Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Boiro .

Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Boiro .

Boiro

Novo roubo das máquinas expendedoras na taberna do cámping boirense de Barraña

12/03/2024 13:55

"Parece que viñan roubar o Banco de España; con luvas, cubertos con pasamontañas", di o propietario do establecemento tras ver as imaxes das cámaras de videovixilancia

Etiquetas:  ROUBOS

Arde unha vivenda en Boiro da que este xoves ían desafiuzar o inquilino

07/03/2024 13:57

A Policía Xudicial investiga as causas do incendio

Os propietarios cren que puido ser provocado polo inquilino que tivo que ser auxilidado con síntomas de intoxicación por fume

Etiquetas:  INCENDIO

Rouban nunha igrexa de Boiro xoias valoradas en 8.000 euros

29/02/2024 13:54

A Garda Civil abriu unha investigación para dar cos autores 

É o segundo roubo que sofren na igrexa de Santo André de Cures


Falece un motorista de Boiro tras sufrir unha caída en Silleda

18/02/2024 13:21

Foi un particular o que avisou o 112 ao comprobar que o piloto apenas respiraba 


Desartellan en Boiro unha banda dedicada ao tráfico de drogas e deteñen oito persoas

16/02/2024 09:55

A organización, segundo a Garda Civil, artellara unha rede de puntos de venda de estupefacientes nesta vila do Barbanza

Durante os rexistros de varios domicilios os axentes comisaron 835 gramos de cocaína, 75 gramos de heroína, 102 gramos de haxix e 3,203 quilogramos de marihuana


Ángel recolle os cristais rotos na tenda despois da última incidencia

Un veciño de Boiro denuncia danos constantes no seu local pola movida nocturna

15/02/2024 14:09

Di que é a terceira vez que lle rebentan o escaparate da tenda, situada nunha rúa de pubs


Elma Saiz, na praia de Barraña cun grupo de mariscadoras

Man tendida da ministra da Seguridade Social ás reclamacións das mulleres da pesca

03/02/2024 14:13

Elma Saiz reuniuse cun grupo de mariscadoras na praia de Barraña

Asistiu á presentación do Mapa das mulleres da pesca organizada por ANMUPESCA


A Federación Galega de Fútbol suspende o agresor do partido en Boiro

24/01/2024 11:31

O gardameta do Carreira acusado de agredir un xogador do Boiro durante un partido de veteranos estará suspendido temporalmente


Imaxe de arquivo da detención do dono do Novo Furuno

Sete detidos en Boiro, Madrid e Portugalete polo alixo de droga do Nuevo Furuno

23/01/2024 20:11

O Xulgado de Instrución Número 2 de Corcubión instrúe o caso que está baixo segredo de sumario

O patrón e o único tripulante do Nuevo Furuno, detidos hai meses, tamén son de Boiro 

Categorías:  Boiro   Galicia   Sucesos
Etiquetas:  NARCOTRÁFICO

Queixas en Boiro por unha construción próxima á igrexa de Abanqueiro

22/01/2024 14:11

Algúns veciños consideran que afecta o conxunto patrimonial e piden o expediente da obra

A construción conta cos permisos de patrimonio e do Concello


Unha imaxe deste luns do campo boirense de Valiño, onde o sábado xogaron os veteranos do Oasis Boiro contra o Carreira

Un xogador de veteranos, evacuado por suposta agresión dun contrario en Boiro

22/01/2024 13:54

O xogador foi trasladado ao hospital semiinconsciente, pero xa foi dado de alta


Falece en Boiro o xornalista Luís Blanco Vila aos 87 anos

31/12/2023 21:25

Logo de toda unha vida fóra de Galicia regresou a súa vila natal tras a súa xubilación


Momento no que o guindastre retira o coche da auga

Morre un home ao caer ao mar co coche no peirao boirense de Escarabote

23/12/2023 08:40

A Garda Civil de Tráfico investiga as causas do sinistro


Buscan o home que atacou a paus un autobús en Boiro

19/12/2023 13:21

A Garda Civil identificou o agresor, pero segue en paradoiro descoñecido

Categorías:  Boiro   Sociedade   Sucesos
Etiquetas:  AUTOBUSES   ATAQUE


Detido en Boiro por 33 delitos de roubo con forza

15/12/2023 08:53

O presunto autor dos feitos xa ingresou no cárcere


Desaloxan os veciños dun edifico en Ames tras declararse un incendio nun dos baixos

05/12/2023 09:53

Non se rexistraron danos persoais

O lume iniciouse pasada a medianoite nunha empresa de informática


Cartel da VI edición de Festiriti Titi celebrado en Boiro

Máis dun milleiro de escolares participan no festival da inclusión de Boiro

01/12/2023 19:27

O evento anticípase ao Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebra este domingo 3 de decembro


A morte masiva de ameixa e berberecho mantén paradas as mariscadoras de Boiro e Rianxo

28/11/2023 13:55

A baixa salinidade da auga segue acabando co berberecho e a ameixa en Boiro e Rianxo

As mariscadoras están pensando en pedir o cesamento da actividade para poder acceder ás prestacións económicas e poder compensar as perdas

Parte do sector dá por perdida a campaña de Nadal, a máis importante para os traballadores do mar

Etiquetas:  MARISQUEO

Estado no que quedou un dos coches accidentados

Falece un condutor nun accidente múltiple na autovía da Barbanza

25/11/2023 08:28

Dous coches chocaron á altura de Boiro e un deles foi alcanzado por unha furgoneta

Un dos carrís, en dirección Ribeira, quedou cortado ata despois da medianoite


Os máis pequenos de Boiro gozan das exhibicións benéficas da Garda Civil

13/11/2023 16:10

Co fin de recoller alimentos para os veciños máis desfavorecidos, a Garda Civil está facendo demostracións dos seus equipos no polideportivo de Santa Baia


O Boiro agarda "meter no forno" o Mallorca

31/10/2023 15:11

O equipo do Barbanza afronta unha xornada histórica recibindo en Barraña a un cadro de Primeira División


Entrada da escola unitaria que agora está ocupada, segundo aseguran na aldea

Medo e ameazas de supostos traficantes nunha aldea de Boiro

19/10/2023 13:50

Os veciños de San Mauro din convivir a diario con roubos, leas e ameazas

Afirman que unha banda está asentada nunha escola municipal abandonada


O Boiro xogará contra un equipo de Primeira División na Copa do Rei

12/10/2023 19:48

Derrotou o C. D. Monte de Cantabria por 0-1 na eliminatoria previa que enfrontaba os equipos de Preferente


Un home quedou ferido grave nun accidente de tractor

04/10/2023 14:02

Houbo que derrubar o peche dunha casa para liberar o condutor, que quedara atrapado entre o tractor e o valo


Unha das nove eguas tiroteadas nos montes da Curota

Aparecen nove eguas mortas por disparos nos montes da Curota, en Boiro

24/09/2023 14:35

Os propietarios descoñecen que pode haber detrás da matanza porque estaban nunha zona de pastoreo libre

Os animais caeron mortos no lugar onde pacían, moi próximos entre si

 

Categorías:  Galicia   Boiro   Sucesos

Varios detidos en Boiro tras o peche dun negocio de compravenda de ouro

18/09/2023 14:48

A Garda Civil sospeita que nesta empresa de compravenda de ouro comerciaban con xoias roubadas


Boas expectativas de vendima no Barbanza, cun 15 % máis de produción

11/09/2023 13:51

Superaron os ataques de mildio e probaron a eficacia dunha rede contra velutinas

As cinco adegas da IXP Viños do Barbanza agardan vendimar uns 55.000 quilos


Bárbara Gómez canda Tinín Iglesias nunha imaxe de arquivo/ RRSS

Falece nun accidente no rally Val de Laciana, en León, a moza de Boiro Bárbara Gómez

02/09/2023 17:57

Participaba de copiloto na proba en Ponferrada canda Tinín Iglesias, que resultou ferido no sinistro


O prezo do peixe e marisco mantense alto no Barbanza

01/09/2023 14:25

Contan con que comece a baixar en quince días

O polbo mantén o prezo pola pouca oferta e peixes como a sardiña baixou, quedando hoxe na lonxa a pouco máis dun euro 

Etiquetas:  PREZOS   MARISCO

Un dos establecementos asaltados, na rúa Tenencia de Boiro

Entran roubar en tres establecementos de Boiro na mesma noite

29/08/2023 14:42

As cámaras dun dos negocios captaron imaxes de dous homes, que levaron 500 euros de botín

Etiquetas:  ROUBOS



Reixa forzada na igrexa de San Pedro de Bealo

Vaga de roubos en igrexas das parroquias rurais de Boiro

26/07/2023 15:50

Os ladróns entraron pola forza nas igrexas de San Xoán de Macenda e San Pedro de Bealo na madrugada do domingo

Levaron obxectos e xoias das imaxes, a máis valiosa a dobre coroa da Virxe das Neves de Macenda

Nos últimos días tamén houbo intentos de entrar nos templos de Abanqueiro, O Castro e Cabo de Cruz

Etiquetas:  ROUBOS

Veciños de Boiro denuncian varios roubos en vivendas e embarcacións

26/07/2023 15:39

Os ladróns entraron nunha casa familiar de Boiro, o festivo do Apóstolo, e levaron cartos e xoias por valor duns 3.000 euros

A unha parella de xubilados de Boiro roubáronlle o motor dunha embarcación de lecer que podería chegar a custar uns 7.000 euros

Os veciños de Boiro quéixanse de que nos últimos meses houbo varios roubos de combustible e aparellos en peiraos e alpendres

Etiquetas:  ROUBOS

Comisan 106 quilos de marisco ilegal en dúas intervencións en Cabo de Cruz

24/07/2023 11:50

Dous furtivos foron interceptados con 103 quilos de berberecho na zona de Triñáns 


O vehículo accidentado qu saiu da estrada na Autovía da Barbanza

Feridos graves tres mozos ao bater co coche contra unha ponte da autovía de Barbanza

09/07/2023 10:30

Os bombeiros tiveron que liberar os rapaces que quedaron atrapados no vehículo

Dous dos ocupantes tiñan ente 18 e 24 anos e o terceiro era menor de idade


Doce concellos pendentes da súa constitución contan xa con novas corporacións

07/07/2023 12:35

Noia, Muros, Ribeira, Porto do Son, Outes, Mazaricos, Corcubión, Lousame, Boiro e Celanova celebraron plenos de investidura


A Garda Civil investiga a morte dun home en Boiro

06/07/2023 13:31

Un veciño atopou a vítima, que foi trasladada ao hospital, onde finalmente faleceu

O falecido era drogodependente e, tras o rexistro da vivenda, a Garda Civil non achou indicios de violencia


En Abanqueiro a veciñanza está a mobilizarse con diversas accións para frear o proxecto privado para o monte do Chazo

Veciños de Boiro piden a retirada do proxecto hostaleiro para o monte do Chazo

29/06/2023 13:51

Consideran que a comunidade de montes decidiu alugalo por 20 anos nunha asemblea en que houbo varias irregularidades

O empresario arrendatario asegura que manterá as árbores e que o proxecto é para levantar 10 cabanas turísticas cos seus servizos básicos

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 101 resultados.