Novas
Contido con Xeográficas .
Ourense

Un recoñecemento a unha 'Vida entre Vides' da D. O. Ribeiro para a colleiteira Xulia Bande
25/11/2021 21:00
É a primeira muller en recibir o galardón da D. O. Ribeiro polo seu labor na viticultura e a súa achega á profesionalización do sector
Do seu avó herdou o amor polas vides e pola elaboración do viño
Ten unha empresa de servizos vitícolas e desde o 2015 unha adega en que fai o seu propio viño, premiado con dous Acios de Ouro e un de Bronce

O incremento de contaxios provoca a cancelación de ceas de Nadal en Ourense
25/11/2021 14:44

Massimo Dutti amplía a súa tenda en Allariz
25/11/2021 14:19
E a tenda máis antiga da marca e a primeira de Galicia en empregar persoas con discapacidade para atender os clientes
A partir de agora conta con dúas plantas, unha para roupa de home e outra para muller

Unha vaca aparece no tellado dunha casa de Entrimo
25/11/2021 14:02
O animal, de máis de 150 quilos, superou todo tipo de atrancos
A cachena saíu polo seu propio pé e xa está outra vez no prado

Falece un home en Baños de Molgas ao sufrir un accidente de tractor
25/11/2021 12:43
Aconteceu este mediodía, cando o tractor envorcou enriba da vítima, de 75 anos

Xulgan en Ourense un home acusado de abusar dunha menor hospitalizada
25/11/2021 11:35
A Fiscalía solicita 3 anos de cadea e 2.500 euros de indemnización polos danos morais á menor

'Enraizados': unha mostra que propón unha viaxe á Galicia dos séculos XIX e XX
24/11/2021 21:28
A exposición etnográfica da Agrupación Queixumes dos Pinos conta con máis de 600 pezas sobre o xeito de vida e os traballos no rural
Queren que a xente do século XXI coñeza como vivían os nosos antepasados
A mostra está aberta a todo o público no seu local en Ourense

Un gromo nunha residencia en Sarreaus afecta 13 persoas
24/11/2021 14:51
Os infectados son 9 usuarios e 4 traballadoras
Todos eles están asintomáticos ou moi leves

Multados con máis de 80.000 euros por serrar un muro en Ourense protexido por Patrimonio
24/11/2021 13:39
Cortaron o muro para poder pasar cos coches, no conxunto etnográfico ourensán de Seixalbo
60.000 euros en concepto de sanción e 24.000 para reparar os danos

A área sanitaria de Ourense triplica as probas diagnósticas
24/11/2021 13:08
Pasaron de 200 a máis de 600 PCR diarias
Foi preciso ampliar o persoal dos auto-covid