Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Vigo .

Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Vigo .

Vigo

O transporte marítimo a Ons e Cíes podería restablecerse este venres

28/03/2024 14:30

As navieiras, Nabia e Mar de Ons, recuperan mañá as viaxes ás Cíes desde Vigo e desde Cangas

Nabia recupéraas tamén mañá a viaxe a ONS dende Bueu, e Mar de Ons ten previsto ter barcos xa dispoñibles desde Sanxenxo e Portonovo a partir do sábado


Un pai e unha meniña reciben asistencia en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

28/03/2024 11:08

Un home e a súa filla menor de idade foron atendidos no lugar dos feitos polo 061 pero non foi preciso o seu traslado a un centro sanitario

Os Bombeiros de Vigo rescatáronos a través da fiestra cunha escaleira


Detida unha muller por agredir presuntamente a súa parella e ameazalo de morte cun arpón

27/03/2024 10:24

O home, de 49 anos de idade, foi trasladado en ambulancia ao hospital para ser tratado das súas feridas, mentres que a muller foi detida como presunta autora dun delito de violencia no ámbito familiar


Deteñen en Vigo un inspector xefe da policía por vínculos co narcotráfico

26/03/2024 09:15

Os axentes da Policía Nacional levárono ata o seu domicilio, onde practicaron un rexistro, e despois foi trasladado ata o Xulgado de Instrución número 7 de Murcia, que é o que leva a causa

O titular do xulgado decretou a súa posta en liberdade provisional, sen pasaporte e coa abriga de comparecer en sede xudicial cada 15 días


O novo Navia de Vigo, un dos barrios coa poboación de menor idade de Galicia

24/03/2024 14:23

Os primeiros edificios habitáronse en 2005


Facilidades para visitar as Illas Atlánticas durante a Semana Santa

23/03/2024 13:23

400 persoas rexistradas este sábado para visitar as Cíes


A Xunta critica que Stellantis Vigo non sexa beneficiaria das axudas do Perte VEC

22/03/2024 18:19

A conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións considera que se está "discriminando a automoción galega"


Comisadas 65 toneladas de fletán (Subdelegación do Goberno)

Requisan 65 toneladas de fletán ao pesqueiro galego Villa Nores, armadora do Pitanxo

20/03/2024 13:41

Contra o barco pesa unha acta de sanción por infracción grave da Lei de Pesca Marítima por estes feitos

O excedente de capturas foi almacenado no Banco de Alimentos de Vigo


Arranca a campaña da sardiña da frota do cerco

19/03/2024 14:02

Son pouco optimistas porque a cota de capturas é un 21 % menor


Stellantis Vigo suspende a súa actividade no Sistema 1 dende o venres á noite ata o mércores

14/03/2024 16:26

A factoría viuse obrigada a parar a actividade por problemas de aprovisionamento


Falece un traballador de 50 anos tras caer desde a cuberta dunha nave en Vigo

13/03/2024 10:47

A Policía Nacional de Vigo informa de que se abriu unha investigación sobre a morte deste traballador

A caída produciuse dende varios metros de altura


Descontento entre a veciñanza de Vigo polas cortas de árbores anunciadas polo Concello

12/03/2024 14:05

Rapaces encheron de carteis reivindicativos a rúa Falperra


Un xulgado vigués fixa unha pensión de 40 euros para unha mascota tras un divorcio

12/03/2024 13:24

O xuíz determina que a mascota do matrimonio quedará ao coidado da muller e que ambos os dous aboarán "a metade dos gastos extraordinarios e de veterinario"

Atendendo ao maior poder adquisitivo do home, a sentenza establece que el "contribuirá ao gasto do animal coa suma de 40 euros ao mes"


Allende: “Temos que sumar da maneira que sexa”

11/03/2024 13:35

A goleada ante o Real Madrid no Santiago Bernabéu deixou o equipo de Rafa Benítez sen marxe de erro

Categorías:  Vigo   Deportes   Celta
Etiquetas:  RC CELTA

O paseo de Bouzas volve sufrir danos por outro temporal

11/03/2024 13:23

A borrasca Mónica levantou varias pezas de formigón que se desprenderon ao romper as ancoraxes de ferro

É a segunda vez que sofre estragos logo da súa inauguración en setembro de 2023


Unhas 40.000 persoas acoden ao 33 Salón do Automóbil de Vigo

10/03/2024 20:24

As vendas estimadas rozan os 15 millóns de euros

Esta fin de semana tamén se celebrou unha feira de automoción en Lugo


Os traballadores de Vitrasa aceptan a oferta da empresa e apostan por desconvocar a folga

08/03/2024 19:12

Vitrasa propuxo aos seus traballadores unha subida salarial do 3 % desde xaneiro de 2023 e aceptar outras reivindicacións dos empregados

Categorías:  Galicia   Vigo   Laboral
Etiquetas:  TRANSPORTE   FOLGA

Liberan 4 mulleres en Vigo ao desartellaren unha organización de explotación sexual

08/03/2024 12:22

Os investigadores estiman que traficaron e explotaron unhas trinta mulleres, o que achegou importantes ingresos económicos á organización criminal


Homenaxe a nove mulleres pioneiras no eido da Xustiza en Vigo

07/03/2024 20:54

A Cidade da Xustiza acolleu un acto de homenaxe ás primeiras funcionarias, avogadas, procuradoras, fiscais e xuízas que exerceron no partido xudicial vigués

Foron pioneiras  e abriron camiño, con medo, pero tamén con afouteza, nun mundo gobernado por homes


Rueda quere alcanzar os 8.000 inmobles de promoción pública antes de que finalice a lexislatura

07/03/2024 20:33

O presidente en funcións sinalou o compromiso de ampliar o parque público residencial ata superar as 5.600 vivendas protexidas


Rescatan a obra de dúas pintoras viguesas de finais do século XIX

07/03/2024 17:04

Elina Molins e Blanca Chao, curmás e artistas vinculadas á elite económica e cultural de Vigo

A mostra reúne cadros que estaban agochados en coleccións particulares dos seus familiares

Había máis dun século que a súa obra non se exhibía ao público

O comisario e promotor da exposición José Luis Mateo atopou tamén tres cadros nunca expostos de Serafín Avendaño

Categorías:  Galicia   Vigo   Cultura
Etiquetas:  PINTURA

Stellantis parará tres días toda a produción por problemas loxísticos

06/03/2024 17:19

As paradas na factoría viguesa serán os días 8,11 e 12 de marzo


Imaxe do xuízo celebrado en Vigo, na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra

Un ano de prisión para o fisioterapeuta acusado de abuso sexual a unha paciente en Vigo

06/03/2024 13:44

A sentenza conta co voto particular dunha maxistrada que considera que non quedou claro o que realmente ocorreu nos feitos xulgados


O narcobuque MV Karar, atracado no porto de Vigo, cos 3.824 kilos de cocaína que transportaba

Comeza en Vigo o macroxuízo por un alixo de case catro toneladas de droga apreixadas en pleno confinamento

05/03/2024 22:00

O presunto líder da organización é o vilanovés Juan Carlos Santórum

A Fiscalía solicita penas de 13 a 18 anos de prisión para os 28 acusados

O barco foi abordado o 25 de abril de 2020 cun cargamento de 3.824 quilos de cocaína


Atopan nove golfiños varados nas praias de Vigo dende o pasado venres

05/03/2024 17:27

Os animais foron localizados desde o venres en distintos areais, dende cabo Estai ata Teis

A CEMMA non desbota que os cetáceos morresen por captura accidental, xa que a maioría presentaba feridas causadas por artes de pesca

Etiquetas:  ANIMAIS

Evacúan ao hospital unha muller embarazada tras un incendio nun garaxe en Vigo

04/03/2024 11:41

O lume iniciouse sobre as 1:30 horas da mañá na planta -4, nunha ampla praza en que se acumulaban diversos obxectos, ademais dun vehículo estacionado 

Etiquetas:  INCENDIO

Silvia García, comisaria da mostra

Silvia García: "O compromiso era tal, que Antía Cal estivo formándose como mestra ata a xubilación"

03/03/2024 11:30

Os métodos pedagóxicos de Antía Cal eran innovadores e tiñan en conta o talento e as capacidades dos nenos

Antía Cal, unha mestra innovadora, pode verse no edificio das Redeiras da Universidade de Vigo

Categorías:  Galicia   Vigo   Humanidades
Etiquetas:  ZIGZAG

Primeiro día en prisión do Chioleiro pola investigación da muller atopada nunha maleta en Vigo

02/03/2024 14:49

Alivio no seu concello, onde estaban aterrorizados por se volvía actuar


Prisión sen fianza para o detido polo crime da maleta en Vigo

01/03/2024 19:28

Os feitos investigados foron cualificados provisionalmente como homicidio ou asasinato

José Manuel Durán, o Chioleiro, detido como presunto autor do crime da maleta

Categorías:  Galicia   Vigo   Sucesos
Etiquetas:  CRIME

Sete anos de prisión para dous homes por unha agresión sexual en Vigo

01/03/2024 16:45

Tamén se lles impuxo a prohibición de achegarse á vítima, comunicarse con ela e liberdade vixiada tras a pena de prisión


José Manuel Durán, o Chioleiro, detido como presunto autor do crime da maleta

01/03/2024 13:32

O arrestado conta con dúas condenas anteriores pola morte doutras dúas mulleres: unha veciña e a súa propia avoa

O sospeitoso está sendo interrogado pola Policía Nacional

Podería tratarse do home que convivía coa falecida, aínda sen identificar


Os usuarios e usuarias de Vitrasa piden unha solución

29/02/2024 21:23

Centos de veciños e veciñas de Vigo saíron esta tarde á rúa para pedir unha solución ao conflito de Vitrasa, que suma xa máis de tres meses de folga indefinida 

O paro foi convocado pola Federación de Asociacións de Veciños de Vigo

Categorías:  Galicia   Vigo   Mobilidade
Etiquetas:  PROTESTA

Susto no Halo ao quedaren atrapadas nove persoas durante dez minutos

29/02/2024 20:25

O Halo comezou a funcionar hai quince días e permite salvar unha pendente de 50 metros e evitar un percorrido a pé de case dous quilómetros

Categorías:  Vigo   Sociedade
Etiquetas:  INFRAESTRUTURAS

Buscan un home que convivía cunha muller nunha pensión de Vigo en relación co crime da maleta

29/02/2024 10:05

O home residiu na pensión ata setembro; á muller, de nacionalidade española e duns 60 anos, perdéuselle a pista meses antes 

No rexistro do piso alugado atopáronse indicios de que puido producirse un acto violento

As características da muller coinciden cos restos atopados na maleta 


Vigo foi o lugar máis chuvioso de España a semana pasada

28/02/2024 16:18

Vigo rexistrou a máxima precipitación de España, con 141 litros por metro cadrado en sete días, e os encoros están ao 88,2 %

Etiquetas:  TEMPO   CHUVIA

Guillermo Pousada desenvolvía o seu traballo como biólogo no Grupo de Enfermedades Infecciosas do Instituto de Investigación Galicia Sur

Falece o cangués Guillermo Pousada, premio nacional ao mellor investigador novo en VIH

27/02/2024 13:03

Finou o pasado domingo aos 40 anos de idade

Padecía cancro de boca desde había anos e el mesmo narraba a evolución da súa enfermidade a través de redes sociais

Pousada era licenciado en Bioloxía e doutor en Xenética Humana e Bioloxía Molecular pola Universidade de Vigo


Deteñen en Vigo un home por agredir sexualmente dúas mulleres nunha discoteca

26/02/2024 17:27

Na súa detención, amosou unha actitude violenta, golpeou o mobiliario urbano, empuxou os policías e tentou abandonar o lugar

 


A dixitalización nas aulas, sometida a exame pola comunidade educativa

24/02/2024 16:22

A resposta non resulta require do traballo e da implicación de toda a comunidade educativa

Os expertos aseguran que se trata de como utillizar os medios adecuadamente 

A dixitalización someteuse en Vigo a un profundo debate con docentes e familias 


O cadáver que apareceu nunha maleta en Vigo tiña unha coitelada e estaba espido

23/02/2024 14:13

A policía investiga a identidade da muller asasinada

O subdelegado do goberno apuntou que as investigacións se centran en recuperar as pegadas dactilares da vítima 


O xornalista e escritor vigués Luis García-Rey, durante a rolda de prensa en que se anunciou que é o gañador do Premio Primavera de Novela, este venres en Madrid (EFE / JP Gandul)

O escritor galego Luis García-Rey, premio Primavera de Novela por 'Loor'

23/02/2024 12:25

O relato premiado é un thriller contemporáneo ambientado en Madrid "esplendidamente urdido" e cunha "atípica parella de protagonistas envolta nunha trama en que se poñen de relevo cuestiones polémicas moi actuais"

O galardón está dotado con 100.000 € e a editorial Espasa encárgase da publicación da obra

García-Rey é  xornalista deportivo e debutou como novelista con Axel, unha novela negra ambientada en Vigo e Madrid

Publicidade
Publicidade