Publicador de contidos

Contido con Temática Sucesos .

Publicador de contidos

Contido con Temática Sucesos .

Sucesos

Os técnicos non conseguen extraer información do teléfono de Déborah Fernández

31/05/2023 16:50

Este modelo de teléfonos gardaba boa parte de información na tarxeta SIM, que está desaparecida


Un vendedor comproba a autenticidade dun billete de 50 € nunha froitaría de Bertamiráns este mércores

A Policía Local alerta da circulación de billetes falsos en Ames

31/05/2023 13:45

Pide precaución nas operación en efectivo con billetes de dez, vinte e cincuenta euros


Antonio Galiñanes foi un dos damnificados nesta ocasión. Molláronlle o coche con ácido e corroeulle a pintura.

Quince coches regados con ácido e coas rodas picadas en Cambados

31/05/2023 13:43

Esta é a sexta ocasión que se repiten estes ataques indiscriminados a coches aparcados na rúa en Cambados


Recibe un disparo en Ordes cando intentaba evitar que lle roubasen o coche

31/05/2023 12:38

Recibiu unha bala no abdome, pero a súa vida non corre perigo

A Garda Civil detivo o autor do disparo e xa está á espera de pasar a disposición xudicial

Etiquetas:  TIROTEO

Falece o condutor dunha furgoneta tras colidir contra un camión en Rodeiro

31/05/2023 12:20

A vítima, un home de 44 anos, quedou ferido de gravidade debido ao impacto, pero finalmente faleceu cando estaba sendo trasladado en helicóptero ao hospital


Un raio provoca un incendio nun edificio de Rábade

31/05/2023 11:10

Dous veciños, de idade avanzada, foron trasladadas en ambulancia ao Hospital Lucus Augusti

Etiquetas:  INCENDIO

Deteñen un home por oito roubos con forza en establecementos de Ames e Teo 

31/05/2023 11:02

Foi sorprendido cando circulaba nunha bicicleta de cor gris que figuraba como roubada

Etiquetas:  ROUBOS

Rescatan a tripulación dun pesqueiro dunha armadora de Ribeira que afundiu preto dos Azores

31/05/2023 09:58

Os tripulantes do Lajes do Pico, de bandeira portuguesa, conseguiron guindar as balsas salvavidas e ser rescatados por outra embarcación


Nove detidos nun operativo en Ourense e Pontevedra contra os roubos con violencia

31/05/2023 09:44

Axentes da Garda Civil e da Policía Nacional realizan rexistros en vivendas e vehículos como parte dunha operación en todo o estado


Atopan na selva rastros dos nenos colombianos que levan un mes desaparecidos

31/05/2023 09:43

Os militares atoparon pegadas da nena maior, de 13 anos

Os catro pequenos levan desaprecidos un mes

A avioneta en que viaxaban esnafrouse na selva

Morreron todos os adultos que ían na nave, incluída a nai dos menores

Publicidade
Publicidade