Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Ribeira .

Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Ribeira .

Ribeira

Ana Peleteiro anuncia o seu regreso á competición

05/06/2023 17:27

Volverá o próximo día 14 na reunión internacional de Castelló

Categorías:  Ribeira   Deportes

O lume calcina unha narcovivenda ocupada en Ribeira

05/06/2023 14:09

Descoñécese se pode haber algunha vítima no interior porque hai risco de derruba

A vivenda, no 19 da rúa Romero Ortiz, xa rexistrara un incendio en abril

 


Rescatan a tripulación dun pesqueiro dunha armadora de Ribeira que afundiu preto dos Azores

31/05/2023 09:58

Os tripulantes do Lajes do Pico, de bandeira portuguesa, conseguiron guindar as balsas salvavidas e ser rescatados por outra embarcación


Unha liorta nocturna en Ribeira deixa varias persoas identificadas e unha denuncia por lesións leves

29/05/2023 14:41

Os veciños de Bandarrío din que as pelexas son frecuentes


Os detidos, no momento de pasar a disposición xudicial

A xuíza decreta o ingreso en prisión dos dous detidos polo tiroteo en Ribeira

24/05/2023 16:30

O terceiro detido quedou en liberdade, aínda que está acusado dun presunto delito de encubrimento


Declaran no xulgado os tres detidos polo intento de homicidio dun mozo en Ribeira

24/05/2023 14:24

Esta mañá pasaron a disposición xudicial os dous supostos autores da agresión e un terceiro acusado de encubrimento

A vítima evoluciona favorablemente das feridas 

Etiquetas:  HOMICIDIO

Localizan a pistola coa que dispararon contra un home de 27 anos en Ribeira

23/05/2023 14:24

A vítima do disparo continúa ingresada no Hospital Clínico de Santiago, pero xa deixou a unidade de críticos

Tres persoas foron detidas en Tui en relación con este suceso


Mergulladores buscan a arma coa que lle dispararon a un mozo en Ribeira

22/05/2023 14:24

Os tres detidos por intento de homicidio pasarán a disposición xudicial nas vindeiras 48 horas

A vítima, un mozo marroquí de 27 anos, está estable dentro da gravidade

 

Etiquetas:  ARMAS   MERGULLADOR

Restos de sangue no lugar dos feitos

Tres detidos pola liorta de Ribeira que rematou cun mozo en estado crítico

21/05/2023 11:07

Foron arrestados en Tui, dous por tentativa de homicidio e un por encubrimento

A vítima, un mozo de 27 anos, recibiu dous disparos e dúas coiteladas


Boia de Ribeira do Observatorio costeiro de Galicia

A boia de Ribeira incorpora máis sensores para coñecer o estado do mar

02/05/2023 15:06

Formando parte do Observatorio Costeiro, recolle datos para mellorar a xestión dos recursos mariños e previr incidencias


Cámara de bronce dos profesionais europeos para un fotógrafo de Ribeira

27/04/2023 15:42

Manuel Iglesias Lesmes gañou o premio na modalidade de vodas 

Prefire o traballo de cámara in situ que non precise de retoque posterior 

Considera que os premios recoñecen o legado de seu pai e o traballo de seus irmáns


A policía investiga se hai unha cuarta persoa implicada no calote

Investigan unha suposta estafa nunha casa de citas de Ribeira

27/04/2023 10:16

Un home denunciou dúas prostitutas por roubarlle presuntamente seis mil euros


Fachada da vivenda, na rúa Romero Ortiz

Arde nun incendio unha suposta narcocasa de Ribeira

13/04/2023 14:35

O lume orixinouse na cociña e non provocou danos persoais


Un surfista mantivo a salvo os bañistas arrastrados pola corrente en Ribeira

09/04/2023 09:56

Non dubidou en meterse na auga coa táboa para mantelos a flote mentres agardaban polos servizos de rescate


Momento do rescate na praia do Vilar en Ribeira polo Pesca 1 de Gardacostas de Galicia

Rescatados con vida dous bañistas en dificultades na praia do Vilar de Ribeira

08/04/2023 18:46

Participaron unha avioneta, un helicóptero e medios terrestres desde as seis da tarde

Un home que intentaba auxiliar cunha táboa de surf tamén foi rescatado


Imaxe deste martes da tenda de Ribeira danada catro veces nos últimos quince días

Atacan ata por catro veces unha tenda de Ribeira en vésperas da súa apertura

28/02/2023 14:11

As promotoras do negocio cren que o autor é a mesma persoa que lanzou ovos, alcatrán, pintura e cola contra o inmoble


Retiran as narcolanchas varadas en praias de Ribeira

23/02/2023 20:49

A embarcación da praia do Vilar foi remolcada por mar e a outra retirárona por terra

A policía investiga que cantidade de cocaína transportaban e onde está a droga


Comezou o operativo para retirar as narcolanchas das praias de Ribeira

23/02/2023 14:51

As planadoras transportaron un importante alixo de cocaína que descargaron de madrugada


Tres 'narcolanchas' aparecen abandonadas nas praias de Ribeira

22/02/2023 17:21

Televisión de Galicia puido confirmar que as embarcacións traían un importante alixo de cocaína e que a descarga se fixo esta madrugada

Só as dúas embarcacións máis grandes teñen capacidade para trasportar 6 toneladas de cocaína


Repatrian a Ribeira o corpo do mariñeiro atropelado en Namibia

20/02/2023 14:39

O cadáver de Cipriano Peña chega na tarde deste luns a Galicia

Tiña 59 anos e quedábanlle poucos meses para se xubilar, despois de toda unha vida no mar


'Metaphora', a viaxe pictórica de Alfonso Costa

07/02/2023 16:07

'Metaphora' é unha mostra que conta tamén cun libro de artista

A exposición de Alfonso Costa está aberta ata o 17 de febreiro no Museo do Gravado de Ribeira  


Canón localizado na mesma costa de Corrubedo en abril do ano de 2021

Atopan canóns dun barco do século XVI afundido na costa de Corrubedo

03/02/2023 13:15

Hai dous anos localizáronse preto desta zona outros vestixios de barcos afundidos que se cren puideran formar parte da chamada Armada Invencible

Etiquetas:  PATRIMONIO

O elevador funciona, pero non está rematado de todo

Faille un elevador á súa dona dependente mirando titoriais en Internet

01/02/2023 13:12

Un fontaneiro retirado constrúe de xeito artesanal un salvaescaleiras

Compralo custáballe máis de 2.000 euros, e en facelo investiu 350

Etiquetas:  CURIOSIDADES

Condenada a 12 anos e medio de prisión a condutora que matou unha parella en Palmeira

24/01/2023 17:01

A Audiencia da Coruña, conforme ao veredicto de culpabilidade que decretou o xurado, tamén establece que durante oito anos perde o dereito a conducir


Culpable de homicidio doloso a condutora que matou unha parella en Palmeira

23/12/2022 14:02

Cando se produciron os feitos a muller conducía a 130 km/h e superaba amplamente o límite de alcol permitido en sangue


Comeza o xuízo polo accidente de Palmeira en que morreu unha parella da Pobra

19/12/2022 15:02

Un xurado popular decidirá se a condutora é culpable de dous homicidios imprudentes

A muller conducía a 130 quilómetros por hora e deu 1,37 mg en sangue na proba de alcolemia

A fiscalía pide catro anos de cárcere e a acusación particular solicita doce


Retiran unhas tres toneladas de unlla de gato do faro de Corrubedo

05/11/2022 16:08

Uns trinta voluntarios da Fundación Abanca encárgaronse de arrincar a especie invasora

A planta exótica modifica o chan e despraza a flora nativa


'Lavadoiro', un proxecto audiovisual de Ana Amado e Lois Patiño

30/10/2022 14:27

O proxecto pretende reivindicar os lavadoiros como espazos de socialización do traballo doméstico e de encontro para as mulleres.

O cineasta Lois Patiño filma unha curtametraxe ambientada en tres lavadoiros da Barbanza.

Na curta participan once mulleres que lavaban nestes espazos


Pancarta principal da protesta convocada en Ribeira

Centos de persoas claman en Ribeira contra a prohibición de Bruxelas

08/10/2022 18:57

Pídenlle á Comisión Europea que reflexione sobre unha medida que consideran "arbitraria e inxusta"

A normativa entra en vigor este domingo e os barcos afectados aínda non saben como se vai aplicar


Mobilización contra o veto á pesca de fondo, horas antes da entrada en vigor

08/10/2022 09:18

O sector convoca unha protesta esta tarde en Ribeira e reclama o apoio da cidadanía


Tres detencións en Ribeira nunha nova operación policial contra o tráfico de drogas

07/10/2022 14:15

A policía comisou pequenas cantidades de cocaína e heroína e unha arma con munición

Os veciños de Martín aseguran que o ir e vir de toxicómanos é constante desde hai anos


Enfrontamento veciñal en Aguiño polas obras de mellora da accesibilidade na rúa Castelao

26/09/2022 14:12

Dos 2.700 veciños, 1.063 asinaron en contra de implantar o sentido único

A ampliación das rúas é unha prioridade para os veciños a favor do proxecto


Voluntariado ambiental de Afundación en Sálvora

Afundación organiza unha xornada de voluntariado ambiental en Sálvora

24/09/2022 19:57

Fixeron traballos de limpeza de lixo mariño e retiraron vexetación invasora

Participaron 80 persoas voluntarias comprometidas coa conservación do medio


O delito máis grave foi un intento de homicidio nunha vivenda ocupada ilegalmente

Aumentan as liortas e os delitos de lesións en Ribeira; os roubos descenden á metade

14/09/2022 13:40

Os delitos incrementáronse na vila un 15 % no primeiro semestre do ano

Etiquetas:  ROUBOS   LEA

Un boleto selado en Ribeira deixa un premio dun millón de euros

03/09/2022 18:52

Foi no sorteo do Euromillón 

Etiquetas:  PREMIOS   SORTEO

Detido un ocupante ilegal por acoitelar outro en Ribeira

20/08/2022 18:35

O agresor atrincheIrouse no edificio ocupado onde o prendeu a policía


Un home salva a muller e os fillos do incendio da súa vivenda en Ribeira

17/08/2022 15:55

O home evacuounos por unha escaleira logo de que prendera lume na cociña

Etiquetas:  INCENDIO

Evolución favorable do lume na Barbanza, sen perigo para as vivendas

07/08/2022 21:08

Arderon 2.200 hectáreas entre os concellos de Boiro, Ribeira, A Pobra e Porto do Son

Os equipos de extinción céntranse agora en arrefriar as zonas xa queimadas


Evolución favorable do incendio na Barbanza tras queimar 2.200 hectáreas

07/08/2022 14:55

Os incendios activos en Galicia nas últimas xornadas levan arrasado 4.000 hectáreas

O da serra da Barbanza é o único que segue en situación 2, por prevención

O cámping de Oleiros en Ribeira intenta volver á normalidade co 50 % das reservas canceladas


Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 41 - 80 de 115 resultados.