Publicador de contidos

Contido con Temática Cultura .

Publicador de contidos

Contido con Temática Cultura .

Cultura

A procesión dos farois, unha xoia da Semana Santa galega

06/04/2023 15:40

Unha tradición que se perdera e as mulleres da aldea recuperaron vai para 25 anos


Denuncian danos nos petróglifos do Monte Xiabre pola construción de tobos para coellos

06/04/2023 14:49

Desde a Asociación Umia Vivo piden que se identifiquen mellor sobre o terreo as pedras xa catalogadas para evitar posibles agresións involuntarias


Roberto Pascual: "Revuelta ten humor punzante para levar o feminismo á práctica"

05/04/2023 16:21

Revolta é a primeira montaxe da compañía Juanito y Filomena

A peza cuestiona, ao longo de diferentes momentos históricos, a sociedade machista en que fomos criados

A dirección é de Irene Moreira, e no elenco: Arantxa Treus e Rocío Romero


Ana Rodríguez, integrante de Leilía

Ana Rodríguez: "Cando empezamos non había mulleres nos escenarios, e eran as que facían a festa a diario"

05/04/2023 15:37

'Vidas cantadas' é unha aposta integral, o vello repertorio con aires novos, un proxecto co que queren pechar círculo

O novo espectáculo recolle as vivencias das 'Vidas cantadas' de Leilía durante máis de trinta anos 

Próximos datas da xira 'Vidas cantadas': 8 de abril, en Carnota, e 23 de abril, en Noia

Categorías:  Galicia   Cultura   Música

'Qualia', o escenario como campo de batalla das enerxías dos corpos

05/04/2023 15:29

O domingo, en Ribadeo, Iago Alonso representa o seu espectáculo 'Qualia'

Lad Dance Studio é a compañía de danza que dirixe Iago xunto con Pablo del Pozo


Nova peza de arte para o bosque da lembranza do Pereiro de Aguiar

04/04/2023 20:25

17.000 metros cadrados de fragas con obras de diferentes artistas

O espazo sitúase na contorna do encoro de Cachamuíña


Silvia García: "A obra de Natividad Bermejo reflexiona sobre a o lugar que ocupamos no cosmos"

04/04/2023 16:04

Natividad Bermejo expón na sala Alterarte de Ourense 'O chan que piso': entre a terra e a beirarrúa

E no C. C. Marcos Valcárcel podemos ver obras de Rosendo Cid e Nuria Lago

 


Elsa Muñiz: "O piano é para min refuxio, pero sobre todo expresión"

04/04/2023 16:02

'Memories' inclúe as partituras de sete pezas para piano, microrrelatos en forma de caligramas e ilustracións

E. Muñiz creou o concepto pianotelling, música instrumental para piano combinada con relatos autobiográficos 

Categorías:  Galicia   Cultura   Música

Teódulo Páramos, o compositor esquecido de 'Cantos da emigración'

04/04/2023 15:59

O filme Canto de Emigración dirixido polo ourensán Antonio Román estreouse en 1935 pero desapareceu trala guerra

Un equipo encabezado por Pepe Coira reconstruíu o filme que se puido ver no pasado Festival Internacional de Ourense 

A partitura de Canto de Emigración gardábaa na casa a neta de Teódulo Páramos, violinista da Orquestra Clásica de Vigo
 


kalandraka

Kalandraka, a editorial dos libros para soñar, celebra 25 anos

04/04/2023 12:41

"O único que faltaba era soñar. Criamos na potencia e capacidade do noso país"

"Podiamos facer libros desde aquí e levalos fóra, esa foi unha das grandes apostas e acertos"


O Museo Provincial de Lugo repasa a historia da acuñación de moedas en Galicia

04/04/2023 12:07

"De monetaria galega. Galiza e a súa moeda dende a Antigüidade ata os nosos días", achega ao público xeral a historia da numismática do país

Unha das moedas que se expoñen é un sestercio da caetra ou sestercio de Augusto, unha moeda declarada Ben de Interese Cultural (BIC) e da que só se coñecen tres exemplares coas súas características no mundo


A lectura aumenta nos últimos dez anos un 5,7 por cento, o dobre nos adolescentes

03/04/2023 21:26

O 64,8 % dos españois apostan pola lectura no lecer 

As mulleres seguen sendo as máis lectoras en todas as idades


'Derrotas', ata o 16 de maio na Normal na Coruña

'Derrotas: formas de pensar': arte e educación para un novo alfabeto

03/04/2023 17:30

Arte e educación nas propostas de J. Bugarín, Vicente Blanco, Salvador Cidrás, S. García e Carme Nogueira

A comisaria, Natalia Poncela, propón unha ruta marcada polos obstáculos que agroman nos tránsitos creativos 


Tecor Societario, Sindo Otero e Pólvora, nas músicas de 'Zigzag'

03/04/2023 17:11

Sindo Otero musica cinco poemas de Xosé Velo

Tecor Societario inspírase en Malcom X no seu novo tema

Pólvora, poesía para Ryuichi Sakamoto

Categorías:  Cultura   Música

Francisco Castro, presenta 'A historia de Sara'

Francisco Castro: "O libro foi catártico porque eu formo parte do colectivo que o padeceu"

03/04/2023 16:58

A historia de Sara, ilustrado por Luz Beloso, é unha reflexión e un berro contra os abusos sexuais aos nenos

A personaxe de Sara, de seis anos, fala en primeira persoa. Isto esixe que o estilo da escrita sexa o máis real posible

Categorías:  Galicia   Cultura   Letras

Sorpresa veciñal ante a interveción artística nun paso subterráneo de Vigo

03/04/2023 13:38

Limparon este paso en Camelias e nas súas paredes colgaron varios cadros

Ninguén coñece a autoriía desta especie de galería de arte suburbana

Categorías:  Vigo   Artes plásticas
Etiquetas:  VECIÑOS

A. Requeixo: "Luísa Villalta é unha das intelectuais máis completas das últimas décadas"

02/04/2023 11:30

Luisa Villalta abordaba a poesía de forma lírica, reflexiva e intimista

Villalta era tamén violinista e uniu estreitamente música e poesía

Finou en 2004 na Coruña, sen ver publicado o seu último poemario


Belén Bermejo: "Tras os muros dos conventos agochábase moitísima vida cultural"

01/04/2023 11:30

'De lugares e órganos' volve ofrecer na Semana Santa a música dos antigos órganos 

O ciclo permite escoitar a música dos órganos de igrexas e conventos da cidade ata o 8 de abril en Compostela
 


Quintana Martelo: "Martín Códax é o reverso musical do Mestre Mateo"

31/03/2023 16:00

O 1 de abril celébrase o Día das Artes Galegas que este ano homenaxea o trobador galego 

O Consello da Cultura Galega presentaba hoxe catro reinterpretacións das cantigas de Martín Códax


Human flowers of flesh: masculinidade a bordo dun velero no Mediterráneo

31/03/2023 15:46

Helena Wittman realizou o traballo de guión, dirección, fotografía e montaxe da súa película

O filme pasou polos festivais de Sevilla e Locarno

O actor francés Denis Lavant forma parte do elenco
 


Carballo Interplay: 10 anos analizando o pasado, presente e futuro do mundo dixital

31/03/2023 15:26

O Carballo Interplay celebra a súa décima edición con shows e podcasts de cultura, activismo e humor 

Estela Ortiz, David Sainz, Teresa Segura, Noel Ceballos, Hematocrítico e Marta Salicrú entre os participantes 


'As que limpan', gañadora dos XXVII premios de Teatro María Casares

31/03/2023 08:17

O porco de pé, de Producións Teatráis Excéntricas, recibiu tres premios

En total, nunha noite moi repartida, nove espectáculos gañaron algún premio


Un grupo de mozos e mozas leva o K-pop ás rúas de Ourense

30/03/2023 19:09

Crean as súas propias coreografías para pezas de grupos coreanos

Non desbotan dedicarse profesionalmente á música

Etiquetas:  MÚSICA   CULTURA

Sexo e sentimentos a flor de pel en "Cando toco un animal"

30/03/2023 15:41

Ángel Filgueira estrea no Festival de Autor de Barcelona 'Cando toco un animal'

Chega a carteleira o derradeiro filme de Agustí Villaronga

Sós contra a verdade: 11 actores contan a súa experiencia ante a covid


H. Monteagudo: "Martín Sarmiento non publicou en vida para non ser censurado"

30/03/2023 15:38

'De historia natural y de todo género de erudición. Obra de 660 pliegos' e a obra cimeira  de Martín Sarmiento

Ocupa cinco grandes volumes, foi redactada entre 1762 e 1766 e constitúe un compendio da obra do autor

A publicación consta da tradución íntegra dos tomos coa reproducción de debuxos e figuras do orixinal

Categorías:  Cultura   Humanidades

'Un hotel de primeira sobre o río', a xentrificación do rural á escena

30/03/2023 15:31

É unha montaxe de Elefante Elegante para o CDG baseada nun texto de Xohana Torres

Texto, música e danza armonizan esta peza que mestura diferentes linguaxes escénicas

'Un hotel de primeira sobre o río", no Salón Teatro de Santiago de Compostela ata o 30 de abril


Bizarrap, Leiva, Maluma, The Kooks e Aitana, no Son do Camiño

30/03/2023 12:44

Este venres sairán á venda as últimas entradas para o festival, que se celebra os días 15, 16 e 17 de xuño no Monte do Gozo de Santiago


Malores Villanueva escolma obras literarias sobre a memoria do que somos

29/03/2023 16:09

Antoloxía poética de Luísa Villalta: unha escrita que nos interpela

Primeira novela de Fina Casalderrey sobre a historia dunha sen teito pontevedresa

O rural deshabitado de Baldo Ramos e os montes de Blanca Millán son outras das súas propostas

Categorías:  Cultura   Letras

Álvaro Gago, director do filme e María Vázquez, protagonista

'Matria' servirá polo menos para vincular a precariedade laboral coa saúde

29/03/2023 16:07

'Matria', a primeira longa de Álvaro Gago, estrouse na Berlinale 

María Vázquez gañou a Biznaga de Ouro á Mellor Actriz no Festival de Málaga pola súa interpretación 


O artista que inaugura o espazo, Miguel Mosquera

A galería Dodo Dadá quere recuperar o pulo artístico de Ourense

29/03/2023 16:00

A nova galería de arte ourensá, Dodo Dadá, está situada na zona antiga, na rúa Liberdade 

A primeira mostra dedícase ao pintor Miguel Mosquera


Pura Lorenzana e as arqueólogas galegas na historia con Xurxo Ayán

28/03/2023 16:10

As primeiras arqueólogas saen das universidades nos anos 20, eran utilizadas moitas veces como escala humana nas escavacións

Pura Lorenzana, do Saviñao, foi unha das primeiras arqueólogas de España e destacou na xeración do Seminario de Estudios Galegos  

 


Fernando Barroso: "Este disco é un canto á infancia, á beleza e á lusofonía"

28/03/2023 16:08

12 composicións integran este novo traballo de Fernando Barroso titulado Man

Na súa banda Margarida Mariño, Xurxo Brea, Miguel Veras e Álvaro Trillo

Conta coas colaboracións de: Celina da Piedade, Ana Isabel Dias e Selma Uamusse
 

Categorías:  Galicia   Cultura   Música

Iván Prieto: "Quero esculpir o movemento das mentes"

28/03/2023 16:04

A escultura é unha linguaxe artística na que traballa expresando diferentes emocións

Emprega a cerámica para pezas pequenas e a resina para crear as de maior tamaño

Algunhas das súas personaxes surrealistas expresan a beleza de corpos non normativos
 


Novos tradis: Boroa e Chavellos, nas músicas de 'Zigzag' con Marta Gómez

27/03/2023 17:06

Boroa é un trío que quere amosar a versatilidade da gaita

Os Chavellos de Pereiras publican 'Segunda feira'


Proxecto 5x5: Teatro transformador e interxeracional

27/03/2023 15:59

Teatro 5x5 son 5 aulas interxeracionais de teatro amador no rural

Iria Azevedo dirixe O roce fai rozaduras; Clara Gayo Enredos e Camiños e Carreiros e Arantza Villar Serán


Cloti Vaello, Premio de Honra Marisa Soto

Cloti Vaello, premio Marisa Soto: "A min gústame o reto"

27/03/2023 15:53

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia escolleu a Cloti Vaello por ser referente e pionera desde 1979

Cloti Vaello foi creadora de vestiario para teatro, danza e para o audiovisual galego
 



Ángela Carou e Xan Pampín, músicos de Ailá

Ailá: Música que sanda

26/03/2023 11:00

Ailá naceu como grupo nas foliadas do histórico pub Casa das Crechas de Santiago

Ailá presenta este domingo 26 de marzo na Capitol de Santiago o seu novo disco 'Sansolimón'

Categorías:  Galicia   Cultura   Música
Etiquetas:  PATRIMONIO

A catedral de Lugo estrea un claustro renovado

25/03/2023 14:46

As obras puxeron en valor esta parte da basílica

Os traballos centráronse en solucionar os problemas ocasionados polo paso do tempo


Juan Rodríguez e Laura Sarasola, membros da compañía Caramuxo Teatro

Caramuxo Teatro celebra 20 anos con 'Crisálida'

25/03/2023 11:30

Caramuxo Teatro celebra 20 anos na escena estreando 'Crisálida', obra número 25 na súa traxectoria

'Crisálida' é unha montaxe muda de teatro de máscaras e monicreques dirixida a público familiar

Publicidade
Publicidade