Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Cambados .

Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Cambados .

Cambados

Abre o túnel do viño da 70 edición da Festa do Albariño de Cambados

04/08/2022 15:03

A festa rematará o domingo, cando un concurso de cata premiará os tres mellores albariños


Medra a alarma social polas picadas despois de dúas denuncias na Coruña e Vigo

04/08/2022 14:51

Unha moza da Coruña desmaiouse ao saír dunha discoteca e atopou unha marca sospeitosa no nocello

O concello de Cambados desmente que houbera picadas nos concertos do Albariño

 


A seca e a calor estragan viñedos na Ribeira Sacra

04/08/2022 13:59

En perigo ata o 50 % da colleita de uva godello

Agárdase unha mingua na cantidade de viño producido


A Festa do Albariño de Cambados abriu as casetas de degustación

03/08/2022 21:19

Son 42 expositores con 44 adegas ofrecendo viño nesta cata lúdica

Na cata máis técnica, o Túnel do Viño ofrecerá case 180 marcas distintas

Etiquetas:  FESTAS   VIÑO

Rouban as xoias da imaxe de San Bieito na Igrexa de Cambados

12/07/2022 14:23

Os ladróns agocháronse no interior cando o templo pechou entre as misas matinais e as vespertinas

Etiquetas:  ROUBOS

Localizan un can morto e outro famélico abandonados nunha leira en Cambados

13/06/2022 13:58

O Seprona investiga o caso por un posible delito de maltrato animal


Imaxes da Garda Civil do atraco nunha das gasolineiras de Caldas de Reis

A Garda Civil detivo dous veciños de Meis como presuntos autores de cinco roubos

14/05/2022 21:33

Os arrestados xa tiñan antecedentes policiais

O Xulgado de Cambados ordenou o ingreso en prisión


A lingua e a palabra, protagonistas nas redes sociais

14/05/2022 21:02

A Xunta premia as mellores declaracións de amor en galego na undécima edición do certame Lingua de namorar

Pretende premiar o uso da palabra e do galego nas relacións que ten a mocidade en Internet e nas redes sociais 

 


Desartellada a última rede de narcolanchas en Galicia

12/05/2022 19:06

18 detidos e 21 planadoras incautadas 

Un taller clandestino en Vilanova, epicentro da trama


O sector mar-industria, políticos e os sindicatos de Cambados rexeitan a Lei de costas

09/05/2022 14:17

Anuncian unha concentración de apoio ás tres depuradoras do porto de Tragrove ás que Costas aconsella non renovar a concesión


O suposto acosador dunha moza en Sanxenxo será xulgado por violencia de xénero

04/05/2022 13:46

A Audiencia Provincial de Pontevedra desestima o recurso presentado polo suposto acosador

A defensa da vítima estuda como garantir a súa protección tras retirarlle a orde de afastamento ditada contra o acusado

A familia da vítima denunciouno unha vintena de veces por ameazas de morte, acoso e mesmo por un intento de atropelo


Impulsan en Cambados unha fronte común en defensa das depuradoras no litoral

03/05/2022 14:24

Desde o sector denuncian que o documento de Costas pon en risco arredor de 4.000 instalacións do litoral galego 



Pasan a disposición xudicial os 16 detidos na operación antidroga Keroman-Sarmario

28/04/2022 14:40

A investigación segue aberta e relizáronse once rexistros e comisáronse dezanove narcolanchas en Galicia e o norte de Portugal

Este é o segundo gran operativo contra o tráfico de drogas no último mes en Galicia

Etiquetas:  DROGAS

As depuradoras de moluscos temen que os criterios de Costas acaben co sector

23/04/2022 11:01

O presidente da AGADE di que o Goberno central xera inseguridade xurídica co seu informe sobre a reforma do porto de Tragove

Roberto Fariña pídelle ao Ministerio de Transición Ecolóxica que sexa sensible á realidade socioeconómica de Galicia

 


Os detidos pasaron a disposición xudicial en Cambados

Prisión para oito dos detidos na operación contra a fabricación de narcolanchas

09/04/2022 08:16

Están investigados por delitos contra a saúde pública, de contrabando e de pertenza a organización criminal

Outros catro arrestados na operación quedaron en liberdade, pero non poden abandonar o territorio nacional


Declaran no xulgado de Cambados os detidos na operación contra a fabricación de narcolanchas

08/04/2022 14:05

A operación permanece aberta e non se descartan novas detencións


En liberdade nove dos detidos en relación coa construción de planadoras para o narcotráfico

07/04/2022 11:06

Os outros doce pasan mañá a disposición xudicial 

Un dos detidos é curmán do narcotraficante Sito Miñanco

Houbo rexistros en Galicia, no resto de España e mesmo en Portugal


Vinte detidos supostamente relacionados coa construción de planadoras para o narcotráfico

06/04/2022 14:06

A maior parte das detencións realizáronse no Salnés

Houbo 27 rexistros en vivendas e naves onde supostamente se constrúen as narcolanchas

A operación ten ramificacións noutras provincias de España e en Portugal


Nas instalacións de Horsal traballan para poñer no mercado os produtos máis caducos

A folga do transporte pon en perigo os produtos da horta

22/03/2022 13:15

A falta de distribución está a piques de provocar podremia nos cultivos


Unha parella de Cambados gaña 260.000 euros na lotería de San Valentín

15/02/2022 13:43

A afortunada coñece a boa nova durante a gravación da Galega 

A parella comparte os dous décimos do primeiro premio vendido na vila galega

Etiquetas:  LOTERÍA

A socialista Fátima Abal deixa a alcaldía de Cambados por motivos de sáude

08/01/2022 13:17

Samuel Lago, concelleiro de Servizos, toma a remuda como rexedor

Segue como concelleira de Muller, Igualdade, Educación, Diversidade e Mar


Cae unha rede criminal dedicada a cometer estafas bancarias por Internet

16/12/2021 16:01

A investigación xurdiu tras a denuncia dunha empresa do Grove

Actuaban mediante correos 'phising' que instalaban software malicioso 


O Goberno ábrese a negociar o adianto da xubilación no mundo do mar

12/11/2021 08:09

Escrivá dixo que en 2022 os autónomos pasarán a cotizar polos seus ingresos reais e o réxime do mar incluirase nese novo modelo

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 41 - 64 de 64 resultados.