Publicador de contidos

Contido con Temática Medio Ambiente .

Publicador de contidos

Contido con Temática Medio Ambiente .

Medio Ambiente

A chuvia derruba parte da emblemática muralla da Fortaleza de Valença

01/01/2023 22:22

Caeu un treito de 50 metros da estrutura, monumento nacional desde 1928



Coches asolagados en Chantada

Desbordamento de ríos e inundacións en varias localidades de Galicia

01/01/2023 12:52

O desbordamento do río Asma asolaga edificios e vehículos en Chantada

O río Arenteiro inunda varias instalacións ao seu paso polo Carballiño

A chuvia e o vento deixan 1.400 incidencias en Galicia en 24 horas


O mal tempo provoca máis de 500 incidencias en Galicia no último día do ano

31/12/2022 17:24

Activada a alerta laranxa por chuvia e forte vento nas provincias de Pontevedra, Lugo e Ourense


Vento forte ata a media tarde do 31 e chuvia intensa para Noitevella e Aninovo

30/12/2022 15:09

Os refachos do suroeste poden superar os 100 km/h  

Prevese chuvia persistente de ata 40 litros/m2 en 24 horas 

Pode haber chuvascos intensos que reduzan moito a visibilidade

Etiquetas:  TEMPO

O mal tempo chegou pola Costa da Morte e mañá estenderase a todo o país

A chuvia e o vento baten con forza, e esta situación aínda emporará o sábado

30/12/2022 14:10

Frota amarrada, ventos de máis de 80 km/h, fortes ondas, árbores caídas; as incidencias sucédense por todo o país


O plan de inundacións ante a suba do caudal permanece activo en seis ríos

30/12/2022 10:15

Emerxencias recomenda aumentar a precaución nas zonas próximas aos ríos polo risco de inundacións e, sobre todo, dos efectos das correntes


Mapa do Instituto Xeográfico Nacional (IGN) sinalando o punto exacto do tremor

Rexistrado un tremor de magnitude 3,8 fronte á ría de Muros-Noia

29/12/2022 12:17

O sismo produciuse ás 3:45 horas desta madrugada a 19 quilómetros de profundidade e a máis de 30 quilómetros da costa

O tremor non provocou nin incidencias nin chamadas ao 112


Adxudicado o derrubamento da torre do Garañón en Lugo

27/12/2022 20:36

Xa hai prazo para derrubar a coñecida como torre do Garañón de Lugo. Nun máximo de catro

Así é a nova normativa de residuos de envases aprobada polo Goberno

27/12/2022 19:32

Obriga a reducir as botellas de plástico dun só uso, fomentar a venda a granel de alimentos ou aumentar os envases reutilizables para impulsar a economía circular


Declaración de emerxencia para o estado de Nova York polo temporal de frío

27/12/2022 08:26

Máis da metade das vítimas morreron no condado de Erie, cifradas en medio cento de momento

As autoridades advirten de que aínda é perigoso saír. En Montana os termómetros baixaron ata menos 45 graos.

A metade de Estados Unidos está afectado polo temporal Elliot


50 mortos no temporal de frío dos Estados Unidos, que comezará a remitir o martes 

26/12/2022 20:36

A maior parte, 27, foron no estado de Nova York  

Moitos pereceron conxelados no interior dos seus coches 


O Miño asolagou parte das instalación do Club Fluvial

O río Miño reborda ao seu paso pola cidade de Lugo

26/12/2022 20:10

A chuvia deu un respiro e o nivel tende a normalizarse


A chuvia dá un respiro este luns, pero os ríos seguen ao límite

26/12/2022 10:31

En moitos lugares aínda seguen traballando para solucionar as incidencias causadas polas inundacións; non obstante, espérase que a situación mellore nas próximas horas


Mellora a situación en Ferrolterra e no Eume, onde a chuvia concedeu unha tregua

25/12/2022 14:30

Ferrol, Fene, Narón e Cabanas son os municipios máis afectados polas intensas precipitacións


A xélida tormenta Elliot amarga o Nadal nos Estados Unidos a millóns de persoas

25/12/2022 13:56

O temporal Elliot conxela os Estados Unidos en pleno Nadal e deixa, segundo algúns medios de

Barrio de Balaídos e exterior do estadio inundados en Vigo

A zona de Balaídos sofre inundacións cinco días antes do Celta-Sevilla

25/12/2022 12:50

Un home tivo que ser rescatado do interior do seu coche


A forte chuvia causa inundacións e cortes de tráfico en Valdoviño

24/12/2022 20:34

Preocupa a evolución do río das Mestas ao seu paso polo Porto de Cabo


A auga inunda sete casas en Cabanas e alcanza o metro de altura

24/12/2022 19:52

Leiras das vivendas deste paseo da praia da Magdalena quedaban asolagadas e algunhas familias quedaron atrapadas

Ademais das fortes precipitacións, a preamar inundou o paseo e o desbordamento dos ríos provocou incidencias noutras zonas do municipio


Inundacións na comarca de Ferrolterra, Cabanas

A chuvia intensa deixa inundacións, desprendementos e cortes de tráfico en Galicia

24/12/2022 13:44

MeteoGalicia avisa de que a fronte se despraza ao sur, cara a Pontevedra, co Lérez e o Lagares ao límite

Producíronse case 500 incidencias relacionadas coa chuvia, máis de 200 delas na Coruña


Fervenza do Ézaro, Imaxes cedidas por José Cernadas

A fervenza do Ézaro pechada ao público pola forte chuvia destes días

24/12/2022 13:35

Mostra do caudal que acumularon os ríos con estas chuvias é a imaxe que chegaba esta mañá aos

Cidades sepultadas pola neve nos Estados Unidos

A bomba ciclónica que conxela os Estados Unidos deixa unha decena de mortos e millóns sen luz

24/12/2022 13:15

O temporal de frío e neve obrigou cancelar 5.600 voos nunha fin de semana con millóns de desprazamentos polo Nadal

Azouta con especial intensidade á zona dos Grandes Lagos, fronteira entre os Estados Unidos e O Canadá

 

 


O río Tambre ao seu paso pola Ponte Maceira

Activada a alerta por inundacións en sete ríos da Coruña e Pontevedra

24/12/2022 10:57

As concas do Lagares en Vigo e do Sar, no sur de Santiago, están baixo observación e en fase de prealerta


Aparcadoiro dos Cantóns anegado na Coruña

A intensa chuvia causa unhas 200 incidencias en Galicia: anegan estradas e dificultan a circulación

24/12/2022 09:10

O aviso laranxa por chuvia segue activo no suroeste da Coruña e aviso amarelo no resto de Galicia por precipitacións

O 112 Galicia avisa de risco de desbordamento de ríos en Santiago e Vigo

Tráfico prevé 1,6 millóns de desprazamentos en Galicia durante o Nadal


O temporal condiciona a circulación no inicio da operación especial de tráfico de Nadal

23/12/2022 20:57

Recomendan reducir a velocidade, poñer as luces e ter coidado coas balsas de auga na calzada

Etiquetas:  TEMPORAL

200 millóns de estadounidenses, baixo alerta por temporal de frío

23/12/2022 19:19

O servizo meteorolóxico alerta da entrada dunha masa de aire frío "sen precedentes"

Milleiros de voos cancelados e un millón de persoas sen luz

Etiquetas:  TEMPORAL

Un avión tivo que abortar a aterraxe en Santiago polos refachos de vento

Temporal en Nadal: chuvia xeneralizada en toda Galicia e vento do suroeste

23/12/2022 14:26

Na Barbanza hai unha alerta laranxa activada ata as doce da noite por chuvia que pode superar os 80 litros por metro cadrado 

Un avión tivo que abortar a aterraxe no aeroporto de Santiago pola intensidade dos refachos


Ánxeles Vázquez: "Galicia vai ser a primeira comunidade que lexisle en todo o litoral"

23/12/2022 10:27

A conselleira de Medio Ambiente defende que a Xunta tomase a iniciativa para asumir as competencias na regulación da costa pola "preocupación xusta" dos sectores afectados polas actuacións do Goberno

"Somos quen mellor coñecemos a costa e quen máis a queremos", di Vázquez


Ana Pontón apoia o traballo da Fundación Arume para preservar os bosques de piñeiros galegos

22/12/2022 17:28

Ponton lembra que o sector da madeira representa o 1,8 por cento do PIB galego


Mercado solidario para recadar fondos para os animais abandonados

21/12/2022 20:52

Seis entidades da provincia de Lugo montan os seus postos para dar a coñecer o seu traballo

 


Despedimos o segundo outono máis cálido en 61 anos

21/12/2022 16:51

Pechamos un outono húmido, logo de encadear períodos máis secos do habitual dende o inverno de 2021


A chuvia de outono enche os encoros galegos a niveis superiores aos de decembro de 2021

20/12/2022 20:35

En dous meses, o de Baiona pasou de menos do 30 % a máis do 90 % de ocupación

A reserva hídrica estatal creceu un 6,3 % nunha semana


O temporal suma máis de 300 incidencias, con inundacións en varios concellos de Pontevedra

19/12/2022 20:24

O 112 Galicia rexistrou desde medianoite un total de 308 contratempos ocasionados pola choiva e o vento


Activado o Plan de risco por inundación pola suba do caudal dos ríos Dubra e Tambre

19/12/2022 18:16

A Xunta pide máxima precaución ao circular por vías ou pontes nestas proximidades

Non se desbota que nas vindeiras horas quede activado o Plan Inungal en máis puntos


Os refachos de vento superan os 130 km/h en zonas da Coruña e da Mariña

18/12/2022 20:24

Chuvias fortes e alerta laranxa por refachos de máis de 100 km/h

Ata o martes agárdanse refachos fortes en toda a comunidade, chuvieiras intensas e unha situación marítima complicada

O forte vento causa a caída dunha árbore sobre dous turismos en Burela


O iglú de Nadal en María Pita levantado polo vento

O temporal de vento deixa algunhas incidencias na Coruña

18/12/2022 14:05

Os refachos de vento chegaron a case os 100 quilómetros por hora

O iglú do Nadal situado en María Pita saíu voando

Pechan os parques e as praias da cidade e non se pode visitar a Torre de Hércules


Voluntarios e axentes rurais recollen restos de fuel o 13 de decembro na Illa / EP

Segue a vixilancia na ría da Arousa pola presenza de manchas de fuel no litoral da Pobra

18/12/2022 10:12

Capitanía Marítima e Salvamento Maríitmo manteñen o nivel de emerxencia 1 na ría, malia que o volume dos restos de hidrocarburo detectados era de "escasa entidade"

Xa se retiraron os restos na enseada da Pobra

A Plataforma en Defensa da ría da Arousa pídelle ao Goberno e á Xunta información sobre a vertedura localizada o martes na Illa

 


Pesqueiro no litoral da Coruña

Xornada de fortes ventos en Galicia con refachos de máis de 115 km/h en Vimianzo

17/12/2022 22:53

Aviso laranxa este domingo por temporal costeiro na Coruña e Pontevedra

Agárdase unha xornada de temporal con chuvieiras intensas no oeste da Coruña e o suroeste de Ourense


Inaugúrase en Vigo o maior ecoparque de aventuras de Galicia

17/12/2022 15:09

Está no parque forestal de Beade a carón do campus da Universidade de Vigo


As zonas de baixas emisións nas cidades comezarán a aplicarse en 2023

17/12/2022 14:31

A lei de cambio climático e transición enerxética obriga a todos o municipios de máis de 50.000 habitantes a ter ZBE

Marcar esas zonas e os tipos de restricións depende de cada concello

A norma vaise aplicar ao transporte tanto de mercadorías coma de persoas

Publicidade
Publicidade