Publicador de contidos

Contido con Temática Sucesos .

Publicador de contidos

Contido con Temática Sucesos .

Sucesos

Estado enque quedou o autobús que trasladaba traballadoras marroquís e envorcou en Almonte (EFE/Julián Pérez)

Unha muller falecida e 39 feridos ao envorcar un autobús en Huelva

01/05/2023 11:57

O autocar trasladaba traballadoras temporeras marroquís

Tres das persoas feridas están en estado grave


O autobús de Vitrasa envolto en lapas/ Xesús Bastos

Estoupa un bus urbano de Vitrasa tras arder no centro de Vigo

30/04/2023 23:11

Sucedeu á altura da rúa Urzaiz, no cruzamento con Colón

Non houbo feridos, pero houbo que desaloxar con rapidez os pasaxeiros


Dous presos fuxiron do cárcere de Aranjuez durante unha excursión

30/04/2023 22:14

Dous presos fuxiron do cárcere madrileño de Aranjuez. A Policia Nacional busca dende o
Etiquetas:  PRESOS   FUXIDA

Un neno feriuse ao caer dunha atracción en Motril

30/04/2023 22:10

Un neno, de 12 anos, resultou ferido ao caer dunha atracción instalada en Motril polas
Etiquetas:  ACCIDENTES   FEIRA

Un coche envorcou na rúa Emilia pardo Bazán de Ourense este domingo

Envorca un vehículo na rúa Emilia Pardo Bazán de Ourense

30/04/2023 21:10

Os bombeiros tiveron que intervir para liberar a condutora do turismo, que quedou ferida leve no accidente 


O Goberno de Asturias investigará "con contundencia" a morte da moza acosada

30/04/2023 20:41

O centro educativo no que estudara difundiu un comunicado no que expresa o seu compromiso na "loita contra o acoso escolar"


Gasolineiras da comarca da Coruña alertan da circulación de billetes falsos

30/04/2023 19:36

O último intento de fraude sucedeu o 28 de abril nunha gasolineira de Arteixo

Noutras dúas gasolineiras de Oleiros tamén intentaron pagar con billetes falsos


Zona do accidente dos aparellos que apareceron a 200 metros de distancia entre eles

Catro mortos no accidente entre dous ultralixeiros en Barcelona

30/04/2023 15:54

Os aparellos caeron tras chocar e incendiáronse nunha zona boscosa próxima ao aeródromo de Moià


O caso de Déborah segue sen xuízo no vinte e un aniversario da súa morte

30/04/2023 14:20

O avogado da familia coida que non haberá vista oral e ve complicado conseguir novos datos do móbil

Amósase moi pesimista sobre a posibilidade de que alguén responda dos erros na investigación


Vehículo implicado no atropelo en Navarra

Tres ciclistas feridos graves en Navarra, atropelados por un condutor bébedo que se deu á fuga

30/04/2023 14:02

A Policía Foral de Navarra detivo o home tras dar positivo con taxa penal na proba de alcolemia

Os ciclistas circulaban nun grupo de cinco na N-134, pola localidade navarra de Cadreita

 


Berberechos incautados en Bergondo, A Coruña

Incáutanse de 227 quilos de ourizos, de 180 de berberecho e dun vehículo en Bergondo

30/04/2023 13:17

Uns axentes da Garda Civil realizaban inspeccións contra o furtivismo cando detectaron dúas descargas irregulares


Morren polo menos trece persoas por mor dunha fuga de gas no norte da India

30/04/2023 11:55

Produciuse nunha fábrica de Giaspura, unha localidade da cidade de Ludhiana

Faleceron cinco mulleres, seis homes e dous menores de 10 e 13 anos


A Policía portuguesa no lugar do crime en Setúbal

Unha disputa veciñal por pombas, orixe do tiroteo con catro mortos en Setúbal

30/04/2023 11:48

Un home matou tres veciños cunha escopeta na cidade portuguesa e logo suicidouse

As vítimas son homes de entre 30 e 60 anos


A atracción foi precintada tras o sucedido

Evacuados dez menores tras caer a plataforma dunha atracción en Narón

30/04/2023 10:11

Investigan por que romperon os eixes que suxeitaban a estrutura na que había quince persoas

As autoridades locais aseguran que pasara a revisión técnica e contaba con memoria de seguridade

Categorías:  Galicia   Narón   Sucesos
Etiquetas:  ACCIDENTES   FEIRA

Hospital de Montecelo en Pontevedra / arquivo

Deteñen un home tras acoitelar no pescozo a súa exparella en Pontevedra

30/04/2023 09:31

O home entregouse de xeito voluntario aos axentes da Policía Nacional

A muller, de 36 anos, sobreviviu ao ataque e está ingresada no Hospital de Montecelo

 


Os servizos de emerxencia no lugar dos feitos

Detidas dezaoito persoas vinculadas cunha banda latina pola liorta de Madrid

30/04/2023 08:42

Oito delas son menores de idade e tamén hai dúas mulleres

Na pelexa houbo catro feridos a coiteladas, tamén arrestados


Os bombeiros na rúa Río Chamoso de Lugo

Un incendio nun taller na rúa Río Chamoso de Lugo obriga a desaloxar varias vivendas

29/04/2023 23:00

Os servizos de emerxencias evacuaron o edificio por precaución pero os bombeiros controlaron axiña as lapas

Non houbo feridos


Un axente investiga o tiroteo en San Xacinto

Un home mata cinco veciños en Texas porque lle piden que deixe de disparar no seu xardín

29/04/2023 20:49

Entre as vítimas hai un neno de 8 anos

Os veciños quéixanse de que as prácticas de tiro son habituais na urbanización

Categorías:  Mundo   Sociedade   Sucesos
Etiquetas:  OS EUA   TIROTEO

O colexio concertado La Asunción de Xixón

Investigan a morte dunha moza en Xixón que denunciou acoso escolar

29/04/2023 19:18

Nunha nota difundida en redes asegura que fora vítima de acoso na súa etapa escolar nun centro concertado

A dirección do colexio púxose a disposición da familia para abrir unha investigación sobre o sucedido


O coche caeu por un desnivel de 20 metros

Perde o control do coche e cae por un desnivel en Coles por mor dunha avespa

29/04/2023 18:41

O condutor, ferido leve, asegura que o insecto entrou pola fiestra e ao tentar botala precipitouse e envorcou


O narcosubmarino localizado este ano durante a inspección da Policía

Galicia detecta "máis droga ca nunca" co reto de axilizar os procesos xudiciais

29/04/2023 17:09

O fiscal antidroga de Pontevedra cre que interceptar alixos "non terá sentido" se non se ataca o patrimonio das mafias do narcotráfico


Estado en que quedou o turismo accidentado en Caldas / DP

Ferida grave a ocupante dun coche nun aparatoso accidente en Caldas

29/04/2023 16:36

O vehículo, tras irse fóra da estrada, acabou nunha leira particular logo de impactar contra un farol e un poste

Precisouse a intervención dos bombeiros para excarcerar a muller atrapada no vehículo

O accidente causou un corte eléctrico na zona de Godos

 

 


Os servizos de emerxencia no lugar dos feitos

A liorta a coiteladas en Madrid apunta a unha pelexa entre bandas xuvenís

29/04/2023 11:50

Catro persoas quedaron feridas, unha delas en estado grave

Categorías:  España   Sucesos

Dúas vítimas mortais nas estradas no inicio da operación da ponte de maio

29/04/2023 08:56

Estes días agárdanse máis de 6,5 millóns de desprazamentos pola rede viaria española

A ponte coincide co Gran Premio de Xerez e co remate da Feira de Abril en Sevilla


Desartellada unha das grandes redes galegas de distribución de cocaína

29/04/2023 08:25

Incautáronse de 220 quilos de cocaína agochados no zulo dunha granxa de cabalos en Vilagarcía

A Audiencia Nacional enviou a prisión catro dos dez detidos na operación denominada Carplaya


Ordenan o ingreso en prisión da muller discapacitada sospeitosa de matar o seu bebé en Sevilla

28/04/2023 21:05

Entrará no cárcere de Alcalá de Guadaíra cando reciba a alta médica

Categorías:  España   Sucesos

Investigan por denuncia falsa catro exalumnas da Escola de Arte Dramática de Vigo

28/04/2023 17:18

Denunciaran tres profesores por acoso sexual en 2020


Preocupación dos veciños polo exceso de velocidade en Laraño, Santiago

28/04/2023 14:10

Está limitado a 30 km/hora e nin o radar informativo instalado impide que a maioría de condutores excedan a velocidade

A veciñanza temen que ocorra unha desgraza e solicita maior seguridade  


Exteriores da comisaría da Latina onde permanece custodiado o autor do dobre atropelo mortal do Paseo de Estremadura

O autor do dobre atropelo mortal de Madrid, pendente de pasar a disposición xudicial

28/04/2023 13:51

O autor do múltiple atropelo de Madrid, no que morreron dúas persoas e cinco máis quedaron

Operación antidroga en Pontevedra e Lugo: comisados 220 quilos de cocaína e catro millóns de euros

28/04/2023 12:43

O operativo policial, denominado Carplaya, supuxo a detención de dez persoas

Catro quedaron en prisión incondicional, 5 en liberdade con fianza e outro detido quedou en liberdade con medidas cautelares 

A organización criminal asentada en Galicia, estaba especializada no transporte de cocaína en España e Portugal oculta en vehículos


O suceso conmocionou O Incio

Falece un home de 74 anos no Incio cando rozaba unha leira

28/04/2023 10:46

Descoñécese se sufriu unha indisposición ou se faleceu como consecuencia do golpe ao caer a un camiño


Dúas persoas hospitalizadas en Vigo por mor dun incendio nun piso

28/04/2023 10:41

O incendio, segundo informou este venres o 112 Galicia, sucedeu ás once da noite nunha vivenda situada na rúa Brasil

Categorías:  Vigo   Galicia   Sucesos
Etiquetas:  VIGO   INCENDIO

Aparece esnaquizado o radar de Conxo, en Santiago, un dos que máis multa

28/04/2023 09:16

O dispositivo atópase no periférico da capital galega

O autor do suceso aproveitou a noite e serviuse dun martelo para golpear o cristal


A Policía Xudicial investiga a desaparición dos motores da narcolancha varada en Muxía

27/04/2023 22:05

Corresponden á narcolancha de case dez metros de eslora que apareceu na praia de Nemiña o pasado 24 de marzo


Atopan un corpo aboiando na auga na contorna do Paseo do Malecón no Barco de Valdeorras

27/04/2023 21:44

O cadáver apareceu na beira do río, ao carón do malecón do Barco

A vítima é un indixente de 43 anos

Sospeitan que se estaba aseando no río


Entrégase á policía o autor do dobre atropelo mortal acontecido en Madrid

27/04/2023 15:03

Tras a persecución foron detidas dúas persoas e hai tres feridos

O condutor entregouse á policía horas despois na comisaría do distrito de Latina

Etiquetas:  ATROPELO

As familias dos menores que queimaron unha casa en Huesca buscan rebaixar o medio millón de euros que teñen que pagar

27/04/2023 15:01

De non prosperar o recurso, os pais dos rapaces deben responder de xeito subsidiario cos seus propios bens

Etiquetas:  MENORES

A maioría dos tractores antiguos carecen de barras antienvorco, pero poden instalarse

27/04/2023 14:39

Dende o 2020 non se pode transferir un tractor de máis de 40 anos que non conte con sistema de protección antienvorco


Estafan varias empresas baixo a ameaza de cortarlles a luz

27/04/2023 14:10

Unha consultaría eléctrica detectou casos en Ourense e Pontevedra

Etiquetas:  LUZ   ESTAFA

Un mozo de 14 anos, ferido ao caerlle enriba un banco de pedra no Milladoiro

27/04/2023 13:48

O rapaz e un irmán estaban sentados no respaldo do banco

Foron necesarias 5 persoas para levantar o banco

O ferido foi trasladado a un centro hospitalario con traumatismos nunha perna

Etiquetas:  ACCIDENTES
Publicidade
Publicidade