Publicador de contidos

Contido con Temática Sucesos .

Publicador de contidos

Contido con Temática Sucesos .

Sucesos

Momento do rescate na praia do Vilar en Ribeira polo Pesca 1 de Gardacostas de Galicia

Rescatados con vida dous bañistas en dificultades na praia do Vilar de Ribeira

08/04/2023 18:46

Participaron unha avioneta, un helicóptero e medios terrestres desde as seis da tarde

Un home que intentaba auxiliar cunha táboa de surf tamén foi rescatado


A familia do desaparecido en Teo hai dez días segue a organizar batidas

08/04/2023 18:36

Teñen o convencemento de que non marchou por vontade propia

Óscar García Lema, de 62 anos, mide 1,82 metros e pesa 85 quilos

Categorías:  Galicia   Teo   Sucesos
Etiquetas:  DESAPARICIÓNS

A vivenda familiar situada en Colmenar Viejo

A parella detida polo suposto maltrato aos oito fillos queda en liberdade

08/04/2023 14:55

O pai, de 45 anos, e a nai, de 44, quedaron en liberdade baixo medidas cautelares

Retiróuselles a patria potestade e teñen unha orde de afastamento da prole


Zona da agresión no barrio dos Castros na Coruña

Prisión para o detido por acoitelar un home na Coruña

08/04/2023 11:11

O home, que pasou a disposicion xudicial este venres, está investigado por tentativa de homicidio


Cae unha banda que traficaba con cocaína desde América do Sur a Europa

08/04/2023 10:49

Integraban a rede nove cidadáns polacos, catro detidos en Andalucía e os outros cinco en Polonia

A Garda Civil liderou a operación internacional contra o tráfico de drogas


A caída de varias árbores obriga a adiar a segunda xornada do Masters de Augusta/ EFE

A caída de tres árbores suspende a segunda xornada do Másters de Augusta de golf

08/04/2023 10:06

A treboada obriga a adiar o xogo; o español Jon Rahm ten nove buratos pendentes,  a tres golpes do líder Koepka


Morre un home en Silleda ao caerlle unha árbore enriba

07/04/2023 16:11

Os efectivos desprazados á zona xa non puideron facer nada pola súa vida


Un ferido grave ao chocar un camión do leite contra unha casa en Mesía

07/04/2023 15:59

O condutor do vehículo quedou atrapado e tardaron máis dunha hora en liberalo

Na vivenda reside unha muller de 80 anos, que quedou ilesa


Os cristais lévanos nos petos, en bolsas ou en recipientes

Rouban centos de vidros da praia dos Cristais de Laxe

07/04/2023 14:15

Un vídeo en redes sociais amosa un home cargando bolsas

A presión intensifícase nas xornadas festivas 


Ata 10 anos de cárcere para 12 acusados de contrabando de tabaco nos 90

07/04/2023 12:01

Supostamente eran integrantes dun grupo organizado "estable" coa finalidade de introducir en España "importantes partidas"

En 1997 introduciron 1,17 millóns de paquetes desde Senegal, cun valor de 2,2 millóns de euros


Detida unha parella en Madrid por maltratar os seus 8 fillos menores

07/04/2023 11:50

Aos pais foilles retirada preventivamente a patria potestade dos menores, dos que teñen unha orde de afastamento

Adoitaban faltar constantemente ao colexio e o pai, que é médico, xustificaba as ausencias 


Morre unha persoa atropelada por un tren na Coruña

07/04/2023 10:17

O tren rexional que percorre o traxecto entre A Coruña e Ferrol bateu cunha persoa, preto do porto, na estación de San Diego


Estabilizado o incendio de Tarifa

07/04/2023 10:04

Desactívase a alerta e os 70 veciños desaloxados xa poden volver as súas casas


Un falecido ao envorcar un camión na autoestrada en Castelló

06/04/2023 14:03

O falecido era o acompañante do condutor, que quedou atrapado na cabina no envorco


Envían dende Galicia outro robot para buscar o Vilaboa Uno

06/04/2023 12:30

O robot que busca o Vilaboa Uno toca fondo a 130 metros de profundidade

Enterran un dos mariñeiros falecidos entre grandes mostras de dor

Identificado o corpo do pescador de Ghana falecido no naufraxio e buscan a familia


Retíranlle a custodia á nai que se botou coa filla dende un quinto piso en Asturias

06/04/2023 12:09

A nena está fóra de perigo e a nai está na UCI

Declaran no xulgado o avó e o pai da menor despois de ter unha lea


Detidos cando roubaban material por un valor de 80.000 euros

06/04/2023 11:27

Cortaran cable de cobre, arrincándoo das paredes e causando graves danos ás instalacións


Detido un home por acoitelar outro na Coruña

06/04/2023 11:16

No momento o agresor fuxiu, pero as investigacións policiais levaron á súa detención ás poucas horas

A vítima foi trasladada ao hospital, onde foi intervida de urxencia

Categorías:  A Coruña   Sucesos
Etiquetas:  ACOITELAMENTO

Efectivos da UME traballando na estinción do lume de Castelló

A Fiscalía investiga o incendio de Castelló que queimou 4.700 hectáreas

06/04/2023 11:09

A Garda Civil xa citou a declarar catro persoas que realizaban traballos de mantemento no lugar onde se orixinaron as lapas


Imaxe de arquivo

Descobren un punto de venda de drogas por mor dun aviso por malos tratos en Carballo

06/04/2023 10:56

Atoparon 21 doses de cocaína, 32 gramos de marihuana e unha báscula de precisión


Imaxe de arquivo

Dous condutores abandonan o lugar do accidente despois de dous atropelos

06/04/2023 10:19

Un tivo lugar no Pino e outro, en Ourense, e as vítimas tiveron que se trasladadas aos hospitais de referencia


Polo menos catro nenos mortos no ataque a unha gardería no Brasil

05/04/2023 16:18

Outros tres foron trasladados a un hospital, un deles en estado grave

Categorías:  Mundo   Sociedade   Sucesos
Etiquetas:  ATAQUE

Autorizan a retirada dos cans que atacaron unha muller en Muíños

05/04/2023 14:40

Ante a negativa dos donos a entregalos voluntariamente, a consellería de Medio Ambiente recorreu ao xulgado

A vítima do ataque aínda non está recuperada

Categorías:  Muíños   Sucesos

Subtraen un cabaliño de pedais da Coruña e deciden marchar dar un paseo

05/04/2023 14:05

O autor da falcatruada explicou que era unha broma e un axente acompañouno a devolver a atracción

Etiquetas:  ROUBOS

Lugar do triplo atropelo mortal de Suesa, en Cantabria

O condutor do triplo atropeo mortal de Cantabria triplicaba a taxa de alcoholemia

05/04/2023 13:55

Tamén deu positivo en cánnabis cando perdeu o control do vehículo e levou por diante tres persoas


Unha muller e a súa filla, feridas ao precipitarse desde un quinto piso en Avilés

05/04/2023 12:50

A pequena non sufriu lesións de maior gravidade e está ingresada nun hospital de Avilés

A nai foi trasladada a Oviedo en estado grave


Na operación Matoxo incautáronse de case 25 quilos de heroína, teléfonos móbiles, unha tableta e elementos para cortar a droga

Golpe ao tráfico de heroína: 24,5 quilos comisados e dous detidos en Nigrán

05/04/2023 11:40

Pontevedra é unha das principais vías de entrada desta droga porque ás redes internacionais "gústalles traballar" cos narcos galegos "porque son serios", di o inspector xefe do grupo da Udyco que levou o caso

As autoridades destacan a importancia da operación que chegaría a poñer droga no mercado por valor de máis dun millón e medio de euros


Un robot buscará no Vilaboa Uno o mariñeiro desaparecido

05/04/2023 09:11

Hoxe é o terceiro día de loito oficial, e os familiares das vítimas quéixanse de falta de información


A DXT confirma que só dous ocupantes do coche sinistrado en Xove levaban o cinto

04/04/2023 16:32

O Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa abriu dilixencias

Tamén autorizou a remisión de mostras de sangue, tomadas ao condutor do vehículo, a un laboratorio para realizar as probas de alcol e drogas


Detido despois de matar a súa parella en Palos de la Frontera, Huelva

04/04/2023 09:32

As primeiras pescuadas apuntan a un crime de violencia machista

O 016 atende todas as vítimas de violencia machista as 24 horas do día e en 52 idiomas diferentes, do mesmo xeito que o correo 016-online@igualdad.gob.es; tamén se presta atención mediante WhatsApp a través do número 600000016, e os menores poden dirixirse ao teléfono da Fundación ANAR 900 20 20 10.


Un morto ao descarrilar un tren nos Países Baixos

04/04/2023 08:45

O convoi, en que viaxaban 50 pasaxeiros, chocou cun guindastre que estaba parado sobre os raís



Ribadeo despide as catro vítimas mortais do accidente do sábado

03/04/2023 20:22

Rúas baleiras e comercios pechados mentres se celebraba o funeral


Morren tres persoas nun incendio na súa casa en Valencia

03/04/2023 20:14

Os primeiros datos da investigación apuntan a que a orixe do lume foi accidental

Etiquetas:  INCENDIO

O xuíz procesa a Luis Medina e Alberto Luceño polo caso das máscaras

03/04/2023 19:39

Ve indicios dunha presunta estafa ao Concello de Madrid na compravenda de material sanitario subindo os prezos para obter "elevadas comisións"


Equipos de mergulladores buscan o mariñeiro desaparecido en Santander

03/04/2023 19:15

Os compañeiros din que puido quedar encerrado dentro do pesqueiro, afundido a uns 120 metros

 A delegada do Goberno di que os GEAS van estudar a posibilidade de usar un robot

Etiquetas:  NAUFRAXIO

A compañía galega ACSM Shipping baixará ao Pitanxo

03/04/2023 14:34

Un buque rastrexará 25 quilómetros cadrados cada día e, unha vez atopado o pecio, enviará un robot


Ribadeo acolle esta tarde un funeral polos mortos no accidente de Xove

03/04/2023 14:28

As familias de tres dos falecidos velan os mozos na máis estrita intimidade


Narcotráfico en Portugal: unha descarga frustrada, droga abandonada e un cadáver aboiando

03/04/2023 11:42

Os investigadores localizaron en distintos puntos 44 fardos con, aproximadamente, unha tonelada e media de cocaína

O cadáver que apareceu aboiando no mar sospeitase que podería ser dun narco galego


Un matrimonio e o seu fillo morren nun incendio en Valencia

03/04/2023 09:55

A policía está a investigar as causas do lume, que tivo lugar nun edificio de seis andares

Publicidade
Publicidade