Novas
Contido con Temática .
Sucesos
Catro mortos no accidente entre dous ultralixeiros en Barcelona
30/04/2023 15:54
Os aparellos caeron tras chocar e incendiáronse nunha zona boscosa próxima ao aeródromo de Moià
O caso de Déborah segue sen xuízo no vinte e un aniversario da súa morte
30/04/2023 14:20
O avogado da familia coida que non haberá vista oral e ve complicado conseguir novos datos do móbil
Amósase moi pesimista sobre a posibilidade de que alguén responda dos erros na investigación
Tres ciclistas feridos graves en Navarra, atropelados por un condutor bébedo que se deu á fuga
30/04/2023 14:02
A Policía Foral de Navarra detivo o home tras dar positivo con taxa penal na proba de alcolemia
Os ciclistas circulaban nun grupo de cinco na N-134, pola localidade navarra de Cadreita
Incáutanse de 227 quilos de ourizos, de 180 de berberecho e dun vehículo en Bergondo
30/04/2023 13:17
Uns axentes da Garda Civil realizaban inspeccións contra o furtivismo cando detectaron dúas descargas irregulares
Morren polo menos trece persoas por mor dunha fuga de gas no norte da India
30/04/2023 11:55
Produciuse nunha fábrica de Giaspura, unha localidade da cidade de Ludhiana
Faleceron cinco mulleres, seis homes e dous menores de 10 e 13 anos
Unha disputa veciñal por pombas, orixe do tiroteo con catro mortos en Setúbal
30/04/2023 11:48
Un home matou tres veciños cunha escopeta na cidade portuguesa e logo suicidouse
As vítimas son homes de entre 30 e 60 anos
Evacuados dez menores tras caer a plataforma dunha atracción en Narón
30/04/2023 10:11
Investigan por que romperon os eixes que suxeitaban a estrutura na que había quince persoas
As autoridades locais aseguran que pasara a revisión técnica e contaba con memoria de seguridade
Deteñen un home tras acoitelar no pescozo a súa exparella en Pontevedra
30/04/2023 09:31
O home entregouse de xeito voluntario aos axentes da Policía Nacional
A muller, de 36 anos, sobreviviu ao ataque e está ingresada no Hospital de Montecelo
Detidas dezaoito persoas vinculadas cunha banda latina pola liorta de Madrid
30/04/2023 08:42
Oito delas son menores de idade e tamén hai dúas mulleres
Na pelexa houbo catro feridos a coiteladas, tamén arrestados
Un incendio nun taller na rúa Río Chamoso de Lugo obriga a desaloxar varias vivendas
29/04/2023 23:00
Os servizos de emerxencias evacuaron o edificio por precaución pero os bombeiros controlaron axiña as lapas
Non houbo feridos
Un home mata cinco veciños en Texas porque lle piden que deixe de disparar no seu xardín
29/04/2023 20:49
Entre as vítimas hai un neno de 8 anos
Os veciños quéixanse de que as prácticas de tiro son habituais na urbanización
Investigan a morte dunha moza en Xixón que denunciou acoso escolar
29/04/2023 19:18
Nunha nota difundida en redes asegura que fora vítima de acoso na súa etapa escolar nun centro concertado
A dirección do colexio púxose a disposición da familia para abrir unha investigación sobre o sucedido
Perde o control do coche e cae por un desnivel en Coles por mor dunha avespa
29/04/2023 18:41
O condutor, ferido leve, asegura que o insecto entrou pola fiestra e ao tentar botala precipitouse e envorcou
Galicia detecta "máis droga ca nunca" co reto de axilizar os procesos xudiciais
29/04/2023 17:09
O fiscal antidroga de Pontevedra cre que interceptar alixos "non terá sentido" se non se ataca o patrimonio das mafias do narcotráfico
Ferida grave a ocupante dun coche nun aparatoso accidente en Caldas
29/04/2023 16:36
O vehículo, tras irse fóra da estrada, acabou nunha leira particular logo de impactar contra un farol e un poste
Precisouse a intervención dos bombeiros para excarcerar a muller atrapada no vehículo
O accidente causou un corte eléctrico na zona de Godos
A liorta a coiteladas en Madrid apunta a unha pelexa entre bandas xuvenís
29/04/2023 11:50
Catro persoas quedaron feridas, unha delas en estado grave
Dúas vítimas mortais nas estradas no inicio da operación da ponte de maio
29/04/2023 08:56
Estes días agárdanse máis de 6,5 millóns de desprazamentos pola rede viaria española
A ponte coincide co Gran Premio de Xerez e co remate da Feira de Abril en Sevilla
Desartellada unha das grandes redes galegas de distribución de cocaína
29/04/2023 08:25
Incautáronse de 220 quilos de cocaína agochados no zulo dunha granxa de cabalos en Vilagarcía
A Audiencia Nacional enviou a prisión catro dos dez detidos na operación denominada Carplaya
Ordenan o ingreso en prisión da muller discapacitada sospeitosa de matar o seu bebé en Sevilla
28/04/2023 21:05
Entrará no cárcere de Alcalá de Guadaíra cando reciba a alta médica
Investigan por denuncia falsa catro exalumnas da Escola de Arte Dramática de Vigo
28/04/2023 17:18
Denunciaran tres profesores por acoso sexual en 2020
Preocupación dos veciños polo exceso de velocidade en Laraño, Santiago
28/04/2023 14:10
Está limitado a 30 km/hora e nin o radar informativo instalado impide que a maioría de condutores excedan a velocidade
A veciñanza temen que ocorra unha desgraza e solicita maior seguridade
O autor do dobre atropelo mortal de Madrid, pendente de pasar a disposición xudicial
28/04/2023 13:51
Operación antidroga en Pontevedra e Lugo: comisados 220 quilos de cocaína e catro millóns de euros
28/04/2023 12:43
O operativo policial, denominado Carplaya, supuxo a detención de dez persoas
Catro quedaron en prisión incondicional, 5 en liberdade con fianza e outro detido quedou en liberdade con medidas cautelares
A organización criminal asentada en Galicia, estaba especializada no transporte de cocaína en España e Portugal oculta en vehículos
Falece un home de 74 anos no Incio cando rozaba unha leira
28/04/2023 10:46
Descoñécese se sufriu unha indisposición ou se faleceu como consecuencia do golpe ao caer a un camiño
Dúas persoas hospitalizadas en Vigo por mor dun incendio nun piso
28/04/2023 10:41
O incendio, segundo informou este venres o 112 Galicia, sucedeu ás once da noite nunha vivenda situada na rúa Brasil
Aparece esnaquizado o radar de Conxo, en Santiago, un dos que máis multa
28/04/2023 09:16
O dispositivo atópase no periférico da capital galega
O autor do suceso aproveitou a noite e serviuse dun martelo para golpear o cristal
A Policía Xudicial investiga a desaparición dos motores da narcolancha varada en Muxía
27/04/2023 22:05
Corresponden á narcolancha de case dez metros de eslora que apareceu na praia de Nemiña o pasado 24 de marzo
Atopan un corpo aboiando na auga na contorna do Paseo do Malecón no Barco de Valdeorras
27/04/2023 21:44
O cadáver apareceu na beira do río, ao carón do malecón do Barco
A vítima é un indixente de 43 anos
Sospeitan que se estaba aseando no río
Entrégase á policía o autor do dobre atropelo mortal acontecido en Madrid
27/04/2023 15:03
Tras a persecución foron detidas dúas persoas e hai tres feridos
O condutor entregouse á policía horas despois na comisaría do distrito de Latina
27/04/2023 15:01
De non prosperar o recurso, os pais dos rapaces deben responder de xeito subsidiario cos seus propios bens
A maioría dos tractores antiguos carecen de barras antienvorco, pero poden instalarse
27/04/2023 14:39
Dende o 2020 non se pode transferir un tractor de máis de 40 anos que non conte con sistema de protección antienvorco
Estafan varias empresas baixo a ameaza de cortarlles a luz
27/04/2023 14:10
Unha consultaría eléctrica detectou casos en Ourense e Pontevedra
Un mozo de 14 anos, ferido ao caerlle enriba un banco de pedra no Milladoiro
27/04/2023 13:48
O rapaz e un irmán estaban sentados no respaldo do banco
Foron necesarias 5 persoas para levantar o banco
O ferido foi trasladado a un centro hospitalario con traumatismos nunha perna
O xuízo contra Shakira por fraude fiscal comezará o 20 de novembro
27/04/2023 12:56
A Fiscalía solicita máis de oito anos de cárcere para a cantante e unha multa que roza os 24 millóns de euros
Ordenan repetir o xuízo contra o futbolista Álvaro Ratón por agresión sexual no Carballiño
27/04/2023 11:53
O porteiro do Zaragoza xa fora absolto en dúas ocasións, acusado dun presunto delito contra a liberdade sexual
Detidas dúas persoas na Coruña e desmantelado un narcolaboratorio en Xetafe
27/04/2023 10:35
No laboratorio incautáronse de 4,6 quilos de cocaína, 5,6 de MDMA e 1,5 de éxtase
Investigan unha suposta estafa nunha casa de citas de Ribeira
27/04/2023 10:16
Un home denunciou dúas prostitutas por roubarlle presuntamente seis mil euros
Detido un pedófilo en Logroño con mil arquivos de pornografía infantil
27/04/2023 10:10
As súas actividades foron detectadas por unha entidade estranxeira de loita contra a pornografía infantil en Internet
Orde de afastamento para un mozo que tentou matar a nai en Carnota
26/04/2023 17:59
O xuíz acúsao dun delito de homicidio en grao de tentativa
O exfutbolista Daniel Cain, parapléxico despois de que lle botaran droga na bebida
26/04/2023 15:08
O mozo tivo un paro cardíaco que o levou a estar 25 días en coma
Os medios británicos non determinan a substancia nin o obxecto da acción
Os expertos aconsellan acudir ao hospital e denunciar ante a sospeita de submisión química