abuso sexual a unha paciente en Vigo
06/03/2024 13:44
A sentenza conta co voto particular dunha maxistrada que considera que non quedou claro o que realmente ocorreu nos feitos xulgados
05/03/2024 22:00
O presunto líder da organización é o vilanovés Juan Carlos Santórum
A Fiscalía solicita penas de 13 a 18 anos de prisión para os 28 acusados
O barco foi abordado o 25 de abril de 2020 cun cargamento de 3.824 quilos de cocaína
Atopan nove golfiños varados nas praias de Vigo dende o pasado venres
05/03/2024 17:27
Os animais foron localizados desde o venres en distintos areais, dende cabo Estai ata Teis
A CEMMA non desbota que os cetáceos morresen por captura accidental, xa que a maioría presentaba feridas causadas por artes de pesca
Evacúan ao hospital unha muller embarazada tras un incendio nun garaxe en Vigo
04/03/2024 11:41
O lume iniciouse sobre as 1:30 horas da mañá na planta -4, nunha ampla praza en que se acumulaban diversos obxectos, ademais dun vehículo estacionado
Silvia García: "O compromiso era tal, que Antía Cal estivo formándose como mestra ata a xubilación"
03/03/2024 11:30
Os métodos pedagóxicos de Antía Cal eran innovadores e tiñan en conta o talento e as capacidades dos nenos
Antía Cal, unha mestra innovadora, pode verse no edificio das Redeiras da Universidade de Vigo
Primeiro día en prisión do Chioleiro pola investigación da muller atopada nunha maleta en Vigo
02/03/2024 14:49
Alivio no seu concello, onde estaban aterrorizados por se volvía actuar
Prisión sen fianza para o detido polo crime da maleta en Vigo
01/03/2024 19:28
Os feitos investigados foron cualificados provisionalmente como homicidio ou asasinato
José Manuel Durán, o Chioleiro, detido como presunto autor do crime da maleta
Sete anos de prisión para dous homes por unha agresión sexual en Vigo
01/03/2024 16:45
Tamén se lles impuxo a prohibición de achegarse á vítima, comunicarse con ela e liberdade vixiada tras a pena de prisión
José Manuel Durán, o Chioleiro, detido como presunto autor do crime da maleta
01/03/2024 13:32
O arrestado conta con dúas condenas anteriores pola morte doutras dúas mulleres: unha veciña e a súa propia avoa
O sospeitoso está sendo interrogado pola Policía Nacional
Podería tratarse do home que convivía coa falecida, aínda sen identificar
Os usuarios e usuarias de Vitrasa piden unha solución
29/02/2024 21:23
Centos de veciños e veciñas de Vigo saíron esta tarde á rúa para pedir unha solución ao conflito de Vitrasa, que suma xa máis de tres meses de folga indefinida
O paro foi convocado pola Federación de Asociacións de Veciños de Vigo
Susto no Halo ao quedaren atrapadas nove persoas durante dez minutos
29/02/2024 20:25
O Halo comezou a funcionar hai quince días e permite salvar unha pendente de 50 metros e evitar un percorrido a pé de case dous quilómetros
Buscan un home que convivía cunha muller nunha pensión de Vigo en relación co crime da maleta
29/02/2024 10:05
O home residiu na pensión ata setembro; á muller, de nacionalidade española e duns 60 anos, perdéuselle a pista meses antes
No rexistro do piso alugado atopáronse indicios de que puido producirse un acto violento
As características da muller coinciden cos restos atopados na maleta
Vigo foi o lugar máis chuvioso de España a semana pasada
28/02/2024 16:18
Vigo rexistrou a máxima precipitación de España, con 141 litros por metro cadrado en sete días, e os encoros están ao 88,2 %
Falece o cangués Guillermo Pousada, premio nacional ao mellor investigador novo en VIH
27/02/2024 13:03
Finou o pasado domingo aos 40 anos de idade
Padecía cancro de boca desde había anos e el mesmo narraba a evolución da súa enfermidade a través de redes sociais
Pousada era licenciado en Bioloxía e doutor en Xenética Humana e Bioloxía Molecular pola Universidade de Vigo
Deteñen en Vigo un home por agredir sexualmente dúas mulleres nunha discoteca
26/02/2024 17:27
Na súa detención, amosou unha actitude violenta, golpeou o mobiliario urbano, empuxou os policías e tentou abandonar o lugar
A dixitalización nas aulas, sometida a exame pola comunidade educativa
24/02/2024 16:22
A resposta non resulta require do traballo e da implicación de toda a comunidade educativa
Os expertos aseguran que se trata de como utillizar os medios adecuadamente
A dixitalización someteuse en Vigo a un profundo debate con docentes e familias
O cadáver que apareceu nunha maleta en Vigo tiña unha coitelada e estaba espido
23/02/2024 14:13
A policía investiga a identidade da muller asasinada
O subdelegado do goberno apuntou que as investigacións se centran en recuperar as pegadas dactilares da vítima
O escritor galego Luis García-Rey, premio Primavera de Novela por 'Loor'
23/02/2024 12:25
O relato premiado é un thriller contemporáneo ambientado en Madrid "esplendidamente urdido" e cunha "atípica parella de protagonistas envolta nunha trama en que se poñen de relevo cuestiones polémicas moi actuais"
O galardón está dotado con 100.000 € e a editorial Espasa encárgase da publicación da obra
García-Rey é xornalista deportivo e debutou como novelista con Axel, unha novela negra ambientada en Vigo e Madrid