Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Marín .

Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Marín .

Marín

A baixada ao Villa de Pitanxo e a súa inspección prevense para este verán

13/02/2023 18:47

O CIAIM publicará nos vindeiros días o informe preliminar sobre a investigación do naufraxio


Moi grave unha muller de 47 anos tras ser acoitelada por un home en Marín

13/02/2023 13:08

Segundo as primeiras informacións, o atacante, que xa foi detido, non coñecía de nada a vítima


As familias das vítimas do Villa de Pitanxo reclaman "toda a verdade" un ano despois

12/02/2023 15:06

O 15 de febreiro fará un ano do naufraxio en que morreron 21 mariñeiros en augas de Terra Nova

As familias acusan a empresa armadora de ocultar a verdade desde o primeiro momento da traxedia

O Goberno comezou a licitación para os traballos de localización e inspección do barco.


Comprometida a estratexia da armadora do Pitanxo ao retractarse unha testemuña

08/02/2023 14:13

Dous mandos do buque luso que participou na busca manifestaran ante notario que viran máis corpos co traxe de supervivencia posto

Días despois destas manifestacións, os dous foron contratados pola armadora aos mandos do barco xemelgo do que naufragou

O técnico da mutua de Nores recoñece que non fixo ningún simulacro no 2021 e no 2020, malia ser obrigatorios mensulamente


Juan Manuel Vieites: "O sentidiño debería reinar coa decisión xurídica sobre Ence"

05/02/2023 07:54

O presidente da patronal galega di agardar que "o impacto socioeconómico que ten Ence en Galicia non se vexa prexudicado por unha decisión administrativa 

Vieites afeálle ao Goberno a suba do SMI sen contar cos empresarios por intereses electoralistas

Admite preocupación polos ataques dende o Goberno a certos empresarios



A defensa da armadora do Pitanxo atribúe supostas contradicións a Samuel Koufie ante a Audiencia Nacional

10/01/2023 14:40

Pesquerías Nores insiste na tese dunha parada do motor e non nun embarre como causa do naufraxio


Un incendio calcina unha cociña no centro de Marín

29/12/2022 13:09

Dúas persoas tiveron que ser atendidas por inhalación de fume


Comisan 63 quilos de centola no porto de Aguete, en Marín

23/12/2022 12:54

Sorprenderon un furtivo descargando o marisco dunha embarcación

Etiquetas:  MARISQUEO

Os familiares do Villa de Pitanxo confían nos peritos independentes para esclarecer as causas do naufraxio

16/12/2022 14:25

"Toda a xente do mar sabe que un motor parado non provoca o afundimento dun buque", di a voceira das vítimas, María José de Pazo

Auguran que van aflorar novas irregularidades durante a investigación


O tripulante número 25 que embarcou no Villa de Pitanxo transbordou o Río Caxil en Terra Nova

14/12/2022 14:00

Non partira no seu barco días antes porque estaba enfermo

O traslado en mar aberto ata o seu posto de traballo realizouse días antes do naufraxio


O Villa de Pitanxo trasladou ata Terra Nova un traballador doutro barco que non foi notificado

13/12/2022 14:30

O tripulante número 25 viaxou en tránsito ata o seu barco en augas NAFO

A representación legal da armadora admite un "mero erro administrativo" ao non incluír este pasaxeiro no enrole porque "foi unha decisión de última hora"


Pesar en Marín pola morte dun mariñeiro do municipio no porto bretón de Douarnenez

08/12/2022 14:08

Tiña 52 anos e era natural de Santo Tomé de Piñeiro, malia que vivía en Marín

A súa vida sempre estivo vinculada ao mar

O corpo foi trasladado a Brest para realizarlle a autopsia


Morre en Francia un mariñeiro de Marín mentres facía unha descarga

07/12/2022 19:47

Tiña 52 anos e era veciño de Santo Tomé de Piñeiro

Formaba parte da tripulación do buque Faro Picamillo

Etiquetas:  PESCA

Os armadores de Marín alertan dos riscos de que a UE prohiba capturar xurelo ao norte de Fisterra

05/12/2022 09:49

O xerente dos armadores marinenses, Juan Martín Fragueiro, asume que hai pouco xurelo e que cómpre protexer os caladoiros

Etiquetas:  PESCA

O Playa de Menduiña á súa chegada a Cangas

Os mariñeiros que rescataron os superviventes do Pitanxo declaran este mércores

29/11/2022 19:53

O xuíz tomará declaración aos tripulantes do Playa Menduiña Dous para aclarar as versións contraditorias do suceso


Os tripulantes do Playa de Menduíña, chamados a declarar

23/11/2022 20:46

O xuíz quere saber se o capitán do Villa de Pitanxo mentiu


Iván García, prata no europeo e no mundial de taekwondo

22/11/2022 16:26

O subcampionato mundial é o mellor resultado na historia do taekwondo galego

Categorías:  Marín   Deportes
Etiquetas:  TAEKWONDO


Satisfacción nas familias do Villa de Pitanxo tras saber que a Audiencia Nacional segue coa investigación do accidente

05/11/2022 10:08

Agardan que frutifique o compromiso de España ante a UE de baixar cun robot ao pecio

Reclaman que non se esgoten as vías para saber que pasou no naufraxio, que deixou 21 persoas mortas, das que doce continúan desaparecidas


Os colectores incendiados de xeito intencionado estaban preto da gasolineira da rúa marinense de Concepción Arenale de Cnce

Outro grupo de colectores arrasados nun incendio nocturno en Marín

19/10/2022 14:14

Esta acción incendiaria, cuarta en dúas semanas, tivo lugar na rúa Concepción Arenal


O supervivente ghanés do Villa de Pitanxo agradece o apoio recibido

15/10/2022 20:30

Satisfeito tras conseguir a nacionalidade española, recoñécese apesarado pola perda dos compañeiros no naufraxio


O único boletos que atopamos a mañá do mércores polo parque de Lagocheiras, en Marín

Escasean os boletos nos montes galegos debido á seca

12/10/2022 14:22

Non hai boletos, pero si abundancia de rúsula cianoxanta, un xénero que case non se aproveita aquí

Etiquetas:  SECA

Samuel Koufie, supervivente do naufraxio do Villa de Pitanxo, xa ten a nacionalidade española

12/10/2022 12:38

A petición da ministra de Xustiza e tras a deliberación no Consello de Ministros, Samuel xa é cidadán español a todos os efectos, con veciñanza civil de Galicia


O grupo Marfrío, de Marín, teme entrar en perdas polo sobrecusto enerxético

10/10/2022 14:50

Pasaron de pagar unha factura de 110.000 euros a 440.000 nun mes

Calculan que a compensación polo tope ibérico ao gas aumenta nun 60 por cento a factura


Néganlle unha cervexa nun bar por moroso e regresa ao local cunha motoserra acesa

05/10/2022 14:17

A actuación doutro cliente do bar foi clave:  logrou poñerse detrás do presunto atacante e desactivar a motoserra

O suposto agresor é un home de 53 anos


Imaxe dos restos dun dos tres incendios de colectores Marín este mércores á mañá

Accións vandálicas en Marín deixan 7 colectores queimados de madrugada

05/10/2022 14:12

Prenderon lume en tres grupos de colectores de lixo da rúa Jaime Janer contra as dúas da mañá

Os incendios tamén danaron fachadas de edificios próximos


O Villa de Pitanxo levaba dous tripulantes máis dos que tiña autorizados

03/10/2022 14:09

A Capitanía Marítima de Vigo abriu dous expedientes sancionadores porque a tripulación enrolada non coincidía coa declarada e porque había 24 persoas e non 22 a bordo

O certificado de estabilidade do buque prohibíalle navegar en puntos onde se puidese formar xeo na cuberta 

A representación legal da armadora admite unha "infracción administrativa" que non gardaría "a máis mínima relación co sinistro"


Mobilización das familias do Villa de Pitanxo / Arquivo

As familias do Villa de Pitanxo insisten sete meses despois do naufraxio en que se baixe ao barco

18/09/2022 11:01

Un informe da Comisión de Investigación de Accidentes Marítimos amósase favorable  a inspeccionar os restos do barco


A innovación e a investigación galegas baixan á rúa para achegarse á cidadanía

17/09/2022 16:39

Os asistentes coñeceron de primeira man como se xestiona a innovación nos recursos naturais, cales son os modelos industriais do futuro e a importancia dun modo de vida saudable.

O RIS3, a Especialización Intelixente de Galicia, é a estratexia global galega para mellorar a competitividade, o crecemento económico e o emprego sostible e de calidade a través da innovación.


Venden unha illa na ría de Pontevedra por 300.000 euros

19/08/2022 14:49

O illote ten 3.000 metros cadrados, pero non se pode construír nel


As familias das vítimas do Villa de Pitanxo solicitan colaboración privada para poder chegar ao pecio

29/07/2022 14:11

O Goberno de España descarta poñer os medios para localizar o pecio 


A Xunta insta os concellos da conca do Lérez a revisar as perdas de auga nas redes municipais

28/07/2022 10:56

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, non descarta que haxa que aumentar o nivel de alerta por escaseza de auga nos concellos que se abastecen do río Lérez 

Ethel Vázquez alerta de que a situación dos encoros de Zamáns e Baiona pode levar a decretar o estado de prealerta por escaseza de auga nos concellos de Nigrán, Baiona e Gondomar


Os concellos da conca do Lérez toman medidas ante a seca

27/07/2022 17:18

O concello de Pontevedra está en prealerta por seca debido á escaseza de

As lapas orixinadas nun coche avariado deixan calcinados outros dous vehículos en Marín

20/07/2022 14:39

O vento axudou a que o lume se propagase con rapidez

Nun dos vehículos había unha bombona de butano que non chegou a estourar 

Etiquetas:  INCENDIO

O patrón do Villa de Pintanxo nega que os tripulantes lle pediran que soltase a rede

19/07/2022 14:32

Saen á luz as declaracións do patrón do Villa de Pitanxo na Audiencia Nacional

Insiste en que o barco sufriu unha parada repentina do motor que provocou o afundimento

As declaracións do patrón seguen sen convencer as familias das vítimas


Alfombra de sal en homenaxe aos mariñeiros falecidos no Villa de Pitanxo

Marín homenaxea os 21 náufragos do Villa de Pitanxo no día do Carme

16/07/2022 21:16

Unha ofrenda floral na procesión marítima recordou os mariñeiros


Alfonso Rueda recibe unha carta coa reivindicacion dos familiares do Pitanxo

As familias do Pitanxo e a Xunta esíxenlle ao Goberno que se baixe ao barco

16/07/2022 16:57

O Presidente da Xunta Alfonso Rueda reuniuse en Marín cos familiares dos 21 falecidos no naufraxio, que lle entregaron unha carta coa súa reivindicación para Pedro Sánchez



Exclusiva de 'En boca de todos'

Samuel Kwesi, tripulante do Villa de Pitanxo: "Nós berrábamos, «asasino quéresnos matar, asasino!»"

15/07/2022 13:56

"A min párteseme a alma e encólleseme o corazón", di Kevin González Santiago, fillo de Fernando González, un dos desaparecidos 

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 41 - 80 de 146 resultados.