Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Santiago .

Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Santiago .

Santiago

As obras teñen un presuposto de 22,8 millóns e comezarán na primavera

Licitadas as obras do complexo Cidade de San Caetano

05/12/2022 13:00

Serán dous bloques de oficinas en que se van centralizar varios edificios administrativos


Deteñen dous mozos de Lalín por patear un indixente e alardear nas redes sociais

Brutal malleira a un indixente en Xixón gravada por dous mozos de Lalín detidos

04/12/2022 09:56

A investigación da Garda Civil e da Policía Nacional comezou pola alarma social despois da difusión das imaxes nas redes sociais

Impútanlles un delito de lesións e de odio. Quedaron libres con cargos tras declarar ante o xuíz.



Rueda denuncia os atrancos en tres cidades para construír residencias de maiores

02/12/2022 09:22

A sesión de control do Parlamento de Galicai estivo marcada tamén pola enerxía eólica


Christopher Carr, exdirector de seguridade da Axencia Europea do Ferrocarril (EFE/Xoán Rey)

Once horas e dúas testemuñas, o día máis longo e dos máis agardados do xuízo do Alvia

02/12/2022 11:21

A declaración de Christopher Carr, exdirector de seguridade da Axencia Europea do Ferrocarril, levantara moita expectación, e na súas respostas amosouse duro coas condicións de seguridade da liña e coa investigación do accidente

Unha soa interprete traducía as súas palabras. A sesión demorouse e tivo que ser interrompida pola indisposición da tradutora. Pasadas as sete, a xuíza levantaba a sesión entre expresións de alivio


Foto @OBRADOIROCAB

O Obradoiro perde a Marcus Paige para toda a temporada

01/12/2022 13:57

 Sofre unha luxación no ombreiro esquerdo e terá que pasar polo quirófano

O Obradoiro recibe o F. C. Barcelona coas dúbidas de Walker, de Westermann e de Bender


Familiares das vítimas do accidente do Alvia concentrados ás portas da sala onde se celebra o xuízo na Cidade da Cultura

Familiares das vítimas do Alvia apupan os avogados do Adif e Renfe

01/12/2022 12:37

Denuncian que o xuízo está inzado de testemuñas adestradas que seguen un guión

Expectantes ante unha declaración que consideran clave porque Christopher Carr foi o único que puxo en dúbida a independencia e validez da investigación do goberno sobre o accidente


Deteñen tres homes polo recente atraco a un súper no concello de Teo

01/12/2022 10:54

Un dos arrestados residía preto do establecemento, e os investigadores cren que daba cobertura aos dous autores materiais do asalto

Nos rexistros atoparon as armas empregadas no atraco e a roupa que levaban posta


Técnicos da consultora que avaliou a liña Ourense-Santiago só comprobaron que cumpría as normas

30/11/2022 08:46

As tres testemuñas-peritas que declararon no xuízo do Alvia este mércores aseguran que non era a súa misión garantir que o traxecto era seguro

Aseguran que só avaliaron parte da ruta, que non incluía o lugar do accidente


Radio Galega consolídase como emisora de referencia en Galicia cunha media de 145.000 oíntes cada día

01/12/2022 08:08

TVG é líder en Galicia e tamén entre as canles autonómicas, segundo a terceira vaga do Estudo Xeral de Medios

Gran reforzo tamén para Radio Galega Música neste último balance do EXM, que conta cunha media de 24.000 oíntes diarios

Publicidade
Publicidade