Publicador de contidos

Contido con Temática Medio Ambiente .

Publicador de contidos

Contido con Temática Medio Ambiente .

Medio Ambiente

O temporal deixa ducias de estragos, con vento por enriba dos 150 km/h

20/10/2023 10:20

A liña de tren entre Ferrol e A Coruña está cortada pola caída dunha árbore e tampouco se pode circular pola A-6 en Becerreá por un desprendemento

O 112 atendeu nas últimas horas 169 avisos de incidencias

O refacho máis forte de vento rexistrouse en Estaca de Bares

O paso de Aline: as primeiras neves en Granada e o día máis chuvioso do século en Madrid


As inundacións provocaron problemas de tráfico, no metro e na circulación ferroviaria

A borrasca Aline causa centos de incidencias en varias comunidades españolas

20/10/2023 09:27

Este xoves foi o día máis chuvioso en Madrid desde 1920

15 comunidades están hoxe alerta por fenómenos costeiros, choiva e vento

Castela-A Mancha suspendeu as clases en todos os colexios


O temporal deixa un regueiro de incidencias na provincia de Pontevedra

19/10/2023 14:36

Inundacións, bolsas de auga nas estradas e árbores caídas foron as principais incidencias

Na costa, a frota permanece amarrada


Alerta vermella este venres na costa de Lugo e en parte do litoral da Coruña

19/10/2023 14:04

No restante litoral galego quedará activada a alerta laranxa

Esta medianoite activarase tamén a alerta laranxa por vento no noroeste da Coruña e na Mariña de Lugo, onde se poderán alcanzar refachos de ata 100 km/h

Etiquetas:  TEMPORAL

Stripe é a primeira cebra que habita na Terra Chá

19/10/2023 13:55

Trátase dun macho dun ano que vai para semental

O seu dono quere criar o híbrido cebralo


A Policía británica acusa a Greta Thunberg dun delito de desorde pública

18/10/2023 13:06

 A activista quedou "en liberdade condicionada" ata o próximo 15 de novembro, cando comparecerá ante a Corte de Maxistrados de Westminster


O mosquito tigre chega a Vilaboa

18/10/2023 12:44

Xa se detactaran exemplares no Morrazo, en Vigo, Redondela e Soutomaior


A primeira gran borrasca de outono deixa choiva e vento por riba dos 100 km/h

17/10/2023 16:27

Peche de parques e voos afectados en Peinador, entre as incidencias dunha xornada que antecede a outros días en que haberá inestabilidade, e na que se rexistraron refachos de ata 130 km/h


Os Vinte e sete acordan reducir as emisións dos camións un 45 % a partir de 2030

17/10/2023 07:36

A norma será para todos os vehículos pesados, incluídos camións pequenos e autobuses


Galicia é a cuarta comunidade española con máis cans censados, 720.000

Galicia ten xa máis cans ca veciños menores de 30 anos

16/10/2023 14:21

O Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía recolle 720.000 exemplares inscritos, un 53 % máis desde a pandemia


Condenado a un ano de prisión por poñer cebos con alfinetes nas rúas de Ourense

16/10/2023 14:13

O acusado recoñeceu no xuízo ser o autor dos feitos e foi condenado por un delito continuado de maltrato animal polo que abonará unha multa de 4.600

A pena de cárcere queda en suspenso durante dous anos a condición de que non volva delinquir


Extinguido o incendio forestal de Trabada tras calcinar 2.300 hectáreas

15/10/2023 22:46

Segundo a Consellería do Medio Rural, a maior parte da superficie queimada é de monte arborizado


Preocupación en Portosín pola mortaldade de gaivotas

15/10/2023 20:09

Desde hai semanas aparecen gaivotas mortas tamén na ría de Arousa e nótase que hai menos exemplares en todas as Rías Baixas


Rutas guiadas para avistar aves polas areeiras de Sandiás

15/10/2023 14:51

Na antiga lagoa de Antela aniña unha gran variedade de especies 


Controlado o lume que calcinou 1.900 hectáreas no concello de Trabada

14/10/2023 08:45

Os outros catro incendios declarados na Mariña xa están extinguidos


Galicia despide o tempo de verán nunha xornada de vento e chuvia

13/10/2023 14:28

Está activado o aviso amarelo por chuvia forte na metade oeste 

Os termómetros baixan ata nove graos nunha xornada propia do outono


Persoal de extinción de incendios en Trabada (EFE/Eliseo Trigo)

A superficie arrasada polo incendio de Trabada alcanza xa as 1.200 hectáreas

13/10/2023 09:51

Os seis incendios forestais dos últimos días, tres aínda activos, deixan unha superficie queimada de 1.850 hectáreas

A chuvia deste venres colaborou nos traballos de extinción

En Lobeira xa está extinguido o incendio que queimou 110 hectáreas e está estabilizado o que levou por diante 360 en Vilariño de Conso


Madrugada de loita contra as lapas nas provincias de Lugo e de Ourense

12/10/2023 18:53

O lume queimou xa máis de 160 hectáreas no concello lucense de Trabada, onde a Xunta activou o nivel 2 de alerta pola proximidade das lapas ás casas en varios núcleos

Ese incendio afecta ademais o veciño Ribadeo, onde se declarou outro no monte Mondigo

Os efectivos de extinción tamén traballan nas localidades lucenses de Foz e Muras e nas ourensás de Lobeira, Vilariño de Conso e Avión


Castiñeiro na zona de Riós afectado polos fungos

As altas temperaturas estragan a colleita de castaña

11/10/2023 14:11

Xunto coa humidade, provocaron a aparición de fungos que están a facer que os castiñeiros perdan a folla e os ourizos antes de tempo


As temperaturas altas impropias do outono galego fan proliferar vermes e insectos

A calor trae bichería poubo habitual en outono

11/10/2023 13:55

O maior problema está nas velutinas, visibles en actividade en gran parte de Galicia cando deberían empezar a hibernación


Alerta por seca no río Anllóns, da costa da Coruña a Arteixo

09/10/2023 16:22

Mantense a alerta por escaseza de auga no sistema de abastecemento do río Mero, Arteixo e ría da Coruña

Etiquetas:  SECA

2.000 brigadistas, dous terzos do total, traballan todo o ano na loita contraincendios

09/10/2023 14:50

Hai unha desestacionalización das condicións en que prende o lume e Medio Rural reforzou o dispositivo anual con 600 brigadistas

Seguen prohibidas as queimas agrícolas


Un bañista na cidade da Coruña o 7 de outubro

Galicia bate os rexistros históricos de calor nun mes de outubro

08/10/2023 14:46

En 5 dos 7 observatorios da AEMET con series longas de datos batéronse récords de calor o 7 de outubro

A cidade de Ourense superou por primeira vez os 35 graos en outubro


A seca afecta os encoros galegos, que teñen unha reserva do 64 %

08/10/2023 14:20

Neste momento só está en alerta o de Cecebre, que se atopa por debaixo do 45 %

Pero tan preocupante coma a situación dalgúns encoros son os territorios que se abastecen dos ríos


As reservas do encoro de Cecebre sitúanse no 45 % da súa capacidade

08/10/2023 13:52

O nivel de ocupación da presa é case vinte puntos inferior á media da última década

A Xunta mantén a situación de seca prolongada declarada hai dous meses

A seca afecta os encoros galegos, cunha reserva do 64 %

Etiquetas:  ENCOROS

Os evacuados polo incendio en Tenerife puideron xa regresar ás súas casas

06/10/2023 16:22

As últimas estimacións cifran en 60 as hectáreas de terreo afectadas e unha vivenda queimada


O anticiclón mantense firme, e segue o tempo seco e solleiro

06/10/2023 14:52

Na fin de semana "podemos ter incluso mínimas que non baixen dos 20 graos, moi elevadas para a época", explica Carlos Otero, meteorólogo de Meteogalicia


Reactívase o incendio en Tenerife e xa son 3.200 os evacuados

05/10/2023 10:36

Arderon xa unhas 30 hectáreas de terreo nos concellos canarios de Santa Úrsula e A Orotava


O papa carga contra os negacionistas do cambio climático: "O mundo derrúbase"

04/10/2023 12:04

O papa Francisco advirte na súa nova exhortación apostólica da inacción política e dos intereses económicos ante a crise climática


Andalucía suspende o plan de ampliación de regadíos en Doñana

04/10/2023 08:00

A lei queda no aire despois de chegar a un acordo co Ministerio para a Transicion Ecolóxica

Etiquetas:  DOÑANA

Outubro seguirá a bater récords de temperaturas

03/10/2023 13:42

En Lugo acadarán hoxe os 21 graos, e 27 en Pontevedra e Ourense


Voluntariado recollendo lixo na praia do Almacén, na illa de Sálvora

Os voluntarios do proxecto Plancton retiraron máis de 200 quilos de lixo na illa de Sálvora

30/09/2023 20:50

O proxecto está promovido pola Obra Social Abanca para concienciar sobre o impacto ambiental dos residuos

Desde 2021 retiráronse 47 toneladas de lixo en colaboración co sector pesqueiro e marisqueiro

 


A Lei de benestar animal prevé multas para quen deixe sós a cans ou gatos

30/09/2023 13:13

Polo momento non é obrigatorio o curso de formación nin ter un seguro se o can non é de raza potencialmente perigosa

Os donos de animais velenosos ou exóticos teñen que comunicalo nun prazo de seis meses


Remata a tempada de alto risco de incendios en Galicia, pero as queimas seguen prohibidas

30/09/2023 11:38

Así o informa Medio Rural, tendo en conta a variabilidade das previsións meteorolóxicas para os vindeiros días



A Lei de benestar animal entra en vigor sen un regulamento propio

29/09/2023 15:14

Confusión entre os donos de mascotas sobre o seguro e o curso de tenza de animais 

Etiquetas:  ANIMAIS

Prohiben o consumo de auga en dous núcleos do municipio de Mañón, na Coruña

28/09/2023 17:57

As análises detectaron a presenza de niveis anómalos de trihalometanos

A auga non pode utilizarse nin para beber nin para cociñar 


Alertan sobre a toxicidade das bolsas compostables

28/09/2023 14:56

Un estudo feito polo CSIC alerta dunha maior toxicidade nas bolsas compostables que nas de plástico convencional


Solicitadas 131 batidas en once días de emerxencia cinexética polo xabaril

27/09/2023 17:16

A declaración de emerxencia afecta o 80 % do territorio galego

Durante a tempada de caza 2021-2022 capturáronse máis de 18.000 xabarís

Os avisos por niños de vespa velutina aumentaron case un 60% con respecto a 2022


Decretan a alerta por seca no sistema de río Mero, Arteixo e na ría da Coruña

27/09/2023 16:06

A Xunta explica que se tomou a medida con carácter preventivo tras analizar a situación do encoro de Cecebre, que abastece á Coruña e parte da comarca, cunha ocupación actual do 46,95 %

Etiquetas:  SECA   AUGA
Publicidade
Publicidade