Publicador de contidos

Contido con Xeográficas A Coruña .

Publicador de contidos

Contido con Xeográficas A Coruña .

A Coruña

Deteñen tres homes acusados de acoitelar outro nun pub da Coruña

19/04/2024 13:45

A Policía Local tamén arrestou unha cuarta persoa por resistirse aos axentes


Yeremay renova co Deportivo ata o 2030

18/04/2024 12:17

Dépor asegúrase a continuidade dunha das súas estrelas que ten o agarimo da afección

Etiquetas:  RC DEPORTIVO

Ainhoa Marín: "Vexo que estamos moi centradas, e iso faime estar tranquila"

17/04/2024 17:16

Se derrota o Cacereño, o conxunto que prepara Irene Ferreras estará ascendido


A Garda Civil traslada un corazón á Coruña para un transplante urxente

17/04/2024 10:11

O órgano percorreu 150 quilómetros desde o sur de Galicia ata A Coruña nunha patrulla da Garda Civil de Tráfico


O Deportivo recibe a sentenza favorable para pagar de inmediato a débeda aos seus acredores

16/04/2024 11:38

Esta sentenza é o paso previo á saída do concurso

Etiquetas:  RC DEPORTIVO

Foto @RCDeportivo

O Dépor ascenderá a Primeira se gaña ao Cacereño ou iguala o resultado do Español

15/04/2024 12:55

Cando faltan dúas xornadas para o final do campionato, o Dépor é colíder xunto ao Barcelona B con 52 puntos


Falece un motorista de 40 anos na autovía de acceso sur á Coruña

13/04/2024 18:25

Ocorreu pouco antes das cinco da tarde no quilómetro 1,5 da AC-14, á altura do barrio de Elviña


Foto @RCDeportivo

O Deportivo Abanca pode ascender esta fin de semana se gaña e perde o Español

12/04/2024 15:47

Irene Ferreras: "Non miro iso. Non imos pensar en nada que non teña que ver con nós"


Máis da metade das parellas que se separan optan de mutuo acordo pola custodia compartida dos fillos

Custodia ou acordos de divorcio, a debate nas xornadas sobre Dereito de Familia da Coruña

12/04/2024 14:19

Máis de 100 expertos de toda España participan no congreso organizado polo Consello da Avogacía Galega


Idiakez non pode contar con Lucas Pérez por cuarta xornada consecutiva

12/04/2024 13:10

O dianteiro non estará en Teruel

Sobre o rival, Idiakez foi claro: "Perdeu 2 dos últimos 14 partidos. Ten un adestrador preparadísimo"

Etiquetas:  RC DEPORTIVO

A oposición da Coruña pide responsabilidades por supostas irregularidades do concelleiro de Urbanismo

11/04/2024 14:54

PP e BNG forzan unha comisión de seguimento da xestión da alcaldesa e o seu equipo de goberno


Paseo turístico pola cidade da Coruña a ritmo de tuk-tuk

10/04/2024 21:42

O uso do motocarro está a ter moi boa acollida entre os turistas dos cruceiros

Son vehículos eléctricos e sostibles

Categorías:  A Coruña   Sociedade
Etiquetas:  TURISMO

O Leyma ten hoxe a oportunidade de achegar a ACB a carón da Torre de Hércules

10/04/2024 15:53

Recibe en Riazor un Tizona que é segundo da LEB Ouro e leva 5 partidos seguidos sen perder


Atopan morta na súa casa da Coruña unha sexaxenaria que coidaba do seu irmán

10/04/2024 14:49

Ela levaba máis dun día falecida e ao seu irmán atopárono completamente deshidratado


O Fórum Gastronómico pecha as súas portas coa celebración do I Concurso de Empanada Galega

09/04/2024 22:12

Os gañadores foron a empanada de xoubas do restaurante Salitre e unha empanada de vieira con emulsión de coral elaborada por dous alumnos da Escola Naval da Graña


O Leyma pon en xogo unha parte fundamental das opcións de ascenso á ACB

09/04/2024 15:45

Recibe en Riazor o Tizona de Burgos, a quen derrotou na primeira volta


Clientes dunha discoteca da Coruña inician unha pelexa nun reservado e baten nun traballador

08/04/2024 14:20

Non houbo detencións e, polo momento, non interpuxo ninguén denuncia

Etiquetas:  LIORTA

Begoña Vázquez, de O Regueiro da Cova, gaña o premio Cociñeiro Galego 2024

07/04/2024 21:01

É a primeira vez que unha muller consegue esta distinción

O galardón recoñece o labor de cociñeiros emerxentes que apostan pola cociña de proximidade


Expocoruña acolle unha nova edición do Galicia Fórum Gastronómico

07/04/2024 14:39

Durante tres días será o gran punto de encontro para profesionais e amantes da cociña

O programa inclúe máis dun cento de actividades, obradoiros, degustacións e catas


O persoal das tendas de Inditex maniféstase na Coruña para reclamar melloras laborais

07/04/2024 14:18

Reclaman que as dependentas cobren o complemento de antigüidade do que xa se benefician no centro loxístico de Sabón


Obradoiros de balde para celebrar os Días Europeos da Artesanía

07/04/2024 08:18

O centro Ágora da Coruña acolleu Oficios en Acción, unha proposta da Asociación Galega de Artesáns


Aprobado o anteproxecto da vía que conectará a Terceira Rolda da Coruña coa AP-9

06/04/2024 12:26

O novo treito pretende reducir os problemas de conxestión de tráfico nas horas punta de entrada e saída da cidade


O Deportivo e o Celta Fortuna queren consolidarse nos postos de privilexio

05/04/2024 18:26

Lucas Pérez continúa lesionado e non xogará

Joel López: "Temos a ilusión de seguir gañando partidos. Somos un vestiario ambicioso"


Foto @RCDeportivo

Pablo Vázquez cre que o peche do campo das Llanas prexudica o Deportivo

04/04/2024 16:25

O central e non descartou a Lucas Pérez para o partido do domingo

Etiquetas:  RC DEPORTIVO

Álex Hernández fai un chamamento á serenidade ante a ilusión do tsunami laranxa

04/04/2024 11:11

Álex Hernéndez: "Se sacas peito, a LEB Ouro dáche unha labazada e quedas bloqueado"


O Deportivo xogará contra o Sestao nas Llanas a porta pechada

03/04/2024 18:09

O Xuíz Disciplinario Único da RFEF sancionou o Sestao a disputar a porta pechada os dous próximos partidos que xogue como local

O club sestaotarra considéraa "inxusta" e anunciou que recurrirá a sanción 

Etiquetas:  RC DEPORTIVO

O prezo dos alugueiros na Coruña alcanza cifras históricas

03/04/2024 14:43

O sector inmobiliario di que hai moita demanda de alugueiro e pouca oferta de pisos


Balenziaga recoñece que o calendario favorece os intereses do Deportivo

03/04/2024 13:23

Balenziaga: "Os puntos de Riazor hai que sacalos. Quedan cinco partidos aquí, e iso é unha vantaxe"

Etiquetas:  RC DEPORTIVO

O próximo curso Galicia empeza a aplicar a redución de 'ratios' nas aulas

31/03/2024 13:14

Arranca en cuarto de infantil, cun límite de 20 estudantes por aula


O mal tempo obrigou a suspender a procesión dos Caladiños na Coruña

30/03/2024 21:19

A Semana Santa despídese este domingo co desfile de Xesús Resucitado e Nosa Señora da Esperanza


A intelixencia artificial está a revolucionar a predición e prevención de enfermidades

30/03/2024 13:39

Os algoritmos na medicina supoñen un salto exponencial nas fases de diagnóstico e tratamento

O catedrático galego Marcos Ortega di que a IA será clave tamén para ofrecer solucións máis personalizadas


Os catro equipos da 1ª Federación buscarán un pleno de vitorias como na última xornada

29/03/2024 17:40

O Deportivo xoga en Cornellá; o Celta Fortuna, en Tarazona, e o Lugo, en León 

O Arenteiro é o único que xoga na casa. Recibe o filial da Real Sociedade.


Parreño non fai números: "Non nos centramos en facer as contas da leiteira"

27/03/2024 16:34

Lucas Pérez segue adestrándose á marxe do grupo

Mella volverá mañá aos adestramentos

Etiquetas:  RC DEPORTIVO

Alarma polo mal estado dun inmoble na Coruña, do que xa caeron pezas da fachada

27/03/2024 13:48

A zona leva dúas semanas acoutada pola policía

Os residentes temen que co mal tempo destes días poidan producirse máis desprendementos

Etiquetas:  VIVENDA

Foto de familia ao remate da gala

'O corno' e 'Matria' convértense nas grandes vencedoras dos Mestre Mateo

23/03/2024 23:03

Tamar Novas repite como mellor intérprete masculino protagonista polo seu papel na película ¡Salta!

Rapa, votada como mellor serie de televisión, acada tamén os premios á mellor montaxe e música orixinal

Lucía Veiga, de Malicia noticias, distinguida como mellor comunicadora e Cos pés na terra, como mellor programa


A obra 'Unha inimiga do pobo', de Talía Teatro, recibe o premio ao mellor espectáculo durante a gala de entrega dos XXVIII Premios de Teatro María Casares, este xoves na Coruña (EFE / Moncho Fuentes)

'Unha inimiga do pobo', de Talía Teatro, gran triunfadora nos Premios María Casares 2024

22/03/2024 08:16

A peza gañou sete dos nove galardóns a que aspiraba

A obra de Talía Teatro levou, entre outros, o premio ao mellor espectáculo, á mellor actriz para Marta Lado e á mellor dirección para Tito Asorey, compartido con Quico Cadaval por O auto do Castromil 

María Barcala foi recoñecida coa distinción de honra Marisa Soto

 


Deteñen un home sospeitoso dunha agresión sexual na Coruña ocorrida en febreiro

21/03/2024 11:21

O suposto autor da violación é un residente nunha vivenda ocupada da capital coruñesa

Os feitos investigados, que derivaron no arresto do suposto autor, producíronse en plena rúa na zona de lecer dos Cantóns


Hugo Rama: "Mentiría se dixese que non pensamos todos os días en chegar ata a meta"

20/03/2024 15:35

O vestiario do Deportivo é consciente de que o encontro co Sabadell non pode entrar no catálogo de bos partidos

Etiquetas:  RC DEPORTIVO

Atopar traballo con máis de 45 anos: "Sigo estudando e buscando emprego. Non me rendo"

19/03/2024 14:15

O 60 por cento dos desempregados galegos teñen máis de 45 anos

A eles vai dirixida a Feira de Emprego Sénior que organizou a Cámara de Comercio da Coruña

Participaron unha trintena de empresas cunha oferta de máis de cen postos de traballo

Etiquetas:  EMPREGO

Desvían dous voos ao aeroporto de Santiago pola néboa en Alvedro

19/03/2024 10:33

Tras varias manobras de aproximación, os avións, procedentes de Barcelona e Madrid, tiveron que facer a aterraxe no Rosalía de Castro

Publicidade
Publicidade